|
|
?
Adiós ríos, adiós fontes; adiós regatos pequenos; adiós vista de os meos ollos: non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra, terra onde me eu criéi, hortiña que eu quero tanto, figueiriñas que prantéi.
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, Paxariños piadores, casiña de meu contento.
Muiños dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trinbadoras, da igresiña do lugar.
Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre ó millo, ¡adiós, para sempre, adiós!
¡Adiós, groria! ¡adiós contento! ¡ deixo a casa onde nacín, deixo aldea que conoso, por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños, deixo a veiga por lo mar, deixo, en fin, canto ben quero..., ¡quen pudera no o deixar...!
Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do campo santo donde meu pai se enterróu, herbiñas que biquéi tanto, terriña que vos crióu...
Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar, para min, ¡ai! coitadiño, nunca mais han de sonar.
Xa se oien lonxe, mais lonxe... cada balada e un dolor; voume soio, sin arrimo... Miña Terra, ¡Adiós!, ¡Adiós!.
Digoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. ¡Adiós, tamén, queridiña! ¡Adiós por sempre quizás...!
Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro... ¡ Miña casiña!, ¡ meu lar!
¡ Adiós ríos, adiós fontes; adiós regatos pequenos; adiós vista de os meos ollos: non sei cando nos veremos...!
¡Adiós...!
by guest40025 | Added: 3 months ago
Language: Galician | Topic: Art & Culture
| 23 Views | 10 Downloads | 6 Embeds |
Summary: Rosalia de Castro
No comments posted yet
Comments