TEMPERATURA

+3

No comments posted yet

Comments

Slide 1

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 2

Enche de auga ata a metade dous vasos de precipitados de 50 ml e ponos ao sol. Coloca un dos vasos de precipitados dentro dun vaso de cristal invertido e deixa outro fóra. Pasado un tempo, ¿ que pasará? Explícao. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 3

No inverno gústanos estar nas galerías cando dá o sol. Explica a razón. Cal será o problema das galerías no verán? Explícao xustificando o feito de que nas galerías haxa ventás en todas as superficies do perímetro da galería. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 4

A temperatura da terra débese á radiación solar que incide sobre a súa superficie e que se transforma en enerxía calorífica, pero a terra sería moito máis fría (temperatura media global da orde de -15ºC) sen uns gases da atmosfera, entre os que destaca o dióxido de carbono (CO2). Estes gases reteñen a calor como o fai o vidro dun invernadoiro ou as vidreiras das casas. O resultado desta transformación de luz en calor e retención deste calor por gases da atmosfera coñécese como efecto invernadoiro, e explica a temperatura actual da terra. É un feito natural, pero que nos últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura terrestre. Sen o efecto invernadoiro a temperatura media sería duns - 15ºC !! viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 5

Os gases naturais forman unha capa na atmósfera que permite que os raios do sol penetren ata a superficie terrestre, pero impide que se escape o calor, actuando coma se fose un invernadoiro. A superficie da Terra é quentada polo Sol. Pero ésta non absorbe toda a enerxía senon que reflexa parte dela de volta cara a atmósfera. Alrededor do 70% da enerxía solar que chega á superficie da Terra é devolta ó espacio. Pero parte da radiación infrarroxa é retida polos gases que producen o efecto invernadoiro ( p.ex: CO2, , vapor de auga ) e volve á superficie terrestre. Como resultado do efecto invernadoiro, a Terra mantense o suficientemente quente como para facer posible a vida sobre o planeta. De no existir o fenómeno, os efectos climáticos serían moi perxudiciais. Sin embargo, unha pequena variación no delicado balance da temperatura global pode causar graves estragos. Fonte: www.bbc.co.uk e elaboración propia. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 6

A temperatura baixa a medida que se sobe en altura, a razón de 1ºC (días moi secos) e de entre 0,6ºC (cando hai condensacións e precipitacións) cada 100 metros que se sobe en altura. Isto é así porque nas baixas altitudes a calor retense mellor. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 7

Un día soleado na base dunha montaña de 3.000 m a temperatura é de 35ºC. Cal será a temperatura no cumio ese mesmo día e hora? viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 8

Este factor está en relación directa coas estacións do ano e a inclinación da terra con respecto ao plano da súa órbita con respecto ao sol. A inclinación dos raios solares aumenta a medida que nos afastamos do Ecuador (ao aumentar a latitude). Mesma cantidade de luz en diferentes superficies. Esto pasaría máis preto dos Polos Esto pasaría máis preto do Ecuador viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 9

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 10

A temperatura vai baixando a medida que nos imos alonxando do Ecuador cara aos Polos. A causa é a inclinación do eixe de rotación con respecto ao plano da órbita terrestre arredor do sol, o que fai que a inclinación dos raios solares sexa diferente segundo a estación do ano, provocando á súa vez que a insolación sexa diferente: maior cando é vertical e menor canta máis inclinación teñen os raios solares. A temperatura aumenta a medida que nos achegamos ao Ecuador. Os polos están cheos de xeo viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 11

21 marzo Equinoccio de primavera 21 decembro Solsticio de inverno 23 setembro Equinoccio de outono 21 xuño Solsticio de verán A inclinación da Terra con respecto ó Sol, fai que nas diferentes estacións a insolación sexa diferente debido á diferente inclinación dos raios solares. Isto fará que as temperaturas sexan maiores no verán do H.N. e menores no inverno do H.N. ( ó revés no H.S.) viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 12

Cos coñecementos que tes agora sobre a temperatura, fai un pequeno texto explicativo sobre a ilustración inferior poñendo en relación os seguintes termos: Temperatura Raios solares Inclinación da terra con respecto ao sol Latitude Estacións Superficie viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 13

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 14

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 15

A terra e o mar teñen diferente capacidade térmica: No caso da auga é máis de 2 veces que a da terra. Isto significa que a auga necesita maior cantidade de calor que a terra para acadar a mesma temperatura, pero unha vez quente debe perder moitas máis calorías que o solo para diminuír o mesmo número de graos a súa temperatura. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 16

Calcula as diferenzas de temperatura no verán e inverno da Coruña e de Moscova e á vista do esquema e da posición das dúas cidades no mapa mundi, explica as diferenzas. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 17

Quentándose e arrefriándose a auga do mar proceso dúas veces máis lento có da terra, rebaixa considerablemente as temperaturas extremas, e fai que os países sometidos á súa influencia teñan veráns mellores. Deste xeito, o mar actúa coma un regulador da temperatura. As zonas máis próximas ao mar teñen unhas temperaturas máis suaves, cunha Amplitude Térmica menor. Nas zonas interiores ocorre ao revés: a amplitude térmica entre o día e a noite ou entre o verán e o inverno é maior. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 18

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 19

A auga dos océanos móvese constantemente en grandes círculos: son as correntes mariñas, que poden chegar a ter miles de quilómetros e que están gobernadas ou son provocadas por 3 causas principais: O vento, o movemento de rotación terrestre e a corrente termohalina viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 20

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 21

No teu caderno fai un pequeno esquema-resume sobre as correntes mariñas seguindo estas indicacións: Que son? Causas. Tipos principais. Consecuencias sobre o clima. viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 22

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 23

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 24

viaxeaitaca.blogaliza.org

Slide 25

viaxeaitaca.blogaliza.org

URL:
More by this User
Most Viewed