Arturo e Clementina 2

+15

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Adaptación do conto de Adela Turín Ilustracións de Nella Bosnia. ARTURO E CLEMENTINA

Slide 2

UN DÍA ARTURO E CLEMENTINA, DÚAS TARTARUGAS, COÑECÉRONSE Á BEIRA DUNHA LAGOA E NAMORÁRONSE.

Slide 3

MENTRAS PASEABAN CLEMENTINA CONTÁBALLE A ARTURO OS SEUS SOÑOS

Slide 4

CLEMENTINA DICÍA: “VIAXAREMOS POLO MUNDO E COÑECEREMOS OUTRAS LAGOAS E OUTRAS TARTARUGAS.. . E PODEMOS IR A VENECIA! ARTURO SORRÍA E DICÍA: “VALE “.

Slide 5

PERO LOGO DE CASAR, ARTURO DECIDÍU QUE IRÍA EL SÓ A PESCAR E QUE CLEMENTINA QUEDARA NA CASA. CLEMENTINA ABURRÍASE MOITO SEN NADA QUE FACER. “ABURRIDA?” , BERRABA ARTURO. SÓ OS PARVOS SE ABURRREN!

Slide 6

UN DÍA, CANDO VOLVEU ARTURO, CLEMENTINA DÍXOLLE; “ GOSTARÍAME TER UNHA FRAUTA PARA FACER MÚSICA” PERO ARTURO CONTESTOU: “ESTÁS TOLA?, TI NON SABES TOCAR!”

Slide 7

AQUELA NOITE ARTURO APARECEU CUN TOCADISCOS E ATOULLO ÁS COSTAS. “É PARA QUE NON O PERDAS , QUE TI ERES MOI PARVA. CLEMENTINA NON QUERÍA SER PARVA, ASÍ QUE QUEDOU CALADA.

Slide 9

DALÍ A UNS DÍAS CLEMENTINA XA ESTABA CANSA DE ESCOITAR O TOCADISCOS E DÍXOLLE A ARTURO: “SABES?, ALGÚNS DÍAS VEXO UNHAS FLORES MOI BONITAS, SE TIVESE CERAS GOSTARÍAME PINTALAS. “ MENUDA PARVADA!, DIXO ARTURO. SE TI NON SABES PINTAR!”.

Slide 10

AO POUCO, ARTURO APARECEU CUN CADRO ENORME. “SEICA CHE GOSTA A PINTURA, NON? POIS XA TES UN CADRO. VOUCHO ATAR , QUE COMO ERES TAN PARVA IGUAL O PERDES, E CUSTOU MOITOS CARTOS.” E CLEMENTINA, QUE NON QUERÍA SER PARVA, QUEDOU CALADA.

Slide 11

CADA VEZ CLEMENTINA TIÑA MÁIS PESO. UN DÍA ARTURO TROUXOLLE UN FLOREIRO, E ATOULLO. OUTRO DÍA UNHA COLECCIÓN DE PIPAS.

Slide 12

LOGO UNHA ENCICLOPEDIA… HOUBO QUE LLE POÑER UN SEGUNDO ANDAR Á CASA DE CLEMENTINA.

Slide 13

CLEMENTINA XA NON SE PODÍA MOVER E ARTÚRO LEVÁBALLE O XANTAR. “QUE FARÍAS SEN MIN?” DICÍA. E CLEMENTINA PENSABA: ¿QUE FARÍA…..?

Slide 14

CANDO A CASA DE DOUS ANDARES QUEDOU CHEA, ARTURO BOTOULLE TRES ANDARES MÁIS.

Slide 15

A CASA DE CLEMENTINA XA TIÑA 25 ANDARES CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA DECIDÍU.....

Slide 16

…QUE NON PODÍA SEGUIR ASÍ.… AMODIÑO, BOTOUSE PARA FORA DA CASA ATA SAIR DELA DE TODO, E DEU UN PASEO POLA BEIRA DA LAGOA.

Slide 17

QUE BEN O PASOU! PERO VOLVEU AXIÑA PARA Á CASA, NON FORA SER QUE ARTURO SE ALPORIZARA SE SE ENTERABA QUE SAÍRA.

Slide 18

TODOS OS DÍAS SAÍA A DAR UN PASEO EN CANTO ARTURO MARCHABA, E CLEMENTINA CADA DÍA ESTABA MÁIS LEDA. ARTURO ANDABA EXTRAÑADO: “DE QUE SORRÍS? VES COMO ERES UNHA PARVA?”

Slide 19

E UN DÍA, ARTURO ATOPOU A CASA BALEIRA .

Slide 20

ALPORIZOUSE TODO E LEVA ANOS CONTÁNDOLLE AOS SEUS AMIGOS “ESA CLEMENTINA ERA UNHA DESAGRADECIDA. NON TIÑA FALTA DE NADA. ¡VINTECINCO ANDARES CHEOS DE TESOUROS!”

Slide 21

AS TARTARUGAS VIVEN MOITÍSIMOS ANOS E SEGURO QUE CLEMENTINA SEGUE FELIZ VIAXANDO POLO MUNDO, TOCANDO A FRAUTA E PINTANDO FLORES. SE ATOPAS UNHA TARTARUGA SEN CASA BÉRRALLE: “¡CLEMENTINA, CLEMENTINA!. DE SEGURO QUE É ELA.

Slide 22

FIN

Summary: Adaptacion do conto de Adela Turin galego

Tags: coeducacion libro infantil

URL: