+1
Bookmark:
Del.icio.us Digg Technorati Slashdot Google Bookmarks Yahoo MyWeb Live Bookmarks myAOL Facebook MySpace StumbleUpon Furl Reddit Ask Twitter Propeller
Post:
MySpace Hi5 Friendster Xanga LiveJournal Facebook Blogger TypePad Freewebs BlackPlanet

No comments posted yet

Comments

Previous page 1-10 of 34 Next page
Previous page 1-10 of 34 Next page
Slide 2

Espazos naturais protexidos Desde sempre en Galicia foi difícil protexer os nosos espazos naturais, debido entre outras cousas á case inexistencia de patrimonio público e á gran fragmentación das propiedades privadas. Os novos plans de conservación do territorio galego supuxeron pasar do 1% de superficie protexida nos anos 90, até algo máis do 12% actual.   Que é un espazo natural protexido? Coñécese como “espazo natural” a aquelas zonas do noso país que teñen unha elevada riqueza ecolóxica e paisaxística, debida tanto á acción da propia natureza como derivada da actividade humana ao longo do tempo. Son espazos cunha gran biodiversidade pero moi sensibles aos impactos e alteracións externos. Co fin de garantir a súa conservación, a administración protexe estas áreas declarándoas como “espazos naturais protexidos”. A declaración de espazos naturais protexidos é unha ferramenta de gran valor e importancia para a conservación da biodiversidade que atesouramos para as xeracións vindeiras A Lei 9/2001 de Conservación da natureza de Galicia, define os espazos naturais protexidos como aqueles espazos que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debidos á acción e evolución da natureza coma derivados da actividade humana, e que fosen declarados como tales Un Espazo Natural é unha zona que ten unha grande riqueza ecolóxica e paisaxística, debida tanto á acción propia da natureza como á acción do home ao longo do tempo. Co fin de garantir a súa conservación, a administración protexe estas zonas declarándoas Espazo Natural Protexido. Imaxe: lagoa de Vixán – parque natural de Corrubedo – Inverno. Obsérvase o carrizal coa tonalidade marrón. O carrizo cortábase para facer cama do gando.

Slide 3

Canta superficie temos protexida en Galicia? A superficie protexida en Galicia alcanza algo máis de 369.000 ha., o que supón algo máis do 12% do noso territorio. Desta superficie o 92,4% correspóndese con áreas terrestres e un 5,8 % con áres mariñas. En Galicia gozamos de varias figuras de protección: As RESERVAS NATURAIS: teñen como finalidade a protección de ecosistemas, comunidades ou elementos biolóxicos, que pola súa rareza, fraxilidade, importancia ou singularidade. Os PARQUES son áreas naturais, pouco transformadas polas actividades humanas que, en razón á beleza das súas paixases, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser naturais ou nacionais. Os MONUMENTOS NATURAIS: son espazos ou elementos da natureza constituídos por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial. Os HUMIDAIS PROTEXIDOS son áreas cubertas de auga, que á vez cumpren unha función de importancia internacional, nacional ou autonómica na conservación dos recursos naturais. As PAISAXES PROTEXIDAS son áreas que, polos seus valores singulares, estéticos e culturais ou ben pola relación harmoniosa entre o home e o medio natural, son merecedores dunha protección especial. ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DOS VALORES NATURAIS: espazos nos que, polos seus valores ou interese natural, cultural, científico, educativo ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. ESPAZOS NATURAIS DE INTERESE LOCAL: espazos integrados nun termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais. ESPAZO PRIVADO DE INTERESE NATURAL: son terreos pertencentes a institucións ou propietarios particulares, nos que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestre dos que se considere de interese a súa protección. A nivel internacional, a adhesión de España ao Convenio RAMSAR e ao Convenio de Berna supuxo a creación de novas figuras de protección: as Zonas Húmidas de Importancia Internacional (zonas Ramsar) e as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA`s). Derivada da Directiva Hábitats, estase a crear unha Rede Europea de Espazos Naturais Protexidos, chamada Rede Natura 2000, coa que se pretende conservar os ecosistemas máis representativos de Europa, o que supón un avance sen precedentes para a conservación da biodiversidade. Tamén existen 5 Reservas da Biosfera dentro do Programa MAB da UNESCO. Algunhas comparten territorio con comunidades veciñas (Asturias e Portugal).

Slide 4

Trátase de áreas naturais, pouco transformadas pola acción humana que en razón da beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, fauna ou formacións xeomorfológicaas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos merecedores da súa conservación. Poden ser naturais ou nacionais. O marítimo-terrestre das illas Atlánticas é o único parque nacional que temos en Galicia. A súa xestión é compartida co goberno do estado. Os nosos parques naturais son seis: Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Fragas do Eume, Monte Aloia, Baixa Limia – serra do Xurés, Montes do Invernadeiro Serra da Enciña da Lastra. A súa xestión depende da Comunidade Autónoma. Foto das Illas atlánticas A maior parte da superficie protexida do parque nacional marítimo-terrestre das illas Atlánticas correspóndese cos seus fondos mariños, unha pequena mostra da riqueza mariña do noso litoral.   Foto de Corrubedo O parque natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán acolle un sistema dunar de gran interese onde vive unha gran diversidade de flora e dúas lagoas litorais que son refuxio de aves migratorias.   Foto do Eume As fragas costeiras mellor conservadas do litoral atlántico europeo encóntrase nas abruptas pendentes do tramo baixo do río Eume, no parque natural das Fragas do Eume; que ademais dunha elevada diversidade biolóxica conserva un rico patrimonio cultural.   Foto do Aloia O parque natural do monte Aloia foi o primeiro que se declarou en Galicia, e acolle un parque forestal con abondosas arbores exóticas, pero tamén á un espazo onde encontran refuxio e alimento unha gran variedade de fauna.   Foto da Baixa Limia – serra do Xurés, No parque natural da Baixa Limia – serra do Xurés, onde conflúen a rexión bioclimática atlántica e a mediterránea, o que se traduce nunha elevada biodiversidade, acolle tamén interesantes pegadas do glaciarismo en Galiciia e tamén varias surxencias de augas termais.   Foto do Invernadeiro No macizo central ourensá, no parque natural dos montes do Invernadeiro, a paisaxe da montaña galega maniféstase con interesantes mostras de glaciarismo, coa presenza de especies únicas, propias deste medio e con interesantes mostras dunha cultura gandeira tradicional de montaña.   Foto da Serra da Enciña da Lastra. O parque natural da serra da Enciña da Lastra é un exemplo de como a diversidade de condicións ambientais se manifesta nunha grande riqueza biolóxica: o maior número de aves nidificantes de Galicia, unha ampla variedade de orquídeas, uns tomelares únicos...

Slide 7

Datos técnicos: Data de declaración: 2 de xullo de 2002 Localización: conxunto de illas das Rías Baixas, Concellos Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira Superficie: 8.495 Ha Outras figuras de protección: ZEPA Servizos: Centro de interpretación, itinerarios sinalizados, O das Illas Atlánticas foi o primeiro parque nacional que se declarou na historia da conservación en Galicia. Está formado polos archipiélagos de Cíes e Ons e as illas de Sálvora e Cortegada, e a maior parte da superficie protexida situase baixo as súas augas.

Slide 8

Un dos hábitats de maior interés destas illas son os ecosistemas dunares, que acollen un bó número das plantas raras e ameazadas de Galicia, como o tomelo bravo, planta endémica do litoral occidental ibérico ou a camariña, que nas Cíes conserva a maior poboación galega. Nas dunas vive o escáncer ibérico de cinco dedos, un interesante réptil prioritario na conservación europea. Nas dunas habitan un bo número de plantas raras e ameazadas,como o tomelo bravo, endémica do litoral occidental ibérico, ou a camariña,que nas Cíes conserva a maior poboación galega. A masa arbórea está representada por un pequeño bosque de loureiros, en Cortegada, restos do noso pasado subtropical. Imaxe: camariña con froitos

Slide 9

Os cantís marítimos destas illas acollen plantas endémicas prioritarias para a conservación en Europa como a herba de namorar ou a centaúrea, Centaurea micrantha; e colonias reproductoras de gaivota patiamarela e de corvo mariño cristado, relevantes a nivel mundial. Destaca a presenza do arao dos cons, que antigamente criaba nas illas. Imaxe: grupo de corvos mariños crsitados con gaivota patiamarela nun illote do P nacional (Sagres)

Slide 10

O “pingüín” do noso mar En Galicia viven araos que só pasan o inverno, xunto con outros sedentarios que crían en cantís da nosa costa. Estes últimos chegaron a ser abundantes -cara a 1960 había 3.000 exemplares-, mais hoxe áchanse ao borde da extinción (apenas 10 parellas entre Illas Sisargas e Cabo Vilán). As capturas accidentais na pesca, a contaminación por petróleo e a diminución dos peixes dos que se alimentan son algunhas das causas deste declive. Imaxe: parella de arao dos cons nadando nas augas de Cies

Slide 11

A masa arbórea é escasa. Entre o mato deste parque medra en Ons e Sálvora unha xesta, Cytisus atlanticus, rara e ameazada en Galicia.

Slide 12

Hoxe en día se están facendo labores de restauración arbórea substituindo especies foráneas por cerquiños. Os cerquiños teñen querencia polas zonas con forte estiaxe como no caso das illas galegas onde o verán se caracteriza polas baixas precipitacións e a estiaxe – semellante mediterraneo. Imaxe de cerquiño, con bugallos.

Slide 13

No parque só destaca un pequeno bosque de loureiros na illa de Cortegada, vestixio do pasado subtropical de Galicia, que ten unha gran diversidade micolóxica. Imaxe: follas de loureiro

Slide 14

Grande parte da superficie protexida atópase nos fondos mariños de Cíes, Ons e Sálvora, xa que albergan unha boa representacion de especies tanto de flora como de fauna, reflexo da riqueza do noso litoral. O parque nacional ten uns ricos fondos mariños, nos que habitan máis de duascentas especies de algas, gran cantidade es esponxas; gorgonias; moluscos, peixes e mamíferos mariños. A pesca deportiva está prohibida dentro do parque nacional e só se permite a pesca artesanal con artes selectivas?? Imaxe: polbo nadando nas augas do Parque nacional

Slide 15

Algunhas illas estiveron habitadas dende a antigüedade, e mesmo nas Cíes atopáronse restos castrexos. En Ons chegou a haber ate 500 “colonos”, que se adicaban á pesca artesanal e á agricultura. Como permanecían longos periodos de tempo aillados, deron lugar a unha grande riqueza cultural e patrimonial. Imaxe: foto dunha dorna, embarcaional da ría de Arousa e de Pontevedra.

Slide 17

Datos Data de declaración: 4 de decembro de 1978 Concellos: Tui Superficie: 746,00 ha Outras figuras de protección: Servizos: Centro de interpretación, visitas guiadas, itinerarios sinalizados

Slide 18

Situado na Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia foi o primeiro parque natural que se declarou en Galicia. Presenta un relevo accidentado con alturas superiores aos 700 m no Alto de San Xiao, desde onde é posible divisar fermosas vistas dos vals do Louro e do Baixo Miño. Foto desde o alto de San Xiao  

Slide 19

A vexetación dominante son as matogueiras formadas por toxo, queirugas, xestas e carpazas, acompañadas de repoboacións de piñeiros, eucaliptos e outras especies exóticas (abetos, acacias, alciprestes, ...), onde se intercalan pequenas manchas de bosque autóctono. Foto do parque natural

Slide 20

 Esta parque alberga poboacións relativamente abondosas de saramaganta, endemismo no noroeste ibérico e reptís típicos do sur galego como o cobregón, a serpe riscada ou a cobra lagarteira. Ilustración DE serpe riscada

Slide 21

O abondoso monte baixo é o hábitat para o coello, raposo, xabarín e o teixugo. Nas zonas arboradas viven pequenas aves forestais (ferreiriños, chascos, papuxas...), xunto co leirón careto e o esquío, que en ocasións poden formar parte da alimentación dalgunhas aves de rapina que viven no parque, como o falcón pequeno, o gabián, o miñato ou o azor. Foto do esquío comendo bagas de hedra  

Slide 22

 O cruzabico aparece de forma ocasional nos piñeirais e a azulenta alpina nas zonas máis altas e abruptas, durante o inverno. Foto/ilustración da azulenta alpina  

Slide 23

No monte Aloia tamén se atoparon restos prehistóricos como machadas,muíños de man e cerámica, así como restos castrexos. Hoxe en día é un importante lugar de esparcimento para a poboación da área metropolitana de Vigo. No parque apareceron restos de poboamentos castrexos e outros restos prehistóricos como machadas, muiños de man, cerámica,... Referencia ao promotor do Parque…. Imaxe: centro de recepción de visitantes do monte Aloia

Slide 25

Datos xerais: Data de declaración: 05 de Xuño de 1992 Ubicación: ao suroeste da península do Barbanza, no concello de Ribeira Superficie: 996,00 ha Outras figuras de protección: Zona RAMSAR, ZEPVaN Servizos: Centro de interpretación, itinerarios sinalizados, visitas guiadas

Slide 26

Este parque natural destaca por posuir un complexo dunar ben desenvolvido que alberga a duna móbil máis grande do norte penínsular, pola diversidade de flora que acolle e polo feito de ser un importante lugar de invernada de aves acuáticas migratorias. A duna móbil de Corrubedo alcanza os 16 m. de altura e case un quilómetro de longo e máis de 250 m de ancho. Avanza paseniñamente cara ao Nordeste grazas á acción dos ventos do SW – predominantes no inverno – e contrarresados parcialmente polos ventos do NE do verán. Coñécense popularmente como “Montes da Ferreira”. Imaxe: duna móbil ou Montes da Ferreira

Slide 27

A súa vexetación dunar ten unha gran interese, pois moitas das aproximadamente 200 especies que alberga teñen unha área de distribución restrinxida, son endemismos. O Iberis é unha planta endémica dos sistemas dunares do Noroeste Ibérico.

Slide 28

Estas dunas e chairas areosas son o hábitat dun pequeno sapo que vive baixo a area, o sapo de esporóns, ou do alcaraván, curiosa ave esteparia que só cria aquí en todo o litoral galego. Sapo de esporóns (Pelobates cultripes) O sapo mineiro Este sapo de pel lisa ou pouco verruguenta, cando se sente en perigo, é capaz de se enterrar rapidamente grazas ao esporón que ten nas patas posteriores, co que tamén escava as galerías nas que fica descansando durante o día. Só se pode atopar en zonas areosas e con terra solta, en certos puntos da costa sur e nalgúns vales cálidos do interior.

Slide 29

Tamén acollen unha das mellores poboacións nidificantes de píllara das dunas en Galicia. Incluir referencia ás medidas de conservación para evitar a destrución dos niños por pisoteo ou limpezas de praias, ou cans soltos que depredan os polos… Imaxe: píllara das dunas anelada

Slide 30

O cordón dunar pechou no seu interior dúas lagoas litorais, a de Carregal, sometida ás oscilacións da marea e a de Vixán, que só se comunica co mar esporadicamente. Abraza a lagoa de Carregal unha gran marisma formada por xunqueiras acompañadas de herbazais que soportan a salinidade da auga do mar. A vexetación da lagoa de Vixán é de auga doce, destacando o estenso carrizal que a rodea. Imaxe: vista da lagoa de Carregal e montes da Ferreira con Corrubedo ao fondo. (vese a desembocadura no mar da lagoa a traves da canle chamada popularmente “Río do Mar”)

Slide 31

Nestas lagoas é onde encontran alimento e refuxio moitas aves acuáticas migratorias, especialmente no inverno. Imaxe: macho de alavanco real

Slide 32

O parque e o seu contorno están moi humanizados e de feito acháronse interesantes restos arqueolóxicos (castro do Porto de Baixo, dolmen de Axeitos...), que indican que o home habitaba este lugar xa hai máis de 10.000 anos. Foto do dolmen de Axeitos  

Slide 33

Ao longo da historia houbo numerosos aproveitamentos tradicionais que foron abandonándose como os fornos da tella ou os muíños de auga do río de Amendo. Outros aínda se manteñen, como ir apañar o xunco e as canas para a cama do gando (hoxe en día regulado pola administración do parque), levar as vacas a pastar ou cultivar as leiras... Foto de carro de vacas con herba no campo de Amendo, aproveitamento tradicional permitido pola normativa do Parque  

Slide 35

Datos Xerais: Data de declaración: 30 de xullo de 1997 Ubicación: no curso baixo do río Eume, nos concellos de Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela e As Pontes. Superficie: 9393,40 ha Outras figuras de protección: LIC, ZPVnat Servizos: Centro de interpretación, visitas guiadas, paneis interpretativos

Slide 36

O tramo baixo do río Eume acolle as fragas atlánticas máis extensas e en mellor estado de conservación do litoral europeo, con árbores centenarias que forman bosques ben diferenciados de gran biodiversidade. Foto do mosteiro de Caaveiro entre as fragas do Eume  

Slide 37

Nestas fragas dominan os carballos mesturados con cerquiños, castiñeiros, sobreiras, teixos, acivros ou érbedos, mentres que no bosque de ribeira destaca o ameneiro acompañado por abelairas, freixos ou loureiros. As árbores centenarias son o hábitat para gran diversidade de pequenas aves e invertebrados como a vacaloura. Vacaloura (Lucanus cervus) O escarabello con “cornos” Os machos da vacaloura teñen unhas mandíbulas moi desenvolvidas (os “cornos”) coas que se pelexan polas femias. Para a conservación deste escarabello é imprescindíbel que haxa vellas árbores caducifolias mortas, pois as súas larvas aliméntanse de madeira en descomposición. Tradicionalmente usouse a súa cabeza como amuleto, mais hoxe morren moitos máis atropelados nas estradas que por esta causa.

Slide 38

Grazas ao bo estado de conservación, ás suaves temperaturas e á elevada humidade, no seu interior viven fieitos relícticos subtropicais, que son moi escasos na península Ibérica. Isto tamén é a causa de que sexa o espazo natural coa maior riqueza de musgos, hepáticas e liques de Galicia e de que vivan animais endémicos ligados a ambientes moi húmidos como o caracol de Quimper ou a lesma Geomalacus maculosus. Foto de Culcita macrocarpa Unha reliquia vivinte Até hai perto de dous millóns de anos Galicia tiña un clima subtropical, e a Culcita macrocarpa é un testemuño das antigas selvas subtropicais que outrora cubrían a nosa terra. Xunto con outras especies de fentos tamén ameazadas, sobrevive nos bosques das ribeiras dalgúns ríos da Galicia costeira. A substitución destes bosques por plantacións forestais é a principal ameaza para estas xoias vivas.

Slide 39

Estes bosques tamén son o hábitat dunha pequena xoia da nosa herpetofauna, a´píntega rabilonga. Imaxe: píntega rabilonga – endemismo do noroeste ibérico ligado a bosques autóctonos húmidos e ben conservados. Saramaganta: unha xoia galego-portuguesa A saramaganta é un anfibio exclusivo de Galicia, o norte de Portugal e o occidente de Asturias. A diferenza do resto dos anfibios, pode desprenderse da súa longa cola cando se sente en perigo e é collida por ela, como fan as lagartixas. Para a súa sobrevivencia depende estreitamente de arroios de augas limpas e bosques de folla caduca, hábitats cada vez máis escasos na súa área de distribución.

Slide 40

Ligados ao río Eume, que vertebra este espazo natural, viven o auganeiro e o mexillón de río, moi sensibles á degradación do seu hábitat, e cada ano remonta as súas augas o prezado reo. O seu impresionante canón, a zona máis abrupta e rochosa do parque. Imaxe: canon do Eume

Slide 41

, é un dos poucos lugares onde cría o bufo real en Galicia, unha das especies de aves máis ameazadas e escasas en Galicia, cunha poboación estimada de apenas media ducia de exemplares. Houbo un estudo de radioseguimento do bufo no Eume. Imaxe: bufo real

Slide 42

No seu contorno atópanse restos de torres e mosteiros medievais,como San Xoán de Caaveiro, ou Santa María de Monfero. Algúns dos aproveitamentos que se facían deixaron a súa pegada, como é o caso da recolleita de castañas,e a extración de leña e carbón. Hoxe en día aínda a pesca é un dos principais usos do espazo. Caaveiro, s. IX, Monfero, s.

Slide 43

As castañas secábanse nas curripas, o carbón levábase ao peirao de Pontedeume e a casca dos carballos á fábrica de curtidos nas “Cascas” Imaxe – foto de curripa abandonada

Slide 45

Datos xerais: Data de declaración: 11 de febreiro de1993 Localización: ao suroeste de Galicia na comarca da Limia, serras sudorientais. Concellos de Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira e Bande Superficie: 20.920,00 ha Outras figuras de protección: ZEPVNa Servizos: Centro de interpretación, itinerarios sinalizados

Slide 46

O Parque Natural de Baixa Limia - serra do Xurés que linda co parque nacional portugués de Peneda-Gerês, esténdese ao longo da cunca fluvial do río Limia e amosa interesantes restos de glaciarismo e surxencias de augas termais. A abrupta orografía con grandes diferenzas de altitude, unido a que aquí conflúen as rexións atlántica e mediterránea, propicia a súa elevada biodiversidade. Sen embargo, o uso ao que estivo sometido durante séculos causou a desaparición de gran parte do bosque autóctono. Imaxe xeral do parque

Slide 47

Nos cumios consérvanse hábitats como os pasteiros mediterráneos ou turbeiras, que albergan especies endémicas da serra, como o lirio do Xurés, Foto do Lirio do Xurés

Slide 48

ou unha bolboreta moi escasa, a Erebia triarius, que está confinada a lugares de gran altitude. Endemismo relíctico das glaciacións.

Slide 49

Nos vales próximos ao río Limia quedan algunhas carballeiras e soutos de castiñeiros e naqueles orientados ao sur, a influencia mediterránea deixa paso ás sobreiras e érbedos. Mentres nalgunhas zonas apartadas das montañas se recuperan as reboleiras e ao abrigo dos cantís, algunhas valgadas máis recónditas acollen un loureiro relictico moi escaso na península Ibérica, o acereiro. Imaxe: erbedeiro cos seus froitos borrachíns: os érbedos.

Slide 50

Nas zonas máis altas a paisaxe está dominada polas matogueiras de xestas, piornos, uces e tomiños, que sobrevoan a aguia perdiceira e a aguia real en busca dalgún réptil, ave ou pequeno mamífero de que alimentarse. Foto da matogueira   Unha gran diversidade de réptiles habitan no Xurés, algúns de distribución moi escasa en Galicia, como a víbora fociñuda. Mentres a cabra brava, que se extinguira a finais do século XIX, volve a ocupar as zonas máis abruptas grazas a un exitoso plan de reintrodución. Foto da cabra brava

Slide 51

Os abundantes monumentos megalíticos de hai máis de 10.000 anos, son as primeiras pegadas da presenza humana no Xurés. Da época romana quedan os restos da Vía Nova que unía Braga e Astorga e o xacemento de Aquis Querquennis.

Slide 52

A importante tradición agrícola e gandeira do parque chega até os nosos días, e aínda hoxe existen razas autóctonas de gando como a vaca cachena, perfectamente adaptada ás rigorosidades desta serra. Imaxe: Vaca cachena

Slide 54

Datos xerais: Data de declaración: 5 de xuño de 1997 Localización: no macizo central ourensá, concello de Vilariño de Conso Superficie: 5.722,00 ha Outras figuras de protección: ZEPVNa Servizos: Aula de natureza,

Slide 55

O parque natural dos montes de Invernadeiro está situado en pleno macizo central ourensá, e a súa paisaxe ten importantes mostras dun intenso modelado glaciar.

Slide 56

As zonas máis abrigadas dos vales conservan pequenos rodais de bosque autóctono formado principalmente por carballo albar, bidueiro, capudre ou teixo, acompañados polo cerquiño nas abas máis cálidas. No sotobosque medran arandos, saxífragas e algunhas plantas endémicas como o narciso de Asturias (Narcissus asturiensis), a arzola (Eryngium duriaei) ou unha verónica (Veronica micrantha) rara e ameazada. Foto de narciso de Asturias

Slide 57

Os cumios máis altos destas serras están cubertos por pasteiros e matogueiras de uces e carqueixas, entre as que destaca un endemismo, a caldoneira (Echinospartium ibericum) que crece en forma de almofada, unha adaptación aos fortes ventos. Nestes ecosistemas de alta montaña sobreviven a charrela, unha perdiz propia do noroeste ibérico cada vez máis escasa; a aguia real, que emprega o parque como área de alimentación e unha poboación de lobos, que caza exclusivamente animais salvaxes, como o corzo, xabaril, raposo, lebre... Foto de lobo

Slide 58

Nas augas limpas e cristalinas dos ríos, abrazados polo bosque de ribeira, abundan as troitas, e viven lontras, touróns, o escaso auganeiro e tamén o merlo rieiro. Foto de lontra

Slide 59

Aínda que hoxe en día estea practicamente despoboado, estas terras estiveron habitadas desde sempre e o uso gandeiro e madeireiro foi moi intensivo, o que provocou unha importante deforestación. Os veciños traballaban a terra arredor das aldeas e alí pacía o gando durante os meses de inverno, pero no verán subían ao monte as vacas caldelás, as ovellas e as cabras. Facíano polo sistema de paceiras, un familiar de cada casa levaba o gando de toda a aldea de forma rotatoria. O lume foi unha práctica habitual de explotación destes montes, pois aínda até mediados do século XX eran frecuentes as estivadas, a queima de grandes extensións de mato para cultivar o centeo. Foto de gando nos montes

Slide 61

Datos xerais: Data de declaración: 4 de abril de 2002 Localización: nas serras orientais galegas, lidando co Bierzo. Concello de Rubiá Superficie: 3151,57 ha Outras figuras de protección: ZEPA, LIC, ZEPVNa Servizos: centro de visitantes, iinerarios

Slide 62

O substrato maioritariamente calcario do parque natural da serra da Enciña da Lastra, moi escaso en Galicia, unido á forte influencia mediterránea e a gran diferenza de altitude converten a este espazo nun dos máis singulares do noso territorio, cun importante número de endemismos e unha gran diversidade de flora e fauna.   Foto do parque: Penedos calcarios de Oulego

Slide 63

As calcarias, un mundo escaso e único en Galicia A alteración ao longo do tempo das rochas calcarias, orixinou numerosas formacións cársticas como palas ou covas que albergan importantes poboacións de morcegos. Asociado ás rochas calcarias desenvólvese unha vexetación certamente escasa no resto de Galicia. Este parque acolle uns tomelares únicos, plantas endémicas e ameazadas da flora española e unha gran variedade de orquídeas.

Slide 64

O mundo mediterráneo domina entre a vexetación da Enciña da Lastra Nos bosques viven árbores e arbustos mediterráneos, escasos no resto de Galicia, como aciñeiras, érbedos, sobreiras... e nas sebes medran arbustos espiñentos pouco frecuentes como a cerdeira mourisca, o aladierno, ou o sangomiño. Foto de bosques

Slide 65

As augas do Sil e do Galir albergan seis especies de peixes autóctonos e dúas introducidas, e xunto a elas vive unha importante poboación do escaso caranguexo de río autóctono. Foto de cangrexo de río

Slide 66

Na Enciña da Lastra crían gran parte das aves nidificantes galegas A gran diversidade de hábitats xunto á bondade do seu clima, fai que sexa esta a zona cun maior número de especies de aves nidificantes de Galicia; destacando as aves de rapina, como a aguia real, as propias de rochedos, como o merlo azul e as de distribución máis mediterránea, como o rousinol. Foto de aguia real

Slide 67

Xunto a estes ecosistemas naturais, perviven outros que son froito das actividades agrícolas tradicionais como os soutos con castiñeiros centenarios, os grandes viñedos e os pomares de árbores froiteiras (cerdeiras, amendoeiras, limoeiros ou oliveiras). Imaxe: oliveira en floración

Slide 68

O val do Sil foi sempre vía natural de entrada en Galicia desde o Bierzo a pesar da dificultade do acceso, e xa a vía romana que unía Braga con Astorga pasaba por aquí. Foto da aldea de Covas – o Sil entra en Galicia desde as veciñas terras de León.

Slide 69

Os monumentos naturais son espazos naturais protexidos pola súa singularidade, rareza ou beleza, e dos que temos declarados sete en Galicia. "Os monumentos naturais son espacios ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial. Considéranse tamén monumentos naturais as formacións xeolóxicas e os demais elementos da xea, así como os xacementos paleontolóxicos, que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos".

Slide 70

A Fraga de Catasós, tamén chamada Carballeira de Quiroga, atópase en Lalín (Pontevedra) e conta cunha superficie de 4`5 Ha. Nesta reduida extensión, onde o solo é moi productivo, se conserva unha carballeira de Quercus robur que conta con exemplares de carballo e de castiñeiro considerados dos máis altos e lonxevos do país. Tamén denominada Carballeira ou Souto de Quiroga, trátase dunha pequena área de bosque caducifolio autóctono, aínda que de gran singularidade e beleza. Pertence á parroquia de Catasós (lugar de Quintela) e encóntrase nas inmediacións da estrada N-525, a uns 4 km de Lalín en dirección a Ourense. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercínicas básicas, que dan lugar a solos pardos ácidos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 ºC e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar. Malia que de reducidas dimensións, constitúe un interesante bosque mixto de carballos (Quercus robur), e castiñeiros (Castanea sativa). Os exemplares desta última especie cóntanse entre os de maior porte e mellor factura de Europa, e alcanzan alturas de ata 30 m e máis de 5 m de perímetro na base, o que lle confire a este núcleo da especie un alto interese científico. Outros valores naturais destacables desta mancha forestal son a presenza do narciso (Narcissus cyclamineus), endémico de Galicia e norte de Portugal, e da vacaloura (Lucanus cervus), ambas as especies están recollidas no anexo II da Directiva Hábitats e considéranse vulnerables en Galicia.

Slide 71

No Concello de Manzaneda (Ourense) atópase o Souto de Rozabales. Conta cunha extensión de 3`43 Ha onde domina a presencia de castiñeiros, explotados polo home ata non hai moito tempo. Destaca, nembargantes, o castiñeiro de Pumbariños, que conta cun perímetro de 12`5 m.

Slide 72

O Souto da Retorta ou eucaliptal de Chavín atópase no Concello de Viveiro (Lugo) e ten unha superficie de 4`40 Ha. Neste espacio se protexe un rodal de eucaliptos, que aínda que é unha especie foránea, aquí se conservan exemplares de grandes dimensións, considerados algúns dos máis grandes de Europa. Destaca El Abuelo, eucalipto cun perímetro de 7`55 m e que acada unha altura de 61`78 m.

Slide 73

A Costa de Dexo (A Coruña), que se extende dende o Cabo de Mera ó porto de Lorbé, tramo de costa acantilada dos mellor conservados da Costa Ártabra. Nestes hábitats onde as condicións de vida son moi duras (moito vento, brisa salina, ...), destaca a presencia dun gran número de endemismos vexetais típicos dos acantilados, ademais de pasteiros e de zonas de mato halófilo. En canto a fauna, destaca a presencia de colonias de corvo mariño cristado, gaivota patiamarela e anduriñón; ademais de nidificar o corvo grande e o falcón peregrino. Tamén resulta de gran interés unha formación xeolóxica formada por unha gran beta de seixo branco que aparece no acantilado, así como dos restos de tres asentamentos castrexos e a Igrexa románica de Santa María de Dexo. É de grande interese unha formación a gran beta de seixo que aparece no acantilado, coñecida como o Seixo Branco. Fronte costeira aberta entre as rías da Coruña e de Ares e Betanzos, cunha importante extensión de acantilados mariños, illotes e vexetación de herbais e matogueiras costeiras en bo estado de conservación, de grande interese pola súa xeomorfoloxía e alto valor paisaxístico. A relevancia e singularidade deste espazo natural vese potenciada por atoparse enclavado nunha das zonas máis densamente poboadas e transformadas de Galicia (área metropolitana da cidade da Coruña).  Esténdese pola franxa litoral entre o cabo de Mera e o porto de Lorbé (aproximadamente 11 km de costa), cun rango altitudinal que vai dos 0 aos 38 m sobre o nivel do mar. Desde o punto de vista xeolóxico, a zona encádrase totalmente na unidade de esquistos cristalinos de Bergondo, rochas metamórficas moi sensibles á meteorización física, o que se reflicte na paisaxe de acantilados fortemente erosionados e con perfil costeiro serrado, con numerosas caliñas e enseadas, algunhas terminadas en pequenas praias encaixadas (Fontenla, Canabal, Porto de Dexo, A Garroteira, entre as maiores), furnas (covas mariñas) e algúns illotes (Insua do Seixo, O Marolete, A Marola, Serrón da Torrella), de altura en xeral media ou baixa e sen apenas afloramentos rochosos por encima dos cantís. Como excepción, na punta do Seixo Branco chama a atención unha veta de pórfido granítico, que lle dá nome a este lugar.

Slide 74

A praia das Catedrais: situada na costa norte de Lugo destaca pola serie de pequenos cantís e praias onde a intensa erosión mariña deu lugar a un sistema de covas, bufadores e xigantescos arcos de gran beleza. Fronte costeira, orientada en dirección leste-oeste ao longo da rasa cantábrica, con pequenos acantilados mariños e praias de area intercaladas entre pequenos promontorios e illotes, de grande interese xeomorfolóxico e paisaxístico. Inclúe unha pequena superficie de augas mariñas (20 ha).  A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-asturiano. Dominio climático oceánico húmido, cunha precipitación media anual de 1.019 mm, temperatura media de 13,9 ºC e ausencia de xeadas.  A rasa cantábrica, plataforma de abrasión mariña emerxida durante o Terciario, que se estende na súa maior parte por Asturias, encóntrase aquí preto do seu límite occidental, formando un chanzo claramente perceptible ao longo da fachada acantilada deste monumento natural, de 2,2 km de fronte e entre 10 e 20 m de altura. A intensa erosión exercida polo mar sobre estes pequenos pero verticais cantís, formados principalmente por xistos e lousas, en conxunción co alto grao de facturación dos materiais, favorece a formación dun extenso sistema de furnas (covas mariñas), fumarolas, arcos e illotes. Estas formacións son produto do derrubamento das bóvedas de antigas grutas mariñas, en puntos de fractura dos acantilados. Durante as baixamares, a maior parte das calas entre cantís descobre e mostra fondos intermareais areosos finos, que conforman as praias de Augasantas, As Catedrais, Carricelas, Esteiro, Cadramón e Seborello.  Malia que unha gran parte do espazo natural se limita á área do dominio público marítimo-terrestre, tamén inclúe na súa porción occidental unha extensión de uceira-toxeira aerohalina, no que destaca a presenza da uz (Erica vagans), e do toxo (Ulex europaeus subsp. auropaeus f. maritimus), que caracterizan estas matogueiras costeiras da rasa cantábrica, consideradas hábitat prioritario pola Directiva Hábitats. A vexetación halocasmofítica, propia dos acantilados e da que hai unha importante mostra na zona, está tamén integrada por asociacións endémicas da rasa cantábrica, nas que entra Armeria pubigera subsp. depilata, subespecie cantábrica da ''herba de namorar''.

Slide 75

A Carballa da Rocha A Carballa da Rocha localízase entre os núcleos de poboación denominados Saínza de Arriba e Saínza de Abaixo, situados no termo municipal de Rairiz de Veiga, dentro da comarca da Limia, na provincia de Ourense. Está constituído por seis parcelas de propiedade privada, as cales suman un total de 0,63 ha. Forma parte da conca do río Limia, que está próxima ao LIC Veiga de Ponteliñares e que antigamente estaba ocupada pola desecada Lagoa de Antela. Desde o punto de vista corolóxico, a área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector xuresiano. Sitúase no dominio climático temperado oceánico continental, cunha precipitación media anual de 867 mm e unha temperatura media de 10,6 ºC. Atópase a unha altitude aproximada de 625 m s.n.m. A paisaxe é froito da actividade agrogandeira tradicional, onde se intercalan pequenas masas forestais, formacións de vexetación herbácea e arbustiva e zonas húmidas que xeran no seu conxunto un ecosistema de importante diversidade biolóxica.O nome de Carballa da Rocha fai referencia a un exemplar de carballo (Quercus robur) de notoria singularidade e beleza, o cal será obxecto dunha protección especial polo seu interese científico, histórico-cultural e paisaxístico. A árbore presenta un porte impresionante, cun perímetro a unha altura estándar de 1,30 m de 6,90 m, bifurcándose aos 7 m de altura en dous eixes de grandes dimensións ata alcanzar a extraordinaria altura de 33 m. O seu estado de saúde é excelente, non presenta feridas nin partes deterioradas, nin tampouco síntomas de pragas ou a presenza de ataques fúnxicos foliares.Cabe destacar a importancia social e histórico-cultural da Carballa da Rocha pola súa proximidade á capela da Virxe da Mercé, lugar de celebración de importantes romarías, e por ser protagonista de numerosas lendas e contos populares na zona.

Slide 76

Pena Corneira: Trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 km en sentido meridiano e 7 km en sentido suroeste-nordeste, froito dunha masa de magma que se solidificou a causa da estrutura profunda dun antigo volcán, hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O dito batolito está constituído por rochas graníticas hercínicas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, aparecendo granitos biotíticos e granodioritas biotítico anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posible a existencia do macizo de Pena Corneira e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bolos, pías (pot holes, gnammas), etc. No medio de todo este afloramento de rochas graníticas destaca unha singular rocha que lle dá nome á serra; é a famosa Pena Corneira, un verdadeiro fito xeográfico de 10 m que preside o Espazo Natural. Todo este macizo granítico reúne un interese especial pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos, constituíndo un lugar moi atractivo para xeólogos de prestixio internacional.

Slide 77

As PAISAXES PROTEXIDAS son áreas que, polos seus valores singulares, estéticos e culturais ou ben pola relación harmoniosa entre o home e o medio natural, son merecedores dunha protección especial. "As paisaxes protexidas son espacios que, polos seus valores singulares, estéticos e culturais ou ben pola relación harmoniosa entre o home e o medio natural, sexan merecedores dunha protección especial". Imaxe: Paisaxe protexida do río Navea

Slide 78

Penedos da Pasarela e Traba

Slide 79

Que son un humidal protexido e un sitio Ramsar? Trátase de extensións de marismas, pantanos, turbeiras ou superficies cubertas de auga, que teñen unha función de importancia internacional, nacional ou autonómica na conservación dos recursos naturais. Algúns humidais teñen unha importancia internacional e están acollidos baixo o convenio de Ramsar, un convenio internacional asinado nesa cidade iraní que pretende a conservación e uso racional dos humedais e os seus recursos. Por iso a estes humedais se lles coñece tamén como sitios Ramsar.  Os cinco humidais protexidos de Galicia tamén están considerados como sitios Ramsar: Ria de Ribadeo Ría de Ortigueira e Ladrido Lagoa e areal de Valdoviño Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira O Convenio de Ramsar, ou Convención relativa aos Humedais de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, foi asinado na cidade de Ramsar, Irán, o 2 de febreiro de 1971 e entrou en vigor en 1975. Aínda que en orixe o seu principal obxectivo estaba orientado á conservación e uso racional en relación ás aves acuáticas, actualmente recoñece a importancia dos humidais como fundamentais na conservación global e o uso sostible da biodiversidade, con importantes funcións (regulación da fase continental do ciclo hidrolóxico, recarga de acuíferos, estabilización do clima local), valores (recursos biolóxicos, pesquerías, subministro de auga) e atributos (refuxio de diversidade biolóxica, patrimonio cultural, usos tradicionais. Imaxe – Ría de Ribadeo Espazo natural formado polo río Eo, e a ría que se forma na súa desembocadura. Situado entre as provincias de Lugo e o Principado de Asturias, constitúe un magnífico refuxio para numerosas especies de aves. Ten ademais interesantes bosques de ribeira e importantes marismas. As amplas chairas intermareais están ocupadas por chairas de lama e area onde se desenvolven importantes sebais e importantes bancos de ameixa e ostra que son explotados polos mariscadores do lugar.   O Eo é o principal lugar de paso das mellores poboacións de salmón de Galicia O río Eo acolle nas súas augas entre varios especies de peixes de grande interese, pero destaca especialmente por ser o mellor río salmoneiro de Galicia, xa que carece de encoros no seu leito e apenas ten problemas de contaminación nas súas augas.  A ría do Eo acolle un gran número de aves migratorias A ría acolle numerosas aves invernantes, sobrepasando os 2000 exemplares, destacando especialmente o pato rabudo, o pato asubiador, o parrulo chupón e limícolas como o pilro común, o pilro tridáctilo e o mazarico real.  A ría acolle importantes bancos marisqueos e varios portos pesqueiros Esta ría acolle varios portos pesqueiros, tanto na marxe galega como na asturiana, destacando polo seu tamaño o de Ribadeo en Galicia e o de Castropol en Asturias. Dentro da ría explótanse os bancos marisqueiros de ameixas e ostra xaponesa, mentres que os barcos desenvolven as súas tarefas pesqueiras fundamentalmente fora da ría.

Slide 80

Lagoa e areal de Valdoviño Este espazo natural está constituído por unha lagoa litoral que se comunica co mar a través dunha canle que atravesa o cordón dunar que a separa da praia da Frouxeira. A lagoa está alimentada por un pequeno río, o Vilar. Unha gran variedade de ambientes vexetais nunha pequena superficie O extenso cordón dunar que separa a lagoa da praia acolle unha interesante representación de vexetación de dunas fixas como a cebola das gaivotas, a correola de praia e especies máis escasas como algunha orquídea. Arredor da lagoa esténdese unha banda continua de carrizos, que na parte máis achegada ao mar é substituída por xuncos e na máis próxima ao río Vilar está ocupada por salgueiros e ameneiros. Un humidal de gran interese para as aves A lagoa da Frouxeira cumpre un papel moi importante como lugar de descanso e refuxio para un gran número de aves invernantes. Durante o período invernal a lagoa alberga numerosas aves acuáticas procedentes do norte de Europa, como os parrulos chupón e cristado, garzas real e branca, corvos mariños grandes.... Tamén buscan alimento na súa praia e nas chairas lamacentas un gran número de limícolas como o pilro común e o tridáctilo, a píllara das dunas, a píldora cincenta ou o ostraceiro. Un espazo natural recuperado para gozar del Hoxe en día este espazo sofre unha forte presión, especialmente o seu areal na época de verán, polo que se desenvolveu un proxecto de restauración e minimización do impacto a través da instalación de pasarelas peonís, a eliminación dalgunhas pistas asfaltadas e a execución dun itinerario arredor da lagoa.

Slide 81

Ría de Ortigueira – Ladrido Ría na que desembocan os ríos Mera e Ladrido e que comprende extensas chairas intermareais de fango e area, amplas marismas e un considerable sistema dunar en moi bo estado de conservación. O relevo non é excesivamente accidentado, presentando, en xeral, pendentes suaves e baixas altitudes.   A ría de Origueira acolle unha gran diversidade de vexetación Esta ría inclúe boas representacións de praderías de algas mariñas (seba) e notables extensións de xuncais, como o Xuncal Novo, que teñen unha grande importancia para moitas aves. O río Mera é un discreto curso fluvial que conta cunha fraga de ribeira en moi bo estado de conservación.   Durante o inverno alberga notables poboacións de aves acuáticas Esta ría da acubillo a un grande número de aves acútica e limícolas, especialmente no inverno que alberga a máis de 5.000 aves acuáticas invernantes, entre as que destaca, con máis de 500 individuos, o mazarico curlí que ten nesta localidade a súa principal área de invernada do noroeste peninsular. Destacan tamén os importantes grupos de anátidas que acollen, especialmente o pato lavanco, o asubiador, ,o pato cullerete, o rabilongo e a cerceta. Durante o resto do ano son frecuentes o corvo mariño cristado e a garza real e a garza branca, estas últimas presentes nos canais da marisma.   Desde sempre se explota a riqueza pesqueira desta ría A pesca e o marisqueo é unha actividade económica de gran importancia neste espazo natural, sendo a principal actividade que se desenvolve nesta ría. Trátase dunha pesca artesanal desenvolvida por pequenas embarcacións e que é compatible coa conservación do entorno.

Slide 82

Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira As rías son ecosistemas de elevada importancia tanto a nivel ambiental como económico. A súa elevada produtividade biolóxica é explotada por unha importante flota pesqueira, pero tamén atrae a unha fauna variada que busca alimento e refuxio no seu interior.  O complexo O Grove - Ons abrangue o sistema litoral, declarado humidal protexido, constituído pola enseada do Grove, a Lanzada, punta Carreirón e a lagoa de Bodeira; ademais do arquipélago de Ons, que forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas.   Máis de 13000 aves invernan neste espazo natural A enseada do Grove, que se estende sen solución de continuidade até a punta Carreirón, alberga durante o inverno un importante número de aves acuáticas que buscan alimento nas grandes chairas lamacentas e bancos areosos que deixa ao descuberto a marea baixa. Esta enseada ten importancia internacional para a invernada de espátula común e importancia na península para a invernada de gabita, píllara cincenta, pilro curlibico e agulla colipinta.   A lagoa da Bodeira, unha importante lagoa litoral Este espazo natural alberga a lagoa litoral da Bodeira, a única existente na provincia de Pontevedra. Nesta lagoa encontran refuxio numerosas anátidas que nas súas migracións precisan dun lugar onde alimentarse e descansar e nela crían o mergullón pequeno, a galiñola ou o lavanco real.   A restauración dun ecosistema danado O istmo da Lanzada está dominado por dunas fixas cubertas por interesantes comunidades de plantas dunares, algunhas delas endémicas. A vexetación destas dunas foi recuperada despois dun frutífero traballo de restauración ambiental que eliminou moitas das pistas que discorrían polas dunas e revexetou as áreas afectadas.   Usos tradicionais asociados á explotación do mar A pesca artesanal e o marisqueo, especialmente a pé, teñen unha gran importancia na economía local, un aproveitamento dos recursos que si é racional pode facerse compatible coa conservación deste espazo natural.

Slide 83

A nivel europeo, derivada da Directiva Hábitats (92/43 CEE), estase a crear unha coherente Rede de Espazos Naturais Protexidos na que aparezan representados os ecosistemas máis representativos de Europa, chamada Rede Natura 2000. A rede Natura 2000 en Galicia está constituída por 14 Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e polos 59 espazos incluídos na proposta de lugares de importancia comunitaria(LIC), 55 dos cales están incluídos na lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) da rexión bioxeográfica atlántica. Que é a Rede Natura 2000?. Trátase dunha rede europea de espazos naturais, que pretende conservar unha ampla variedade de hábitats naturais e de especies de flora e fauna, tendo en conta as necesidades económicas, sociais e culturais dos concellos incluídos na Rede Natura.   Que espazos conformarán a Rede Natura en Galicia? Galicia acolle 55 dos hábitats naturais de interese comunitario para a conservación da biodiversidade europea e que requiren da declaración de Lugares de Importancia Comunitaria. A Directiva Hábitats tamén designa unha serie de especies de interese comunitario que deben ser obxecto de medidas especiais de conservación dos seus hábitats. Destas, 27 especies de plantas e 34 de fauna viven aquí.   A Directiva Aves recolle unha serie de especies de aves que deben ser obxecto de medidas de conservación especiais en canto ao seu hábitat, das cales en Galicia están presentes 76; e para o que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves.   Cantos espazos forman a Rede Natura en Galicia? A rede Natura 2000 en Galicia está constituída polas 14 Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA’s) e polos 59 espazos incluídos na proposta de Lugares de Importancia Comunitaria.  

Slide 84

Galicia acolle 55 dos hábitats naturais de interese comunitario para a conservación da biodiversidade europea e que requiren da declaración de Lugares de Importancia Comunitaria. Hábitats naturais prioritarios: son hábitats naturais ameazados de desaparición cuxa conservación supón unha especial responsabilidade, tendo en conta a importancia da proporción da súa área de distribución natural. Lagoas costeiras (1050) Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (2133 e 2137) Estanques temporais mediterraneos (3170) Brezais húmidos atlánticos de zonas temperadas de E ciliaris e E tetralix (4020) Brezais secos atlántico costeiros de E vagans (4040) Prados calcários cársticos ou basófilos de Alysso-Sedion albi (6110) Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos siliceos de zonas montañosas. (6230) Turbeiras de cobertoira activas (7130) Turbeiras calcárias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianane (7210)

Slide 85

Eis algúns hábitats destacábeis: Turbeiras de cobertor da Serra do Xistral. A mellor representación deste tipo de hábitats na Europa continental. Diferencianse das existentes en latitudes máis setentrionais por albergaren unha maior diversidade de especies.

Slide 86

Hábitats mariños e costeiros. Destacan pola biodiversidade dos seus fondos, os bosques de algas, a presenza de cetáceos ameazados, coma a toniña ou o golfiño común, ou as aves mariñas. O medio terrestre destaca polo seu escaso grao de alteración, un feito cada vez máis raro en todo o litoral europeo. Dunas, tramos rochosos, esteiros, marismas e rías, ademais de acolleren unha ampla variedade de hábitats e especies, constitúense nun referente paisaxístico.  

Slide 87

Hábitats fluviais. Son numerosos os ecosistemas fluviais e os humidais propostos para a Rede Natura 2000. Urxe conservar os ríos, ameazados sobre todo polas presas e a contaminación. A conservación dos bosques de ribeira é fundamental. Nestes hábitats viven especies ameazadas de extinción como o salmón, o mexillón do río ou especies de insectos pouco coñecidos.

Slide 88

Os aproveitamentos tradicionais agrosilvopastorais transformaron as paisaxes naturais creando a paisaxe agraria tradicional, con hábitats que presentan valor ecolóxico, como os derradeiros bosques atlánticos e mediterráneos. En zonas de montaña e media montaña conviven as actividades tradicionais con especies como a pita do Monte, a marta, o lobo, o bufo real ou a águia real. Paisaxe no Courel

Slide 89

A rede natura 2000 designa unha serie de especies de interese comunitario que deben ser obxecto de medidas especiais de conservación dos seus hábitats co fin de crear unha rede coherente de zonas especias de conservación. Considéranse especies de interese comunitario aquelas que: estean en perigo, sexan vulnerables, é dicir que o paso á categoría de especies en perigo considérase probable nun futuro próximo sexan raras, é dicir que súas poboacións son de pequeno tamaño que se localizan en áreas xeográficas limitadas ou se encontran dispersas nunha superficie máis ampla; ou sexan endémicas e requiran especial atención debido á singularidade do seu hábitat ou as posibles repercusións que a súa explotación poda ter para a súa conservación.   A flora galega protexida pola Rede Natura En Galicia contamos coa presenza de 27 especies de plantas consideradas especies de interese comunitario, das que cinco están considerada sen perigo de extinción, e a posibilidade de que desaparezan é moi alta. Foto de Woodwarkia  

Slide 90

A fauna galega protexida pola Rede Natura En canto á fauna Galicia acolle 39 especies de fauna consideradas como de interese comunitario. Son seis espacies de insectos, tres moluscos, seis peixes, un anfíbio, catro reptiles e catorce mamíferos. En canto ás aves estas están protexidas pola Directiva Aves e para a súa protección decláranse as ZEPA’s. En Galicia están presentes 76 especies do anexo I da Directiva Aves.  Lucanus cervus  Margaritifera margaritifera  Petromyzon marinus ou Salmo salar  Chioglossa lusitanica  Lacerta monticola ou Lacerta schreibersi  Alcaudón dorsirrojo  Galemys pyrenaicus ou Rhinolophus ferrumequinum ou Ursus arctos ou Lutra lutra Margaritifera margaritifera Un mexillón de río? Este “mexillón” é un molusco que vive nos fondos areosos dos nosos ríos e que pode acadar os 100 anos. As súas larvas fíxanse ás branquias de peixes salmónidos (salmón, reo, troita). Chegou a estar presente en moitos ríos galegos, mais hoxe só ocupa algúns tramos fluviais ben conservados. Aínda así, as poboacións galegas son de grande importancia para a conservación desta especie a nivel europeo.

Slide 91

A Directiva Aves estableceu unha Rede de ZEPA´s, unha figura de protección para as 175 especies de aves europeas consideradas máis ameazadas e, especialmente, para as aves migratorias. As ZEPA´s protexen as súas áreas de reprodución, de muda e de invernada e as zonas de descanso nas súas áreas de migración. Para poder ser designado ZEPA, un determinado lugar debe albergar un número mínimo de aves que lle outorgue unha importancia internacional para a súa conservación. En Galicia temos declaradas 15 Zonas de Especial Protección para as Aves A Directiva Aves estableceu unha Rede de ZEPA´s, unha figura de protección para as 175 especies de aves europeas consideradas máis ameazadas e, especialmente, para as aves migratorias. Nesta rede intégranse os lugares máis importantes para as aves en Europa e a súa conservación futura é un compromiso ineludible de todos. As ZEPA´s protexen as súas áreas de reprodución, de muda e de invernada e as zonas de descanso nas súas áreas de migración. Para poder ser designado ZEPA, un determinado lugar debe albergar un número mínimo de aves que lle outorgue unha importancia internacional para a súa conservación. Ademais, as ZEPAs forman parte da Rede Natura 2000.  

Slide 92

Imaxe: praia e lagoa de Traba na ZEPA Costa da Morte (Norte) Gran parte das ZEPA´s de Galicia esténdense por espazos do noso litoral. Algunhas son zonas importantes para especies mariñas que nidifican nos cantís, como as illas Cíes e Ons, ou Sisargas e Cabo Vilán que forman parte da ZEPA Costa da Morte. Outras acollen anualmente aves migratorias invernantes, especialmente limícolas e aves acuáticas. Tal é o caso das rías de Foz, Ortigueira-Ladrido e Ribadeo, do Esteiro do Miño, dos complexos de Corrubedo e O Grove ou das lagoas litorais de Valdoviño, Baldaio, Traba... Foto de Traba

Slide 93

Ancares Algunhas serras do interior de Galicia están declaradas como ZEPA, pois albergan poboacións de aves escasas ou en perigo, como Os Ancares que acollen os últimos exemplares de pita do monte, que ten aquí o seu límite occidental de distribución europea, ou a serra da Enciña da Lastra, o espazo natural galego coa maior diversidade de aves nidificantes.

Slide 94

ZONAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN DOS VALORES NATURAIS Espazos nos que, polos seus valores ou interese natural, cultural, científico, educativo ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica En Galicia temos declarados 73 Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais ESPAZOS NATURAIS DE INTERESE LOCAL Espazos integrados nun termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais. ESPAZO PRIVADO DE INTERESE NATURAL Son terreos pertencentes a institucións ou propietarios particulares, nos que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestre dos que se considere de interese a súa protección.

Slide 95

Nos espazos naturais protexidos só están permitidas aquelas actividades que sexan compatibles coa conservación dos seus valores ambientais. Siempre terán prioridade as actividades de baixo impacto como medio más favorable para gozar dos valores do espazo natural (paseo, sendeirismo, visitas didácticas...) primando os intereses da poboación local sobre os dos visitantes. Algunhas actividades precisarán dos permisos pertinentes da administración, como a investigación do medio natural, algunhas actividades deportivas ou o uso de vehículos fora das estradas e pistas habilitadas... Durante a visita a un espazo natural protexido hai unha serie de recomendacións e normas que debemos seguir para evitar causar impactos inncesarios non recoller ou cortar plantas, non danar ou molestar aos animais, non introducir especies de fora, non sairse dos camiños habilitados, recoller as vasuras que xeneremos, non molestar nin causar inconvenientes nas explotacións agrícolas e gandeiras dos veciños, evitar facer ruido, non acceder aos lugares de paso restrinxido, non facer lume fora dos lugares e épocas establecidos…    Que beneficios aporta a conservación dos espazos naturais?. A declaración dun espazo natural protexido impulsa o desenvolvemento económico, evita o despoboamento e mellora a calidade de vida das poboacións dos seus concellos. Ademáis conservación de espazos naturais atrae a numerosos visitantes e revaloriza o turismo destas áreas, o que supón un pulo para as economías locais.

Slide 96

Exposición no centro de visitantes do Parque Natural das Fragas do Eume.

Slide 1

OS ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA

Slide 4

PARQUES DE GALICIA

Slide 5

Parque nacional das Illas Atlánticas Parques naturais de Galicia

Slide 6

PARQUE NACIONAL MARÍTIMO -TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Slide 16

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

Slide 24

PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

Slide 34

PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME

Slide 44

PARQUE NATURAL DA BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

Slide 53

PARQUE NATURAL DOS MONTES DO INVERNADEIRO

Slide 60

PARQUE NATURAL DA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

Slide 69

MONUMENTOS NATURAIS

Slide 77

PAISAXES PROTEXIDAS

Slide 79

HUMIDAIS PROTEXIDOS

Slide 83

REDE NATURA 2000

Slide 89

ESPECIES DE INTERESE COMUNITARIO DA REDE NATURA 2000

Slide 91

ZONAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES (ZEPA)

Slide 94

OUTRAS FIGURAS DE PROTECCIÓN

Slide 95

¿QUE PODEMOS FACER NUN ESPAZO NATURAL PROTEXIDO?

ENP-Galicia-MR

URL:
Embed: HTML   XHTML
For WordPress: Get SlideBoom plugin for WordPress
Previous Page Next Page
More by ceipandrade
clausura certame de poesía 2010
clausura cert...
poemas gañadores
poemas gaña...
Ollando  a ollando terra
Ollando a olla...
Anuncioenblanco
Anuncioenblan...