|
|
A MATERIA DA TERRA: As rochas e os seus cambios
Capa de gases que envolve a Terra. Gran bóla formada po rochas e metais que forman o planeta Terra. Conxunto de toda a auga do planeta agás o vapor de auga atmosférico. A XEOSFERA, QUE É?
A xeosfera fórmana tres capas ben distintas e diferenciadas: O núcleo: a uns 3.000 km de profundidade, formado por metais a altas temperaturas e moi importantes para os fenómenos magnéticos. O manto: é unha capa de 2.900 km de grosor, constituida por rochas densas e quentes. A codia: é unha capa moi fina se a comparamos co resto, de 0 – 70km.. Esta formada por placas máis ou menos rígidas que se apoian ou flotan sobre un material viscoso a alta temperatura que, as veces, sale á superficie a través de volcáns.
A HIDROESFERA É o conxunto de auga do planeta en todos os seus estados: Auga líquida: nos mares, océanos (que é salgada), e a que está nos continentes e illas (que é doce). Auga sólida: nas zonas máis frías do planeta, principalmente nas rexións polares. Auga en vapor: na atmosfera.
¿Que son as augas superficiais e subterráneas? Augas superficiais: Os ríos, lagos, lagoas, torrentes...flúen por enriba da terra. Augas subterráneas: Aquelas que flúen por debaixo da terra, ven por filtración, ou por corrente normal.
A ATMOSFERA É a capa máis externa da Terra, formada por unha mestura de gases, sendo os máis numerosos: o nitróxeno e o osíxeno.
Fai un debuxo no teu caderno similar a este, e márcalle as tres capas que xa estudiamos da xeosfera; se es capaz, márcalle tamén a atmosfera e a hidroesfera.
As rochas son materia. Son mesturas de partículas de un ou varios minerais. OBSERVADE: BASALTO CUARCITA CALCITAS DISTINTOS MINERAIS
A heteroxeneidade: distínguense os grans dos seus minerais. A textura: A colocación dos minerais na rocha; laminada, aplanadas, abultamentos... A dureza: É unha propiedade que consiste na dificultade que existe para raiar ou crear marcas na superficie do mineral.
1 Talco, (se puede rallar fácilmente con la uña) 2 Yeso, (se puede rallar con la uña con más dificultad) 3 Calcita, (se puede rallar con una moneda de cobre) 4 Fluorita, (se puede rallar con un cuchillo) 5 Apatita, (se puede rallar difícilmente con un cuchillo) 6 Feldespato, (se puede rallar con una cuchilla de acero) 7 Cuarzo, (ralla el vidrio) 8 Topacio, 9 Corindón, (sólo se ralla mediante diamante) 10 Diamante, (el mineral natural más duro) DUREZA/MINERAL
Agora coas rochas que trouxestes, imos facer unha clasificación: Se nos parece ou non heteroxénea Unha breve descripción da súa textura: se é granulosa ou lisa, se está en láminas, se teñen ou non cristais... A dureza: se as podemos raiar facilmente ou non, e cales son as que raian ou son raiadas.
As rochas están en continuo cambio, aunque estes cambios son lentos e prodúcense por distintos motivos: Pola calor existente no interior da xeosfera: As montañas Os terremotos Os volcáns Pola hidroesfera, atmosfera e seres vivos: A erosión O transporte A sedimentación Transfomación humana.
AS MONTAÑAS Pregamentos das capas da terra. Formánse cando a codia terrestre “se deforma” “se dobra”. Unha se sumerxen e outras afloran ou atópanse e forman unha especie de acordeón.
MONT BLANC (Suiza) TEIDE (Tenerife) JAÉN O COUREL (Lugo)
Os terremotos, son temblores bruscos debido ao movemento dun anaco grande da codia terrestre.
A orixe dos terremotos encóntrase na liberación de enerxía que se produce cando os materiais do interior da Terra se desplazan, buscando un equilibrio. ¿Cómo se mide un terremoto?
Magnitude de Escala Richter Unha magnitude 4 non é o dobre de 2, se non que é 100 veces maior. Magnitud en escala Richter Efectos del terremoto Menos de 3.5 -Xeneralmente non se sinte, pero é rexistrado 3.5 - 5.4 -A menudo síntese, pero só causa danos menores. 5.5 - 6.0 -Ocasiona danos lixeiros a edificios. 6.1 - 6.9 -Pode ocasionar danos severos en áreas moi poboadas. 7.0 - 7.9 -Terremoto maior. Causa graves danos. 8 o mayor -Gran terremoto. Destrucción total a comunidades cercanas. (NOTA: Esta escala é “aberta", de modo que non hai un límite máximo teórico)
OS VOLCÁNS Que é un volcán? Un volcán constitúe o único conducto que pon en comunicación directa a superficie terrestre cos niveis profundos da codia terrestre. Como se orixinan?.Os volcans orixínanse por influencia dunha bolsa de magma no interior da Terra. A bolsa de magma busca gretas para saír ao exterior.Cando expota o magma, convértese no que nos chamamos lava. E cando a lava está saindo, co cambio brusco de temperatura,vaise solidificando. E cada vez que a lava se solidifica e sigue saíndo, aumenta o cono volcánico.
Magma, unha bolsa que se atopa no interior da Terra formada por minerais e rochas en estado líquido polas altísimas temperaturas e presións. Cheminea, é o conducto por onde ascende a lava ao exterior. Cono volcánico, ten forma de cono e está formado polas lavas e cinzas solidificadas. Cráter, é a abertura que está ao final da cheminea por onde sae a lava. Pode ser en forma circular, ovalado, etc. PARTES DO VOLCÁN COPIAR NAS LIBRETAS
FOTOS INTERESANTES DE VOLCÁNS EN ERUPCIÓN
O Teide é un volcán situado na illa de Tenerife, que: É considerado Patrimonio da Humanidade. Ten unha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m. sobre o leito oceánico. É o pico máis alto de España e o terceiro volcán máis grande da Terra, os outros dous están na illa de Hawai. A orixe do seu nome ven dos aboríxenes guanches da illa, para os que o volcán era sagrado e puxéronlle o nome de Echeyde, que a súa traducción o noso idioma quere dicir “ inferno”. Tense constancia de erupcións dende fai 150.000 anos que foron os que marcaron o relevo actual da illa. Os expertos apunta que o Teide está “intranquilo”, porque din que os recentes seísmos débense a movementos do magma a 12km.de profundidade. O Teide leva sen ter erupcións 500 anos.
A atmosfera, a hidroesfera e os seres vivos desgastan as rochas da superficie terrestre e modifican o relevo mediante os procesos de: A EROSIÓN O TRANSPORTE A SEDIMENTACIÓN
Que é a erosión? Movemento de anacos de rochas e materiais dun lugar a outro. A deposición de rochas nun lugar determinado. O desgaste das rochas superficiais pola acción da atmosfera, hidroesfera e/ou os seres vivos.
FORMAS DE EROSIÓN Do vento Marina Humana Fluvial Do vento Glaciar
O transporte é o movemento dun lugar a outro dos fragmentos de rochas provocado polo vento, e as correntes da auga dos mares, ríos, regatos... Escribe na teu caderno unha situación onde se dea o transporte.
Despois de transportados os fragmentos das rochas, acábanse depositando nos fondos dos mares, dos lagos...formando o que se chama capa de sedimentos, e a este proceso denomínaselle sedimentación.
Explica na túa libreta, neste caso concreto como se producen os procesos dos que estivemos a falar. Glaciar
Imos intentar explicar qué procesos inflúen para que estas rochas cambiaran.
USO QUE LLES DAMOS A MOITAS ROCHAS E MINERAIS
by maestraprimaria | Added: 2 years ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 23 Views | 3 Embeds |
Summary: presentación sobre a Terra, os seus cambios
| URL: |
No comments posted yet
Comments