|
CEIP ISAAC DÍAZ PARDO 6º B DANIEL NOVO NOVO
A LENDA DO CEBREIRO O MILAGRE
A ALDEA DO CEBREIRO O Cebreiro é unha parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro, nos Ancares da provincia de Lugo. Esta aldea atópase a gran altitude (1330 m. sobre o nivel do mar). Por iso, no inverno vai moito frío e caen grandes nevadas. É o primeiro pobo do Camiño de Santiago Francés. Destaca polas súas pallozas (casas ovaladas de pedra con teito de ramas) e por a Igrexa de Santa María (prerrománica do século IX) donde se atopa o Cáliz da nosa historia (Cáliz románico do século XII).
A LENDA Conta a lenda que polo ano 1300, un paisano chamado Juan Santín, vivía en Barxamaior, un pobo afastado 4 Km. do Cebreiro. Era tan devoto que ía sempre a misa, houbera frío, choiva ou nevara. Un día de moito frío desatouse unha forte tormenta de neve.
A Santín non lle importou, e subiu de todas as maneiras a O Cebreiro. Chegou á igrexa, morto de frío.
O frade que oficiaba a misa non era home de moita fe, e vendo que sólo estaba Santín pensou para si: “¡Tanto sacrificio, total para un cacho de pan e un pouco de viño! Hai que estar tolo para saír da casa co frío que vai,…¡có ben que estaría na casiña á beira dun bo lume!”
O frade díxolle a Santino: "¡Cuál viene este otro con una grande tempestad y tan fatigado a ver un poco de pan y de vino!“. E díxolle que a súa presencia "non merecera a pena".
Deus, para castigar a súa falta de fe e caridade, cando estaba a consagrar o pan e o viño, converteu o pan en carne e o viño en sangue. O frade quedou abraiado.
A imaxe da Virxe, que estaba no altar do lado (talla románica do século XII) inclinou a cabeza e así aparece aínda hoxe con ela abaixada.
Moitos pensan que o Cáliz do Cebreiro é o Santo Grial. Os Reis Católicos quixeron levar as reliquias a Valladolid, pero os bois que levaban os carros detíñanse e non querían andar.
Hoxe en día, o Cáliz do Cebreiro figura no escudo da bandeira galega.
"...Bicado de recendente soavidade da mañán, o escudo da cruz Bermella cinguido pol-o brazal, espora de ouro calzada, luminosa espada na man, o corazón esforzado aceso e limpo de mal, costa arriba, metras zoa no vento maino e levián de segreda campaiña o tanguido de cristal, ruba o nombre cabaleiro, no seu soño de cabalgar, a montaña milagreira do Cebreiro-Monsalvat..." “Na noite estremecida" (1926) Ramón Cabanillas dedicoulle o seu poema “O cabaleiro do Santo Grial”:
FIN
URL: |
No comments posted yet
Comments