A galiña

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

A GALIÑA Rego Fernández, Xiana 2º ESO B

Slide 2

ÍNDICE 1. Para que usamos os animais? 1.a. Proceso de elaboración dos productos 1.b. A matanza 2. Historias 3. Recopilación de pinturas, libros... 4. Valoración persoal 5. Webgrafía

Slide 3

INTRODUCIÓN O traballo que realizarei será sobre a galiña. Presentareino en diapositivas de PowerPoint con información e fotos sobre este animal. Constará de varias partes entre as cales está o proceso de elaboración dos alimentos mediante a galiña, historias, contos, relatos …

Slide 4

1. Para que usamos a galiña? A galiña ten varias utilidades, xa que, á parte de servir de alimento, tamén pon ovos o que permite facer outro tipo de comidas e sobremesas. 1.a. Proceso de elaboración dos alimentos Os ovos están presentes en numerosas comidas e en moitísimas sobremesas, xa que se poden consumir mesturados con outros alimentos ou simplemente sen ningún tipo de acompañamento. Por exemplo:

Slide 5

NA TORTILLA Para facer unha tortilla necesitamos varios alimentos entre os cales estan presentes os ovos, provintes da galiña. NOS BISCOITOS Por exemplo, para a “bica” ou incluso para as palmeiriñas, xa que se se recobren con ovo batido para que ao saír do forno estean máis tostadas por enriba. BICA

Slide 6

1.b. A matanza Logo de matar a galiña, metémola en auga fervendo para poder desplumala con facilidade e despois, ao abrila, podemos distinguille os órganos e partes. Cada parte realiza a súa función. Incluso podemos observar, non sempre, os ovos que se están desenvolvendo no seu interior. A matanza realizouse o 26/8/14 ás 6:30 en Marquide (Mondoñedo)

Slide 7

As partes Molleja Intestinos Pulmóns Corazón

Slide 8

Os ovos Ovos Ovo preparado case para saír

Slide 9

O CORAZÓN É o órgano máis importante da galiña e o encargado de bombear o sangue e levalo a todas as células do corpo. OS RILES Estes órganos axúdanlle a depurar o sangue e a controlar a cantidade de sales minerais. OS PULMÓNS Sérvenlles para realizar o intercambio de gases co exterior.

Slide 10

A MOEGA Este órgano servelles de areeiro, onde depositan a area que toman para triturar os alimentos. O FÍGADO Este órgano ten unha función reguladora e é o órgano básico da coordinación fisiolóxica.

Slide 11

O BOCHE Este órgano sérvelle para almacenar a comida. OS OVOS Estos son os ovos que se estaban formando no interior da galiña.

Slide 12

2. CONTOS, REFRÁNS, XOGOS… A galiña dos ovos de ouro Había unha vez un granxeiro moi pobre chamado Eduardo, que pasaba todo o día soñando con facerse moi rico. Unha mañá estaba no establo -soñando que tiña un gran rebaño de vacas- cando oíu que a súa muller o chamaba. -Eduardo, ven ver o que atopei! Oh, este é o día máis marabilloso das nosas vidas! Ao volverse a mirar á súa muller, Eduardo refregou os ollos sen crer o que vía. Alí estaba a súa esposa cunha galiña debaixo do brazo e un ovo de ouro perfecto na outra man. A boa muller ría contenta mentres lle dicía: -Non, non estás soñando. É verdade que temos unha galiña que pon ovos de ouro. Pensa no ricos que seremos se pon un ovo coma este todos os días! Debemos tratala moi ben.

Slide 13

Durante as semanas seguintes, cumpriron estes propósitos ao pé da letra. Levábana todos os días ata a herba verde que crecía xunto ao estanque da vila e todas as noites deitábana nunha cama de palla, nun recuncho quente da cociña. Non pasaba mañá sen que aparecese un ovo de ouro. Eduardo comprou máis terras e máis vacas. Pero sabía que tiña que esperar moito tempo antes de chegar a ser moi rico. -É demasiado tempo -anunciou unha mañá-. Estou cansado de esperar. Está claro que a nosa galiña ten dentro moitos ovos de ouro. Creo que teriamos que sacalos agora! A súa muller estivo de acordo. Xa non se acordaba do conténta que se puxera o día en que descubrira o primeiro ovo de ouro. Deulle un coitelo e en poucos segundos Eduardo matou á galiña e abriuna. Fregou outra vez os ollos sen crer o que estaba vendo. Pero esta vez a súa muller non se riu, porque a galiña morta non tiña nin un só ovo.

Slide 14

-Oh, Eduardo! -exclamou- Por que seriamos tan avariciosos? Agora nunca chegaremos a ser ricos, por moito que esperemos. E desde aquel día, Eduardo xa non volveu soñar con facerse rico. FIN

Slide 15

MAMÁ GALIÑA E OS SEUS POLIÑOS Mamá Galiña era moi branca, tiña unha crista vermella e acababa de ter recentemente uns poliños. Malia os seus medos, hoxe saíu a camiñar pola granxa con todos eles. Sofía non quería perder ese espectáculo e saíu coa cámara que lle regalaron para fotografalos e así armar o seu album. Mantiña unha certa distancia deles, así lle explicaran os seus papás. De súpeto, comezou a escoitar ruídos cada vez máis fortes. Entón achegouse. Coma se lle quixese falar, Mamá Galiña tratáballe de contar que lle faltaba un poliño. Sofía deuse conta disto e, moi preocupada, saíu a buscalo por todo o traxecto que fixeran. A unha longa distancia, Sofía viu un oco, algo que Mamá Galiña non vira. Sofía meteu a man e aí estaba o poliño. Mamá Galiña, moi contenta con todos os poliños, comezou a piar, pero de gran emoción. Sofía, coma se dunha danza se tratase, bailaba moi feliz como tamén o facían Mamá Galiña e todos os poliños. Por fin estaba toda a familia unida e Sofía fíxose moi amiga deles. Ademais, coidaba moito aos poliños ata que se fixeron maiores. FIN

Slide 16

REFRÁNS Gallina vieja hace un buen caldo. Gallina que come huevo, aunque le quemen el pico. Gallina que no pone, amo se la come. Grano a grano la gallina llena el buche.  La gallina que es buena, pone para Nochebuena.

Slide 17

xogos Trátase dun xogo clásico que todos xogamos algunha vez. Xógase nun terreo chairo e sen obstáculos, para evitar caídas. -Materiais. Unha venda para os ollos, que poderá ser un pano. -Organización. Escóllese a unha persoa e véndanselle os ollos cun pano. O resto de xogadores colócanse arredor do que a queda, formando unha roda. -Xogo. Sortéase entre os xogadores quen "a queda” para facer de galiña cega.

Slide 18

Ao que “a queda" véndanselle os ollos e despois os xogadores pregúntanlle :"Galiñiña cega, que se che perdeu? " ao que "o que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores respóndelle: “Dá tres voltiñas  e encontraralos". O que fai de galiña cega dá tres voltas sobre el mesmo mentres o resto de xogadores cantan: "Unha, dúas e tres". Despois a  galiña  cega avanza cos brazos estendidos intentando tocar a algún dos outros xogadores e, cando o fixo, debe adiviñar quen é tocándolle o pelo, a cabeza, a cara e as mans. Logo di o nome do xogador que cre que é e, se acerta, cambian os postos; se non acerta, o resto de xogadores bérranlle que fallou, seguindo o xogo ata que acerta.

Slide 19

3. CANCIÓNS,CADROS, LIBROS… Manuel Domínguez Localización: descoñecida Jesús Valle Julián, ESPAÑA

Slide 20

Romero Britto, Brasil Albert Anker, Suíza Hubert Denis Etcheverri Bayona Exposto no: Museo de Bellas Artes de Álava

Slide 21

esculturas Pontevedra

Slide 22

PELÍCULAS “Leafie, unha galiña na selva” Esta película animada céntrase en Leafie, unha galiña que vive engaiolada nunha granxa e logra escapar dese lugar. O que non sabe é que lle espera unha viaxe chea de obstáculos pola salvaxe selva. Alí encontrará un amigo, o parrulo Wanderer; pero tamén un inimigo, a denociña One Eye. Cando Wanderer e a súa muller sucumban á maldade de One Eye, Leafie verase abocada a coidar de Greenie, o fillo de ambos os dous. Xuntos deberán enfrontarse a toda unha serie de trepidantes aventuras. https://www.youtube.com/watch?v=bJO0uF80Qsg

Slide 23

LA GALLINA TURULETA Yo conozco una vecina, que ha comprado una gallina, que parece una sardina enlatada. Tiene las patas de alambre, porque pasa mucha hambre, y la pobre está todita desplumada. Pone huevos en la sala, y también en la cocina, pero nunca los pone en el corral. La gallina, turuleca, es un caso singular, la gallina, turuleca, está loca de verdad. La gallina turuleca, La gallina turuleca, ha puesto un huevo, ha puesto dos, ha puesto tres. La gallina turuleca, ha puesto siete, ha puesto ocho, ha puesto nueve. ¿Dónde está esa gallinita? Déjala, la pobrecita, déjala que ponga diez. https://www.youtube.com/watch?v=HnhKQPy6HF0

Slide 24

4. VALORACIÓN PERSOAL Este traballo sobre a galiña pareceume moi interesante e axudoume a coñecer máis datos sobre este animal, as súas partes e funcións das mesmas. Ademais descubrín unha gran variedade de cadros e pinturas que descoñecía, aprendín algúns refráns e incluso recordei algunhas das cancións que escoitaba de pequena coma “A galiña turuleta”. Para finalizar debo engadir que este traballo me serviu para ampliar o repertorio de contos, pero sobre todo para ampliar a miña información sobre a GALIÑA.

Slide 25

5. WEBGRAFÍA -A información foi sacada de: https://www.google.es/ https://images.google.com/ -De meus avós (refráns)

Summary: PowerPoint sobre a galiña, os seus órganos e as obras nas que se alode a ela.

Tags: natureza animais galina

URL:
More by this User
Most Viewed