ROSALÍA DE CASTRO

-1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

ROSALÍA DE CASTRO

Slide 2

BIOGRAFÍA Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela, en 1837, froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Rosalía será testemuña da terríbel fame e do andazo de cólera de 1853-54 e vivirá o fervor revolucionario deses anos. En 1856 foi a Madrid e alí casou con Manuel Murguía. En 1858 publicou as súas primeiras obras: o poemario LA FLOR (1857) e máis a novela LA HIJA DEL MAR (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller. Rosalía e Murguía compartían a idea dun novo modelo político no que a causa galeguista, a liberdade relixiosa, o libre comercio, o sufraxio universal... terían cabida. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os CANTARES GALLEGOS, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento Galego

Slide 3

BIOGRAFÍA E OBRAS ROSALÍA foi unha escritora profesional que colaboraba en diversas publicacións mentres atendía ás obrigas familiares (tivo sete fillos). Residiu en CASTELA (Madrid e Simancas) e en GALIZA (Lugo, Compostela, A Coruña, Padrón), onde ficou definitivamente na década dos 70. O fracaso da Revolución do 68 e a Restauración da monarquía unido as dificultades económicas derivadas do cambio político acabaron coa súa esperanza no futuro. A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario, FOLLAS NOVAS (1880), na Habana e Madrid. O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, cando tiña 48 anos. A obra de Rosalía ten unha grande importancia no renacemento cultural da literatura galega, xa que puxo fín a varios séculos nos que prácticamente non se publicaron obras literarias en galego. No centenario da publicación de CANTARES GALLEGOS, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Slide 4

OBRAS MÁIS DESTACADAS CANTARES GALLEGOS , a súa obra mais coñecida, publicada en 1863, supón un importantísimo acontecimento cultural na literatura galega. Ensalza a paisaxe, os costumes e a língua da súa terra e denuncia as condicións de vida dos labregos que se ven obligados a emigrar . FOLLAS NOVAS (1880) esta colección de poemas en galego amosa a súa particular visión da vida (una visión sombría da existencia humana), expresa denuncia social. EN LAS ORILLAS DEL SAR (1884). Libro escrito en castelán. Volve a tratar o tema da emigración, pero esta vez desde outra persectiva: chama aos emigrantes espallados polo mundo para que volten á súa terra.

Slide 5

Corre o vento, o río pasa, Corren nubes, nubes corren Camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo: Vánse todos, eu me quedo Sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemplando As laradas das casiñas Por quen vivo sospirando. Ven a noite, morre o día As campanas tocan lonxe O tocar de Ave María. … Paseniño, paseniño, Vou pola tarde calada, de Bastabales camiño. Camiño do meu contento, En tanto o sol non se esconde, nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando Como a lúa vai saíndo, Cómo o sol se vai deitando. Cal se deita, cal se esconde, Mentras tanto corre a lúa Sen saberse para donde. Para onde vai tan soa, Sin que os tristes que a miramos Nin nos fale, nin non oia. Que si aíra e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara. PARA LER:

Slide 6

POESÍA CANTADA ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES cantado por Amancio Prada NEGRA SOMBRA, NEGRA SOMBRA, cantado por Luz Casal http://www.youtube.com/watch?v=K_ZGqkFSc2Q http://www.youtube.com/watch?v=7wIk8fPzFlU

Slide 7

ROSALÍA DE CASTRO

Summary: Presentacion de Rosalia de Castro

Tags: poesia

URL:
More by this User
Most Viewed