Formación de Usuarios 2016-7ppt

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Formación de Usuarios 2016/2017 BIBLIOTECA DO IES MONTE DAS MOAS

Slide 2

Como buscar libros na biblioteca?

Slide 3

…seguimos a CDU (Clasificación Decimal Universal) que é un método que nos permite ter ordenados os nosos fondos por materia 4 (Baleiro) Pois ben…

Slide 4

Pero… OLLO!!! O número “8” : Linguas e Literatura témolo simplificado e utilizamos letras para referirnos a…

Slide 5

E outras letras para outros idiomas… Que será ….? Narrativa en Inglés Narrativa en Francés Narrativa en Italiano Gramática en Inglés Dicionario de Grego

Slide 6

OLLO tamén!!! Se ves libros con números de dous ou tres díxitos... … non é que nos volvéramos tolos, é que o libro corresponde á unha determinada materia, e dentro desa materia a outra sección. Saberías decir a cal corresponden os libros de arriba? Dentro da materia de CIENCIAS SOCIAIS (3) , á materia de ECONOMÍA (33)

Slide 7

Agora, para localizar o que buscas non tes máis que mirar este plano 1 2 3 5 6 0 N NG P PG TG T c 9 7 XeneralidadesDicionarios Filosofía Relixión Ciencias sociais Ciencias Ciencias aplicadas Lingua e literatura Arte. Música. Deportes Xeografía. Historia 8 Outras linguas

Slide 8

Fíxate na parte de arriba dos andeis onde tes os números e a materia para localizar os libros que hai na biblioteca

Slide 9

Ben, xa sabemos onde están colocados os libros por materia (literatura, ciencias, historia, etc) pero agora... como busco un libro en concreto?

Slide 10

Pois mans á obra. Se xa estás na BIBLIO... PODES CONSULTAR A “SUPER CHULETA” para localizar onde están os libros que che interesan :

Slide 11

Por exemplo: Busco un libro de matemáticas que se chama: Para poder atopalo necesitas saber … O nome d@ AUTOR@ DO LIBRO Se o sabes é moi fácil atopalo. Verás… O autor chámase SIMON SINGH Los Simpson y las matemáticas

Slide 12

Todos os fondos bibliográficos da biblioteca teñen unha etiquetiña no lombo.Os números e as letras da etiqueta indícanche onde están colocados os libros nos andeis Os libros están colocados por orde alfabética de AUTOR e de TÍTULO. 51 SIN sim Esta é a etiqueta deste libro Narrativa en Castelán (N) Narrativa en Castelán (N) Narrativa en Castelán (N) MATERIA: Matemáticas (51) AUTOR: Tres letras do apelido TÍTULO: Tres letras do título (sen artigo)

Slide 13

Pero, se non tes moi claro que estás buscando terás que ver o catálogo da biblioteca ONDE ESTÁ? Podes atopalo na páxina web do noso centro No blog da bilioteca Á dereita

Slide 14

AQUÍ LECTURAS REBULDEIRAS Ou no blog do club de lectura

Slide 15

Polos tres sitios chegamos ao noso catálogo Escribe a túa busca AQUÍ

Slide 16

Poderás atopar un libro o unha película por TÍTULO, AUTOR, MATERIA…

Slide 17

E se te fixas ben, poderás saber onde está colocado, se está emprestado…

Slide 18

Non te esquezas de… Devolver o libro no caixón de devolucións. Falar baixo para non molestar á xente que está a traballar Non comer nin beber na sala. Colocar as cadeiras no seu sitio cando marches. Pechar a porta cando entres ou marches.

Slide 19

E cando veñas pedir un libro… … pide sempre o teu … LECTURÓMETRO Sérveche de carné da biblioteca e tamén pode ser un premio ao bo lector.

Slide 20

E, para rematar... outras normas moi importantes  O período máximo de préstamo é de 15 días para os libros e tres para os DVDs. Transcorrido ese tempo, o material poderá ser renovado unha vez se é libro de lectura obrigatoria e 2 veces se non o é. Pódense coller ata TRES libros ou DVDs á vez   Os DVDs entregaránse directamente ao profesor de garda. As revistas, os periódicos e os dicionarios só se poden consultar na sala. Os ordenadores son basicamente ferramentas de traballo.

Slide 21

Recorda que temos unha pequena colección de DVDs que vai medrando pouco a pouco Podes mirar o que hai na propia sección Ou ben buscar as películas dende BIBLIOMOAS

Slide 22

A biblioteca non é só unha sala para estudar nos recreos… Ao longo do curso realizaremos un montón de actividades como: Exposicións Concursos Clubs de lectura Información, xogos, animación á lectura…

Slide 23

Pero se aínda tes dúbidas … Podes consultar a nosa GUÍA DE USO no blog. Ou ben mandar un correo a esta dirección: bibliomontemoas@gmail.com Esteremos encantados de atenderte!!!

Slide 24

Biblioteca do IES Monte das Moas Espero verte pronto pola biblio

URL: