|
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010 17 de Maio
DÍA DEDICADO AO ESCRITOR: D. Uxío Novoneyra
BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA En 1945 abandona O Courel, onde nacera en 1930, para ir a Lugo a estudar bacharelato. En 1949 trasládase a Madrid a seguir estudos de Filosofía e Letras, e alí realiza, como poeta en castelán, o seu primeiro recital poético. No ano 1952 volve a Galicia para facer a mili. Entre 1953 e o ano 1962 volve a residir no Courel, enfermo de pleuresía, e nese tempo escribe Os Eidos. Do ano 1962 ao 1966 volve a Madrid a traballar na Radio e na Televisión.
Volve a vivir por terceira vez no Courel para coidar dos seus pais. Coñece neses tempos en Lugo a Elva Rei, coa que casou en 1973. Nesta época escribe Os Eidos (2). En 1983 instálase en Compostela onde continúa a súa obra literaria con libros infantís, poesía erótica e os libros "Tempo de elexías“ e "Poemas da Doada Certeza". Tamén comeza a exercer de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte (1999).
ALGÚNS DOS SEUS LIBROS SON:
OS EIDOS
Estas son algunhas das súas poesías:
Fiandeira namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandieriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve branca fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana... -Fiandeiriña delgada sempre metida a fiar sempre a fiar e soñar para logo non ser nada. -Para logo non ser nada eso inda está por ver e pois cas frebas do liño ó torcelas de camiño algo se ha de prender. -Algo se ha de prender i afé que tiñas razón que eu estábache mirando sin deñar que encantenón íbame indo namorando. Vai polo monte o camiño outeando como un louco polos caborcos do val i as poxas do taramouco. Cruza solo a serra toda sin levar outra compaña que a gran presencia do ceo sobre o silencio da braña. Eu non sein pra onde vai méntral' o quedo mirando. Sólo sein que eilí se compre o soño que estoun soñando... Fiandeira namorada Fiandeiriña delgada Vai polo monte o camiño
FOTOS DE ONDE EL VIVIU
SERRA DO COUREL Parada de Moreda
Río Lor
FIN DA PRESENTACIÓN Brais Ramos Pérez Lidia Rañales Rodríguez Eva Prego Pérez
| URL: |
No comments posted yet
Comments