UXÍO NOVONEYRA - Sandra, Ana, Laura

+3

No comments posted yet

Comments

Slide 1

UXÍO NOVONEYRA

Slide 2

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO

Slide 3

Biografía   Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.

Slide 4

 Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.

Slide 5

Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc). ALGUNHAS DAS SÚAS POESÍAS SON:

Slide 6

Terras outas e soias! Serras longas mouras! Eu son esta coor de soedá Ancares soñados co lonxe! Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes Ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que soio vistes istes tesos e máis estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte! Serra aberta (Os eidos 2)

Slide 7

Fiandeira namorada. Uxío Novoneyra FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandieriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve branca fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana...

Slide 8

<aaaA AS SÚAS OBRAS

Slide 9

TAMÉN FIXO GRAvADOS

Slide 10

FIN

Tags: acividades tic língua galega

URL: