PULMÓN ARTIFICIAL

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 1

EXPERIMENTO: FACEMOS UN PULMÓN ARTIFICIAL PULMÓN DIAFRAGMA BRONQUIO CAVIDADE PULMONAR CEIP de Maciñeira 4º de E.P. Curso 2016/17

Slide 2

NECESITAMOS Dous globos, un vaso de plástico ou unha botella de refresco cortada pola metade, unha palliña, unhas tesoiras, fita illante , unha goma elástica e plastelina.

Slide 3

Instruccións 1º: Cortamos a boquilla dun dos globos e utilizamos fita illante para selar a unión entre un dos extremos da palliña e a boquilla do globo.

Slide 4

2º: Coa axuda dun adulto, facemos un burato cun punzón ou as tesoiras, no fondo do vaso. A continuación, introducimos a palliña no vaso de modo que o globo quede cara a dentro e o extremo da palliña cara a fóra. Utilizamos plastelina para selar o burato.

Slide 5

3º Inchamos o segundo globo para que estire. Cando se desinche, facemos un nó pola parte da boquilla e cortamos un trozo polo lado contrario.

Slide 6

4º Utilizamos a parte ancha do segundo globo para tapar a parte superior do vaso. Poñemos un poco de fita para evitar que entre aire e tamén unha goma elástica.

Slide 7

Como funciona o pulmón artificial? Inspiración, se tiramos do globo que tapa o vaso cara abaixo (contracción do diafragma), o aire entra pola palliña (fosas nasais) e o globo do interior do vaso, ínchase (pulmón). Espiración, se empurramos o globo que tapa o vaso cara a dentro (relaxación do diafragma), o aire sae pola palliña (boca) e o globo do interior do vaso desínchase (pulmón). A B

Slide 8

4º de E.P. terceirociclomacineira.blogspot.com

Summary: Sinxela maqueta para entender a respiración

Tags: respiracion pulmon maqueta

URL:
More by this User
Most Viewed