Carlos Casares. Letras Galegas 2017

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

CARLOS CASARES LETRAS GALEGAS 2017

Slide 2

INDICE A vida ...en Xinzo.............................................................................Diapositivas 3-4 A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7 A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16 A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17 A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18 A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20 A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35 A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44 A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45

Slide 3

A vida ...en Xinzo Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias. Carlos Casares Mouriño naceu un 24 de agosto de 1941 en Ourense. A súa infancia transcorreu entre a parroquia de Beiro e Xinzo de Limia, onde trasladaran ao seu pai, mestre de profesión.

Slide 4

A vida ...en Xinzo Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias. A súa personalidade ergueuse sobre un substrato familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano, apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e unha nai devota crente, católica practicante e cunha saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos, irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de raíz rural (noites arredor da lareira, historias fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de observar o mundo e de contalo) propio das xentes da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun único idioma: o galego.

Slide 5

A vida ...en Ourense Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo. O rapaz Carlos, o Kubalita, adoraba o futbol, o cine e reparar pequenas máquinas no obradoiro que o seu pai montara na escola. Pero a súa nai apártao do mundo libre da aldea galega para ingresalo no Seminario de Ourense, onde o emprego do galego estaba estritamente prohibido e severamente penado.

Slide 6

A vida ...en Ourense Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo. A súa adolescencia viviuna internado no Seminario (52-58), onde padeceu represalias idiomáticas: Cada vez que dicías unha palabra en galego tiñas que escribir mil, cinco mil, dez mil veces “no hablaré gallego”. Neste réxime carcerario naceu o seu espírito inconformista e a súa primeira experiencia literaria: El averno, periódico humorístico que lle valeu tantos castigos como para saír do Seminario e acabar o Bacharelato por libre no Instituto.

Slide 7

A vida ...en Ourense O sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos a tiros entre maquis e gardas civís). No último curso de Bacharelato (1959), gaña un concurso de contos presidido por Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos seus faladoiros e coñecer da súa man a obra de Castelao. O país vivía na “longa noite de pedra” (apoxeo do nacional-catolicismo) e o Galeguismo comezara a artellarse arredor da editorial Galaxia (de 1950).

Slide 8

A vida ...en Compostela Vento ferido. 1967. Na década dos 60, en Compostela, Casares vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo ano no que obtén o título, 1967, publicará a súa primeira obra: os doce relatos de Vento ferido. Pero Compostela vai supor moito máis para el, pois vai entrar no activismo galeguista e na resistencia clandestina, tentando mediar entre os círculos galeguistas e a esquerda universitaria que se atopaba moi afastada da cuestión galega.

Slide 9

A vida ...en Compostela Vento ferido. 1967. Son relatos que supoñen o inicio da súa narrativa e que abordan a temática da frustración e da violencia a través de distintas voces narrativas, con reiterada presenza do monólogo interior e servíndose da ruptura temporal, como era habitual nas obras d@s escritor@s vencellados á Nova Narrativa Galega, c@s que comparte Casares a ansia de renovación técnica, se ben se distancia deles pola presenza das realidades galegas nos seus textos.

Slide 10

A vida ...en Compostela Vento ferido. 1967. Este libro nace como resposta ao mito Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non me convenceu. Dificultaba o contacto cos lectores. Lela era máis un esforzo de vontade ca un pracer.

Slide 11

A vida ...en Compostela Piñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis importante que a Universidade. En Compostela entrou en contacto cos poetas Arcadio López-Casanova e Salvador García-Bodaño, a través deste último comezou a tomar contacto co galeguismo cultural da Asociación O Galo. Pero, grazas ao primeiro coñeceu a alguén que sería fundamental na súa vida: Ramón Piñeiro.

Slide 12

A vida ...en Compostela Os galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin interese político para a esquerda estudantil. Formando parte da resistencia democrática contra o franquismo, primeiro desde unha posición de cristián progresista e despois como socialista galeguista, participou na primeira homenaxe floral a Rosalía, no primeiro ano que o réxime permitiu a celebración do Día das Letras Galegas (1963). Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a Murguía.

Slide 13

A vida ...en Compostela A lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas. No ano en que publicou Vento ferido, 1967, participou na organización do recital do cantautor Raimon, que sería o desencadeante do movemento Voces Ceibes, expresión galega da canción protesta; de grande importancia para a galeguización universitaria, pois Casares e García-Bodaño traduciron as cancións do catalán ao galego.

Slide 14

A vida ...en Compostela A galiña azul. 1968 Obra pioneira da literatura infantil en galego, que o autor confesa que escribiu non por afección persoal, senón polo seu compromiso co idioma. A literatura para nenos é literatura coas mesmas exixencias que a literatura para adultos. Eu escribín algunhas cousas para nenos pero por razóns circunstanciais.

Slide 15

A vida ...en Compostela Cambio en tres. 1969 É a primeira novela de Casares, na que dá prioridade ao experimentalismo técnico sobre a historia para expresar unha visión crítica e intelectualizada da sociedade, a través dun narrador-testemuña de perfil sociocultural baixo, un emigrante retornado, que lle permite integrar a temática social.

Slide 16

A vida ...en Compostela Cambio en tres. 1969 Por un lado non me gustaba o que se chamaba o ruralismo temático e o tradicionalismo formal da narrativa galega, pero tampouco me gustaba a deserción que da realidade galega facían os narradores novos. Por iso quixen combinar unha temática tópica, como a emigración, cunha forma vangardista.

Slide 17

A vida ...en Viana do Bolo Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”. Acabada a carreira e co título recén estreado, Casares é destinado ao Colexio Público de Viana do Bolo, pero, acusado de comunista, será expulsado do centro e prohibiraselle o exercicio da docencia en Galicia.

Slide 18

A vida ...en Bilbao Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no país máis liberal e tolerante do mundo. A procura de traballo fóra do país levouno ao Colexio Vizcaya, en Bilbao, onde pasou o curso 70-71. Nese ano traduciu O principiño. No tren de regreso a casa, dun xeito casual, coñecerá á sueca Kristina Berg, quen, mes e medio despois, converterase na súa muller.

Slide 19

A vida ...entre Ourense e Suecia Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no país máis liberal e tolerante do mundo. ...logo de vivir o resto do ano no meu país en tensión, con expedientes, con listas negras, con todo o mundo dono da verdade e querendo matar, esmagar a verdade do veciño, logo de vivir así, pasar tres ou catro meses naquel país é para min un descanso impagable.

Slide 20

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 1973 Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha sección propia no xornal La Región, con ilustracións de Siro López. Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son os anos de implicación na vida cultural ourensá: le en galego o pregón do magosto no 72, participa na organización das segundas Xornadas de Cine, colabora coa Mostra Internacional de Teatro Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. A vida ...entre Ourense e Suecia

Slide 21

Aprobadas as oposicións de 1974, entra no Instituto María Soliño de Cangas, como profesor agregado de Lingua e Literatura Española. A dou meses de iniciar o curso ábreselle un expediente por solidarizarse coa folga do profesorado non numerario, ao mesmo tempo que outros profesores que salientaban na loita antifranquista. A vida ...en Cangas

Slide 22

A literatura non ten por que interesarlle a todo o mundo. A miúdo, quen ensina literatura dá por sentado, na clase, que os trinta rapaces que o escoitan teñen todos os mesmos intereses. E iso é falso. A literatura é algo que en principio só lle interesa a unha minoría. O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo A vida ...en Cangas

Slide 23

É a novela que pecha a súa primeira etapa de formación e experimentación como escritor. Tamén é a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica Española. Permite contemplar o proceso da xeración de posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa adolescencia no colexio e a súa mocidade na Universidade. Recolle a traumática experiencia de Casares como seminarista. Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975 A vida ...en Cangas

Slide 24

Quería facer a novela moderna dos universitarios do meu tempo. Hai nese libro elementos biográficos. Coincide co ambiente de posguerra, o ambiente político e relixioso opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión toda unha vida, que non era só a miña, senón a de moita xente, por iso teño dito que pode considerarse unha novela autobiográfica dunha xeración enteira. Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta. A vida ...en Cangas

Slide 25

Antes d escribir esta novela matinei moito sobre a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á xente, porque hai que conquistar lectores para a literatura galega. Unha novela non se pode ler cun dicionario na man. Xa hai dificultades de abondo para ler en galego. Temos que loitar por un galego literario o máis popular posible sen que isto signifique un castrapo abafante. A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán. A vida ...en Cangas

Slide 26

En 1975 inaugura en La voz de Galicia esta sección que manterá até 1992 e que servirá de escaparate para levar os libros galegos ao gran público. A ledicia de ler. 1975 A vida ...en Cangas

Slide 27

En 1977 convértese no membro máis novo da RAG, co seu ensaio O desastre de 1898 e os escritores galegos. O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977 A vida ...en Cangas

Slide 28

Obra composta por doce relatos cuxo fío condutor son episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos apócrifos, como querendo construír unha Historia Alternativa de Galicia. Casares mostra unha visión desacralizada da Historia, botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou en Borges. Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na procura da sinxeleza formal, interesado agora en suxestionar a través da anécdota. Os escuros soños de Clío. 1979 A vida ...en Cangas

Slide 29

Cando publiquei este libro quería facer unha literatura que non tivese que ver coa experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón cando empecei a interesarme menos polos aspectos formais da narrativa. O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor. A vida ...en Cangas Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o interese de Casares por Cunqueiro; mais seguen presentes os temas de sempre: a intolerancia, o dogmatismo e as diversas formas de violencia que poden oprimir ao ser humano.

Slide 30

Esta é a terceira novela de Casares (a máis coñecida), que o autor dedicou ao seu padriño, o cura de Beiro. Tras a figura do protagonista (un bispo, que debe enfrontarse á curia escandalizada pola chegada do primeiro cinematógrafo a unha pequena vila galega a principios do s. XX) atópase o seu parente Enrique Pérez Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e chegara a arcebispo en Cuba. Ilustrísima. 1980 A vida ...en Cangas

Slide 31

Comecei a estar farto de literatura que falase sempre da infancia e de lembranzas persoais e pensei que debía basearse na imaxinación, aínda aproveitándose de vivencias. Empecei pensando en escribir un conto para confrontar dúas posturas ante un mesmo feito: a chegada do cine a unha vila galega. Unha tolerante e bondadosa e outra intransixente e dogmática. Todo lubricado por un humor dulcificador. O humor é un elemento ironizante e antidogmático. A vida ...en Cangas

Slide 32

Casares vese totalmente involucrado na axitada vida política española tras a morte do ditador. Inicialmente afín ao Partido Socialista Galego, acaba defendendo a integración no PSOE, para imprimirlle unha liña galeguista a ese partido Acabará como deputado no Parlamento de Galicia de 1981 polo PSOE. O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses opresores. A vida ...en Cangas

Slide 33

Eu definiríame como un ser tolerante con aqueles que o son tamén. Nunca a sociedade foi tan intolerante coma hoxe. Todo o mundo coida ter a verdade no peto. Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o confusionismo que temos todos e, quen non sexa confuso, posiblemente sexa un dogmático. Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa. A vida ...en Cangas

Slide 34

Na RAG, Casares apoiou a súa conversión en institución encargada de elaborar a norma da lingua galega, o que propiciou o ingreso dun bo número de lingüistas na Academia. Foi o impulsor das Normas..., elaboradas conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982. Tamén sería el quen abriría o debate público que en 1999 deu paso ao proceso de reforma consensuada das mesmas. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982 A vida ...en Cangas

Slide 35

No Parlamento Galego, o seu papel foi clave na redacción e aprobación de dúas leis: A Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 por unanimidade. A creación do Consello da Cultura Galega, organismo autónomo dos poderes públicos que recordaba que Galicia posuía unha cultura e unha lingua propias e ambas constituían os fundamentos da personalidade nacional galega. Lei de Normalización Lingüística. 1983 A vida ...en Cangas

Slide 36

En 1983, Casares trasládase como catedrático ao Instituto de S. Tomé en Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán). Nese ano viaxa á URSS para impartir conferencias. A súa columna A ledicia de ler deixa paso a Á marxe, columna diaria que foi tomando forma de dietario. En 1986 convértese no director de Galaxia. Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os fundadores: loitar pola cultura do país. A vida ...en Vigo

Slide 37

En 1987, Casares participa con Ramón Piñeiro, desde o Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas minoritarias. Síntome escritor dunha lingua minorizada e responsable por isto. Doutra maneira escribiría en castelán. Podería ir a Madrid e dedicarme á literatura exclusivamente. Para min é clarísimo que pertenzo a unha lingua non normalizada e esa conciencia é a que me inclina a limitarme e perder oportunidades. A vida ...en Vigo

Slide 38

Esta obra é unha novela construída a partir de dez informes procesais a cargo dun funcionairo, que procura dar conta das circuntancias que rodearonn a morte dun boticario. Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o fanatismo, agora no mundo da política. O pano de fondo é unha materia recorrente na anrrativa galega: a guerra civil. Os mortos daquel verán. 1987 A vida ...en Vigo

Slide 39

Con esta obra quería seguir o ciclo que comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o mesmo tema, pero utilizando como marco ambiental os días anteriores e iniciais da guerra. Os mortos daquel verán. 1987 A vida ...en Vigo

Slide 40

En 1996 concédeselle a excedencia da docencia para dedicarse á presidencia do Consello da Cultura Galega. A actividade editorial, a política, a literatura, a Academia, a presidencia do CCG, todo formaba parte para el dun único compromiso co proceso de normalización cultural de Galicia e de afortalamento do seu idioma e das súas institucións propias. A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca imaxinación na política e iso asústame. A vida ...en Vigo

Slide 41

Esta novela presenta a figura dun intelectual galeguista, visto por unha muller, antiga namorada súa e que reside fronte á súa casa. A vida do intelectual na posguerra está centrada na relixión e na exaltación do réxime. Moitas das características dese intelectual coinciden coa figura de Vicente Risco. Deus sentado nun sillón azul. 1996 A vida ...en Vigo

Slide 42

Eu quería escribir unha novela sobre a responsabilidade dos intelectuais. O protagonista é un símbola da intelixencia sen moral. É unha novela de interiores, sen acción, que transcorre na cabeza dunha muller. Tende á descrición dos sentimentos e ao detallismo. Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que tamén é un dereito humano. A vida ...en Vigo

Slide 43

Esta é a súa derradeira novela. Centrada en Ourense, manipulando elementos autobiográficos, volve sobre os temas que desde o inicio estiveron presentes na narrativa de Casares: a violencia e o dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia do intelectual, intelixente pero desalmado. Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha de amor, unha histórica e unha de ideas; amalgamadas coma nun cubo de Rubrik. O sol do verán. 2002 A vida ...en Vigo

Slide 44

Para moitos críticos esta é a mellor novela de Casares, que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices. A obra parece pechar o círculo da traxectoria de Casares, que se iniciara escoitando as narracións da tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados, volvendo outra vez a infancia. A verdade do ser e do sentir. A vida ...en Vigo

Slide 45

Carlos foise daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus. Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer home, non deus. A morte ...en Vigo O 9 de marzo de 2002, inesperadamente (como el premonitoriamente deixara escrito no inicio da súa derradeira novela), morre na súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón. A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que compartira con el o Expreso da Literatura por Europa, recollera o epitafio...

Slide 46

Na vida hai que saber se un quere ser médico ou se o que quere é ter unha bata branca. Isto pásalle á xente que pensa na literatura para ser famosa. Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. Reflexión

Slide 47

Eu non teño na cabeza iso que se chama a carreira literaria, que obriga a publicar un libro cada ano. Escribo cando me apetece e non me apetece sempre. Gústanme moitas cousas: papar a mosca, falar cos amigos, xogar cos trens eléctricos, andar en moto, ler. Reflexión

Slide 48

Eu teño unha visión puramente narrativa da vida. En realidade, gústame contar o mundo máis que pensar nel. Se me piden que fale de algo, que dea unha opinión ou exprese unha idea, dunha maneira espontánea póñome a contar. Reflexión

Slide 49

FONTES DAS IMAXES

Slide 50

FONTES DE INFORMACIÓN Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017 Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/ Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/casares-mourino-carlos.html Blogue. Historia de Xinzo. Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos-casares-e-o-futbol-en-xinzo/ Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos-casares-no-entroido-de-xinzo/

Tags: carlos casares letras galegas 2017

URL:
More by this User
Most Viewed