A reprodución humana - Antón, Lidia

+6

No comments posted yet

Comments

Slide 1

A REPRODUCIÓN HUMANA

Slide 2

O APARELLO REPRODUTOR O masculino, ten a función de fabricar espermatozoides que fecundarán o aparello reprodutor feminino. O femenino, ten as funcións de fabricar óvulos, e proteger e alimentar ao novo ser que está no seu corpo.

Slide 3

a reprodución sexual Este tipo de reprodución denomínase reprodución sexual porque nela interveñen dous individuos diferentes: Os Machos, que producen os espermatozoides, é dicir, as células sexuais masculinas. As femias que producen os óvulos, é dicir, as células sexuais femininas.

Slide 4

A REPRODUCIÓN HUMANA 2 O ser nace a partir de dúas células: espermatozoides óvulo E cando se xuntan forman un cigoto.

Slide 5

A FECUNDACIÓN Para que se forme o cigoto, teñen que unirse as células sexuais do home e mais da muller. Este proceso chámase fecundación. Cando o cigoto empeza a desenvolverse, aos 10 días de vida xa é un embrión, e cando xa ten 3 meses de vida convértese nun feto. Para despois transformarse nun ser vivo.

Slide 6

O INICIO DO EMBARAZO Uns centos de espermatozoides, grazas aos movementos da súa cola, poden entrar na vaxina da muller e chegar ata as trompas de Falopio. Se no camiño polas trompas, un espermatozoide crúzase cun óvulo, unirase con el, isto é, fecundarao.

Slide 7

O INICIO DO EMBARAZO 2 Cando un espermatozoide entra no óvulo da muller, este impide a entrada a outros. Ao unirse o espermatozoide mais o óvulo, fórmase o cigoto, que é a primeira célula que nos forma. Neste momento o embarazo iníciase, e finalizará co nacemento dun novo ser.

Slide 8

O EMBRIÓN Cando o cigoto descende pola trompa de Falopio ata o útero, alí se pega á súa parede, onde se desenvolve e chega a ser un embrión. Ao medrar sepárase da parede do útero, pero segue unido polo cordón umbilical, que o alimenta e fai que respire o embrión.

Slide 9

O FETO Ao segundo mes, despois de que o cigoto se transformara en embrión, xa ten un aspecto semellante ao dun bebé e recibe o nome de feto. Durante o embarazo, o útero ensánchase xa que o feto vai medrando. Por iso o ventre da muller vai aumentando de tamaño. Ao cabo duns nove meses, o feto xa estará preparado para sair ao exterior e comezar unha nova vida.

Slide 10

O PARTO O parto é o proceso, durante o cal o feto nace, isto é, sae dende o útero ata o exterior pola vaxina. Despois do nacemento, córtase o cordón umbilical que une á nai e ao bebé. Os restos deste cordón secan e despréndense deixando no ventre do bebé unha cicatriz: O EMBIGO. Ás veces o parto é prematuro ,isto é, o feto nace antes de tempo. A partir do 7º mes o feto xa é capaz de sobrevivir fóra do útero.

Slide 11

by: Lidia Rañales Rodríguez Antón Seijas Vieites

Slide 12

FIN

Tags: actividades tic medio

URL: