O MUNDO DO PLANO

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

O MUNDO DO PLANO Ana & Ogan

Slide 2

Érase unha vez, hai moito moito tempo, pero moito eh? Non vaiades crer, non foi onte nen antonte, nen sequera o ano pasado; foi en tempos de antano, cando existía un mundo no que habitaban uns curiosos personaxiños: os polígonos regulares. Ese mundo recibía un estrano nome, cheo de maxia e de segredismo: o mundo do plano.

Slide 3

Neste mundo había moitos habitantes que vivían plenos de ledicia, corrían, brincaban, xogaban e pasábano en grande. Cadrados, triángulos equiláteros e hexágonos regulares non tiñan preocupacións, para eles o mundo do plano era un lugar marabilloso onde o futuro era esplendoroso.

Slide 5

Pero non todos os polígonos eran felices, había algúns, pobriños eles, que se levaban mal cos seus amiguiños e non tiñan con quen xogar cando saían da escola. Como os desgraciados pentágonos regulares, que cando se xuntaban todos para xogar a encher o plano non eran capaces, quedaban ocos por todas partes e acababan sempre descutindo con berros que se escoitaban a varios centos de metros de distancia.

Slide 7

Pero todos eses pentágonos volvéronse moi deportistas, e empezaron todos a xogar nunha liga de baloncesto, e de tanto adestrar e xogar cambiaron a súa figura, convertíronse en polígonos irregulares e xa puideron xogar a encher o plano sen problemas.

Slide 9

Ademais, o amor flotaba no ambiente do mundo do plano, e os polígonos descubriron que non só podían xogar cos seus iguais, tamén podían xogar e pasalo xenial con polígonos doutras razas e cores. Deste xeito, un hexágono regular xuntouse cun cadrado e un triángulo equilátero xuntouse con outro hexágono regular.

Slide 12

E colorín colorado, este conto está acabado.

Summary: Un conto sobre mosaicos.

Tags: poligonos mosaicos educación cig ensino

URL: