Xuntos vivimos mellor tema-4

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

XUNTOS VIVIMOS MELLOR TEMA -4

Slide 2

Que son as normas de convivencia? Son regras para poder convivir con tranquilidade xunto cos demais. Serven para que se respecten os nosos dereitos e cumpramos as nosas obrigas. Recollo os xoguetes cando acabo de xogar. Levanto a man para falar na clase.

Slide 3

Onde aprendemos as normas de convivencia? Os primeiros lugares onde aprendemos normas de convivencia son a nosa casa e o colexio. Na nosa casa aprendemos a distinguir o que está ben do que está mal e a cumprir cunhas obrigas(axudar nas tarefas da casa, facer os deberes ou respectar aos demais.

Slide 4

Nós temos o dereito de recibir unha educación. No colexio recibimos unha educación e coidados. A cambio temos a obriga de: -Ser puntuais. -Atender cando nos explican. Respectar aos profesores. Respectar aos compañeiros. Coidar o material e as instalacións. Compartir e esforzarse na clase.

Slide 5

Cando son un bo cidadán? A poboación debe coñecer e respectar as normas de convivencia: -Respectar as normas de seguridade viaria. -Coidar os espazos públicos, como rúas edificios e xardíns. Respectar aos veciños. . Somos bos cidadáns cando cumprimos as normas de convivencia na nosa casa, no traballo, no colexio e na rúa.

Slide 6

Que é unha localidade? É o conxunto de edificios e rúas onde viven as persoas

Slide 7

Que é a poboación? É o conxunto de habitantes dunha localidade.

Slide 8

A poboación divídese en dous grandes grupos dependendo do lugar onde teña a súa casa. Poboación rural Poboación urbana É o conxunto de persoas que viven nas vilas ou aldeas. É o conxunto de persoas que viven nas cidades.

Slide 9

As cidades son localidades de gran tamaño nas que viven moitas persoas.

Slide 10

Características das cidades As cidades son localidades moi extensas, polo que os habitantes percorren longas distancias para ir dun sitio a outro. Hai moito tráfico e medios de transporte Nelas viven e traballan moitas persoas. A maioría en oficinas, fábricas, comercios, hospitais, colexios... Os edificios son altos e hai anchas avenidas Hai museos, oficinas, aeroportos...

Slide 11

As aldeas e vilas son localidades de pequena extensión e con poucos habitantes.

Slide 12

Características das aldeas ou vilas Viven poucos habitantes menos de 10.000 Son lugares de pequena extensión nos que viven poucas persoas. Os seus habitantes percorren distancias curtas para desprazarse. Hai poucos coches. Os seus habitantes adoitan traballar na agricultura ou na gandaría, aínda que cada vez hai máis comercios e pequenas industrias. As casas son de pouca altura, dun ou dous pisos.

Slide 13

Os barrios e os servizos dunha localidade Os grupos de casas que forman unha localidade organízanse en barrios.

Slide 14

Como se organizan as localidades? As localidades organízanse en barrios céntricos e barrios das aforas. Barrios céntricos Barrios das aforas

Slide 15

No centro Hai dous tipos de barrios: A zona antiga fórmana as casas máis antigas da cidade, e as rúas son estreitas. Alí adoita estar o concello.

Slide 16

-Barrios céntricos construíronse arredor do barrio antigo. As casas teñen varios pisos e as rúas son anchas e ordenadas. Hai tendas e medios de transporte.

Slide 17

Nas aforas Son barrios afastados do centro e chégase a eles en coche ou autobús. Zonas residenciais teñen as casas próximas unhas doutras ou pisos. Os seus habitantes traballan noutros barrios.

Slide 18

Nas aforas Zonas industriais teñen grandes fábricas e incluso un porto ou un aeroporto.

Slide 19

Nas aforas Zonas rurais cando se sitúan en zonas con cultivos e gando.

Slide 20

A organización da localidade

Slide 21

Quen forma un municipio? Os veciños de varias localidades e os territorios onde viven forman un municipio. Termo municipal de Moaña Tirán Moaña Meira Domaio San Martiño

Slide 22

Termo municipal de Cangas

Slide 23

Como funciona o meu barrio? En cada municipio, o concello organiza os servizos que facilitan a vida dos seus veciños.

Slide 24

Quen se encarga do goberno municipal? O alcalde axudado polos concelleiros Concello de Cangas Concello de Moaña Dña. Leticia Santos alcaldesa de Moaña D. Xosé Manuel Pazos. alcalde de Cangas

Slide 25

Funcións do concello DESTACAN: Realizar obras para mellorar o estado das rúas e prazas. Autorizar a construción de edificios e a creación de novos barrios. Encárgase dalgúns servizos públicos, como colexios ou centros de saúde. Organizar eventos, tales como festas, mercados ou funcións de teatro.

Slide 26

Cales son os principais servizos municipais que nos ofrecen os concellos? Servizos de limpeza. Encárganse de manter limpo o municipio Servizos de transporte. Organizan o transporte público. Servizos culturais, deportivos e de ocio. Encárganse das bibliotecas, os polideportivos, as piscinas ou os teatros. Servizos de protección cidadá. Encárganse da nosa seguridade e máis organizar o tráfico. Servizos de augas. Dedícanse a distribución de augas e dos sumidoiros.

Slide 27

Servizos de limpeza e xardíns Varredor Xardineiros Recollerdor do lixo

Slide 28

Servizos de transporte Condutor autobús Condutor tren

Slide 29

Servizos culturais, deportivos e de ocio Bibliotecario Encargado do pavillón Monitor de piscina Monitor de ocio

Slide 30

Servizos de protección cidadá Protección civil Policía local Bombeiros

Slide 31

Servizos de augas Químicos Enxeñeiros Traballadores de aqualia

Slide 32

Que son os impostos municipais? Son o diñeiro que deben pagar obrigatoriamente os cidadáns dun municipio ao concello, para que este poida encargarse dos servizos que lles ofrece.

Slide 33

O traballo dos meus veciños

Slide 34

Que son as materias primas? Son os produtos naturais que obtemos directamente da natureza e que podemos utilizar sen necesidade de transformalos

Slide 35

Sectores económicos Dependendo do traballo que realizan as persoas, as clasificamos en tres sectores económicos: Sector primario. Sector secundario. Sector terciario (tamén se llama Sector servizos)

Slide 36

Sector primario As persoas que obteñen as materias primas da natureza traballan no sector primario As actividades deste sector clasificámolas en 5 grupos : Agricultura. Gandaría Pesca Explotación forestal Minaría

Slide 37

Agricultura Os agricultores obteñen os cereais, a froita e a verdura das plantas do campo.

Slide 38

Podemos falar de dúas clases de agricultura: Agricultura de secaño só se rega coa chuvia. Ex: vide, oliva, trigo, patacas... Agricultura de regadío non lle chega a auga da chuvia e necesita ser regado. Usa a auga traída dos ríos ou pozos. Ex: arroz, leituga, tomates, pementos, etc.

Slide 39

Gandería Os gandeiros coidan o gando, é dicir,os animais e logran deles produtos como o leite, os ovos, a carne, etc.

Slide 40

Clases de gandería: Gandaría intensiva desenvólvese en espazos cerrados como granxas e cortes. Gandaría extensiva a cría de animais desenvólvese en grandes espazos abertos como as devesas.

Slide 41

Gandaría ovina: dedícase á cría de ovellas, xeralmente é extensiva. Gandaría vacúa (ou bovina): dedícase á cría de vacas e touros. A cría de reses bravas é extensiva. A de vacas leiteiras é, preferentemente, intensiva. A de reses para carne pode ser intensiva e extensiva, xeralmente dependendo da raza da vaca. Gandaría porcina: dedícase á cría de porcos. A cría de porcos de raza ibérica é extensiva. A de porcos brancos é intensiva. Gandaría equina: dedícase á cría de cabalos. Normalmente é extensiva. Gandaría caprina: dedícase á cría de cabras. É extensiva, preferentemente en zonas de montaña, nas que é difícil criar outras ganderías. Gandería avícola: dedícase á cría de galiñas poñedoras para obter ovos ou á cría de polos para carne. É intensiva. Gandería apícola: dedícase á cría de abellas en colmeas artificiais para ob- ter mel e outros produtos como xelea e polen. Tipos de gandaría

Slide 42

Vacuna Avícola Porcina Equina Apícola Caprina Ovina

Slide 43

Pesca Os pescadores capturan nos ríos e mares o peixe que comemos. A pesca fluvial desenvólvese nos ríos. A pesca marítima desenvólvese en mares e océanos.

Slide 44

Minaría Os mineiros extraen das minas moitos diamantes, o ferro ou o petróleo que move os coches.

Slide 45

Quen son produtos elaborados? Os produtos elaborados son os que fabrican as persoas a partir dos produtos naturais ou a partir doutros produtos. Pódense elaborar nun taller ou nas fábricas.

Slide 46

Sector secundario As persoas que fabrican produtos a partir das materias primas traballan no sector secundario.

Slide 47

As actividades deste sector clasificámolas en 2 grupos: Obreiros. Elaboran os produtos nas fábricas ou industrias. Usan grandes máquinas no proceso de fabricación e elaboran moitos produtos en pouco tempo. Artesáns. Elaboran os seus produtos nos talleres coas súas mans e con máquinas sinxelas.

Slide 48

Sector terciario Moitas persoas traballan prestando servizos á comunidade, como os mestres, os camareiros, os médicos, os condutores de autobús, etc.

Slide 49

Médicos e enfermeiros. Alcaldes e presidentes do goberno. Policías, xuíces e avogados. Dependentes das tendas. Actores, cómicos e músicos Fontaneiros e electricistas. Xornalistas, locutores e presentadores. Traballadores de hoteis e restaurantes. Mestres, profesores e coidadores. Condutores de autobuses, trens e taxistas. Traballos que prestan servizos

Slide 50

Que é a educación viaria? É a aprendizaxe e o respecto as normas relacionadas coa circulación e o tráfico para que peóns e condutores circulen de forma segura.

Slide 51

Os peóns debemos cruzar polos pasos de peóns, cando o semáforo estea en verde. Se non hai semáforo debemos mirar a ambos lados e asegurarnos que no pasan vehículos, antes de cruzar.

Slide 52

Os condutores deben respectar os sinais de tráfico e as indicacións de policías locais. Ademais de deterse nos pasos de peóns e conducir con prudencia.

Slide 53

F I N

Summary: Tema 4 localidades

Tags: localidades

URL:
More by this User
Most Viewed