|
|
ESCOLA DE CHICAGO, finais do s. XIX Cambio favorecido por: a non tradición, a racionalidade e a ocasión a raíz do incendio de 1871 en Chicago (de pequena cidade con construccións en madeira pasa a gran centro industrial) Rañaceos, gracias ós ascensores, que resolven os problemas de falta e carestía de espacio e se axiliza a construcción Trazos: Estructuras metálicas de ferro e aceiro que permiten eliminar os muros de carga e permitirá os grandes ventanais Fachadas reticulares: esqueleto e recubrimento Piares de formigón Fiestras apaisadas (base do muro cortina) Desaparición de elementos ornamentais É unha arquitectura de liñas rectas, volumes nítidos e sobrios Inicia a fórmula “a forma segue á función” Edificios públicos, oficinas, almacéns, hoteis, ..
Auditorio de Chicago Esqueleto interior de aceiro e formigón Basamento e ático diferenciado Fachada historicista (neorrománico) Louis Sullivan
Almacéns Carson
s. xx Trazos do novo século Constante afán de descubrir e explorar novas vías: fotografía, cine Uso indiscriminado de todo tipo de materiais Supremacía da creatividade e a experimentación A arte xa non trata de imitar ou copiar Superación dos conceptos tradicionais: espacio, cor, luz
1ª ½ do s. XX MOVEMENTO MODERNO RACIONALISMO Máxima funcionalidade: a función prima sobre a estética Formas sobrias, xeométricas, de liñas rectas Amplos acristalamentos Aproveitamento dos novos materiais (aceiro, formigón armado) Representantes: Gropius, Mies van der Rohe
GROPIUS Escola da Bauhaus Técnica industrial e arte non están reñidos A estructura arquitectónica debe mostrarse As paredes perden valor sustentante Acristalamento corrido para dar luminosidade Liña horizontal. Volumes xeométricos simples en módulos (con finalidade distinta: aulas, residencia, talleres,..) distribuídos asimetricamente e que se interrelacionan Cristales funcionan simultáneamente de cierre y de apertura al exterior.
MIES VAN DER ROHE "Menos é máis“ “Deus está nos detalles” “A arquitectura é a vontade da época traducida a espacio “É imposible ir cara adiante e mirar cara atrás; quen vive no pasado non pode avanzar“ Volumes puros, formas simples Superficies planas Uso masivo do muro cortina É a esencia do Movemento Moderno, a simplificación máis absoluta
Estructura principal sostida sobre oito piares cruciformes metálicos con Cubertas planos en saledizo Dous espacios conectados por un muro corrido Zona auxiliar máis pequena Sobre podio de mármore Xogo de ortogonais: muros entre si, muros-cubertas Cubertas planos en saledizo Sobre podio de mármore Pavillón de Alemaña para a Exposición Universal de Barcelona, 1929 Función: ser elegante, representativo e acoller a firma de honor de Afonso XII
Ferro e formigón para a estructura, coma unha pel, o vidro recubre ese esqueleto. Mármores de cores e ónice nas divisións, aceiro inoxidable (as soldaduras sempre ocultas). Non existe unha clara diferencia entre exterior e interior. Paredes exentas, actúan como pantallas Inclúe o deseño de mobiliario
Edificio Seagram Fachadas de vigas de aceiro e columnas de bronce, recubrimento de vidro en ventanais corridos Como unha antiga columna con basa, fuste e capitel, en xeometría pura
MOVEMENTO MODERNO FUNCIONALISMO Paralelo ó Cubismo e ó Neoplasticismo (combinación de espacios cadrados) A arquitectura é unha creación racional a diferencia do mundo natural A forma segue á función Representantes: Le Corbusier
A arquitectura debe seguir os mesmos procesos de estandarización e racionalización que os da fabricación industrial A obra nunca debía de perder a escala humana As vivendas serán así máquinas de vivir (económica e repetible) Desaparece a simetría axial e a idea de fachada principal Non hai decoración sobreposta, a decoración ven dada polo detalle constructivo e pola cor Nunha segunda etapa da valor estético á arquitectura, visión máis humanista LE CORBUSIER
Os cinco puntos: Pilotes illados en lugar de muros (separan do chan) Cubertas en terrazas axardinadas Planta libre (a división das plantas non ten por que coincidir). A armazón integra solamente solos e escaleira
Fiestra apaisada e corrida (dun pilote a outro) Estructura libre da fachada: as plantas avanzan sobre os pilotes e a fachada sobresale do esqueleto
Modulor Sistema de medidas no que cada magnitude se relaciona coa anterior polo número aúreo Retoma así o ideal antigo de establecer unha relación directa entre as proporcións dos edificios e a do home A unidade inicial era de 1,75 m (estatura do francés medio)
Planta baixa retranqueada, en forma de U para garaxe Vila Saboya
Situada no medio dun gran espacio verde. As fiestras deslizantes permiten ver os catro lados. Encalada, cor pura e plana Formas xeométricas puras, contrastando formas cúbicas da primeira planta e rito ondulado na azotea. Catro lados similares, non se organiza xerarquicamente en torno a unha fachada principal. Todo organizado cara ó patio interior Tres plantas. Planta baixa con porche amplo que rodea un corpo central onde se encontran, el acceso a la vivenda, vestíbulo, rampla (paseo arquitectónico) e escaleira. Piso principal dividido en dos zonas: zona de día, comedor, sala de estar e cocina; zona de noite, dormitorios, baños e terraza, con acceso por medio dunha rampla, que ocupa toda a segunda planta (solarium, xardín) Axustado ós cinco principios. Non hai ornamentación historicista. Importa máis o exterior que o interior
Unidade de habitación. Marsella Vivendas colectivas fronte á “manía das casas unifamiliares”. Unha arquitectura social para reconstrucción despois de IIGM Idea de cidade-xardín Sobre pilotes (libre para circulación e aparcamento) 337 apartamentos para distintos tipos de familias; a media altura dúas plantas comerciais con salón de actos, restaurante, lavadoiro, ...; azotea con gardería, instalacións deportivas, espacios para ocio,.. As vivendas ensámblanse de dúas en dúas cun pasillo central Formas xeométricas básica: cadrado nas plantas e cubos e cilindros nos alzados
Sistema dominó. Combinación co universo das máquinas (avións, automóbiles, transatlánticos)
Formigón visto e cores primarias para darlle valor estético Fiestras retranqueadas
Ó final da súa vida realiza unha arquitectura máis humana, chea de valores estéticos e sen abandonar o funcionalismo Igrexa de Ronchamp Concepción escultórica. Bicromía. Dinamismo
Gran tellado curvo e saledizo que incorpora espacio exterior Bóveda invertida: parte central a máis baixa Planta irregular e ondulante Sen organización xerárquica Xogo de alturas
Multitude de ventanais en distribución libre, con vidros de cores Luz dirixida
MOVEMENTO MODERNO ORGANICISMO Formas plásticas, escultóricas Gusto pola curva Materiais naturais para integrar a obra na natureza Máis humanizada que a obra de Le Corbusier e Mies van der Rohe Recupera o valor ornamental e emocional dos edificios Representantes: Lloyd-Wright
LLOYD WRIGHT Unidade exterior-interior Continuidade espacial Opón a liña curva á liña recta racionalista Interesado pola arquitectura xaponesa Prestar atención ó entorno, á acústica, á harmonía de cores
Casa da Fervenza Perspectivas Terrazas en formigón moi saíntes Cheminea en pedra, anclada na rocha Tres niveis escalonadas adaptándose ó terreo Planta cruciforme Verticalidade – horizontalidade
Amplos ventanais: o exterior entra no interior Estructura metálica vermella Disposición libre do interior
Zona lateral, en formas cúbicas destinada a biblioteca e oficinas Museo Guggenheim. Nova York Forma helicoidal que se corresponde có interior. As formas curvas contrastan có entorno (rañaceos) Formigón armado
Conxunto dinámico con formas orgánicas, predominio da curva A luz, indirecta, e espacio continuo para os visitantes Seis planta con rampa helicoidal
| URL: |
No comments posted yet
Comments