|
|
“LER EN FAMILIA” DECÁLOGO LECTURA BIBLIOTECA CEIP ANDRADE Adaptación e traducción do decálogo de Mariano Coronas Cabrero (Maestro de Primaria e Bibliotecario Escolar)
Unha familia comprometida coa lectura... 1. É aquela que anima a ler antes de que o seu fillo ou filla saiba ler. Proporcionar a nenos e nenas libros ben ilustrados para que se recreen mirando as imaxes é un bo xeito de comezar a amar a lectura.
2. É aquela que conta contos aos seus fillos e fillas, lle recita rimas e poesías, le en voz alta e enche os seus oídos de musicalidade e de maxia.
3. É aquela que dá exemplo lendo libros, revistas, xornais e permite que os seus fillos e fillas os sorprendan frecuentemente cun deles nas mans.
4. É aquela que acompaña aos seus fillos e fillas a visitar exposicións, que asiste a funcións de monicreques ou teatro e a outros espectáculos culturais para ir afinando a sensibilidade e a imaxinación dos seus pequenos.
5. É aquela que comparte e comenta as lecturas dos seus fillos e fillas.
6. É aquela que acompaña aos seus fillos e fillas aos lugares onde están os libros (librerías e bibliotecas) para mirar e seleccionar xuntos e anímaos a acudir á biblioteca escolar do colexio.
7. É aquela que fomenta e coida a biblioteca familiar ou persoal e destina na súa casa un espazo adecuado para iso, un espazo de fácil acceso onde se irán colocando os libros regalados ou comprados, pero tamén as revistas do colexio ou os libriños que poidan ir facendo na clase, álbumes de cromos e de fotos, etc.
8. É aquela que aprecia e le, cos seus fillos e fillas, as publicacións que se fan no colexio.
9. É aquela que comprende que a compra dun libro non é algo excepcional. Os libros son portadores da fantasía, dos recordos, da historia, da cultura e non deberían faltar na infancia de ningún neno, de ningunha nena.
10. É aquela que se ocupa de ver algúns programas de televisión, películas de vídeo, etc. cos seus fillos e fillas e que, xuntos, comentan e comparten a experiencia. Nada lograremos opondo a lectura ou os libros aos medios audiovisuais. É preferible a estratexia da convivencia á do enfrontamento
“Un libro sempre é unha oportunidade para a sorpresa e para o encontro.”
by ceipandrade | Added: 1 year ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 249 Views | 24 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments