Ciclo celular animado

+13

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Introdución Definición Proceso Control Tipos de división celular Mª Jesús Mourazos González 4º E.S.O. – Bioloxía/Xeoloxía

Slide 2

Introdución / Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Todos os seres vivos están formados por células que se orixinan a partir da división dunha única célula: o ovo fecundado (cigoto). Ser humano 100 billóns de células 100. 000. 000 .000. 000 1 cigoto Cada minuto o corpo reempraza as máis de300 millóns de células sen decatarnos As células de cada tecido divídense a ritmos diferentes. Ás células da pel van moi rápido, as do fígado divídense ás veces,as célula da medula ósea eo epitelio do estómago e intestinos crecen e divídense constantemente …

Slide 3

Introdución / Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Pero, hai distintos ritmos de división, o que da pé a recoñecer 3 categorías de células Divídense constantemente para renovar os tecidos. En cada tecido o ritmo é diferente. p.e. no estómago e intestino as células divídense constantemente e na pel o fan con frecuencia. Non se soen dividir. Fano cando reciben estímulos adecuados Células moi especializadas (nerviosas, musculares). É rarísimo que se dividan, polo que permanecen no chamado estado Go ata a morte. A maioría das células do organismo permanecen neste estado

Slide 4

Introdución / Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Ademais, antes de que unha célula se divida, esta ten que crecer, duplicar o seu material xenético e separar os cromosomas para unha EXACTA distribución das fibras de ADN entre as dúas células filllas. E todo isto estrictamente coordinado par que non haxa erros na distribución dos cromosomas que poidan alterar o ritmo de división coa conseguinte posibilidade de cancro

Slide 5

Introdución / Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular O conxunto que eventos que suceden nunha célula desde que nace ata que se divide en dúas células fillas é o CICLO CELULAR. O ciclo explica as diferentes fases polas que pasa a célula, incluída a división celular (ésta sucede de xeito diferente en cél. procariotas e eucariotas) As moléculas que controlan e coordinan a división celular son as proteínas ciclinas e CDK, que únense entre elas O ciclo divídese en 2 etapas para o seu estudo: . Interfase . Fase M: que inclúe a mitose e a citocinese

Slide 6

Introdución / Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular É o período máis longo é activo do ciclo celular. Neste intervalo a célula crece e o material xenético duplícase. Dura unhas 8h e abrangue 3 fases: G1 S G2 INTERFASE

Slide 7

Para que se inicie a interfase unha célula ten que morrer e deixar un espazo que sinale ás células de arredor que deben dividirse para rechealo Unha proteína receptora de membrana capta o sinal e envíase a información a través doutras proteína ao núcleo onde actívase o ciclo celular Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular

Slide 8

Que fai o núcleo? Manda mensaxes para destruír esa célula Manda mensaxes para que se divida a célula Manda mensaxes para que creza a célula Manda mensaxes para que se divida a célula Manda mensaxes para que se separen os cromosomas proteína sinal Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular

Slide 9

A célula entra na fase G1, comeza o seu crecemento O finalizar a fase prodúcese o control 1 para detectar se o tamaño da célula é suficiente para continuar e comprobar que as fibras de ADN están en perfecto estado 20% máis grande Máxima enerxía Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular

Slide 10

A célula entra na fase S, onde cada fibra de ADN se replica Faise unha copia de cada fibra de ADN Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Comeza a duplicación dos centriolos nas células animais pRb: promove a replicación do ADN

Slide 11

REPLICACIÓN DO ADN Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular A dobre hélice de ADN ábrese en diferentes puntos e cada cadea serve de molde para a síntese doutra complementaria. Nas cadeas replicadas unha das cadeas provén da fibra orixinal e a outra fabrícase de novo, por iso dise que a replicación do ADN é semiconservativa.

Slide 12

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular A reacción en cadea da polimerasa (a PCR), a ferramenta usada hoxe en día en todos os laboratorios para amplificar ADN baséase precisamente na replicación semiconservativa do ADN. Ao finalizar o proceso obtéñense dúas moléculas de ADN coas mesmas secuencias ca molécula orixinal (é dicir, coma mesma información xenética). Por iso este é o primeiro paso para que a cantidade de ADN se manteña constante nas células fillas.

Slide 13

A célula continúa crecendo durante a fase G2 O finalizar a fase prodúcese o control 2 para detectar se o tamaño da célula é suficiente para continuara e para comprobar que todas as fibras de ADN se duplicaron e están en correcto estado Reparación Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular P53: repara o dano

Slide 14

Na mitose os cromosomas sepáranse Ao final da mitose prodúcese a citocinese. Durante a fase M prodúcese o control 3 para detectar se cada cromosomas uníuse a cada filamento do fuso Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular CITOCINESE

Slide 15

O ciclo celular está estrictamente regulado polas ciclinas e CDK polo que as células fillas producen exactamente as mesmas fibras de ADN que a célula nai Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Estas proteínas actúan coma o motor e caixa de cambios dun coche. O motor serían as CDK. Sempre están aí, pero se non se mete a marcha (ciclina) non arranca o coche. A actividade do complexo remata ao degradarse as ciclinas. Rapaces, verémonos na transcripción para entender coma actuamos!

Slide 16

Se os xenes das ciclinas e CDKs teñen mutacións poden actuar coma oncoxenes (estimulan a aparición de cancro) Tamén o xene para a p53 (que repara o dano do ADN) e para a pRb (que promove a replicación do ADN) mutados poden levar ao cancro, pois sanos son xenes supresores de tumores RIP Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Os fallos na coordinación poden facer que cromosomas ou partes de cromosomas poidan ir a células diferentes, poden reordenarse ou distribuírse de xeito desigual entre as dúas células fillas.

Slide 17

Pero, en xeral, todo sucede adecuadamente Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular

Slide 18

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Dentro do ciclo celular aparece a fase da MITOSE, na que os cromosomas fanse visibles, sepáranse as fibras replicadas e divídese a célula. MITOSE: Profase, Metafase, Anafase, Telofase ciclocelular/ANIMACIONS/mitosis.esp.swf

Slide 19

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular FASE M: MITOSE: PROFASE, METAFASE, ANAFASE, TELOFASE . As cromátidas irmás condénsanse + graza a proteínas (como as condensinas). . O complexo proteico chamado cinetocoro únense ás cromátidas irmás. É necesario para que se movan as cromátidas durante a mitose. . As cohesinas, ráchanse deixando unidas as cromátidas só polo centrómero. . No citoplasma os microtúbulos do centrosoma organízanse a modo de balón de rugbi nunha estrutura complexa chamada fuso mitótico. . Ao final da profase rómpese a envoltura nuclear.

Slide 20

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular FASE M: MITOSE: PROFASE, METAFASE, ANAFASE, TELOFASE Os microtúbulos péganse aos cinetocoros dos cromosomas. 2 por cada cromosoma, un de cada polo. Dese xeito tiran dos cromosomas para que se aliñen no ecuador da célula. .Todos os cromosomas se aliñan no ecuador do fuso .A través dos cinetocoros únense aos microtúbulos .As cromátidas irmás seguen unidas polas cohesinas

Slide 21

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular FASE M: MITOSE: PROFASE, METAFASE, ANAFASE, TELOFASE As cromatidas irmás sepáranse grazas a que rachan as cohesinas do centrómero e son levadas aos polos da célula. Así créase dous conxuntos de cromosomas iguais en cada extremo.

Slide 22

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular FASE M: MITOSE: PROFASE, METAFASE, ANAFASE, TELOFASE As novas fibras de ADN (que xa non chamamos cromátidas irmás) vanse descondensando nos seus polos ata que desaparecen da vista ao microscopio. Dúas envolturas nucleares vólvense formar arredor de cada grupo de fibras de ADN. Comeza a citocinese

Slide 23

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular FASE M: CITOCINESE

Slide 24

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Non obstante, hai unhas células que necesitan diminuír o número de cromosomas a metade. Son as células sexuais. 46 cromosomas (23 parellas) 2n 23 cromosomas (non hai parellas) n A MEIOSE

Slide 25

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular 46 cromosomas (23 parellas) 2n 23 cromosomas (non hai parellas) n

Slide 26

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular PARA ISO SE PRODUCEN 2 DIVISIÓNS CELULARES, NAS QUE A DIFERENCIA COA MITOSE ATÓPASE NA 1ª PROFASE E 1ª ANAFASE A diminución é necesaria para que na fecundación o novo ser teña unha dotación diploide de cromosomas coma os pais

Slide 27

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Proceso da MEIOSE MEIOSE Primeira división meiótica Profase 1 Metafase 1 Anafase 1 Telofase 1 Segunda división meiótica Profase 2 Metafase 2 Anafase 2 Telofase 2

Slide 28

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Non obstante, hai unhas células que necesitan diminuír o número de cromosomas a metade. Son as células sexuais. Na profase 1 alíneanse os cromosomas homólogos e intercambian entre eles anacos O que provoca que as fibras de ADN dos fillos sexan un pouco diferentes ás dos pais (evolución) Na metafase 1 os cinetocoros de cada cromosoma sitúanse no mesmo lado (2n) O que provoca que as cromátidas irmás continúen unidas durante a anafase, aínda que cada c.h. vai para un polo da célula (n)

Slide 29

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Na anafase I Na anafase II Cada c.h. vai para un polo da célula (n) Os cinetocoros sitúanse a cada lado das c.irmás, sepáranse e cada unha vai a un polo (n)

Slide 30

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular A meiose tamén explica as probabilidades de que un novo ser saia home ou muller, pois o sexo en mamíferos está determinado cromosomicamente

Slide 31

Definición / Proceso / Control / Tipos de división celular Comparación entre a mitose e a meiose

Summary: Explicación do ciclo celular, a replicación do ADN, a regulación do ciclo e a meiose. Inclúe explicación da PCr

Tags: ciclo celular adn replicacion pcr mitose mitosis meiose cancro cancer

URL:
More by this User
Most Viewed