O nucleo

+25

No comments posted yet

Comments

Slide 1

. Definición . Compoñentes do núcleo en interfase . Compoñentes do núcleo en división Mª Jesús Mourazos González 4º E.S.O. – Bioloxía/Xeoloxía Imaxe de microscopio electrónico de transmisión(MET) (x 100.000)

Slide 2

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división O núcleo é a estrutura que contén o ADN, encargado de controlar e dirixir a actividade celular a través da súa información. O seu límite é a envoltura nuclear, de dobre membrana, que se continúa con REr. A envoltura parece unha pelota de golf, porque as membranas nucleares fusiónanse en numerosos puntos para formar poros nucleares, a través dos que o núcleo e o citoplasma intercambian substancias

Slide 3

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división NUCLEOPLASMA ENVOLTURA NUCLEAR HETEROCROMATINA EUCROMATINA CROMATINA* é o nome que recibe a masa de fibras de ADN unidas a proteínas. Noméanse dous tipos de cromatina NUCLÉOLO: é a rexión do núcleo que aparece moi tinguida baixo o m.o. Correspóndese cuns anacos de distintas fibras de ADN que se concentran nunha zona. A partir desas fibras fabrícase ARN ribosómico. Chámase así porque aparecen moi tinguidas ao m.o.

Slide 4

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Imaxe de fibra de ADN con histonas en interfase (x ) O estado dunha célula que crece e desenvolve a súa actividade é diferente doutra que se atopa en división. A etapa no que unha célula crece é a interfase, onde as fibras de ADN atópanse enmarañadas e lixeiramente compactadas grazas a proteínas histonas. O conxunto, visible ao m.o., chámase cromatina.

Slide 5

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Ao final da inferfase o núcleo prepárase para a división mediante dous procesos: Replicación de cada fibra de ADN (duplicación das fibras) Condensación* de cada fibra grazas a axuda de máis proteínas histonas e non histonas. Estudarase co ciclo celular

Slide 6

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división A condensación do ADN + proteínas acurtan tanto as fibras de ADN replicadas que ao m.o., despois de facer unha tinción, observamos unhas estruturas en forma de bastón chamadas cromosomas. Os cromosomas comezan a ser visibles na primeira fase da división celular. Polo tanto, na división celular, “desaparece” a cromatina e aparecen os cromosomas. 1 CROMOSOMA

Slide 7

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división 1 CROMOSOMA en FORMA DE CROMÁTIDAS IRMÁS Os cromosomas son estruturas que conteñen ADN duplicado e compactado máis proteínas. A súa forma soe ser de X. TELÓMEROS (4) : son os extremos, importantísimos para que non se acurten as fibras de ADN nas replicacións BRAZOS (longo e curto) TELÓMEROS CENTRÓMERO: é unha zona moito máis compactada, aquí aínda non se duplicaron as fibras de ADN CINETOCOROS (2): son complexos proteicos que axudan na división celular SATÉLITES: son partes do cromosoma que quedan despois doutra zona constreñida chamada constricción secundaria

Slide 8

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Coa técnica de hibridación in situ fluorescente (FISH) pódese marcar a posición dun xene (amarelo) nun cromosoma. Foto de m.o. de cromosomas dunha célula humana tratados coa técnica FISH

Slide 9

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Cromosomas homólogos vistos ao microscopio electrónico de barrido (SEM) Os seres humanos e outros seres vivos teñen moitos cromosomas en cada célula, pero é característico que haxa dúas copias de cada un, polo que se di que os cromosomas se atopan en parellas e a esas parellas chámanselle CROMOSOMAS HOMÓLOGOS. Ademais: . Teñen distintos tamaños . A posición do centrómero fai que os brazos sexan tamén de diferente lonxitude . Cando tinguimos cun tinte parecido o azul de metileno (Giemsa) ou utilizamos a técnica FISH, aparecen bandas características que se manteñen igual nos mesmos cromosomas (teñen un patrón de bandas característico)

Slide 10

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Parella de cromosomas sexuais X e X vistos ao microscopio electrónico de barrido (SEM) É unha parella de cromosomas homólogos É a parella de cromosomas sexuais das femias Nalgúns grupos de seres vivos, coma os mamíferosn, pode haber unha parella de cromosomas diferente. É a parella de cromosomas sexuais, que determina o sexo Parella de cromosomas sexuais X e Y vistos ao microscopio electrónico de barrido (SEM) É a única parella de cromosomas NON homólogos É a parella de cromosomas sexuais dos machos Por estes cromosomas sexuais aos outros cromosomas chamámolos autosomas

Slide 11

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división TENDO EN CONTA OS CRITERIOS VISTOS ANTES, E QUE EXISTEN CROMOSOMAS SEXUAIS . Teñen distintos tamaños . A posición do centrómero fai que os brazos sexan tamén de Diferente lonxitude . Cando tinguimos cun tinte parecido o azul de metileno (Giemsa) ou utilizando a técnica FISH, aparecen bandas características que se manteñen igual nos mesmos cromosomas (teñen un patrón de bandas característico) ORDENAMOS OS CROMOSOMAS UTILIZANDO ESTES CRITERIOS, SEMPRE EN PARELLAS O conxunto ordenado de cromosomas dun ser vivo recibe o nome de CARIOTIPO dese ser vivo.

Slide 12

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Estas imaxes son todas de m.o. e mostran claramente o patrón de bandas pola tinción Giemsa Como fago para ordenar estes cromosomas? Par de cromosomas sexuais XX - femia Cromosomas autosomas

Slide 13

O NÚCLEO Definición / Compoñentes do nucleo en interfase / Compoñentes do núcleo en división Par de cromosomas sexuais XY (macho) http://www.ucm.es/info/genetica/AVG/avg.htm PRACTICA 1: O cariotipo – enlace -

Summary: Describése sinxelamente a composición do núcleo celular e da cromatina e nucleolo que posúe. Tamén se fala da condensación das fibras de ADN grazas a proteínas e que esa condensación permite a aparición de estruturas coloreadas chamadas cromosomas. Estes ordénanse segundo diferentes criterios e o conxunto ordenado chámase cariotipo. En certos seres vivos hai cromosomas que determinan o sexo, son os cromosomas sexuais.

Tags: nucleo adn cromosoma cariotipo homólogos cromosomas sexuais sexuales cromatina cromátidas hermanas irmás

URL:
More by this User
Most Viewed