Guía Meiga

+14

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Como atopar o que busco Guía Meiga ou Catálogo en línea ou OPAC (Online public access catalog )

Slide 2

Esta guía é para que podades atopar desde calquera ordenador, na vosa casa, no centro ou en calquera lugar con conexión a internet, todo aquelo que hai na biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos. Para iso tedes que fixaros ben nos pasos a seguir. Son sinxelos e só requiren un pouco de práctica. Ímola chamar: Guía Meiga ou Como atopar o que busco Comezamos!

Slide 3

O primeiro que nos imos a atopar é o seguinte cadro: Na marxe esquerda do blogue da biblioteca (http://bibliotecamarinas.blogspot.com) aparece esta imaxe, clicando nela accedemos ao catálogo da nosa biblioteca. No recadro en branco, poñeremos o título do libro, película ou CD de música que queremos atopar. Hai que ter en conta que o artigo inicial do título non se pon. Despois xa podemos clicar na lupiña.

Slide 4

Exemplo 1 Imos buscar o libro O pazo baleiro de Xabier Docampo Como vedes poñemos só "pazo baleiro" sen o artigo. Clicamos  e aparece a seguinte información:  Ben! Hai o libro na biblioteca. Clicamos novamente sobre o título e aparece estoutra ventá:  

Slide 5

Neste cadro aparece a seguinte información: Quen é o autor/a Cal é a editorial A súa localización na biblioteca Se está dispoñible ou emprestado

Slide 6

Exemplo 2 Agora buscaremos se o libro Plenilunio está na biblioteca Despois clicamos na lupa e sae a seguinte pantalla:  Tamén o temos! Clicamos agora sobre o título para ir á seguinte ventá:  

Slide 7

Neste caso, coma hai máis dun libro, sairán todos os exemplares que hai e ademais, coma sempre: O/A autor/a A súa localización na biblioteca A editorial E se está dispoñible ou emprestado

Slide 8

Do mesmo xeito poderemos facer a búsqueda por Autor/a, Materia, Serie, CDU, Editorial ou ISBN. Ou, se descoñeces o título exacto, poñer algunha palabra que estea nel. Para iso temos que clicar en “Frase ou texto”

Slide 9

Exemplo 3 Imos localizar as obras que hai na biblioteca do autor Joan Manuel Gisbert. Como xa saberedes, teremos que poñer o apelido do autor no recadro de búsqueda: E non esquezades que estamos buscando por autor/a, polo que hai que indicalo na pestana correspondente. Seguinte paso…

Slide 10

Que sorte! Ata 15 libros hai deste autor na biblioteca! Clicamos sobre o seu nome e xa temos toda a información: Títulos Materias Editoriais Localizacións Se están ou non emprestados

Slide 11

Lembra Podes buscar por título ou por autor/a Para o título non poñas o artigo inicial, no caso de que o teña Cando busques por autor/a pon o apelido.

Slide 12

Recursos web Novidades Os máis emprestados Ademais e a través do catálogo podedes acceder a:

Slide 13

(imprescindible carné da biblioteca) Recursos web No lateral esquerdo ao clicar en recursos electrónicos aparece… Cubre os seguintes datos: Código de usuario: O teu nº de carné Contrasinal: Un dos teus apelidos

Slide 14

Xa podes consultar todos os recursos!!!!!!!

Slide 15

Novidades Os máis emprestados Sentes curiosidade por coñecer aquilo que máis se presta na biblio? Queres saber cales son al últimas adquisicións de fondos? As respostas: no lateral esquerdo do catálogo

Slide 16

E agora… Disfruta da túa biblioteca! Tes un mundo de oportunidades! Biblioteca IES As Mariñas

URL:
More by this User
Most Viewed