|
|
Biblioteca IES de Arzúa “ De cómo perderse no laberinto da biblioteca e atopar todas as saídas” ¿Coñeces ben o que a biblioteca do centro ou outras bibliotecas che ofrecen? ¿Aproveitas as oportunidades da biblioteca escolar?
¿Como nos organizamos,...?
(038) Dic O PROCESO REXISTRO, SELADO E CATALOGACIÓN TEJUELADO COLOCACIÓN NOS ANDEIS BUSCA NO CATÁLOGO
Cada libro leva un rexistro que se lle da cando se cataloga na biblioteca. Este vai sempre na primeira páxina do libro por dentro. Ademais, e para facilitar o préstamo, tamén se coloca na cuberta na parte superior esquerda ou dereita. NÚMERO de REXISTRO
¿Como atopar documentos,...?
Todos os documentos que hai nunha biblioteca están organizados Hai tres ferramentas para localizar rapidamente un documento: Coñecer a distribución dos documentos nos andeis ou lugares onde se acumulan. Os catálogos. As sinaturas. ORGANIZACIÓN da BIBLIOTECA
Tódalas bibliotecas clasifican os documentos por temas. É moi frecuente atopalos ordenados en 10 grupos, numerados do 0 ó 9. Este tipo de clasificación chámase CDU, e divide o coñecemento humano en 10 temas. Na nosa biblioteca ademais hai un sistema de cores. Cada área de coñecemento ten asinada unha cor para que busques máis rapidamente o que queres O máis normal é que os diferentes documentos sobre un mesmo tema se coloquen no mesmo andel, sempre e cando estean no mesmo formato (libros, cds, dvds, programas de ordenador, mapas...) ORGANIZACIÓN CDU
CDU (Clasificación Decimal Universal ) 0 XERALIDADES. Dicionarios. Enciclopedias 1 FILOSOFÍA 2 RELIXIÓNS 3 CIENCIAS SOCIAIS. 4 baleiro 5 NATUREZA 6 CURAR FABRICAR. AGRICULTURA.FORESTAIS 7 PINTURA, MÚSICA, DEPORTES 8 LINGUAS. LITERATURA 9 XEOGRAFÍA. HISTORIA
CDU Cada un dos 10 apartados subdivídese noutros 10 50 Ecoloxía 51 Matemáticas 52 Astronomía 55 Xeoloxía 56 Fósiles 57 Bioloxía 58 Botánica 59 Zooloxía 53 Física 54 Química
Os CATÁLOGOS son conxuntos de fichas onde os bibliotecarios anotan os principais datos dos documentos. Poden ser manuais ou automatizados. Na nosa biblioteca temos un catálogo automatizado que se pode consultar na base de datos da biblioteca a través de PROXECTO MEIGA, e tamén a través de internet. No catálogo podemos buscar de varios xeitos: Si xa sabes que documentos concreto buscas, pódese localizar por título ou autor. Si o que queres é saber que tipo de documentos hai sobre un determinado tema, debes buscar por materia. Intenta ampliar as palabras clave porque non sempre cataloga a mesma persoa e pode haber varios documentos referidos a temas similares con materias diferentes. A materia indica o tema dos documentos. ORGANIZACIÓN CATÁLOGOS
A sinatura é un código que os bibliotecarios dan a cada documento na súa biblioteca para indicar onde está colocado. A sinatura vese no “tejuelo ou etiqueta” que aparece no lombo do libro ou documento. Normalmente componse de: CDU Tres primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas. Tres primeiras letras do título (sen alfabetizar) en minúsculas. ORGANIZACIÓN SINATURAS
1.- Buscar no catálogo por título, autor.... O catálogo está na rede a través de proxecto meiga. http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=CED025 Tamén podes acceder usando as palabras clave PROXECTO MEIGA no buscador que utilices e buscando, xa na páxina, o noso centro Os ordenadores do instituto teñen un enlace directo no escritorio para acceder rapidamente. Pasos a seguir
3.-Unha vez que saibas que o que buscas existe na nosa biblioteca debes apuntar a sinatura que se indica para posteriormente pedilo na biblioteca ou buscalo por ti mesmo: 4.-Por último debes buscar nos andeis. Para buscar recorda que cada número abrangue un área do coñecemento. Hai carteis de materias que facilitan o traballo. Recorda as cores para guiarte máis rápido. Ten en conta os paneis que tratan de axudar nunha busca máis eficaz. Pasos a seguir
5.- Na páxina tes varias posibilidades: ver as novidades, os máis prestados, buscar información de calquera material que haxa na nosa biblioteca: 6.-É moi interesante e útil unha presentación feita polo IES As Mariñas de Betanzos sobre a busca de documentos no catálogo: http://www.slideboom.com/presentations/223618 Pasos a seguir
Nos “tejuelos” ou etiquetas do lombo do libro Fíxate Todo o material fichado ten esas etiquetas Serven para a súa colocación seguindo unha forma lóxica e ordenda. Polo tanto tamén serven para recuperar ese material cando o buscamos (de aí a importancia da colocación correcta dos fondos). Empezamos pola primeira liña (CDU), logo pola segunda (autor/a) por orde alfabética e logo pola terceira (título) tamén por orde alfabética. Ex.- 821.134.4-3 TOR-(SUS) som 821.134.4-3 CDU (Identifica a materia. Neste caso literatura –novela en galego). TOR-(SUS) (3 primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas e tres primeiras letras do segundo apelido ou do nome (neste último caso entre paréntese)) som (3 primeiras letras do título do libro sen alfabetizar, e dicir , sen artigos, pronomes...)
Nas cores de cada área do coñecemento Nos carteis dos andeis Fíxate
¿Como atopar un libro? Dentro de cada andel os libros están ordenados segundo o tejuelo 1.-CDU 2.-Tres primeiras letras do apelido do autor por orde alfabética 3.-Tres primeiras letras do título por orde alfabética 630*6 GOM ord
Os dicionarios de español, galego, latín, grego, francés e inglés, así como as enciclopedias xerais ou que abranguen varios temas están nun lugar aparte cerca da zona de xestión (038) (031). O resto de enciclopedias e dicionarios entran pola materia que tratan. Os libros que non está permitido prestar están identificados cun goumet de cor vermella no lombo, e só poden consultarse na biblio. Os DVD só teñen a carátula, os discos están na zona de xestión e tes que pedilos alí. Os DVD para maiores de 18 anos levan un goumet vermello na carátula. OUTRAS COUSAS DE INTERESE
Biblioteca dixital: Son recursos electrónicos de pago ós que tes acceso por ser socio/a dunha biblioteca na REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA (no noso caso a Biblioteca IES de Arzúa). Só precisas o número de socio e como clave o primeiro apelido. Máis información neste vídeo realizado pola Biblioteca Municipal Ánxel Casal: http://www.youtube.com/watch?v=-niRx01FxZA BIBLIOTECA DIXITAL
Summary: Como se organiza a biblioteca do IES de Arzúa, como se busca no catálogo
| URL: |
No comments posted yet
Comments