|
|
ALGÚNS USOS DAS TIC NO ENSINO I. PROPOSTAS INICIAIS EQUIPO TIC do I.E.S. da Pobra do Caramiñal
Algunhas suxestións de tipo xenérico, que poden aplicarse desde calquera Departamento didáctico. Para procurar apoio técnico sempre que o precisemos, temos na rede multitude de sitios, como os wikis: Ferramentas web Edu20 Educaredweb2 En función dos nosos obxectivos, procuramos as ferramentas máis adecuadas, experimentamos aproveitando as guías e elaboramos os materiais ou as indicacións didácticas. [NOTA: os textos en azul son todos ligazóns]
PROPOSTA 1 Presentacións de contidos elaborados polo/a profe ou Departamento Podemos facer visíbeis, como un caderno aberto na nosa páxina ou nun blogue, os documentos que queiramos subir á rede: textos longos, álbums de imaxes, presentacións realizadas en impress ou power-point, etc. Así, tamén fican máis accesíbeis e poden ser compartidos e integrados en diferentes actividades. Para ver algúns exemplos: Caderno de lingua CPI de Cuntis Unha experiencia didáctica en Dives Gallaecia
PROPOSTA 2 Recolleita na rede de actividades realizadas na aula ou de diferentes creacións plásticas, literarias, audiovisuais, etc. Coa intención de facer máis visíbel para toda a sociedade os resultados de propostas de creación, traballos ou diferentes intervencións orais, ademais das propias actividades complementarias e extraescolares. Pode, ademais, implicarse o alumnado no labor de edición, revisión... Máis ferramentas con guía en Edublogki: vídeos, podcast... Exemplos e experiencias: Música Getares Canle segredo Máscaras Videocreación Tempo en boca
PROPOSTA 3 Actividades para que elabore directamente contidos o alumnado. Cunha pequena guía de traballo, este pode realizar sínteses en diapositivas, mapas de conceptos, diagramas, etc. directamente na rede para logo publicar e compartir, apoiar dixitalmente exposicións orais, etc. Uns exemplos de resultados de producións con ferramentas web: As TIC en Plástica Maqueta dunha vivencia (con son) Os xéneros xornalísticos Tipos de nubes As vangardas: Dalí Para ver algún deseño de actividade: As vangardas artísticas Barroco e fútbol (tamén aquí) Mobile Learning
PROPOSTA 4 Traballo con Webquest e Secuencias didácticas. Son procesos de investigación na rede que permiten desenvolver múltiples competencias no alumnado. Podemos adaptar as xa elaboradas ou crear novas. Algúns exemplos: Enerxía positiva Un sistema solar en tu ciudad Le 14 Juillet en France Los retos del siglo XXI Revolución industrial e sostibilidade no mundo contemporáneo London Tour Música de cine As ferramentas e a aprendizaxe en: PHPWebquest (Consellaría) WEBQUEST.es, Recursos TIC Jerez Algunha experiencia didáctica máis concreta: Colexio Jaime Balmes (varias materias) Les Alzines (matemáticas; pdf)
PROPOSTA 5 Traballo en redes sociais educativas. Ou o que é o mesmo: interacción comunicativa nun contorno que potencia a colaboración para desenvolver mellor diferentes traballos. Trátase de ofrecerlle ao alumnado un espazo de intercambio regrado (con caixa de recados, foro, etc.) para encamiñar os usos comunicativos en internet e para facilitarlle a resolución de determinadas tarefas. Pódense consultar, para isto, as páxinas 4 e 5 do proxecto do ENDL do I.E.S. da Pobra (pdf). Para manexar unha rede social educativa: Ning A nosa experiencia: Obradoiro de lingua Máis, aquí
Para consultar orientacións didácticas de valor, podemos acceder aos blogues dos catedráticos e especialistas en TIC: Manuel Area Pere Marquès
by xanocebreiro | Added: 8 months ago
Language: Galician | Topic: Education
| 73 Views | 5 Downloads | 26 Embeds |
Summary: Propostas iniciais para o uso das TIC no ensino
No comments posted yet
Comments