Dia mundial da loita contra a Sida

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Dia mundial da loita contra a SIDA 1 de Decembro

Slide 2

Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades é un dos Obxectivos de Desenvolvemento da ONU para o Milenio que os 191 estados membros da organización se comprometeron a cumprir para o ano 2015. PARA A SIDA. MANTÉN A PROMESA O día 1 de decembro foi elixido para conmemorar o Día Mundial da Loita contra a Sida porque, en 1982, neste día, foi diagnosticado o primeiro caso de SIDA. A idea de adicar un día á loita contra esta enfermidade xorde en 1988, no Cumio Mundial de Ministerios de Sanidade. Desde 1988 até 2004 ONUSIDA era quen organizaba o Día Internacional da Loita contra a SIDA, mais, a partir de 2005, WAC (World Aids Campaign) fíxose cargo da organización desta data, sendo elixido para ese ano, e con vixencia até 2010, o lema Para a sida. Mantén a promesa.

Slide 3

Transmítese así? TRANSMISIÓN DO VIH/ SIDA SI! TRANSMISIÓN SEXUAL: O VIH transmítese tanto no sexo vaxinal, como no anal e oral. Transmítese entre personas de diferente ou mesmo sexo. Como previr? Usar preservativo en TODAS as relacións sexuais.

Slide 4

Transmítese así? TRANSMISIÓN DO VIH/ SIDA SI! TRANSMISIÓN A TRAVÉS DO SANGUE:  A transmisión do VIH a través do sangue prodúcese cando sangue infectado entra no torrente circulatorio dunha persoa sa: - Mediante material de inxección:  Compartir agullas, xeringas edemais utensilios na inxección de drogas entre dúas ou máis persoas. - Accidentes sanitarios: O persoal sanitario pode verse infectado debido a accidentes sanitarios, como pinchazos cunha agulla contaminada. - Outros: Os utensilios que se usan para facer tatuaxe, piercing, acupuntura, depilación eléctrica deben ser estériles. Como previr? Utilizar sempre material propio e estéril cando se vaia producir algunha lesión na pel. Non compartir material utilizado para o uso de drogas inxectables. Asegurarse da utilización de material estéril en piercings, acupuntura, tatuaxes, etc.

Slide 5

Transmítese así? TRANSMISIÓN DO VIH/ SIDA SI! TRANSMISIÓN NAI- FILLO: A muller embarazada pode transmitir o VIH ao bebé de tres formas:   - A través da placenta. - Durante o parto, ao entrar en contacto con sangue e fluídos vaxinais da nai. - Mediante a lactancia materna Hoxe en día só se contaxia un 3% dos fillos de nais seropositivas. Como previr? Aconséllase a cesárea, non amamantar e seguir un tratamento específico para diminuír o risco de transmisión nai- fillo.

Slide 6

Transmítese así? TRANSMISIÓN DO VIH/ SIDA NON! Dar apretón de mans Pola comida Por tocar cartos En aseos Nos lugares de traballo En transportes públicos ou taxis Doando sangue Teléfonos públicos Beixándose Cos cubertos Utilizando duchas En hospitais ou visita do médico Na escola En piscinas ou ximnasios Cos contactos cotiáns

Slide 7

Calquera puede infectarse e a prevención depende do comportamento de cada persoa, pero de todos e todas depende a creación dun clima de tolerancia e respecto polos estilos de vida diferentes e de solidariedade coas persoas infectadas ou especialmente vulnerables a esta infección, imprescindible para frear a extensión da epidemia. En España as persoas que se inxectan drogas seguen estando expostas a un elevado risco de infección por VIH e hepatite, e hai que responder a esta característica da epidemia ampliando e diversificando os programas de reducción dos danos asociados ao consumo de drogas. Pero son as prácticas sexuais as que están determinando xa a transmisión do VIH e o futuro da epidemia. Reforzar a cultura do sexo seguro no contexto dunha epidemia cambiante é xa o principal obxectivo da prevención, e a principal ferramenta, o preservativo.

Slide 8

- Por vía perinatal: Se unha muller VIH+ decide quedar embarazada terá que ter en conta que vai ser un embarazo de risco, polo que deberá efectuar un rigoroso seguimento médico. EN AUSENCIA DE VACINA OU TRATAMENTO CURATIVO, A PREVENCIÓN CONTINÚA SENDO A ÚNICA FORMA EFICAZ DE LOITAR CONTRA O VIH PREVIR O CONTAXIO - Por vía sexual: Sempre que se teñan relacións sexuais con penetración (anal, vaxinal ou oral) e se descoñeza se algunha das persoas é ou non seropositiva debe utilizarse preservativo como método preventivo. Hoxe, cada día, contáxianse de VIH 14.000 persoas no mundo, e case o 90 % dos contaxios son por transmisión sexual. - Por vía sanguínea: Compartir material de inxección leva un risco moi alto de contaxio. A prevención céntrase na utilización de material de inxección (xeringa e agulla) dun só uso e recipiente individual, ou a esterilización correcta en cada nova utilización.

Slide 9

En 1991, co obxectivo de recoñecer e honrar os compañeiros e amigos que morreran a causa da SIDA, Visual Aids (Sida Visual), un grupo de profesionais da arte de Nova York, concibiu o proxecto LAZO VERMELLO. A cor vermella foi elixida pola súa relación co sangue e a paixón, concibida esta non só como sufrimento senón como amor. Visual Aids mobilizou galerías de arte, museos, centros comerciais e organizacións de apoio e loita contra a SIDA, para que conmemorasen os falecidos, fixesen fincapé na prevención e reclamasen máis servizos e investigación; e tamén para que contribuísen a conseguir un maior coñecemento sobre a transmisión de VIH/SIDA por parte de todos e todas. LEVO UN LAZO VERMELLO

Slide 10

O LAZO VERMELLO non é unha moda ou adorno, é un símbolo de solidariedade coas persoas afectadas polo VIH/SIDA e de conciencia da necesidade de protexerse; é un compromiso de informarse e actuar de inmediato contra a súa expansión. Levar un LAZO VERMELLO significa que vexo e sinto os efectos devastadores da SIDA, e que digo ás persoas sás “non á discriminación e á exclusión das persoas afectadas polo virus!” Levar un LAZO VERMELLO significa dicirlles ás persoas afectadas polo VIH/SIDA “sei que existes, acéptote e apóiote, podes confiar en min”. O actor Jeremy Irons foi a primeira persoa que utilizou o LAZO VERMELLO en público, e fíxoo na cerimonia de entrega dos Premios Tony do ano 1991.

Slide 11

Música: REM “Everybody hurts”

Tags: sida vih melide

URL:
More by this User
Most Viewed