Os faros, [Autoguardado]

0

No comments posted yet

Comments

Slide 2

Ao principio os navegantes orientábanse polos sinais naturais das costas ( picos, cabos,…). Pero cando a navegación foi mellorando e as distancias percorridas eran maiores, fíxose necesario a construción de sinais artificiais como os faros. NACEMENTO DOS FAROS

Slide 3

Os faros son torres altas que están na costa e teñen na parte superior unha luz que se acende de noite para guiar aos navegantes.

Slide 4

Galicia conta cun rico patrimonio de faros ao longo dos máis de 1.500 Km de costa desde a ría de Ribadeo ata cabo Silleiro. Algúns deles son: FAROS GALEGOS

Slide 5

Está situado na Coruña. Ten 68 metros de altura É o único faro romano que está en funcionamento e é o máis antigo do mundo. Foi construido polos romanos no século II d.C. aínda que hai varias lendas sobre el: A lenda de Breogán conta que este rei celta construiu na cidade de Brigantia unha torre desde a cal o seu fillo Ith divisou as terras de Irlanda antes de partir para elas coa intención de conquistalas para o reino . A mitoloxía di que o xigante Xerión, rei fenicio-tarteso de Brigantia, obrigaba ás xentes desta terra a pagarlle a metade dos seus bens. Estes pedíronlle axuda ao heroe romano Hércules que venceu a Xerión e enterrou a súa cabeza debaixo da torre que mandou construir. Faro de Hércules

Slide 6

O faro de Fisterra é o máis importante da Costa da Morte. Coa súa luz guía os barcos na súa navegación por estas augas perigosas polos fortes temporais que se producen e os baixos arrecifes que existen e que poden causar naufraxios das embarcacións. É un cabo que está rodeado de excelentes praias como a praia Langosteira, a de Ribeira, etc. O edificio actual é de 1868. É o máis visitado despois da catedral de Santiago de Compostela. Aquí chegan moitos dos peregrinos do Camiño de Santiago ao final da súa viaxe a Galicia. É tamén tradición queimar algunhas prendas ou botas usadas no camiño. E se se pode contemplar unha posta de sol, o final do camiño realízase plenamente.

Slide 7

Faro de Ribadeo Este faro ilumina o camiño dos navegantes entre as feras augas do Cantábrico cara a vila mariñeira de Ribadeo, afamada escola de pilotos, navieiras, sede histórica de astaleiros e factorías pesqueiras.

Slide 8

Faro de Candieira Este faro sinala os altos acantilados de San Andrés de Teixido

Slide 9

FAROS CURIOSOS

Slide 10

Faro de Alexandría O faro de Alexandría foi construido polo arquitecto Sóstrato de Cnido por orden de Ptolomeo II no século III a.C, entre os anos 285 e 247 a.C, na illa de Faros de Alexandría, Exipto. Na súa construción utilizáronse grandes bloques de vidro e na parte máis alta un gran espello metálico reflexaba a luz do sol durante o día e pola noite proxectaba a luminosidade dunha fogueira a unha distancia de hasta 50 km. Tiña unha altura duns 121,9 metros. Foi identificado como unha das sete Marabillas do mundo por Antípotro de Sidón. O faro foi severamente dañado polos terremotos de 1.303 y 1323 e en 1349 xa fora totalmente destruido

Slide 11

Faro da Libertade Tamén chamado “Estatua da liberdade”. Está situado en New York.

Slide 12

O Coloso de Rodas O Coloso de Rodas foi construido entre os anos 294 a.C. y 282 a.C. e non se sabe exactamente se foi utilizado como faro. Atopábase na entrada da cidade de Rodas na illa de Rodas, Grecia. Foi derrubado por un terremoto no ano 233 a.C., polo que foi a máis efímera das sete marabillas antigas .

Slide 13

Faro de la marina Este faro ubícase no parque Antonio Raymondi en Miraflores, Perú. Construiuse no ano 1,900. A súa luminosidade é de 83,000 candelas e ten un alcance de 25 millas=45km . É de cor branca. Ten 319 partes desmontables de ferro fundido e 22 metros de altura .

Slide 14

Faro de Nariga Situado en Galicia o faro de Nariga foi deseñado polo arquitecto César Portela Fernández Jardón Ten a forma do casco dun barco.

Slide 15

Fontes: Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Torre_de_H%C3%A9rcules Historia de los faros: http://www.farosdelmundo.com/pagina.php?id=17 Faros de Galicia. Galicia en guías 2005. La Voz de Galicia.

Summary: os faros

Tags: mar faros

URL: