|
|
Ao principio os navegantes orientábanse polos sinais naturais das costas ( picos, cabos,…). Pero cando a navegación foi mellorando e as distancias percorridas eran maiores, fíxose necesario a construción de sinais artificiais como os faros. NACEMENTO DOS FAROS
Os faros son torres altas que están na costa e teñen na parte superior unha luz que se acende de noite para guiar aos navegantes.
Galicia conta cun rico patrimonio de faros ao longo dos máis de 1.500 Km de costa desde a ría de Ribadeo ata cabo Silleiro. Algúns deles son: FAROS GALEGOS
Está en A Coruña. Ten 68 metros de altura. Foi construido polos romanos fai 2000 anos e é o único faro romano que está en funcionamento e o máis antigo do mundo. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2009. Foi protagonista de varias lendas: A lenda de Breogán conta que este rei celta construiu na cidade de Brigantia esta torre desde a cal o seu fillo Ith divisou as terras de Irlanda antes de decidir partir para elas coa intención de conquistalas para o seu reino. A mitoloxía di que o xigante Xerión, rei fenicio-tarteso de Brigantia, obrigáballe á xente desta terra a pagarlle a metade dos seus bens, tamén dos seus fillos. Desesperados pedíronlle axuda a Hércules que mandou construir esta torre para conmemorar a victoria sobre Xerión e enterrou a súa cabeza debaixo dela. Faro de Hércules
O faro de Fisterra é o máis importante da Costa da Morte. Coa súa luz guía os barcos na súa navegación por estas augas perigosas polos fortes temporais que se producen e os baixos arrecifes que existen e que poden causar naufraxios das embarcacións. É un cabo que está rodeado de excelentes praias como a praia Langosteira, a de Ribeira, etc. O edificio actual é de 1868. É o máis visitado despois da catedral de Santiago de Compostela. Aquí chegan moitos dos peregrinos do Camiño de Santiago ao final da súa viaxe a Galicia. É tamén tradición queimar algunhas prendas ou botas usadas no camiño. E se se pode contemplar unha posta de sol, o final do camiño realízase plenamente.
Faro de Candieira Este faro sinala os altos acantilados de San Andrés de Teixido, Cedeira. Foi instalado en 1954. Elévase 89 metros sobre o nivel do mar.
Faro de Corrubedo Atópase no parque de Corrubedo, preto das dunas e marismas, en Ribeira. Construeuse en 1853. Primeiro funcionaba con aceite, despois con petróleo e desde fai 35 anos con electricidade.
Faro de Cabo Silleiro Está situado en cabo Silleiro, Baiona. A torre é octogonal, de cor branca e vermella. O primeiro faro foi inaugurado en 1866 e o actual data de 1924. Alumea as costas do sur de Galicia desde as illas Cíes ata a Guarda.
Faro de Ribadeo Está situado na illa Pancha, Ribadeo. É unha construción cadrada, de fachadas brancas e ventás e esquinas azuis, coa súa lámpada no centro do tellado. Ilumina os camiños das feras augas do Cantábrico cara a vila mariñeira de Ribadeo, afamada escola de pilotos, navieiras, sede histórica de astaleiros e facorías pesqueiras.
FAROS CURIOSOS
Faro de Alexandría O faro de Alexandría foi construido polo arquitecto Sóstrato de Cnido por orden de Ptolomeo II no século III a.C, entre os anos 285 e 247 a.C, na illa de Faros de Alexandría, Exipto. Na súa construción utilizáronse grandes bloques de vidro e na parte máis alta un gran espello metálico reflexaba a luz do sol durante o día e pola noite proxectaba a luminosidade dunha fogueira a unha distancia de hasta 50 km. Tiña unha altura duns 121,9 metros. Foi identificado como unha das sete Marabillas do mundo por Antípotro de Sidón. O faro foi severamente dañado polos terremotos de 1.303 y 1323 e en 1349 xa fora totalmente destruido
Faro da Libertade Tamén chamado “Estatua da liberdade”. Está situado en New York.
O Coloso de Rodas O Coloso de Rodas foi construido entre os anos 294 a.C. y 282 a.C. e non se sabe exactamente se foi utilizado como faro. Atopábase na entrada da cidade de Rodas na illa de Rodas, Grecia. Foi derrubado por un terremoto no ano 233 a.C., polo que foi a máis efímera das sete marabillas antigas .
Faro de la marina Este faro ubícase no parque Antonio Raymondi en Miraflores, Perú. Construiuse no ano 1.900. A súa luminosidade é de 83,000 candelas e ten un alcance de 25 millas = 45km . É de cor branca. Ten 319 partes desmontables de ferro fundido e 22 metros de altura .
Faro de Nariga Situado en Malpica, Galicia. Foi deseñado polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón Ten a forma do casco dun barco.
Fontes: Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Torre_de_H%C3%A9rcules Historia de los faros: http://www.farosdelmundo.com/pagina.php?id=17 Faros de Galicia. Galicia en guías 2005. La Voz de Galicia.
Summary: Os faros
| URL: |
No comments posted yet
Comments