|
|
DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2011 CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
Magín Blanco
Doutor, doutor, recéiteme apertas
xornadas de portas abertas
raios de sol de porcelana
facer o que me veña en gana
E tamén quero unha pandeireta, que as miñas mans sexan dúas pombas
e que repartan aloumiños, os debuxos que fan as sombras.
Doutor, doutor, recéiteme apertas
xornadas de portas abertas
raios de sol de porcelana
facer o que me veña en gana
Doutor, que teño frío, e as apertas non dan chegado;
meu amor foi lavar ao río e o río baixa, vai conxelado.
Hoxe na lama non hai ninguén, andamos todos de etiqueta,
que anda a pasear en bicicleta agás a miña nena da alma,
por unha illa azul e branca, chea de flores e bolboretas,
onde as cancións toman un folgo cando ninguén as interpreta.
Doutor, doutor, recéiteme apertas
xornadas de portas abertas
raios de sol de porcelana
facer o que me veña en gana
Doutor, doutor, recéiteme apertas
xornadas de portas abertas
raios de sol de porcelana
facer o que me veña en gana
| URL: |
No comments posted yet
Comments