|
|
O MUNDO, UNHA REALIDADE PLURILINGÜE
A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra. Cantas linguas se falan hoxe no mundo? Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes. Menos de 300 linguas superan o millón de falantes.
O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE.
Cada dúas semanas morre unha lingua En menos dun século desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo. En colaboración co instituto a prol das linguas en perigo, a publicación National Geographic está a realizar un proxecto de documentación, para identificar os lugares do mundo onde a situación é máis crítica. Cada 14 días, apuntan, unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010 probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo algunhas sen testemuña escrita ou audiovisual ningunha- e con elas a sabedoría acumulada dos seus pobos. O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas que esmorecen, como por exemplo a implantación de programas de aprendizaxe para os cativos en idade escolar. Porén, afirman que o éxito destes plans depende do grao de implicación dos estados. Así, salientan como positivo o traballo feito co hawaiano, co maorí e co hebreo, e avogan polo uso das novas tecnoloxías para acadar resultados máis positivos. Fonte: xornaldixital Vieiros.
A ONU recoñece uns 200 estados, pola contra hai milleiros de linguas vivas. As fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas. O normal é que a un estado lle correspondan varias linguas.
A EUROPA DAS NACIÓNS
Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan. A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo.
No continente europeo hai moi poucos estados monolingües: tradicionalmente mencionamos os casos de Islandia e Portugal (co permiso do mirandés), hoxe deberiamos incluír varias ex-repúblicas soviéticas. No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes países…
O FALSO MONOLINGÜISMO FRANCÉS
LINGUAS PENINSULARES ASTURIANO ÉUSCARO CATALÁN ARANÉS ARAGONÉS
NÚMERO DE FALANTES 450.000 ASTURIANO TERRITORIO dividido en tres zonas : occidental, central e oriental ESTATUS OFICIAL Goza de protección, sen chegar a ser considerada lingua oficial ENSINO Pódese estudar de maneira voluntaria en Primaria e Se-cundaria
ÉUSCARO TERRITORIO País Vasco, Navarra e País Vasco Francés NÚMERO DE FALANTES 1.034.000 ESTATUS OFICIAL Lingua oficial nas Comuni-dades Autónomas Vasca e Navarra ENSINO Obrigatorio en Primaria e Secundaria
CATALÁN TERRITORIO Cataluña, País Valenciano, Illas Baleares, Andorra, zo-nas limítrofes de Aragón e Murcia e Alghero (Sardeña) NÚMERO DE FALANTES Arredor de 10 millóns ESTATUS OFICIAL Lingua oficial en Andorra e cooficial en Cataluña, País Valenciano e Illas Baleares ENSINO Obrigatorio en Primaria e Secundaria nas comunidades nas que é oficial
ARANÉS TERRITORIO Val de Arán (Lleida) NÚMERO DE FALANTES 2.800 ESTATUS OFICIAL é lingua cooficial nese te-rritorio e en toda Cataluña ENSINO Está presente en Primaria e Secundaria no Val de Arán
ARAGONÉS TERRITORIO Parte Norte de Huesca NÚMERO DE FALANTES 12.000 ESTATUS OFICIAL Non ten ningún tipo de re-coñecemento oficial ENSINO Presenza moi marxinal
Territorios de fala galega
O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.
O galego-portugués no mundo
POR QUE ESTA DIVERSIDADE E NON UNHA ÚNICA LINGUA? Sempre en Galiza, Castelao.
FONTES Lourenzo Álvarez Román Landín
Summary: Presentación de Marlou en http://www.slideshare.net/socri
| URL: |
No comments posted yet
Comments