|
|
Creación dun blogue en Blogaliza Administración e edición básicas
En Blogaliza, prememos en Crear blogue. En primeiro lugar, teremos que abrir unha conta de usuario.
Cubrimos os datos da conta
Cubrimos os datos básicos do blogue
Activamos o blogue desde o noso correo e accedemos ao contrasinal asignado (logo poderá modificarse). Copiámolo -ou collémolo logo do novo correo que recibiremos- e entramos en login para administrar.
Unha vez dentro da administración, o primeiro que podemos facer é cambiar a clave de acceso. Blogaliza asígnanos un contrasinal dificilmente memorizábel, polo que é mellor introducir un novo desde Usuarios > Perfil. Tamén podemos escoller un novo tema ou modelo visual para a aparencia do blogue. Iso farémolo en Deseño > Estilo visual. Cómpre ter en conta que non todos os estilos visuais son seguros, polo que se temos problemas cos elementos que engadamos na barra lateral, pode ser preciso cambiar o estilo. Para non perderse na gran variedade de temas, recomendamos algúns que funcionan ben: Esther (p. 15), Glorious Future (p. 18), Mandigo (p. 23), Minimal Sun (p. 24), Nearly-Sprung (p. 25), Regulus (p. 29), Water (p. 35), WordPress Classic (p. 36), etc.
Un bloque de funcións específico de Blogaliza constitúeno os Engadidos. Desde aí podemos activar complementos moi útiles: unha conta das visitas (Counterize), a subscrición aos arquivos de audio ou podcast que publiquemos (podPress), Anti-spam, etc.
En Configuración > AMP > MP3 marcaremos Enable MP3 download links para permitirlles ás visitas descargar os arquivos de audio; e gardamos os cambios, claro.
Desde Deseño tamén configuramos os complementos (widgets, como un calendario, o listado de ligazóns, etc.) que queremos presentar na barra lateral. Manéxanse sempre con ENGADIR > EDITAR > CAMBIAR > GARDAR CAMBIOS. É recomendábel engadir o widget Meta, pois permitiranos entrar na administración de xeito doado, só premendo en Identificación e empregando o nome de usuario e o contrasinal. Se non facemos isto, teremos que acceder desde a páxina de Blogaliza ou co url http://NOMEDONOSOBLOGUE.blogaliza.org/wp-admin/
Para publicar contidos, desde Escribir, podemos crear fundamentalmente: 1. Anotacións ou artigos, que aparecerán en orde cronolóxica inversa. Deberán levar, cando menos, título e categoría asignada. Conforman o arquivo do blogue. 2. Páxinas. Espazos para contido complementario, sen artigos organizados temporalmente. A elas accederase logo a través da barra lateral e/ou a cabeceira. Poden organizarse por niveis, creando subpáxinas dependentes, desde Páxina nai.
Como introducir unha ligazón
O HTML do editor, opción clave para cando teñamos que inserir multimedia
Os contidos do blogue organizados e doadamente localizábeis: etiquetaxe e establecemento de categorías
3. Desde Escribir, tamén podemos crear Links. Con posibilidade de organización en categorías e de acompañamento de imaxe.
Calquera cambio que desexemos introducir nestes elementos, unha vez gardada a información, farémolo desde Xestionar.
by xanocebreiro | Added: 1 year ago
Language: Galician | Topic: Internet
| 309 Views | 38 Downloads | 9 Embeds |
Summary: Creación e administración inicial
No comments posted yet
Comments