Proxecto tiburóns

+3

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Cuarto de Primaria Proxecto tiburóns

Slide 2

Porqué os tiburóns? Na clase de cuarto queríamos aprender cousas sobre algún animal. A profesora contounos que no Loro Parque de Tenerife facían vídeo conferencias sobre os animais acuáticos que alí teñen. Decidimos solicitar unha vídeo conferencia sobre os tiburóns, porque nos gustan moito.

Slide 3

As profesoras chamaron ao Loro Parque para solicitar a vídeo conferencia. É moi complicado, porque faise con moitos colexios ao mesmo tempo. As profes facendo probas

Slide 4

O día da videoconferencia solo puidemos contactar durante uns minutos, xa que as nosas liñas de Internet e as do Loro Parque son un pouco “incompatibles”. Foi unha pena, pois víanse os tiburóns nadando nos acuarios, mentres nos explicaban cousas deles.

Slide 5

Entón decidimos aprender cousas nós solos. Fomos á biblioteca do cole a buscar a información.

Slide 6

Buscamos na margarida da biblioteca , Vimos que os animais están no 59

Slide 7

No índice mirabamos si había información sobre os tiburóns. Tamén buscamos nas enciclopedias

Slide 8

Logo puxémoslle unhas etiquetas nas páxinas de tiburóns Iso gústanos moito

Slide 9

Xuntamos un montón de libros

Slide 10

Despois anotamos nos cadernos de investigación o que nos pareceu máis interesante.

Slide 11

Tamén buscamos fotos de tiburóns para poder debuxalos ben. Algunhas cousas tivemos que buscalas en Internet, porque non viñan nos libros.

Slide 12

Despois fixemos moitos debuxos nas libretas

Slide 13

Logo fotografamos os nosos debuxos. Descargamos as fotos e as corriximos nós soíños. A que parecemos profesionais?

Slide 14

Entonces decidimos facer por parellas presentacións dixitais, para ensinarlle aos nenos e nenas de outros cursos o que aprenderamos dos tiburóns.

Slide 15

Ao final fixemos un montón de presentacións. E tivemos que aprender a falar en público. Para iso non podemos meter as mans nos petos. Hai que mirar ao público ,e non o chan. Tampouco podemos repetir palabras. Hai que mover un pouco as mans sinalando cousas da presentación. Hai que falar con voz alta e clara.

Slide 16

Yoli e Noa expuxéronlle aos nenos e nenas de terceiro, que son os compañeiros de ciclo, todo o que aprenderon sobre os tiburóns E por fin chegou o día! Todos queríamos contarlle aos nenos en nenas dos outros cursos o que aprenderamos. A profe pensa que somos moi valentes. Noa Yoli

Slide 17

Tamén ensinámoslle o que aprendemos a outros cursos de Primaria e a Infantil.Todos viron o noso traballo.E non tivemos vergoña. Vale, solo unha pouca.

Slide 18

O máis difícil é mirar ao público,… … e sacar as mans dos petos.

Slide 19

E por último, fixemos un libro co que aprendemos, para que quede na biblioteca do cole. Os tiburóns 4º curso de Primaria

Slide 20

Cuarto curso de Primaria CEIP Quintela de Moaña Novembro/Decembro 2010

Summary: Como aprendemos cousas dos tiburóns na clase de 4º

Tags: educación animais proxectos de aula

URL:
More by this User
Most Viewed