|
|
TEMA 7. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: A NOVA NARRATIVA GALEGA
Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto... Definición ou explicación dun concepto
CONTEXTO HISTÓRICO A Nova Narrativa Galega (NNG) orixínase na década de 1950. En plena posguerra europea, logo da derrota nazi na 2ª Guerra Mundial e no inicio da Guerra Fría, prodúcese un movemento de renovación literaria, asociado a novas correntes de pensamento, que afectará de maneira significativa á narrativa galega ► Cobra forza a interpretación da sociedade desde a perspectiva marxista, que impulsará unha liña de realismo social ► Esténdese unha visión angustiosa e desesperanzada da vida a partir da difusión do filosofía existencialista ► A pervivencia da ditadura franquista engade en Galiza un elemento de desesperanza, de falta de futuro
A publicación en 1954 de Nasce unha árbore de Rodríguez Mourullo marca o inicio da denominada Nova Narrativa Galega, que terá a súa fase de auxe na década seguinte, coa publicación de importantes obras de Méndez Ferrín, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán e Car-los Casares. Desde a súa orixe, incorporan as técnicas e temáticas que están a renovar o panorama literario inter-nacional A partir de 1968 e até 1980 (ano de publicación de Cara a Times Square de Camilo Gonsar) estes au-tores van abandonando progresiva-mente a experimentación formal C • R • O • N • O • L • O • X • I • A
“- Non ten dereito a saír. Encóntrase vostede detido. Así parece –dixo K. e engadiu inmediatamente- por que? - Non viñemos aquí para dicirllo. [...] Despois examinaron o seu camisón e aconselláronlle que se puxese algo de inferior calidade, dicíndolle que quedarían co que levaba posto, así como con toda a súa roupa branca [...]. Non era importante para el o dereito que tiña sobre as súas cousas. Moito máis urxente era que aclarase a súa situación; só que diante daquela xente éralle imposíbel reflexionar.” (Fragmento d’ O proceso, de F. Kafka) I • N • F • L • U • E • N • C • I • A • S JAMES JOYCE e a “corrente da conciencia” (monólogo interior) que pretende mostrar os pensamentos dos personaxes “en bruto”, sen ningún tipo de elaboración racional; ruptura da orde cronolóxica lineal Os autores do “NOUVEAU ROMAN” francés, denominación na que se inspira este movemento (Robbe-Grillet, Nathalie Sarraute, Michel Butor...), que experimentaron cunha narración obxectalista na que, cun desenvolvemento mínimo de acción, se describe con minuciosidade o entorno físico FRANZ KAFKA, na caracterización de personaxes atormentados e incapaces de gobernar o seu propio destino e na plasmación dunha realidade absurda que se vive como un pesadelo JOHN DOS PASSOS e WILLIAM FAULKNER, no emprego do pluriperspectivismo e a “narración cinematográfica” "Segredos nas esquinas. Sobre as puntas dos pés, en pantuflas, por medo a que esperte. Logo preparándoo. Tirándoo. Maruxa e a señora Fleming facendo a cama. Nunca se sabe quen o manipulará a un cando estea morto. Lavado e xampú. Creo que cortan as uñas e o cabelo". (Fragmento de Ulises, de James Joyce) “Os cinco homes, a ambos os lados da ponte, están tamén aliñados dun xeito simétrico: en dúas liñas paralelas con separacións iguais nun e outro grupo e os dous personaxes da marxe dereita –dos que só se ven as costas- están situados nas mediatrices dos segmentos determinados polos seus tres compañeiros da beira esquerda que, á sua vez, ollan cara á casa, onde A... se encontra detrás da fiestra aberta". (Fragmento d’ Os celos, de Robbe-Grillet) “O troupeleo espaciouse, amorteceuse; os topes bateron con estrépito ao longo do tren. O home, soltando as barras, deixouse caer. Todo anquilosado, non podía moverse. Reinaba unha escuridade impenetrábel. Moi devagar, sa-íu arrastrándose, púxose de xeonllos, logo de pé, apoiouse, arfando, contra o furgón. O seu corpo non era o seu corpo; os músculos semellaban estelas, os seus ósos, bielas retortas. A luz dunha lanterna queimoulle os ollos.” (Fragmento de Manhattan transfer, de J. dos Passos) “Creo que ningún individuo posúe a verdade. A realidade céganos. Ollámola, mais unicamente vemos unha das súas fases. Outra persoa mira esa mesma realidade e ve outra fase distinta. Mais, tomada no seu conxunto, a verdade é o que eles viron, aínda que ninguén, individualmente, vira a verdade intacta.” (William Faulkner)
C • A • R • A • C • T • E • R • Í • S • T • I • C • A • S TEMÁTICA Expresión do absurdo da existencia, pesimismo, desesperanza. Asasinatos, suicidios, fracasos persoais, amor insatisfeito, soidade, illamento, episodios patolóxicos... “Decidira aforcarme, pero acordei. Tomei barbitúricos e dormín toda a noite. O meu pai diuse de conta que desistira e diume pitos e máis unha grande aperta. Eu sentinme feliz e cheo de emoción. Pero dinme de conta a tempo. Dinme de conta da baixeza inmensa do meu pai.[...] Eu –daquela- pechaba os ollos e logo percuraba, na face pura dela, o calco inmundo daqueles labres finos. Supoño que morreu da navallada. Pero eu non lle din polo gusto. Non me suicidei. Agora xa non teño vontade de seguir escribindo no diario, aínda que o doutor anímame moito.” (Fragmento d’ O crepúsculo e as formigas de X. L. Méndez Ferrín)
C • A • R • A • C • T • E • R • Í • S • T • I • C • A • S PERSONAXES Perdidos, desnorteados, movidos polas cir-cunstancias, sen control do seu destino, vio-lentos, agresivos, solitarios, desequilibrados, autodestrutivos... antiheroes “Abro os ollos e fito o ceo: núo, craro, curtante, decátome de que soño cando topo coa realidade: a Nada [...]. Teño que erguerme pra fuxir do meu ensoño, sacudo a testa, alonxo os relembros, abro ben os ollos. Estou de novo de pé no medio da miña terra. Dúrmome. Ó pechar os ollos volve a min unha extraña preocupación. ¿onde estou? Certamente non o sei. Estou no sol, no sono, no ren. Estou no vougo. ¿Onde está entón o mundo?” (Fragmento d’ O camiño de abaixo de Xohán Casal)
C • A • R • A • C • T • E • R • Í • S • T • I • C • A • S Gusto pola ruptura da orde cronolóxica (analepeses, prolepses, ucronía ), redución radical do tempo da historia TEMPO “A única dificultade que atopo é saber o que corresponde a cada día. Non sei discernir no pasado. Unha vez consumado o feito, cústame traballo saber cando foi. [...] O sábado é mañá. Pro eu teño que escribir hoxe o que vai pasar mañá. É necesario, posto que na vida se víu de que unha persoa continuara a escribir o seu diario despois de morta. Mañá hei coller a bicicleta e hei ir blasfemando polo paseo, pra que Eusebia Cons me odie.” (Fragmento d’ O crepúsculo e as formigas de X. L. Méndez Ferrín)
C • A • R • A • C • T • E • R • Í • S • T • I • C • A • S ESPAZOS Maioritariamente urbanos ou suburbiais. Fuxida consciente do ruralismo. Ambientes claustrofó-bicos, sórdidos. Cosmopolitismo, localizacións estranxeiras “Eu, pola miña parte, na miña estada en New York, case non deixaba pasar nin un só día sen coller un autobús para o Village. Unha vez alí, todo canto necesitaba para pasar unha tarde interesante era deambular polas rúas, descansando de vez en cando nun café calquera. [...] Outro dos meus praceres baratos consistía en sentarme en Washington Square. Non deixaba de ser un descanso no medio de todo o rebumbio de Manhattan.” (Fragmento de Cara a Times Square, de Camilo Gonsar)
Preferencia pola primeira persoa protagonista e as perspectivas obxectivistas, que mostran a historia sen explicala, multiperspectivismo, mo-nólogo interior NARRADOR C • A • R • A • C • T • E • R • Í • S • T • I • C • A • S “A superficie está lañada xustamente por onde falta a pintura. Anterior-mente fora verde, agora era moura, denegrida, marrón, arrubiscada. As estelas eran máis claras. O respaldo continuaba sendo verde e contras-taba co negro enferruxado das patas de ferro. [...] Esperto con dor. Teño unha orella metida nun dos buracos máis grandes. As miñas mans penden de ambas as bandas da táboa lañada, engadíndolle dúas patas ao banco, dúas patas curvadas e redondas cunha base sobre-saíndo contra fóra coma un sillón estilo Luís XVI. [...] Poden ocorrer dúas cousas: 1ª. Que a miña orella quente a man. 2ª. Que a man arrefríe a orella” (Fragmento d’ A orella no buraco, de María Xosé Queizán) “Se se cabrea, que se cabree. A min que. Aguanto e adeus. Vaime matar ou que. Se se cabrea, hala, a beber, a beber e a cantar, ou que. Xa sei o conto. Nada de berros nin barrullos. Coñezo ben o choio. Nin sequera me di borracho, non, ela ben sabe. Abóndalle ai, meu Deus, ai, meus filliños, ela ben sabe. Se se cabrea, que se cabree. Ás doce e media non me meto eu na casa. Non me meto non, ou que. Vou estar de oito a oito dando clases e logo nada, non, home, non. Veña, que se cabree. Ai, meus filliños, ai, ai, que estou canso. Porque un home pódese cansar e despois, boh, é mellor calar porque me estou cansando de ter alí, no primeiro banco, ao fillo do Chevrolet, con cara de touciño, porque me estou cansando e un día ponse de xeonllos sen máis porque me dá a gana, porque estou canso de ver a cara de parvo que ten, que parece un apalominado, me cago nel, qué burro, ai, qué burro, que lle vou dicir ou Chevrolet que o poña a cavar ou que o meta nun comercio, que o raparigo non serve, que é tatexo e non me sabe dividir por decimais, cara de touciño, cara de non sei qué que ten o porco ese.” (Fragmento de Vento ferido, de Carlos Casares)
C • A • R • A • C • T • E • R • Í • S • T • I • C • A • S Estilo simple, oracións curtas, marcada tenden-cia ao coloquialismo, fuxida da retórica; descri-cións de natureza obxectalista; gusto pola mes-tura de xéneros, pola narrativa “collage” ESTILO
A • U • T • O • R • E • S G. RODRÍGUEZ MOURULLO Nasce Unha árbore (1954) Memorias de Tains (1956) Prematuramente retirado do cultivo da literatura, publica na súa xuventude dous libros de relatos de grande transcenden-cia para este movemento Nasce unha árbore marca o inicio da NNG. Consta de tres relatos que se enmarcan nun ambiente de irrealidade, simbolismo, subxectivismo, con mestura da fantasía e o pluralidade de voces narrativas Memorias de Tains está composto por oito cartas que conteñen historias entrelaza-das, radicadas nunha cidade imaxinaria xa desaparecida, que presentan unha atmos-fera de angustia, próxima ao pesadelo
A • U • T • O • R • E • S C. GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) Lonxe de nós e dentro (1961) Como calquera outro día (1962) Cara a Times square (1980) Logo dun primeiro libro de relatos, pu-blica algunhas das novelas máis repre-sentativas do grupo: técnica obxecta-lista, temática sobre a violencia e o absurdo humano, ambientacións afasta-das da realidade galega (Madrid, Nova York)... Despois de Cara a Times Square, consi-derada o remate da NNG, publicará aínda varias novelas, xa afastadas dos presupostos deste movemento
A • U • T • O • R • E • S MARÍA XOSÉ QUEIZÁN A orella no buraco (1965) Amantia (1984) A semellanza (1988) É autora dunha narrativa plural, onde toca as temáticas feminista (o seu com-promiso coa causa feminista é esencial na súa vida e na súa obra), histórica e in-fantil A súa primeira novela, A orella no buraco, enmárcase de cheo na estética da NNG. Narra a biografía dun emigrante fraca-sado, desde a atemporalidade e a partir de sucesivos monólogos. Nótase unha grande influencia do nouveau roman na descrición obxectalista
A • U • T • O • R • E • S X. L. MÉNDEZ FERRÍN As súas tres primeiras obras encádranse claramente dentro das características da NNG: personaxes problemáticos (violentos, incomunicados, con diversas patoloxías...), espazos urbanos, estilo menos elaborado... A partir de Retorno a Tagen Ata (1971), o experimentalismo vaise reducindo, ao tempo que a realidade social e politica galega vai cobrando máis peso Características da súa narrativa Constante relación entre realidade e fantasía Reconstrución e interpretación dun pasado mítico que remite á cultura celta ou á materia artúrica Profusión de topónimos e antropónimos de aparencia céltica, oriental ou nórdica: Ulm, Nmógadah, Hannak Oberzen, Roan, Grieih... Creación de espazos literarios propios cargados de simbolis-mo: Tagen Ata, Terra Ancha, Grande Fraga... Grande presenza de intertextualidade: personaxes, espazos, situacións, que se van repetindo en obras diferentes e incor-poración de elementos literarios doutros autores
A • U • T • O • R • E • S Percival e outras historias (1958) O crepúsculo e as formigas (1961) Arrabaldo do norte (1964) Retorno a Tagen Ata (1971) Elipsis e outras sombras (1974) Antón e os inocentes (1976) Crónica de nós (1980) Amor de Artur (1982) Arnoia, Arnoia (1987) Bretaña, Esmeraldina (1987) Arraianos (1991) No ventre do silencio (1999) TEXTO X. L. MÉNDEZ FERRÍN
A • U • T • O • R • E • S CARLOS CASARES Etapa de renovación formal, ligada á nova estética da NNG: abrangue Vento ferido, Cambio en tres e Xoguetes pra un tempo prohibido : realidade desacougante e opresiva, monólogo interior, obxectivismo, emprego da 2ª persoa... Etapa de madurez, a partir d’ Os escuros soños de Clío (1979): novelas máis realistas, centradas en sucesos ou situacións históricas de distintos períodos do século XX, sen renunciar totalmente ao elemento fantástico Características da súa narrativa Presenza de elementos autobiográficos, durante a primeira etapa Ambientes predominantemente urbanos Constante aparición do Mal, orixinado pola mentira, a calumnia, o engano... como motor dos conflitos sociais Gusto polo humor, a ironía, a parodia
A • U • T • O • R • E • S Vento ferido (1967) Cambio en tres (1969) Xoguetes pra un tempo prohibido (1975) Os escuros soños de Clío (1979) Ilustrísima (1980) Os mortos daquel verán (1987) Deus sentado nun sillón azul (1996) O sol do verán (2002) TEXTO CARLOS CASARES
A NOVA NARRATIVA GALEGA ESQUEMA PARA IMPRIMIR CARACTERÍSTICAS XERAIS ► CRONOLOXÍA: O movemento iníciase en 1954, coa publicación de Nasce unha árbore de R. Mourullo.A partir de 1968 e até 1980 (ano de publicación de Cara a Times Square de Camilo Gonsar) estes autores van abandonando progresivamente a experimentación formal ► INFLUENCIAS - JAMES JOYCE e a “corrente da conciencia” (monólogo interior) que pretende mostrar os pensamentos dos personaxes “en bruto”, sen ningún tipo de elaboración racional; ruptura da orde cronolóxica lineal - Os autores do “NOUVEAU ROMAN” francés, denominación na que se inspira este movemento (Robbe-Grillet, Nathalie Sarraute, Michel Butor...), que experimentaron cunha narración obxectalista na que, cun desenvolve- mento mínimo de acción, se describe con minuciosidade o entorno físico - FRANZ KAFKA, na caracterización de personaxes atormentados e incapaces de gobernar o seu propio destino e na plasmación dunha realidade absurda que se vive como un pesadelo - JOHN DOS PASSOS e W. FAULKNER, no emprego do pluriperspectivismo e a “narración cinematográfica” ► CARACTERÍSTICAS TEMÁTICAS E FORMAIS - TEMÁTICA: Expresión do absurdo da existencia, pesimismo, desesperanza; asasinatos, suicidios, fracasos persoais, amor insatisfeito, soidade, illamento, episodios patolóxicos... - PERSONAXES: Perdidos, desnorteados, movidos polas circunstancias, sen control do seu destino, violentos, agresivos, solitarios, desequilibrados, autodestrutivos... antiheroes - TEMPO: Gusto pola ruptura da orde cronolóxica (analepeses, prolepses, ucronía), redución radical do tempo - ESPAZOS: Maioritariamente urbanos ou suburbiais. Fuxida consciente do ruralismo. Ambientes claustrofóbi- cos, sórdidos. Cosmopolitismo, localizacións estranxeiras - NARRADOR: Preferencia pola primeira persoa protagonista e as perspectivas obxectivistas, que mostran a historia sen explicala, multiperspectivismo, monólogo interior - ESTILO: Simple, oracións curtas, marcada tendencia ao coloquialismo, fuxida da retórica; descricións de natu- reza obxectalista; gusto pola mestura de xéneros, pola narrativa “collage”
AUTORES ► RODRÍGUEZ MOURULLO: Memorias de Tains está composto por oito cartas que conteñen historias entrelaza- das,radicadas nunha cidade imaxinaria xa desaparecida, que presentan unha atmosfera de angustia, de pesadelo ► CAMILO GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) publica algunhas das novelas máis representati- vas do grupo: técnica obxectalista, temática sobre a violencia e o absurdo humano, ambientacións afastadas da realidade galega (Madrid, Nova York)... Cara a Times Square ► MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: A orella no buraco enmárcase de cheo na estética da NNG. Narra a biografía dun emigrante fracasado, desde a atemporalidade e a partir de sucesivos monólogos. Nótase unha grande influencia do nouveau roman na descrición obxectalista ► X. L. MÉNDEZ FERRÍN: As súas tres primeiras obras encádranse claramente dentro das características da NNG: personaxes problemáticos (violentos, incomunicados, con diversas patoloxías...), espazos urbanos, estilo menos elaborado.... A partir de Retorno a Tagen Ata (1971), o experimentalismo vaise reducindo, ao tempo que a realidade social e politica galega vai cobrando máis peso - Constante relación entre realidade e fantasía - Reconstrución e interpretación dun pasado mítico que remite á cultura celta ou á materia artúrica - Profusión de topónimos e antropónimos de aparencia céltica, oriental ou nórdica: Ulm, Nmógadah, Grieih... - Creación de espazos literarios propios cargados de simbolismo: Tagen Ata, Terra Ancha, Grande Fraga... - Grande presenza de intertextualidade: personaxes, espazos, situacións, que se van repetindo en obras dife- rentes e incorporación de elementos literarios doutros autores Obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas , Arrabaldo do norte, Retorno a Tagen Ata, Bretaña, Esmeraldina, No ventre do silencio ► CARLOS CASARES: - Etapa de renovación formal, ligada á nova estética da NNG: abrangue Vento ferido, Cambio en tres e Xo- guetes pra un tempo prohibido : realidade desacougante e opresiva, monólogo interior, obxectivismo, emprego da 2ª persoa, presenza de elementos autobiográficos, ambientes predominantemente urbanos... - Etapa de madurez (Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, O sol do verán): novelas máis realistas, centra- das en situacións históricas de distintos períodos do século XX, sen renunciar ao elemento fantástico. Cons- tante aparición do Mal, orixinado pola mentira, a calumnia, o engano... como motor dos conflitos sociais. Gusto polo humor, a ironía, a parodia
A NOVA NARRATIVA GALEGA ACTIVIDADES 1 1 .- Visiona a seguinte presentación sobre a TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA) e completa este cadro:
A NOVA NARRATIVA GALEGA ACTIVIDADES 2 2 .- Le o relato de C. Casares “O XOGO DA GUERRA” (de Vento ferido) e realiza as seguin- tes actividades: ► Analiza a disposición cronolóxica do relato, reparando na presenza de presente, pasa- do e futuro e localiza as elipses temporais ► Explica a evolución psicolóxica do protagonista. Que funcionalidade cres que ten a es- colla da perspectiva da 1ª persoa no relato da historia. Interpreta algunha das afir- macións realizadas por Rafael “en clave infantil” 3 .- Relaciona autores e obras:
PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas (1) R. ÁLVAREZ BLANCO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Ed. Santillana, Santiago, 2009 (páx.190) (2) R. ÁLVAREZ BLANCO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Ed. Santillana, Santiago, 2009 (páx.193) (3) M. AMOR COUTO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.398)
El non respondeu. Agora que recordo, xa non dixo máis nada en todo o tempo que durou o noso camiñar á beira do río. Daba eu un paso e un medo novo botábame unha poutada igual que un gato bravo, irritado. O río da Barbaña fede: alí concéntrase toda a merda de Ourense. Ergueuse vento e tiven máis frío. Pero, sobre de todo, molestoume o grande rumor dos canavais, axitados coma unha cabeleira erecta que berrase. Fixeime no Suso. O Suso sempre tranquilizaba coa cara morena e fina que el tiña e os xeitos seguros. E a punto estiven de berrar: o Suso ía coa cabeza baixa camiñando con pasos inseguros, todo denotando nel inseguridade. Fiquei perplexo e pareime, cos ollos moi abertos. El non fixo máis nada que isto: olloume fixamente, fixamente. Como só el sabía ollar. Eu recuperei a calma no acto. Saquei dous pitos que lle roubara ao meu pai. O Suso dixo que non coa cachola. Eu acendín un. Parei. O Suso seguía a andar. Deime de conta de que as pegadas do Suso non erguían absolutamente ningún ruído e por segunda vez estiven a punto de berrar... Pero mordín o labio inferior e seguín, notando que un delgado sangue me escoaba polo queixo. O Suso parouse. Estaba algo lonxe de min, enriba dunha tubería de formigón armado. Pareceume alto e lonxe. E moito. Berroume como adoitaba berrar, como unha corneta: -Manolito. Xa chegamos. Está na beira, ti busca por alí. Eu vou por alá. As últimas palabras removéronme e puxéronme carne de galiña. Tatexei: -Non... Non... E el repetiu: -Eu vou por alá. Vin desaparecer os seus ollos opacos e poderosos. Foise. E eu púxenme a buscar o rapaz afogado ao resplandor escasísimo que viña do barrio do Couto.
O vento rizaba a auga porca da Barbaña. E batíame o fedor na cara coma unha sucia man. Metín un pé no río e mordeume un frío agudo. E atopei ao rapaz afogado na beira, a flor de auga. Foise o medo inexplicablemente. Era un rapaz -visto entre a néboa, entre a auga, á luz afastada do Couto- de propor-cións parellas ás do Suso ou ás miñas. Chamei: -Suso. Suso. Suso. Fungaban –iso si- as canas, pero o Suso non me respostou. - Suso, Suso, Suso. Deille a volta moi asustado, pero sen medo. Deille a volta. O rapaz afogado tiña ollos de animal de baixoterra. Tiña os ollos do Suso. Tiña a admirada cara do Suso. O rapaz afogado era o Suso. Botei un berro liso e longo como unha lombriga. A néboa espesárase. O vento quería fender os canavais. Volvín berrar e o berro foi outra vez longo e repulsivo. Caín. Erguin-me. Iniciei unha carreira cega. Ao final da miña fuxida de pequena besta horrorizada, estaba a miña casa. E metin-me na cama acorado e molladísimo. Pasou o tempo. Pasou o que quedaba de noite, nun estado de semiinconsciencia. E toda a rapazallada do barrio comezou a berrar baixo da miña fiestra. -Manolito, Manolito. O Suso afogou onte no río. O Suso afogou onte no río. Erguinme e mirei o río. Era día grande. Non había néboa. (Xosé Luís Méndez Ferrín: O crepúsculo e as formigas) VOLVER A MÉNDEZ FERRÍN
VOLVER A CASARES VOLVER A EXERCICIOS
| URL: |
No comments posted yet
Comments