A VIDA DAS ABELLAS

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

A VIDA DAS ABELLAS

Slide 2

COMO SON AS ABELLAS As abellas son insectos de ás traslúcidas e membranosas. Coas súas ás emiten un son que lles permite comunicarse. Teñen dúas antenas, que lle serven de ollos. Teñen un olfato moi sensible que lles permite localizar o néctar dende moi lonxe. Na boca teñen unhas fortes mandíbulas e unha lingua en forma de trompa para chupar o néctar das flores. Teñen seis patas, un aguillón ao final do abdomen, pero só pican cando se sinten ameazadas e depois morren. Existen numerosas especies de abellas. A que coñecemos como abella do mel ten o nome científico de Apis melífica. As abellas son insectos sociais e necesitan vivir en colonias: teñen unha vida social moi organizada.

Slide 3

TIPOS DE ABELLAS Nunha colonia de abellas sempre hai tres tipos de abellas: Raíña: É a única abella fértil da colonia. É a encargada de poñer os ovos. Nunha colmea só hai unha raíña que se alimenta con xalea real. Sae da colmea para ser fecundada polo zángan oe despois pon ovos tódolos días (ata 2.000). Pode vivir de 2 ou 3 anos. Obreiras: son abellas fémias que traballan sen tregua para o ben funcionamento da colmea, onde pode haber entre 30.000 e 70.000. Fan todo tipo de tarefas ao longo da súa existencia: limpa a colmea, alimenta con xalea real ás larvas, almacena alimento, ventila a colmea para manter a temperatura óptima, produce cera e edifica os panais,vixila a colmea, liba as flores e consigue alimento … Poden vivir unas 6 semáns. Zánganos: son abellas macho. A súa misión é fecundar á raíña. Son máis gordos e peludos que as abellas obreiras. Non teñen aguillón e non se poden alimentar por sí mesmos, son alimentados polas obreiras. Nunha colmea pode haber un centear de zánganos. Só un deles fecunda a raíña e logo de conseguir a súa misión, morre. O resto de zánganos son expulsados da colmea (non aportan nada).

Slide 4

ONDE VIVEN O EXAMIO: Ás veces un grupo de abella deixan a colmea e se instalan nunha árbore ou noutro lugar, facendo alí a súa casa. Isto sucede cando hai unha raíña nova. A COLMEA : É a casa das abellas. Nela poden vivir entre 50.000 e 70.0000 abellas. As colmeas colócanse preto das flores para que poidan libar e facer o mel. Dependendo do tipo de flores que haxa nos arredores da colmea o mel terá diferentes sabores.

Slide 5

A LINGUAXE DAS ABELLAS Cando unha abella localiza un lugar con flores para libar avisa ás outras facendo unha serie de movementos en forma de oito, que se coñece como baile das abellas. Tamén se comunican co son do movemento das ás e por medio dunha substancia que producen, a feromona: cando a lamben obteñen información sobre a organización da colmea

Slide 6

PRODUTOS DAS ABELLAS O mel é a mistura do néctar e o polen coa saliva das abellas. É un alimento con moitas propiedades nutritivas. Hai mel de diferentes sabores: mel de azahar, mel de romero, mel de mil flores, … O propóleo: sustancia resinosa que as abellas producen para tapar os buratos da colmea e evitar o frío no inverno. É un produto que favorece as defensas do organismo. O pole: é o alimento que almacenan as abellas. Ten propiedades medicinais. A cera: é unha secreción das abellas. Utilízase para facer velas, xabón, produtos de limpeza, … Xalea real: É o alimento da raíña. Moi rico en nutrientes.

Slide 7

CICLO DO MEL

Slide 8

A POLINIZACIÓN As abellas teñen un papel fundamental na polinización das plantas. Cando liban as flores transportan o polen dunhas a outras, favorecendo a súa reprodución. Pero son uns insectos moi sensibles á polución e aos productos químicos. Isto unido ao abandono de cultivos ricos en néctar como a alfalfa e o trevo, fan perigar a súa existencia.

Slide 9

A APICULTURA A apicultura é unha ciencia milenaria, exemplo de sostenibilidade. Os apicultores son cosachadores de mel. Coidan as colmeas e extraen o mel. Só se extrae o mel que sobra, despois de cubrir as necesidades da colonia de abellas

Slide 10

PARA SABER MAIS Presentación: La vida de las abejas http://www.youtube.com/watch?v=4AoZqyaMtHk Documental: El silencio das abellas http://www.youtube.com/watch?v=sNdY2arbSzI Documental: Oro en el patio de tu casa http://www.youtube.com/watch?v=sZv2aXadaR0 Documental: Las abejas y la miel http://www.youtube.com/watch?v=igQqFL9d49o

Summary: presentacion sobre abellas para educacion infantil e 1º ciclo

Tags: abellas natureza

URL: