|
|
HISTORIA DA ARTE SEGUNDA METADE SÉCULO XIX (I)
CONTEXTO HISTÓRICO Triunfo definitivo do liberalismo Unificación italiana e alemana Aumento industrialización (2ª rev. Ind: petróleo, electricidade, máis medios transporte…) Novas formas organización empresarial (S.A; cartel; holding; trust) Inventos moi importantes Nova clase social: proletariado Nova clase dominante: burguesía Movementos obreiros. Sindicatos obreiros. Marxismo, socialismo, anarquismo, mov. Sufraxista. Crecemento urbano. Aumento poboación. Emigración. Colonización: aumento do mundo coñecido, descubrimento novas sociedades, paisaxes, alimentos, culturas… Tensión entre grandes potencias polo reparto do mundo.
CONTEXTO ARTÍSTICO Momento de reflexión sobre a esencia da arte moderna. Forte influencia das transformacións políticas, económicas e sociais. Os pintores do Realismo (Courbet, Daumier) xa renunciaran ás formas tradicionais de representación.
ARQUITECTURA Uso en grandes espazos de materiais como o ferro, o formigón armado e o vidro. (Unión entre arquitectura e inxeñería).
PINTURA A formación nas Academias e a visita obrigada a Italia xa non van condicionar a formación dos artistas Agora haberá: Intercambio de experiencias. Contacto coa Natureza. Relación máis íntima e persoal cos grandes mestres (xa se inclúe Goya).
Vai aparecer o grande concepto da arte do século XX: as VANGARDAS (pintores e escultores á cabeza das formulacións estéticas creando moita distancia co espectador, que non é capaz de aprecialas e, polo tantos, as rexeita). O artista identificarase coa vida bohemia e certo malditismo
ISMOS OU VANGARDAS O IMPRESIONISMO comeza unha longa serie de movementos estéticos que, desde finais do XIX, han conformar a época dos ISMOS ou vangardas. Acabáronse os grandes estilos.
ARQUITECTURA
ECLECTICISMO 2ª METADE XIX TOMAR DE CADA ÉPOCA E ESTILO AQUELES ELEMENTOS QUE MELLOR CADRABAN COAS NECESIDADES PRESENTADAS POR CADA EDIFICIO.
CONCELLO DE A CORUÑA Pedro MARIÑO
CONGRESO DOS DEPUTADOS Narciso PASCUAL Y COLOMER
INTERVENCIÓN DOS EDIFICIÓS HISTÓRICOS Cronoloxía: último tercio do XIX Criterios que hoxe se considerarían inapropiados. CATEDRAL DE BARCELONA, Remodelada por Augusto FONT I CARRERAS. Antes e despois da intervención.
OUTROS EDIFICIOS RESTAURADOS CATEDRAL DE LEÓN Antes Despois
ARQUITECTURA DO FERRO ÚLTIMO TERCIO XIX
Ruptura total co pasado. Melloras técnicas para a fabricación e montaxe das pezas de ferro. Exemplos nas Exposicións Universais (París, 1889) (saber máis)
GUSTAVE EIFFEL Para a Expo de París de 1889 GALERÍA DAS MÁQUINAS (saber máis) TORRE EIFFEL (saber máis)
OUTRAS OBRAS DE EIFFEL ESTATUA DA LIBERDADE DE NOVA YORK (1881-1886) PONTE SOBRE O DOURO
MODERNISMO (ART NOVEAU) Na arquitectura e nas artes aplicadas. Liña ondulada. Orixinalidade. Colorido variado e suave. Referencias á natureza. GAUDÍ será o artista máis importante, cunha imaxinación e creatividade desbordantes.
CASA BATLLÓ autor: GAUDÍ Formas curvas Columnas inferiores: patas de elefante Parteluces: semellán ósiños Tellado: dragón tumbado Forxados dos balcóns: parecen ollos. Milleiros de pezas cerámicas desmaterializan o muro con cores fascinantes. Interior tamén decorado de forma orixinal. Non hai referencias a edificios históricos. Son vivendas particulares
SAGRADA FAMILIA autor: GAUDÍ
CASA MILÁ Autor: GAUDÍ Tamén coñecida como LA PEDRERA
PARQUE GÜELL Autor: GAUDÍ
PINTURA O BICO Gustav Klimt Finais XIX – principios XX
GOLDEN APPLE TREE Gustav Klimt
SERPES DE AUGA II Gustav Klimt
GALERÍA DAS MÁQUINAS Unha das maiores achegas da enxeñería do XIX. Enorme nave de máis de 100 metros de anchura e case medio quilómetro de lonxitude, que grazas a enormes arcos de 3 articulacións conseguía cubrir máis de 48.000 metros cadrados sin intermedios. Outra orixinalidade é que deixaron ao descuberto o sistema construtivo: trabes de ferro, remaches e articulacións, xerando nova estética. (volver)
TORRE EIFFEL Son 18.038 pezas entrecruzadas fixadas por 2.500.000 remaches. O seu peso é de 7.300 toneladas. A base está formada por 4 arcos xigantes sobre 4 piares situados nos vértices dun rectángulo. Conforme a torre se ergue, os piares xiran cara o interior até unirse nun só elemento articulado. A torre consta de 3 niveis, conectados por elevadores e unha escaleira entre os dous inferiores. No 1º nivel, que está a uns 57 m., hai actualmente unha oficina de correos e un pequeño museo audiovisual. No 2º, a 115 m., un restaurante e tendas relacionadas coa torre. No 3º, a 276 m., vista panorámica para unhas 800 persoas, que abrangue até 72 km. Píntase cada 7 anos, con 50 toneladas de pintura e expertos en escalada acrobática. Iluminada por 352 proxectores de 1.000 vatios, máis 4 reflectores de 6.000 que xiran de forma permanente no cumio. (volver)
EXPOSICIÓNS UNIVERSAIS Feiras mundiais que se organizaron desde 1851 (a primeira foi en Londres) para expoñer ao público as innovacións que o progreso industrial estaba traendo. (volver)
No comments posted yet
Comments