power paz II c

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Premio Nobel da Paz

Slide 2

Naceu en Porbandar, o 2 de outubro de 1.869, e morreu en Nova Delhi o 30 de xaneiro de 1.948. En 1.942 esixe a completa independenza da India e Pakistán pero sempre de maneira pacífica, loitando tamén pola convivencia entre hindús e musulmáns. Unha vez conseguida a independenza do seu país constrúe escolas, orfanatos e modifica edificios que están en ruinas . Cada 30 de xaneiro,celébrase o Dia Internacional da Paz, en recordo do seu asesinato, a pesares de non levar nunca o Premio. Mohandas Gandhi (Apóstolo da Paz)

Slide 3

Naceu en Xenebra o 8 de maio de 1828. Morreu el 30 de outubro de 1910. Dunant foi testigo durante unha viaxe de negocios das secuelas da batalla de Solferino en Italia, isto levouno a escribir as súas memorias e experiencias no libro “Un recordo de Solferino”. As súas experiencias durante a guerra convertírono en activista a favor da causa humanitaria e fundador da Cruz Vermella. O seu labor foi recoñecida co primeiro Premio Nobel da Paz que compartíu con Frederic Passy en 1901 . Jean Henry Dunant

Slide 4

Naceu o 9 de xuño de 1843 en Praga e faleceu aos 71 anos en Viena. Pacifista e escritora .Publicou a novela “Abaixo as armas”. Participou no movemento internacional pola paz dando conferencias e fundando unha asociación pacifista en Austria. No ano 1905 recibiu o premio Nobel da Paz. BERTHA VON SUTTNER

Slide 5

Louis Renault naceu en Autun, Francia. Foi profesor de Dereito. Foi o creador de Renault Automóbiles. Foi asesor legal do Ministerio de Asuntos Exteriores. Formou parte do Tribunal Permanente de Arbitraxe da Haya. Foi xuíz nalgúns importantes casos internacionais de arbitraxe. Compartiu en 1907 o Premio Nobel da Paz co pacifista italiano Ernesto Teodoro Moneta. Louis Renault

Slide 6

Fundouna o suízo Jean Hernrie Dunant . A Cruz Vermella fundouse debido á falta de coidados que sofrían os soldados no campo de batalla. O comité internacional da Cruz Vermella recibiu o Premio Nobel da Paz en tres ocasións, nos anos 1.917,1.944,1.963 Cruz Vermella

Slide 7

Naceu o día 28 de decembro de 1.856 en Tauton, Virginia. Foi o vixésimo oitavo Presidente dos Estados Unidos. Déronlle o Premio Nobel da Paz en xaneiro de 1.919, despois de expoñer os seus famosos catorce puntos para acadar a paz na Primeira Guerra Mundial e acudiu á Conferencia de París onde impulsou a creación da Sociedade de Nacións. Faleceu o 3 de febreiro de 1.924 en Washington. Thomas Woodrow Wilson

Slide 8

Naceu en Cedarville (llinois) en 1860 e faleceu en 1935. Socióloga, feminista, pacifista e reformadora. Atendeu a nenos orfos negros e estivo activa en moitas organizacións de caridade, fundou as primeiras casas de acollida en Estados Unidos. Defensora dos dereitos das mulleres e dos traballadores. Polo seu compromiso social converteuse na primeira muller americana en gañar o Premio Nobel da Paz, compartido con Nicholas Murray Butler, no ano 1931. JANE ADDAMS

Slide 9

Naceu o 1 de novembro de 1878 en Bos Aires ( Arxentina), tamén falece alí aos 80 anos. Organizou o Comité Internacional de Mediación (Brasil, Chile, Perú, Uruguay e EEUU) que asegurou o armisticio do 12 de xuño de 1935 e, máis tarde, tivo parte esencial nas negociacións que orixinaron un tratado de paz permanente. En 1936, como recoñecemento á súa actuación, concedéuselle o Premio Nobel da Paz, sendo o primeiro latinoamericano en recibir esta honra. CARLOS SAAVEDRA LAMAS

Slide 10

Naceu o 8 de xaneiro de 1867 en Estados Unidos e finou o 9 de xaneiro de 1961. Durante a Primeira Guerra Mundial axudou a fundar a Liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Liberdade e fixo campaña contra a entrada de Estados Unidos no conflito armado. Foi galardoada co premio Nobel da Paz , xunto con John Raleigh Mott , polos seus traballos pacifistas en 1946. EMILY GREENE BALCH

Slide 11

Naceu o 23 de setembro de 1880 en Kilmarus,Escocia . Déronlle o Premio Nobel da Paz pola investigación científica no Campo da Nutrición e o seu traballo coa ´´Organización para Alimentación e Agricultura´´ (FAO) das Nacións Unidas en 1949. Morreu o 25 de xuño de 1971 en Glasgow. Lord John Boyd

Slide 12

Naceu o 15 de xaneiro de 1929 (Atlanta, Georxia, EE.UU) Foi pastor da igrexia baptista. Liderou o movemento polos dereitos civís dos afroamericanos (negros). Reclamou: Que os nenos negros poidesen ir ás mesmas escolas cós brancos, xogar xuntos … Que os negros non tivesen que cederlle o posto aos blancos nos autubuses… Que a igual traballo igual salario para os negros que para os brancos . Dereito ao voto Que puidesen ocupar postos de responsabilidade: bombeiros, ditectores… Foi arrestado unhas 20 veces. Foi asasinado o 3 de abril de 1968 Recibiu o Premio Nobel da Paz 1.964. Martin Luther king

Slide 13

Naceu en Skopje (Albania) en 1910 e morreu en Calcuta o 5 de setembro de 1997. Foi profesora nun colexio de nenas ricas ata que un día, nunha viaxe que fixo á India, decidiu quedarse en Calcuta ao ver a pobreza que había alí. Desde entón axudou aos pobres curándoos, lavándoos, ensinándolles a ler, construíndolles fogares… Fundou a irmandade “Hermanas de la caridad” que continúa a súa labor.. En 1979 otorgáronlle o Premio Nobel da Paz e 24 anos despois no 2003 foi beatificada santa. Madre Teresa de Calcuta

Slide 14

Naceu en Arxentina o 26 de novembro de 1931. Fundou o periódico Paz e Xustiza que se converteu no cume do movemento pacifísta en defensa dos Dereitos Humanos. Denunciou crímenes de terrorismo de estado, grazas a súa iniciativa comezaron procesos penais contra a ditadura militar arxentina. Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 1980 polo seu compromiso na defensa dos dereitos humanos en Iberoamérica. Adolfo Pérez Esquivel

Slide 15

Sueca,nacida en Uppsala no ano 1902 e falecida en 1986. Estudou Socioloxía e orientou as suás investigacións ao campo da política social. En 1949 foi nomeada directora da oficina de Asuntos Sociais de Nacións Unidas, tamén dirixiu o departamento de Ciencias Sociais da Unesco e foi embaixadora en India, Birmania e Sri Lanka. No ano 1982 recibiu o premio Nobel da Paz, compartido con Alfonso García Robles, pola súa contribución ao movemento de desarme nuclear durante os anos 60 e 70. Alva Myrdal

Slide 16

Wiesel naceu en Rumanía en 1928. Aos 16 anos foi capturado polos nazis igual que os demais xudeus do seu pobo. Despois foi liberado polas forzas armadas. Estudou na Universidade de Sorbona, en París, e posteriormenter traballou en xornais de Israel, Francia e Estados Unidos onde se estableceu dende 1956. Dedicou a súa vida a escribir e a falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie similar Foi galardonado co Premio Nobel da Paz 1986. Elie Wiesel

Slide 17

Naceu o 13 de decembro de 1940, actualmente ten 70 anos. Avogado, economista, político e empresario , gobernou Costa Rica . O seu primeiro mandato presidencial foi de 1986 a 1990, e o segundo de 2006 a 2010. Aplicou medidas económicas destinadas a baixar a deuda externa do país. Participou nos procesos de paz dos conflitos armados de América Central, nos anos 80. Polo seu labor recibiu o premio Nobel da Paz no ano 1987. ÓSCAR ARIAS SÁNCHEZ

Slide 18

Naceu en Rangun (Birmania) no 19 de xuño de 1945. Diplomouse en Oxford, traballou na secretaría das Nacións Unidas e foi profesora na India. Participou en 1988 na “segunda loita para a independenza nacional”. Gañou o Premio Nobel da Paz no 1991 pola loita de que o seu propósito birmano non caera no olvido. Aung San Suu Kyi

Slide 19

Naceu o día 9 de xaneiro de 1959 en Guatemala. Déronlle o Nobel da Paz pola súa campaña pacífica de denuncia do réxime guatemalteco e por defender os dereitos humanos dos indíxenas, no ano 1992. Recibiu o premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional. Rigoberta Menchu

Slide 20

Nelson Rolihlahla Mandela naceu un 18 de xullo de 1918 en Mvezo (Sudáfrica) Foi o líder do movemento Umkhonto we Sizwe, o brazo armado do Congreso Nacional Africano. En 1962 foi arrestado e condeado por xabotaxe a cadea perpetua. Estivo no cárcere 27 anos. Trala liberación gañou as primeiras eleccións democráticas un 27 de abril de 1944 manténdose no poder ata o 14 de xuño de 1999. Obtivo o Nobel da Paz no ano 1993 pola loita a favor da igualdade de dereitos entre negros e brancos. NELSON MANDELA (O MADIBA DA PAZ)

Slide 21

Naceu no Cairo, Exipto o 24 de agosto de 1999. Foi un líder palestino presidente da Organización para a Liberación de Palestina. Pasou gran parte da súa vida loitando contra Israel pola liberación do seu pobo . Pero despois aceptou a resolución 242 do Consello das Nacións Unidas e entablou conversacións con Israel para acabar co conflito. Recibiu o Premio Nobel da Paz xunto cos Israelís Isaac Rabin e Shimon Peres en 1994. Yasir Arafat

Slide 22

Naceu en Timor Oriental en1948. Obispo e gran defensor dos dereitos humanos denunciou o maltrato ás mulleres a través da predicación e cartas pastorais. Pediu á ONU que iniciara a descolonización de Timor Oriental ocupada por Indonesia. Pola súa labor na búsqueda dunha solución pacífica ao coflito de Timor Oriental recibiu o Premio Nobel da Paz, compartido con José Ramos Horta, no ano 1996. CARLOS FILIPE XIMENES BELO

Slide 23

Jody Williams naceu o 9 de decembro do 1950 en Putney, Estados Unidos. Coordinou o “Proxecto Educación nicaraguo-hondureño” Convertiuse en subxefe de “ axuda Médica para o Salvador” unha Organización de caridade con sede nos Ánxeles. En 1992 comezou o labor como activista na organización Internacional para a pohibición das Minas Antipersoas (ICBL) onde continúa como embaixadora da compañía e directora do capítulo de “Minas terrestres”. Escribiu extensamente sobre as consecuencias destas minas. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1997. Jody Williams

Slide 24

Naceu en Irlanda o 15 de outubre de 1944. Licenciouse en Dereito e empezou a impartir clases na Universidade. Desempeñou un papel importante nas conversacións de paz promovidas por Londres e Dublín. Cocedéuselle o Nobel, conxuntamente con J.Hume, polos seus esforzos para a construción dunha nova Irlanda. Recibiu o Nobel da Paz no ano 1.998. DAVID TRIMBLE

Slide 25

É unha organización médica e humanitaria internacional que aporta a súa axuda ás víctimas de catástrofes de orixe natural ou humano e de conflictos armados. Fundouse en Francia en 1971 por un grupo de médicos e periodistas. Entregáronlle o Premio Nobel da Paz en 1999 por ser pioneira no traballo humanitario en varias localidades. Conta con case 4.000.000 de socios, 2.000 voluntarios traballando en programas humanitarios en 70 países e outros 1.000 en labores administrativas. Prevén e trata a toberculose, o sida e a meninxite. MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Slide 26

Naceu o 8 de abril de 1938. Foi o séptimo secretario xeral das Nacións Unidas, cargo que ocupou entre 1997 e 2006. Traballou para conseguir un mundo mellor organizado e pacífico. A ONU e o seu secretario xeral, Kofi Annan, recibiron o Premio Nobel da Paz en 2001. KOFI ANNAN

Slide 27

Shirin Ebadi naceu o 21 de xuño de 1947 en Hamadán, Irán. Foi a primeira xuíza muller de Irán. Trala revolución islámica de 1979 foi forzada a renunciar ao seu cargo debido á prohibición de que as mulleres exerceran este cargo. A cambio ofrecéronlle un posto administrativo inferior pero renunciou e decidiu loitar polos dereitos das mulleres, dos nenos e dos presos . Recibiu o Premio Nobel da Paz 2003. Shirim Ebadi

Slide 28

Naceu o 1 de abril de 1940 en Quenia. Fundou o “Movemento cinturón verde” responsable da plantación de máis de 30.000.000 de árbores por todo o país. Salvou o Parque Uhuru de Nahirobi ao parar un complexo urbanístico promovido por amigos do presidente. Foi a prisión varias veces por esixir eleccións libres e o fin da corrupción. Foi diputada e ministra. Obtivo o premio Nobel da Paz 2004. Wangari Muta Maathai

Slide 29

Mohamed el-Baradei naceu o 17 de xuño do 1942 (O Cairo). É un diplomático Exipcio. Entre 1997 e 2009, foi director xeral da (AIEA) que é un organismo internacional de enerxía atómica,que pertence ás Nacións Unidas. Loitou enerxicamente por impedir a proliferación das armas nucleares. Xunto a (AIEA) foi galardonado co premio Nobel da Paz 2005. Nestes días está intervindo activamente a favor da solución das revoltas no seu país. Mohamed el-Baradei

Slide 30

Muhammad Yunnus naceu en Chittangong o 28 de xuño de 1940 e é de nacionalidade bengalí Exerceu a súa docencia en Estados Unidos e en 1971 regresou a Bangladesh, para seguir sendo profesor na Universidade de Chittangong. O premio deulle 1.100.000 €, e utilizouno para axudar á xente pobre. Gañou o Premio Nobel da Paz 2006 por crear o Banco Grameen.(Conceder créditos ás persoas humildes que o soliciten). Muhammad Yunnus (Banqueiro dos Pobres)

Slide 31

Tenzin Gyatso ( Dálai Lama). Naceu o 6 de xullo de 1935 na antiga República da China. Gañou o Premio Nobel da Paz o 10 de decembro de 1989 pola sua loita constante contra o uso da violencia para recuperar a liberdade. O 17 de outubro de 2007 otorgóuselle a Medalla de Ouro do Congreso de Estados Unidos. Tenzin Gyatso – Dálai Lama

Slide 32

Nacido en Honolulu, Estados Unidos, 14 de agosto de 1961. É o actual e primeiro presidente negro dos Estados Unidos de América. Entregáronlle o premio Nobel da Paz no ano 2009 polos seus esforzos diplomáticos en pro do desarme nuclear, a consecución dun proceso de paz en Oriente Medio, e o fomento da loita contra o cambio climático. Barack Obama (Nobel da Paz 2009)

Slide 33

Naceu o 28 de decembro de 1955 en Changchun , capital de Jilín (China) É presidente do centro Intelectual Chino PEN. Foi arrestado e condenado a 11 anos de cadea pola súa loita pola democracia e os dereitos humanos pero non puido recollelo porque está baixo arresto domiciliario. Recibiu o nobel da paz ó 8 de octubro de 2010. LIU XIAOBO (NOBEL DA PAZ 2010)

Summary: Premios nobel da paz, elaborado polo alumnado de 3º ciclo EP

URL: