8 marzo

-1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Día internacional da muller

Slide 2

Por que ese día ?

Slide 3

Na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que se celebrou en Copenhague en 1910, Clara Zentkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, propuxo a celebración do Día Internacional da Muller. Nos primeiros anos, este día celebrábase en datas diferentes segundo os países. En 1914, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 8 de marzo en Alemaña, Suecia e Rusia.

Slide 4

Cando se celebrou o primeiro Día Internacional da Muller en 1911, máis dun millón de mulleres participou publicamente nel. Ademais do dereito ao voto e a ocupar cargos públicos, demandaban o dereito a traballar, ao ensino vocacional e á fin da discriminación no traballo.

Slide 5

A Declaración dos Dereitos Humanos, proclamada en 1948, para definir os dereitos humanos de toda persoa, tomou como base o termo xenérico home, que non define a muller como ser distinto coas súas necesidades específicas. Foi na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos, celebrada en Viena en 1993, cando a comunidade internacional declarou que os dereitos humanos da muller e da nena son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. Tamén empezaron a utilizarse os termos “indivisibilidade” dos dereitos e “universalización absoluta” dos mesmos, non só desde unha perspectiva xurídica senón tamén desde un concepto moral e político, como obxectivo a acadar a longo prazo. Mesmos dereitos Mesmo salario Progreso para todas

Slide 6

É lamentable que, se ben a igualdade entres os sexos está consagrada na Carta das Nacións Unidas de 1945 e constitúe unha meta específica dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de 2000 (Obxectivo 3), siga sendo unha aspiración e non unha realidade en si mesma en demasiados ámbitos da vida, tanto pública como privada. (Koichiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO) ● O 70% das persoas pobres que hai no mundo son mulleres. ● Unha de cada tres mulleres sobreviven á violencia de xénero. ● Hai 2/3 de nenas entre os 110 millones de menores que non van á escola. ● O 90% das persoas que traballan en fábricas de explotación son mulleres.

Slide 7

“É UN DÍA PARA TOMAR CONCIENCIA DO QUE AS MULLERES TEMOS CONSEGUIDO E DO CAMIÑO QUE NOS FALTA POR PERCORRER”

Slide 8

“Queremos unha muller ilustrada, instruída, apta para todo. (...) Para nosoutras, a verdadeira emancipación consiste en sacudir o ominoso xugo da ignorancia, que é o que nos fai escravas do home, da sociedade, das preocupacións e do fanatismo. (...)Sofía Tartilán, 1877

Slide 9

IES de Melide

Summary: 8 de Marzo, día internacional da muller

Tags: 8 marzo dia da muller mujer woman day

URL:
More by this User
Most Viewed