|
|
SE CHE CONTO UN CONTO GAÑO EU E GAÑAS TI ¡TODO GANANCIAS! ATENCIÓN A DIVERSIDADE PLAN LECTOR CONVIVENCIA
Hai unha gata salerosa que traballa cun camión, conduce case todo o día levando caixas a estación
O seu home e un gato que traslada a diario peixe fresco e conxelado para gañar o salario
Ela non ve nin un euro pois todo o garda el, dalle moi xusto o dineiro... non goza nada del..
Chegan a casa a vez, cansa ela e canso el, deben facer a comida, lavar, poñer o mantel,…
A gata xa fixo as compras cando viña polo camiño, o gato so trae un saco co seu mono ben porquino.
O gato, en zapatillas senta no seu sillón, colle o mando, dálle a tecla e prende a televisión.
A gata mentres tanto non para un segundo: pela, corta, lava, frite, limpa e frega,... todo xunto.
O gato goza arreo vendo nese televisor un programa de concursos no que gañan un tambor
A gata moi esgotada limpa o po, varre o chan, coloca ben a neveira, e desconxela o pan.
Pronto o gato ten fame - Gata tráeme un bocadiño! A gata está farta, xa sabes, mais prepara un xureliño.
O gato axiña protesta porque está cru de mais, e berra a pobre gata: - Non o probaches quizais? -Timbran a porta! di o gato berrando dende a butaca, el non abre e vai a gata pelando nunha pataca
-Pásalle o ferro ao meu traxe que o quero poner mañá! -Non fai falla tanto tempo para darlle a cea a mamá!
A gata, que non para, dóelle ate o peroné, o gato escoita un barullo: -Está chorando o bebé!
A que non sabes quen lle cambia o cueiro ao bebé? A gata, claro, pois claro, o gato non move un pe.
Por que non traballa o gato se e tamén a súa casa? A gata non para un intre, sabes ti que e o que pasa?
FIN EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE Texto: Azucena Arias
by isaacperalferrol | Added: 1 year ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 49 Views | 12 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments