A investigar

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 1

A investigar!

Slide 2

Un día chegou á clase de 4º unha carta de “Paco”, a mascota da biblioteca QUERIDOS NENOS E NENAS DE 4º : Quixera saber cantos ríos hai en Moaña, e onde está situados. Podedes facerme un mapa para que eu os vexa? Sabedes algunha historia de algún deles ? E dos outros ríos do mundo,sabedes algunha cousa curiosa? Espero as vosas respostas! Para buscar a información, podedes mirar na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos do voso blog : PROXECTO AUGA

Slide 3

E puxémonos a traballar! Na biblioteca buscamos libros sobre os ríos. Na aula de ordenadores buscamos no blog de segundo ciclo en Quintela Alí tiñamos de Paco con enlaces interesantes. Tamén entramos na páxina de recursos de auga para aprender cousas. Caderno de investigación Anotamos todo nos nosos cadernos de investigación

Slide 4

As curiosidades dos ríos do mundo fixemos así. Aprendemos cousas sobre o río Nilo e o río Amazonas. Tamén aprendemos onde estaban situados, mirando no Google maps. E descubrimos a historia do explorador Livingstone e o periodista Stanley.

Slide 5

No concello déronnos uns planos de Moaña Na clase copiamos nos nosos planos “mudos” os ríos e os seus nomes. Para traballar os ríos de Moaña fixemos así. Ríos de Moaña: Rialdarca ( ou do Inferno) , Puntillón, Fraga ( ou dos Ladróns), Barranco do Faro ( ou de Meira), da Freixa e da Miñouba

Slide 6

Logo decidimos ir andando a ver os ríos mais próximos ao cole: O río Rialdarca, o río Puntillón e o río da Fraga . E invitamos aos de terceiro a vir con nós. E agora , imos de paseo!

Slide 7

No recorrido fomos anotando nos planos o lugar onde estabamos. No paseo tamén traballamos .

Slide 8

E agora chega o momento de revisar o aprendido: Traballaredes por parellas. Primeiro veremos todos xuntos algúns dos recorridos marcados no mapa. Despois debemos marcalos vós . AVALIACIÓN

Slide 9

Neste recorrido imos saír do colexio, e desprazarnos ata o concello pola ruta máis curta. Primeiro veredes unha fotografía co recorrido. Despois teredes que marcar vós o recorrido. Estade moi atentos/as! Primeiro recorrido:

Slide 10

Os puntos azuis sinalan o colexio e o concello.

Slide 11

Recorrido 1 Marcade vós o recorrido:

Slide 12

Segundo recorrido Agora imos saír dende a piscina municipal ata a desembocadura dos ríos Puntillón e Rialdarca, pasando por diante do concello de Moaña. Observade ben, porque logo ides facelo vós de novo no mapa.

Slide 13

O punto vermello é a piscina municipal.

Slide 14

Agora marcade vós o segundo recorrido. Recorrido 2

Slide 15

Aquí tedes unha vista da ría de Vigo. Quén sabería situar as desembocaduras dos ríos de Moaña?

Slide 16

CEIP Quintela- Moaña Curso 2010-2011 Isabel Vázquez Rosales

Summary: Investigando os ríos en Moaña

Tags: moaña rios primaria. mapas

URL: