ABRIL, MES DOS LIBROS 2011

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

ABRIL, MES DOS LIBROS Programa de actividades CEIP de Andrade Curso 2010/2011.

Slide 2

Exposición sobre a Historia do Libro: Que mellor xeito de comezar o mes de abril, MES DOS LIBROS, que cunha exposición sobre o libro e a súa historia, elaborada no IES Fernando Esquío de Neda. Parabéns a todos os que fixeron posible esta exposición. As actividades para Primaria e E.Infantil foron diseñadas dende a Biblioteca do CEIP O Ramo-Barallobre. Grazas por compartilas.

Slide 3

Invitamos aos pais, nais ou familiares a que veñan ao colexio e lean aos nenos e nenas un conto, historia ou relato. Poden traelo da casa ou elixilo entre os libros da nosa biblioteca. Libros presentados: "Un extraño dolor de barriga" "Ceniciento" “La escuela secreta de Nasreen” " AVÓS" "Verde por fóra“ “A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza” “O incrible neno devorador de libros”. Lecturas Compartidas:

Slide 4

O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria. Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio. Madriñas e padriños lectores:

Slide 5

Os libros e as películas proceden de doazóns das familias do alumnado do colexio. Pódense adquirir ao precio simbólico dun euro. Os cartos recadados serán para axuda da excursión do alumnado de 6º curso. Mercadillo de libros e películas:

Slide 6

Os nosos libros favoritos: Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos unha lista cos libros máis emprestados durante este curso 2010/2011. Cos dez primeiros libros faremos unha exposición á entrada da Biblioteca titulada: “OS NOSOS LIBROS FAVORITOS”

Slide 7

Mellores Lectores: Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos a lista dos mellores lectores 2010/2011; un representante de cada curso. Raioteca, a mascota da nosa Biblioteca, seguro que terá algunha sorpresa para estes fantásticos lectores e por suposto tamén para os axudantes de Biblioteca.

Slide 8

Encontros con escritores: A través do noso blog de Biblioteca, a escritora Mariné Lorenzo, atopou a entrada relacionada con "Un soño na bandexa", gustoulle tanto a idea de que o seu libro fose elixido para centrar a celebración do "Día do amigo" que inmediatamente se puxo en contacto con nós e ademais de ofrecerse a visitarnos e contarnos a súa historia, escribíu un correo para todos os nenos e nenas do colexio. Esperamos polo tanto, con moita emoción, a visita de Mariné Lorenzo Corcoba.

Slide 9

Dúas cazas do tesouro: Proposta de dúas cazas do tesouro elaboradas dende a Biblioteca. Para o alumnado do 2º e 3º ciclo. Están enlazadas no lateral do blog da biblioteca, no apartado: Actividades TIC do CEIP de Andrade, e son: 23 de Abril: “Día Internacional do Libro” “Día Internacional do Libro II” Enlace a unha páxina de recursos elaborada na Biblioteca Mestres Goldar: http://sites.google.com/site/diadolibrorecursos/

Slide 10

FELIZ DÍA DO LIBRO!!! 23 de abril 2011.

Summary: Actividades abril, mes dos libros

Tags: libros actividades primaria

URL:
More by this User
Most Viewed