Cantiga de amor

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

CANTIGA DE AMOR Tema 2

Slide 2

Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama

Slide 3

A cantiga de amor é a concreción literaria da teoría do amor cortés procedente da cultura trobadoresca provenzal e occitana. O amor cortés é unha convención literaria na que o trobador, en paralelo cos esquemas das relacións feudais, aparece como un fiel servidor da dama da que está namorado. Así o amor aparece como «servidume amorosa», como un servizo que os vasalos rendían ao señor. Pero neste caso a muller aristocrática encarnaba o papel de senhor (midons en occitano) e o trobador (o eu-poético), asumindo a condición de vasalo ou servo, ficaba sometido á vontade da dama, obrigado ao servizo permanente á súa amada e a gardar mesura ou discreción e fidelidade cara á súa senhor. A cantiga de amor Escenas de Amor Cortés. Códice Menesse, s.XIV

Slide 4

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA:

Slide 5

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» Oc e Oil son as formas de dicir «si» en occitano e en francés antigo. Langue d’oc era a lingua occitánica, da zona meridional francesa (chamada Midi ou Mediodía francés) mentres que langue d’oil fai referencia ás linguas do norte, da zona septentrional da actual Francia.

Slide 6

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII A principios do s.XII aparecen os primeiros trobadores. A diferenza dos poetas, nome reservado aos que compuñan versos en latín, os trobadores inauguran unha nova arte que combina a poesía escrita en lingua romance (filla do latín) e a composición musical, producindo unhas cancións que músicos e xograres interpretaban diante dun público cortesán, nos salóns señoriais da Idade Media.

Slide 7

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII A principios do s.XII aparecen os primeiros trobadores. A diferenza dos poetas, nome reservado aos que compuñan versos en latín, os trobadores inauguran unha nova arte que combina a poesía escrita en lingua romance (filla do latín) e a composición musical, producindo unhas cancións que músicos e xograres interpretaban diante dun público cortesán, nos salóns señoriais da Idade Media. 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) Guillermo de Poitiers, o primeiro trobador provenzal

Slide 8

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) 5. CÓDIGO: Doutrina do amor cortés ou Fin’amors. Fin’amors: Doutrina do amor cortés que significa a idealización absoluta do amor, libre de convencións sociais e morais. A midons (senhor) é unha muller aristocrática e casada, polo que o amor co seu trobador debe ser oculto. Este utiliza o senhal para que ela se recoñeza na súa cançó

Slide 9

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) 5. CÓDIGO: Doutrina do amor cortés ou Fin’amors. 6. MOTIVOS IDEOLÓXICOS: Feudalismo Cristianismo Neoplatonismo. O amor cortés adopta do feudalismo o esquema básico que deben seguir as relacións home-muller. O home convértese en vasalo e a muller en señor.

Slide 10

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) 5. CÓDIGO: Doutrina do amor cortés ou Fin’amors. 6. MOTIVOS IDEOLÓXICOS: Feudalismo Cristianismo Neoplatonismo. O amor cortés converte á muller nun obxecto de adoración, incorporando do cristianismo unha imaxe da muller próxima á Virxe (que fora divinizada no século XII), como suma de todas as virtudes.

Slide 11

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) 5. CÓDIGO: Doutrina do amor cortés ou Fin’amors. 6. MOTIVOS IDEOLÓXICOS: Feudalismo Cristianismo Neoplatonismo. Para o amor cortés, o sentimento amoroso é purificador. Trátase, a imitación do neoplatonismo, dun camiño de perfección, a través do cal o namaroda pasa por distintos chanzos na súa aprendizaxe até chegar ao estado de amante.

Slide 12

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) 5. CÓDIGO: Doutrina do amor cortés ou Fin’amors. 6. MOTIVOS IDEOLÓXICOS: Feudalismo Cristianismo Neoplatonismo. 7. TEXTOS: cançó Beatritz de Diá, Condesa de Diá (séc.XII-XIII). Trobadora provenzal, esposa de Guillem de Peiteu. A súa canción "A chantar m'er de so qu'eu no volria" é a única peza trobadoresca de autoría feminina cuxa música sobrevive intacta.

Slide 13

Orixes 1. LUGAR: Provenza LÍRICA PROVENZAL OU OCCITANA: 2. LINGUA: Occitana ou «langue d’oc» 3. ÉPOCA: Literatura Occitana. Século XII-XIII 4. AUTORES: trobadors (trobadores, que non poetas) 5. CÓDIGO: Doutrina do amor cortés ou Fin’amors. 6. MOTIVOS IDEOLÓXICOS: Feudalismo Cristianismo Neoplatonismo. 7. TEXTOS: cançó II. PRIMITIVA LÍRICA COMPOSTELÁ: Giuseppe Tavani X.R. Pena Anxo Tarrío R. Gutiérrez Izquierdo Entre os séculos XI e XII toda a Europa cultural está en contacto con Compostela e só con Compostela, ignorando case totalmente as restantes etapas do «camiño francés».(…) Foi esta unha relación para a que se utilizou a canle das peregrinacións en beneficio exclusivo da maduración cultural e artística. Así xurdirían unhas composicióons primitivas pre-trobadorescas , con características expresivas orixinais que derivarían no produto literario coñecido posteriormente como cantiga de amigo. (…) A finais do s. XII veñen a inserirse neste tipo de poesía as ensinanzas da lírica cortés dos trobadores, (…) que supoñen o xurdimento da cantiga de amor coas súas características diferenciadas da cançó provenzal. A poesía lírica galego-portuguesa. Ed. Galaxia 1986. Páx. 29-32 A brillantez das letras galegas e/ou galego-portuguesas non se pode entender se non é a través da conxunción entre os modelos autóctonos e outros de carácter ultrapirenaico chegados, polo camiño de Santiago, desde Occitania e Francia. Estamos a falar dunha mestizaxe que vai en dúas direccións, pois a influencia galegoportuguesa tamén se manifesta na literatura occitana. Esa mestizaxe é a que fai posible a xoia dos nosos Cancioneiros medievais. (…) Estamos diante dun dos momentos culminantes da historia de Galicia que, ben entrado o s.XIV, sufrirá unha profunda e decisiva reviravolta. Literatura Galega Medieval (Manual e antoloxía). Ed. Sotelo Blanco, 1993. Páx. 22-23 A cantiga de amor é a que amosa unha maior influencia provenzal, occitánica. É o xénero que amosa a moda do amor cortés difundida por toda Europa desde o sur de Francia.(…) Non obstante, a cantiga de amor galego-portuguesa non alcanza o grao de artificiosidade do seu modelo provenzal, como tampouco o da súa beleza. (…) En xeral é certo que «los temas de la cantiga de amor sufren un considerable empobrecimiento con respecto a la tradición trobadoresca», segundo a opinión de C. Alvar e V. Beltrán. Literatura Galega (Aportacións a unha Historia crítica). Ed. Xerais 1994. Páx. 30-31 A través do camiño de Santiago chegou a Galicia e ao nacente reino de Portugal o trobadorismo, que se espallaría logo polo resto da Península Ibérica, onde o galego-portugués vaise asentar como lingua literaria e cortesá por máis de douscentos anos. (…) As diferentes condicións da sociedade galega medieval motivaron unha daptación da cançó e, así, a cantiga de amor prescinde de moitos dos artificios e convencionalismos da poesía provenzal, aínda que incorpora outros novos. Lecturas de nós. Introdución á Lieratura Galega. Ed. Xerais, 2000. Páx. 53-59

Slide 14

Cançó provenzal vs Cantiga de amor Preludio primaveral (encabezamento con localización temporal) Carece de ambientación e cronoloxía (sitúase no terreo das ideas e dos sentimentos puros). Don Dinís constata este feito ligándoo á autenticidade amorosa das nosas cantigas… Proençaes soen mui ben trobar e dizen eles que é con amor; mais os que troban no tempo da frol e non en outro sei eu ben que non han tan gran coita no seu coraçon qual m'eu por mia senhor vejo levar.

Slide 15

Cançó provenzal vs Cantiga de amor Grande artificiosidade na forma e uso conceptista da linguaxe (poemas feitos máis coa cabeza que co corazón) O código do amor cortés redúcese aos seus trazos esenciais: dependencia emocional do trobador respecto á dama. Como mostra Joán Airas de Santiago… Vi eu donas, senhor, en cas d'el-rei fremosas e que parecian ben, e vi donzelas, muitas, u andei; e, mia senhor, direivos ua ren: a mais fremosa de quantas eu vi, long'estava de parecer assi (…)

Slide 16

Cançó provenzal vs Cantiga de amor A midons da cançó provenzal é unha muller de carne e oso, habiualmente casada, polo que o seu amor é adúltero e debe ser oculto. A senhor da cantiga de amor é unha idealización do feminino, non se trata dunha muller concreta… Polo que aparece o tópico de morrer de amor, aínda que ás veces se parodie, como fai Paio Gomes Charinho… Muitos dizen con gran coita d’amor que querríam morrer e que assí perderían coitas, mais eu de mi quero dizer verdad’a mia senhor: quería-me lh’eu mui gran ben querer mais non quería por ela morrer

Slide 17

Cançó provenzal vs Cantiga de amor A cançó expresa o joi, a alegría e o pracer do amor físico. En lugar do joi domina o sentimento de coita, un estado de sufrimento provocado pola imposibilidade de calmar a sede amorosa. Aquí o amor é platónico. O namorado experimenta as dores do amor sen gozar dos seus praceres. Como nos fai ver Johan Soares Coelho… Nunca coitas de tantas guisas vi como me fazedes senhor sofrer; e non vos queredes de mim doer e, vel por Deus, doede-vos de mi! ca, senhor, moir’, e vedes que mi avén: se vos alguen mal quer, querolh-eu mal, e quero mal quantos vos queren ben.

Slide 18

O eu poético que fala na cantiga de amor é unha voz masculina. Voz poética e apóstrofo lírico O distintivo funda- mental deste tipo de cantigas é a presenza do apóstrofo «senhor». O destinatario é, polo tanto, a dama (mia senhor),ás veces tamén Deus ou os amigos do trobador. A clave da relación entre o emisor e a súa destinataria é a mesura, o equilibrio entre a razón e a paixón. A dona que eu am’e tenho por senhor amostrade-mi-a Deus, se vos en prazer for, senon dade-mi a morte. Bernal de Bonaval

Slide 19

O eloxio á dama Temática O trobador loa o seu sen (sentido común) a súa mesura (equilibrio entre razón e paixón) e o seu prez (valor). O eloxio prodúcese nos primeiros versos e pode reiterarse paralelisticamente ao longo da composición. As virtudes da dama expóñense no seu grao máximo. Quer' eu en maneira de proençal fazer agora un cantar d'amor, e querrei muit'i loar mia senhor a que prez nen fremosura non fal nen bondade; e mais vos direi en: tanto a fez Deus comprida de ben que mais de todalas do mundo val.   Ca mia senhor quiso Deus fazer tal, quando a fez, que a fez sabedor de todo ben e de mui gran valor, e, con tod'esto e mui comunal ali u deve; er deulhi bon sen e desi non lhi fez pouco de ben quando non quis que lh'outra foss'igual. Ca en mia senhor nunca Deus pos mal, mas pos i prez e beldad'e loor e falar mui ben e riir melhor que outra molher; e desi é leal muit',e por esto non sei oj'eu quen possa compridamente no seu ben falar, ca non á, tralo seu ben, al. Don Dinís, rei de Portugal

Slide 20

A declaración de amor do poeta Temática Un tal home sei eu, ¡ai, ben talhada!, que por vós ten a sa morte chegada. Vede quen é e seed’en menbrada: eu, mia dona. Un tal home sei eu que preto sente de si morte chegada certamente. Vede quen é e vénhavos en mente: eu, mia dona. Un tal home sei eu, aquest’oíde, que por vós morr’e volo en partide. Vede quen é e non xe vos obride: eu, mia dona. Don Dinis de Portugal O trobador, o eu-poético ou namorado, confesa repetidamente o seu amor pola senhor, aínda que ás veces o oculta por medo á saña da muller ou por medo aos intrigantes.

Slide 21

A reserva da dama Temática A actitude da dama fronte ao trobador abrangue diversas tipoloxías: pode ser condescendente, cauta, indiferente ou sañuda, raramente benevolente. A clave é a mesura, o equilibrio entre a razón e a paixón. Senhor, en tan grave día vos vi que non podería máis; e por Santa María que vos fex tan mesurada, doede-vos algun día de mí, senhor ben talhada. Pois sempre ha en vós mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vós feitura qual non fez en mulher nada, doede-vos por mesura de min, senhor ben talhada. E por Deus, senhor, tomade mesura por gran bondade que vos el deu, e catade qual vida vivo coitada, e algún doo tomade de min, senhor ben talhada. Don Dinís, rei de Portugal

Slide 22

A coita de amor Temática A dor de amor pode conducir o trobador á loucura (volverse sandeu) ou á morte. O tópico do morrer de amor é o predilecto dos nosos trobadores. Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess'algún mal buscar a quen sempre mal buscou! Assí me vingaría eu se eu podesse coita dar a quen me sempre coita deu. Mais sol non posso eu enganar meu coraçón que me enganou, por quanto mi fez desejar a quen me nunca desejou. E por esto non dormio eu, porque non poss'eu coita dar a quen me sempre coita deu. Mais rog'a Deus que desampar a quen m'assí desamparou ou que podess'eu destorvar a quen me sempre destorvou. E logo dormiría eu se eu podesse coita dar a quen me sempre coita deu. Pero da Ponte

Slide 23

Os estados psicolóxicos do trobador: Temática O trobador namórase da dama a primeira vista… O trobador solicita falar coa senhor, pero esta esquívao. El renega do amor… A dona acepta coñecelo e o trobador solicita que «lhi faça bem» A dama pode tomalo por trobador. Iníciase o servizo amoroso. A relación baséase na mesura e no encubrimento. Fenhedor Precador Enten-dedor 1º Enten-dedor 2º

Slide 24

Os estados psicolóxicos do trobador: Temática A aceptación do servizo amoroso é motivo de alegría (alegrança); mais o trobador quere máis, polo que aparece unha nova coita. O poeta ameaza á dama con facer desmesura (enlouquecer ou chegar á morte). A dama entón rompe o servizo amoroso e o trobador busca outra senhor á que servir. Enten-dedor 3º Só nun pequeno número de cantigas se manifesta unha superación da coita e a alegría de amar (joi). Mais ao estado de amante correspondido (drudo) non chega nunca o trobador galego, agás nas cantigas de escarnio. Drudo

Slide 25

Tipos Cantigas de refrán Cando a cantiga de amor non mantén a fidelidade ao modelo provenzal, debido ás influencias do lirismo autóctono sobre a lírica trobadoresca (paralelismo e mesmo leixaprén da cantiga de amigo), xorden estas cantigas con retrouso ou «estribillo» e cun número menor de palavras ou versos (non máis de catro) por estrofa ou cobra. Em Lixboa, sobre lo mar barcas novas mandei lavrar, ai mia senhor velida!   Em Lixboa, sobre lo ler, barcas novas mandei fazer, ai mia senhor velida!   Barcas novas mandei lavrar e no mar as mandei deitar, ai mia senhor velida!   Barcas novas mandei fazer e no mar as mandei meter, ai mia senhor velida! Johan Zorro

Slide 26

Tipos Cantigas de mestría Son as composicións máis respectuosas co modelo provenzal: tres cobras ou estrofas e sete palavras ou versos por cobra. Son consideradas máis perfectas. Don Dinís Quer´eu en maneira de proençal fazer agora un cantar d´amor, e querrei muit´i loar mia senhor a que prez nen fremosura non fal nen bondade; e mais vos direi en: Tanto a fez Deus comprida de ben Que mais de todalas do mundo val. Ca mia senhor quiso Deus fazer tal, Quando a fez, que a fez sabedor De todo ben e de mui grand valor E, con tod´esto e mui comunal Ali u debe; er deulhi bon sen E desi non lhi fez pouco de ben Quando non quis que lh´outra foss´igual. Ca en mia senhor nunca Deus pos mal, Mas pos i prez e beldad e loor E falar mui ben e riir melhor Que outra molher; e desi é leal Muit´, e por esto non sei oi´eu quen Possa compridamente no seu ben Falar, ca non á, tralo seu ben, al. cobras de sete palavras (regularidade estrófica) isometría (regularidade métrica) Rima macho consoante (regularidade sonora) cantiga de mestría (influxo provenzal)

Slide 27

Recursos formais Paralelismo Refrán Leixaprén O recurso máis característico da nosa lírica medieval é o paralelismo, propio da cantiga de amigo, se ben tamén é empregado nas cantigas de amor con refrán. O refrán é unha forma de paraleismo total, pois consiste na repetición idéntica de versos ao final de cada estrofa. Outra forma de paralelismo é o leixaprén propio das cantigas de amigo pero que tamén aparece nas cantigas de amor máis autóctonas. Em Lixboa, sobre lo mar barcas novas mandei lavrar, ai mia senhor velida!   Em Lixboa, sobre lo ler, barcas novas mandei fazer, ai mia senhor velida!   Barcas novas mandei lavrar e no mar as mandei deitar, ai mia senhor velida!   Barcas novas mandei fazer e no mar as mandei meter, ai mia senhor velida! Johan Zorro

Slide 28

Recursos formais Dobre Atá-fiinda Mordobre Repetición dunha mesma palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos da cobla. Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess'algun mal buscar a quen sempre mal buscou! Assi me vingaria eu, se eu podesse coita dar a quen me sempre coita deu. Repetición dun mesmo lexema con variación de sufixos. Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess'algun mal buscar a quen sempre mal buscou! Assi me vingaria eu, se eu podesse coita dar a quen me sempre coita deu. Sistema de ecadeamento de estrofas, polo cal unha estrofa continúa na seguinte. A fiinda son dous versos finais que serven de conclusión. Muitos dizem con gran coita d’amor Que querríam morrer e que assí Perderían coitas, mais eu de mi Quero dizer verd’a mia senhor: queríame lh’eu mui gran ben querer, mais non quería por ela morrer com’outros morreron, e que prol ten? ca, desque morrer, non a veerei nen bo serviço nunca lhi farei; por end’a senhor que eu quero ben queríame lh’eu mui gran ben querer mais non quería por ela morrer com’outros morreron no mundo ja, que despois nunca poderon servir ás por que morreron, nen lhis pedir ren, por end’esta que m’estas coitas dá queríame lh’eu mui gran ben querer mais non quería por ela morrer, ca nunca lhi tan ben posso fazer serviço morto, como se viver. Fiinda Paio Gomes Charinho Bernal de Bonaval

Slide 29

Recursos formais Rima macho Palabra perduda Rima femia Os versos que rematan en aguda presentan rima macho, a preferida polos provenzais. Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess'algun mal buscar a quen sempre mal buscou! Assi me vingaria eu, Pero da Ponte Os versos que rematan en grave presentan rima femia. Pois sempre a en vos mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vos feitura qual non fez en mulher nada, Don Dinis Verso solto, que carece de rima. Ora faz a min mia senhor ccomo senhor pode fazer a vassalo, que defender non se pode, nen á u lh’ir. E faz mi-a mercee viir d’Amor, com’ ome preso ven. ¡Nostro Senhor mi-o sabe ben! Muit’ en estar a gran pavor ei dereit’ e en me temer d’Amor, onde cuid’ a dizer mal, e onde quero partir, e averei coit’ a sentir; E non concerto nulha ren, Ca eu mi-o mereci mui ben Fernan Rodriguez de Calheyros

Slide 30

Recursos formais Cobras Unisonans Cobras Singulars Todas as estrofas dunha mesma cantiga preseentan o mesmo esquema de rima. Don Dinís Quer´eu en maneira de proençal fazer agora un cantar d´amor, e querrei muit´i loar mia senhor a que prez nen fremosura non fal nen bondade; e mais vos direi en: Tanto a fez Deus comprida de ben Que mais de todalas do mundo val. Ca mia senhor quiso Deus fazer tal, Quando a fez, que a fez sabedor De todo ben e de mui grand valor E, con tod´esto e mui comunal Ali u debe; er deulhi bon sen E desi non lhi fez pouco de ben Quando non quis que lh´outra foss´igual. Ca en mia senhor nunca Deus pos mal, Mas pos i prez e beldad e loor E falar mui ben e riir melhor Que outra molher; e desi é leal Muit´, e por esto non sei oi´eu quen Possa compridamente no seu ben Falar, ca non á, tralo seu ben, al. O esquema da rima é diferente para cada estrofa. Un tal home sei eu, ¡ai, ben talhada!, que por vós ten a sa morte chegada. Vede quen é e seed’en menbrada: eu, mia dona. Un tal home sei eu que preto sente de si morte chegada certamente. Vede quen é e vénhavos en mente: eu, mia dona. Un tal home sei eu, aquest’oíde, que por vós morr’e volo en partide. Vede quen é e non xe vos obride: eu, mia dona. Don Dinís

Slide 31

Recursos formais Cobras Alternas Cobras Doblas O esquema da rima varía cada dúas estrofas. O esquema da rima é diferente para as cobras pares e para as impares. Ora faz a min mia senhor Se me mal ou coita veer’, ccomo senhor pode fazer con guisado eu mi-o busquei a vassalo, que defender muit’ ende e mi-o lazerarei. non se pode, nen á u lh’ir. Mais mia senhor faz seu prazer E faz mi-a mercee viir (pois que me ten en seu poder), d’Amor, com’ ome preso ven. Que me faz entrar en prison, ¡Nostro Senhor mi-o sabe ben! U me non jaz se morte non. Muit’ en estar a gran pavor Tod’ eu farei, quanto quiser’ ei dereit’ e en me temer mia senhor, que de fazê’-l’-ei. d’Amor, onde cuid’ a dizer Pero, ¿con que olhos irei mal, e onde quero partir, ant’ Amor, e a seu poder? e averei coit’ a sentir; Tan grave m’ é de cometer e non concerto nulha ren, que mi-o non sab’o coraçon, ca eu mi-o mereci mui ben nen mi-o sab’outren, (se Deus non! Fernan Rodriguez de Calheyros Em Lixboa, sobre lo mar barcas novas mandei lavrar, ai mia senhor velida!   Em Lixboa, sobre lo ler, barcas novas mandei fazer, ai mia senhor velida!   Barcas novas mandei lavrar e no mar as mandei deitar, ai mia senhor velida!   Barcas novas mandei fazer e no mar as mandei meter, ai mia senhor velida! Johan Zorro

Slide 32

textos actuais... N-aquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios e morre de amor. N-aquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba sues píos e morre de amor. Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morren de amor. Non ceiba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morre no mato cativo. F. Bouza Brey Amor de auga lixeira, muiñeira. Amor de auga tardeira, ribeira. Amor de auga frolida, cantiga. Amor de auga perdida, ña amiga. Álvaro Cunqueiro Neotrobadorismo (I) Os espárragos son diuréticos E ti es o amor da miña vida E ti es o amor da miña vida Colectivo Ronseltz, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).

Slide 33

Actividades... Sobre a vitalidade que hoxe segue a ter a Lírica Medieval: Busca información sobre o Neotrobadorismo na seguinte páxina web: A profa Explica que aspectos da Literatura trobadoresca medieval atopas nos textos anteriores, pertencentes a autores do s.XX Escoita a versión musicada que Astarot fixeron do poema de Cunqueiro, No niño novo do vento, na páxina web: Son de poetas Inventa unha cantiga cunha temática actual, partindo dos versos do Colectivo Ronseltz, recollidos na diapositiva anterior. Sobre as cantigas de amor medievais: Le, escoita e comenta a cantiga de Nuno Fernandez Torneol, Pois naci nunca vi Amor, aloxada na páxina Son de poetas. Explica en cal dos estados psicolóxicos se atopa o trobador da seguinte cantiga de Johan Garcia de Guilhade. Amigos, non poss’eu negar a gran coita que d’amor ei, Ca me vejo sandeu andar, E con sandece o direi: Os ollos verdes que eu vi me fazen ora andar assí.

Slide 34

Tarefa: post-neotrobadorismo Olla o seguinte vídeo ,aloxado en youtube , elaborado mediante unha montaxe de imaxes e música en torno á cantiga de Don Dinís, O que vos nunca cuidei a dizer, e, posteriormente crea unha versión moderna da mesma seguindo estes pasos: Composición dunha versión actual do texto. Selección de imaxes actuais válidas para o texto anterior. Elección dunha música adecuada ás imaxes e ao texto. Reunión de todos os elementos mediante o uso da ferramenta Photopeach.

Slide 35

FONTES NA REDE Galipedia.Información xeral. 17/03/2011 Scribd. A civilización trobadoresca. Literatura galega medieval. USC (08-09). Apuntamentos 24/03/2011 Scribd. Resumo Trobadores de Occitania para web. Darío Xohan Cabana. Edicionsdacuruxa. 27/03/2011 Youtube. Medieval German Manuscript "Codex Menesse" 1340. 24/03/2011 Youtube. Amours mi font souffrir - Codex Montpellier 24/03/2011 Youtube: Se eu podesse desamar. Pero da Ponte. 03/04/2011 Youtube: En Lixboa, sobre lo mar. Joan Zorro. 03/04/2011 Youtube: O que vos nunca cuidei a dizer. Don Dinis. 03/04/2011 Slideshare: Quer eu en maneira proençal. 03/05/2011 Portal Sao Francisco. Brasil. 29/03/2011 Páxina web: O período medieval. 29/03/2011 Páxina web: Lírica medieval Páxina web: Galiciaespallada. 29/03/2011 Páxina web: Locus Criticus. UVIGO. 29/03/2011 Páxina web: Autores galegos. 03/04/2011 Páxina web de autores e textos: Gantigas de amor. 03/03/2011 Wikisource portuguesa: Trovadorismp. 03/04/2011 Blogue: Caballeros, ministriles… 27/03/2011 Blogue Literalingua. 29/03/2011 Blogue: Aula de Literatura portuguesa. 29/03/2011 Blogue Son de poetas 01/03/2011 Blogue: A profa 01/03/2011 Páxina web de Cultura galega.org 01/03/2011 Páxina web do IES de Meaño 01/03/2011 Páxina web do grupo musical Astarot 01/03/2011

Slide 36

IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 24/03/2011 E O 01/03/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEDENCIA.

Slide 37

BIBLIOGRAFÍA G. Tavani (1986). A poesía lírica galego-portuguesa. Ed. Galaxia. ISBN 84-7154-561-6 Pena, Xosé Ramón (1993). Manual e antoloxía da Literatura Galega Medieval. 1ªed. Santiago de Compostela 1992, ed. Sotelo Blanco, ISBN 84-7824-147-7 Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Ed. Xerais. ISBN 84-7507-778-1 Ramón Gutiérrez Izquierdo (2000). Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ed. Xerais. ISBN 84-8302-505-1 VVAA (1991). Literatura Galega 3ºBUP. Ed. Xerais. ISBN 84-7507-568-1 VVAA (2008). Lingua e Literatura 1 – Bacharelato. Consorcio editorial Galego. ISBN 978-84-8341-232-9 VVAA (2008). Lingua e Literatura Galega . 1º Bacharelato. Ed. Galaxia. ISBN978-84-9865-096-9 VVAA (1992). Literatura Galega. Textos escollidos. Ed. Bahia. ISBN 84-87674-16-X VVAA (2000 ). Literatura Galega. Antoloxía. Bacharelato. Ed. Xerais. ISBN 84-8302-534-5 VVAA (2001). Literatura Galega. Século XX. Ed. A Nosa Terra. ISBN 84-95350-33-4

Slide 38

ANEXOS

Slide 39

Cançó provenzal, dos trobadores de Occitania. Ab la douzor del temps novel Fueillon li bosc, e li auzel Chanton chascus en lor lati, Segon lo vers del novel chan: Adonc esta ben q'on s'aizi De zo dont hom a plus talan. De lai don plus m'es bon e bel No-m ve messatger ni sagel, Don mon cors non dorm ni non ri Ni no m'en auz traire enan, Tro que eu sapcha ben de la fi, S'el es aissi com eu deman. La nostr'amor va enaissi Com la brancha de l'albespi Qu'estai sobre l'arbre tremblan, La noig, ab la ploi' e al gel, Tro l'endeman, qe-l sols s'espan Per la fueilla vert el ramel. Guilhen de Peiteu

Slide 40

Senhor, en tan grave dia vos vi que non poderia mais; e por Santa María que vos fez tan mesurada, deoedevos algun dia de mi, senhor ben talhada. Don Dinis de Portugal

Slide 41

Amor, a ti me venh’ora queixar de mia senhor, que te faz enviar cada u dormio, sempre, e m’espertar, e faz-me de gran coita sofredor; pois m’ela non quer veer nen falar, que me queres, Amor? Fernand’ Esquio

Slide 42

Non me queredes, mia senhor, fazer bem, enquant’eu viver, e pois eu por vos morto for non mi o poderedes fazer, ca on vi eu quem fezese nunca bem se non podesse. Johan Nunez Camanes

Slide 43

¿Vistes tal cousa, senhor, que mi avén cada que venho convosco falar? Sol que vos vejo, logu’ei a cegar que sol non vej’, e que vos venha ben,, pois mi assí cega vosso parecer, ¡se ceg’assí quantos vos van veer! Johan Mendez de Briteiros

Slide 44

Amor faz a min amar tal senhor Que é máis fermosa de quantas sei, E fazm’alegr’e fazme trobador, Cuidand’en ben sempr’, e máis vos direi: Fazme viver en alegrança E fazme todavía en ben cuidar. Pois a min amor non quer leixar e dám’edforç’e asperança mal venh’a quen se d’el desasperar. Airas Nunes Pois que m’ei ora d’alongar de mia senhor, que quero bem e que me faz perder o sen, quando m’ouver d’ela quitar, direi, quando me lh’espedir: de bon grado queria ir logo e nunca mais viir. Afonso X de Castela

Slide 45

Que muito m’eu pago d’este verao por estes ramos e por estas flores, e polas aves que cantan d’amores, porque ando i led’e sem cuidado ; e assi faz tod’omem namorado: sempre i anda led’e mui louçao. Airas Nunes

Tags: galego literatura medieval cantigas amor

URL:
More by this User
Most Viewed