LoisPereiro1_Intro

+41

No comments posted yet

Comments

Slide 1

FOTO: Nacho Santás Lois Pereiro LETRAS Galegas 2011

Slide 3

Manu Clavijo Coa designación de LOIS PEREIRO -a voz máis sin-gular da súa xeración- como figura homenaxeada nas Letras Galegas 2011, a Real Academia Galega sorprendeu a todos. Manu Clavijo

Slide 4

“A ELECCIÓN deste poeta maldito, punk e postmoderno provocou unha descoñecida onda de entusiasmo no mundo literario galego e xerou decontado unha inagardada expectativa de renovación para o futuro dunha efeméride en evidente retroceso de interese popular.” (Manuel Bragado)

Slide 6

Se houbo algunha vez un poeta maldito na litera-tura galega, ese foi Lois: “nunca perdín despois de tantos anos esa necesida-de de sentirme sempre molesto e radical”. (Lois Pereiro) "Os poemas de Lois son de aceiro, funcionan coma un bisturí que disecciona a vida, pero detrás apréciase a fraxilidade do individuo” (Xavier Seoane)

Slide 7

Lois encarna "a cultura alternativa e underground.“ (Manuel Rivas)

Slide 9

“A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte a vi-da: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopo-lita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía”. (prazadasletras.org) “Andou polas beiras salvaxes da vida” (Manuel Rivas)

Slide 10

«O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultu-ra e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experien-cia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita» (Ana Acuña)

Slide 11

“poeta punk, romántico e expresionista a un tempo.” (Óscar Iglesias) “Lois era 'esencialmente poeta', un roqueiro amante das palabras, unha persoa calada e con moito sentido do humor”. ( Xosé Manuel Pereiro) “Poeta enxoito, solitario, afastado do mundo” (Xurxo Souto)

Slide 12

«A súa vida e a súa obra é un guión do malditismo literario, o dun home asolado pola melancolía» (Antón Patiño) Lois Pereiro visto por Antón Patiño

Slide 13

“Tiña un elemento en común con Manuel Antonio: consegue que un libro 'Poesía última de amor e enfermidade' se con-vertese en totémico e necesa-rio, lido por todos os novos poetas dos noventa". (Helena González) “NADA AMÁBEL había na escrita de Lois Pereiro. Poeta urbano, aguzado, metálico e hermético ao comezo, descarnado e radicalmente diáfano contra o final.” (Daniel Salgado)

Slide 14

“...autor que está falando den-de o hoxe máis absoluto, dende o presente inmediato, dende os suburbios, as fábricas e os peiraos; non é un poeta dos pazos nin das paisaxes. É un poeta diferente, que pertence á tradición máis expresionista e alemá, case eslava". (Arturo Casas)

Slide 15

Lois Pereiro nas paredes de Vigo

Slide 16

A Academia sacou a Lois do pequeño círculo que o coñecía. O monfortino xa ten unha rúa, edicións e e reedicións das súas obra, estudos, charlas, discursos oficiais, representacións, documentais, discos coas súas letras, webs, un selo, traducións ao castelán e ao inglés…

Slide 17

PERCORRAMOS pois, a traxectoria vital e creativa dunha das figuras máis tráxicas da literatura galega.

Slide 19

Preme a onde queiras ir I. MONFORTE. INFANCIA E ADOLESCENCIA II. MADRID. DO ENTUSIASMO Á TRAXEDIA IV. RESURRECCIÓN E MORTE III. A CORUÑA. AS LUCES E AS SOMBRAS

Summary: INICIO PRESENTACIÓN SOBRE LOIS PEREIRO FEITA POR ELVIRA ROIZ,ASESORADA POR INÉS SÁNCHEZ.

URL: