LoisPereiro3_Madrid

+11

No comments posted yet

Comments

Slide 9

Di Iago Martínez

Slide 12

Lois, Piedad, Saco, Cuso, Xosé Manuel Madrid 1977

Slide 1

DO ENSUASIASMO Á TRAXEDIA II. MADRID

Slide 2

En 1975 Lois foise a Madrid a es-tudar Socioloxía na Universidade León XIII, que era da Igrexa. FACULTADE DE CC.PP. E SOCIOLOXÍA "LEÓN XIII" Non estivo máis que un trimestre: aquilo non lle gustaba e ademais botaba de menos a Piedade... Así que volveu a Monforte e traballou na cristaleira do pai.

Slide 3

Con Piedad nun piso da rúa Manuel Silvela, Madrid, 1976 Xa con Piedad, volveu ao ano seguinte a Madrid e matriculouse en Francés, Inglés e Alemán na Escola Oficial de Idiomas.

Slide 4

Lois simpatizaba cos movementos asemblearios que querían cambiar as cousas. Sen militar nunca, comprometeuse, sempre por libre, en movementos sociais e políticos que reclamaban liberdade e xustiza. Loitou, por exemplo, con-tra a instalación dunha celulosa en Monforte, que danaba os intereses dos labregos. Declarabase anarquista e tiña unha clara concepción política da vida. Con Piedad nun piso da rúa Manuel Silvela, Madrid, 1976 E tivo máis sorte que o seu irmán Xosé Ma- nuel, que foi detido por esa razón. Logo foi amnistiado. Xosé Manuel Pereiro Morto Franco, eran os difíciles anos da Transición. Todo se movía.

Slide 5

Lois Pereiro tamén disfroitaba das moi-tas oportunidades que a cidade e os novos tempos ofrecían: maratónicas sesións de cine, concertos, recitais… En Madrid, Lois Pereiro, mantense economicamente traducindo filmes e series para a televisión. “Chegou a Madrid como unha esponxa disposto a absorver todo canto lle ofrecía aquel abrollar da cultura na primavera que foi a Transición” (Xosé Manuel Pereiro)

Slide 6

Co seu irmán Xosé Manuel, entra en con- tacto con xente da cultura e das artes como Manuel Rivas, Reimundo Patiño, Antón Patiño, Menchu Lamas… Rivas Reimundo Patiño Antón Patiño Menchu Lamas Vicente Araguas Con eles fixo a revista experimental Loia, unha publicación-manifesto feita a fotocopia, que só durou catro números, pero que, agora, xa é mítica. Lois Pereiro

Slide 7

A súa tirada era pequena: só o 4º e último número sobrepasou os 100 exemplares. O 4º número levaba en portada a imaxe do pai e dos avós de Lois.

Slide 8

Poemas de Lois Pereiro na revista Loia Manuel Rivas definira a esta revista como ''máis underground ca un gorrión nun metro''

Slide 9

LOIS tiña unha personalidade solitaria e sempre andaba afastado da dinámica de grupo. Pero non o suficiente naqueles tempos convulsivos: unha vez, os violentos guerrilleiros de Cristo Rey (organización de extrema dereita neofascista) parárono pola rúa e estiveron a piques de agredilo...

Slide 10

NESTA ÉPOCA inicia Lois algunhas das moitas viaxes que fará ao longo da súa vida polos neboentos espazos da Europa, que até entón coñecía a través do cinema e da literatura. En diferentes viaxes en tren percorrerá toda Centroeuropa, Inglaterra, Irlanda, Francia…

Slide 11

Lois en París nos Xardíns de Luxemburgo en 1979 Foto: Piedad Cabo

Slide 12

Lois con Piedade, o seu irmán Xosé Manuel (con gafas) en 1977.

Slide 13

Lois con Piedad Cabo nun piso do Paseo de Extremadura.

Slide 14

Lois con Piedad Cabo nun piso do Paseo de Extremadura.

Slide 15

No Paseo de Extremadura con Pablo Iglesias Con só vinte anos, Lois escribe unha novela que seixou inacabada: Náufragos do paraíso. Foi rescatada e publicada postuma-mente na revista “Luzes de Galiza”, que dirixía Rivas. Marcos Calveiro acaba de publicala en Xerais. A pesar da súa mocidade, emprega unha interesante linguaxe poética e asoma a súa capacidade de observación como preciso analista da condición humana.

Slide 16

No Rastro de Madrid en 1978

Slide 17

No piso do Paseo de Extremadura (1979) Foto: Piedad Cabo

Slide 18

No piso do Paseo de Extremadura (1979) Foto: Piedad Cabo

Slide 19

No piso do Paseo de Extremadura (1979) Foto: Piedad Cabo

Slide 20

Lois Pereiro no centro da imaxe cuns amigos en Monforte no ano 1979

Slide 21

Lois Pereiro na Casa de Campo de Madrid, 1979

Slide 22

Lois Pereiro en Monforte en 1980 coa súa irmá Inés

Slide 23

Lois Pereiro cos irmáns en Monforte. Lois Pereiro en Monforte cos seus irmáns

Slide 24

Lois Pereiro en Monforte.

Slide 25

Caricatura de Flaubert Lois Pereiro facendo dedo na Bretaña para ir a Rouen e ver a casa de Flaubert en 1980

Slide 26

Lois na Festa do viño (Sober, 1981)

Slide 27

EN 1981 ACONTECE algo que marcará un antes e un despois na vida de Lois. Sufriu un gravísimo envelenamento producido polo consumo de aceite de colza adulterado.

Slide 28

O aceite de colza comercializouse a granel fraudulentamente, sobre todo nos arre- dores de Madrid,en garrafas de 5 litros, sen etiqueta nin ningun tipo de control (o que era habitual na España de entón...). Lois, como todos, descoñecía a orixe daquela doenza que o estaba a matar: fortes dores, perda de mobilidade nas articulacións… No piso de Lois mercáronllo aos butaneiros. º Nin podía vertirse só…

Slide 29

A que foi a maior traxedia alimentaria acaecida en España deixou centos de mortes (370 “oficiais” e moitas máis) e ducias de milleiros de enfermos, moitos deles dos cales sufriron, e seguen a sufrir secuelas de por vida. As autoridades tardaron en dar cumprida resposta á ma-siva intoxicación. Jesús Sancho Rof Pero a causa da estraña doeza, (ao pouco coñecida como "síndrome tóxico“), non era un bichiño, senón a cobiza: aceiteiros sen escrúpulos desviaran ao consumo humano aceite de colza desnaturalizado con anilinas para uso industrial. O daquela ministro de Sanida-de, Sancho Rof, restáballe im-portancia: “Es un bichito que si se cae de la mesa, se mata”.

Slide 30

Lois Pereiro con Piedad en Madrid Lois foi internado, pero axiña deixou as sesións de rehabilitación. Confesou que non aturaba ver o sufrimento daqueles nenos enfermos… … e volveu definitivamente a Galicia para librar desde entón un longo reto coa morte, á cal manterá a raia máis do previsto.

Slide 31

Preme a onde queiras ir: INTRODUCIÓN

Summary: Autora:Elvira Roiz.

URL:
More by this User
Most Viewed