|
|
A DURA SUPERVIVENCIA
Antón Patiño foi o autor da portada
ex ministro de Cultura do PSOE, Cesar Antonio Molina (2007-2009) Con B Andreu, Luisa Castro Mortos Lois Pereiro, Luísa Villalta y Xela Arias
AS LUCES E AS SOMBRAS III. A CORUÑA
Tras vivir a cabalo entre Monforte, A Coruña e Compostela (onde vive Piedad), Lois, que recupera mobilidade e masa muscular, establécese e na Coruña nun piso co seu ir-mán Xosé Ma-nuel, e, xa máis tarde, coa súa irmá Inés. Foto: Vari Caramés
A pesar de manexar ben o inglés, o francés e o alemán, ade-mais, claro, de galego, portugués e castelán, a Lois non lle era doado atopar traballo. O aspecto demacrado que lle deixou para sempre o veneno da colza privouno dun par de oportunidades en medios de comunicación. Foto: Vari Caramés Foto: Vari Caramés
Foto: Vari Caramés Conta Manuel Rivas que el e unha compañeira “rían moito os dous cando traballaban na dobraxe dalgunha película porno. Mm mm así así mm mm si si non si vou non vou vou si si si! A técnica era trocar os xemidos en palabras. Porque pagaban por palabras, tamén polos monosílabos”. Mantíñase da dobraxe traducindo películas e guións de series televisivas para a TVG. Se non había nada mellor, traducía porno, un traballo fácil e ben pagado.
En 1982 gañou o único premio que levou na súa vida, o de Poesía “O Facho”. Foto: Vari Caramés Foi tamén o único premio ao que se presentou. Lois na estación do tren de Monforte
Foto: Vari Caramés Lois na estación do tren de Monforte
Na década dos 80, Lois comparti-rá diversos proxectos co seu ir-mán Xosé Manuel, que aquelas alturas era integrante do grupo de rock punk Radio Océano, principal referente da 'movida coruñesa‘ . Xosé Manuel Pereiro “Johnny Rotring”, voz de Radio Océano A canción “Narcisismo”, unha das máis sonadas do grupo, foi escrita por Lois naquela onda post-punk sinistra da época. Curiosamente, “Narcisismo” non apareceu no seu único LP "Nin falta que fai“ (1986), hoxe peza de coleccionista e un dos discos fundamentais na historia do rock galego.
A movida coruñesa tivo menos apoio e menos eco que a viguesa. Era máis dura, máis sinistra… Sigo os pasos do sangue no meu corpo e coa unlla do meu dedo máis firme abro un sulco vermello en media lúa na vea que me acolle tan azul
Lois fotografado por Xosé Abad na súa imaxe máis “underground”, cun libro de Handke, un litro de Fanta e o eterno cigarro na man…
Lois, apaixona-do xermanófi-lo, amaba os artistas (litera-tos, cineastas, fotógrafos, pintores…) da tradición de-moledora do expresionismo centroeuropeo. Devoraba –na lingua orixinal – aos austríacos Peter Handke e Thomas Bernhard, ao rumeno Paul Celan, ao francés Alfred Jarry; as películas de Wenders…
Entre Piedad e Saco en Alemaña, 1983
Con Saco en Alemaña, 1983
Alemaña, 1983 Alemaña, 1983
Lois con Piedad no Muro de Berlín en 1983
Tullerías, París, 1983 Lois e Saco Lois e Piedad
En 1985 o irmán de Lois, Xosé Manuel Pereiro, Suso Iglesias e outros mozos xornalistas crean na Coruña a revista alter-nativa “La Naval”, definida como “revista atlántica”. Nela Lois, que formaba parte do consello de redacción, facía de “patrón de pesca das ten-dencias, das últimas e das de sempre”, conta Xosé Manuel. La Naval, Número 0 (Nov/1984)
La Naval, núm. 1 (Marzo/1985). La Naval, núm. 00 (ou núm. 2), Ag.-Sep/1985 La naval foi á movida coruñesa o que “Tintiman” á viguesa.
A cabeza de Lois Pereiro era un radar que detectaba o mellor da vangarda artística. Lois ía sempre por diante.
Lois con Piedad en Santiago en 1983 Foto: Fernando Bellas
Lois con Piedad na Alameda de Santiago en 1984
Tratando de promover o cómic galego, Lois colabora (con Carlos Silvar, Varela Ferreiro, Xaquín Marín e outros), na revista "A Ameixa Cacofónica“, creada en Carballo en 1982. Tratábase dun fanzine cun material de grande calidade dedicado enteiramente á banda deseñada e que avogaba pola renovación da cultura galega. Pero só durou catro números. Calros Silvar
Colaborou co grupo poético coruñés 'De amor e desamor' fundado no ano 1984. Este grupo, no que estaban entre outros Manuel Rivas, Lino Braxe ou Fernán-Vello, dedicábase a dinamizar a vida cultural coruñesa e organizaba recitais en diferentes locais. Poemas de Lois apareceron nas dúas antoloxías que existen sobre o grupo. A xente que provén desta xeración tamén impulsará diveersos proxectos culturais como a revista Luzes de Galiza. Aínda que Lois nunca se considerou dunha escola poé-tica, integrouse no grupo coruñés “De amor e desamor”. Nacido en 1984, estaba formado poetas de moi dife-rentes tendencias que partillaban inquedanzas culturais. O grupo De amor e desamor. Foto: Xurxo Lobato
LOIS PEREIRO Xabier Seoane Manuel Rivas X. Mato Fondo Miguel Anxo Fernán Vello Pilar Pallarés Xulio Válcarcel Fco. Salinas Portugal O grupo dedicábase a dinamizar a vida cultural coruñesa e organizaba recitais en diferentes locais. O grupo De amor e desamor. Foto: Xurxo Lobato Lino Braxe Xosé Devesa
O grupo De amor e desamor. Foto: Xurxo Lobato A poesía de Lois aparece nas dúas antoloxías que publicaron: De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1986), actualmente descatalogados.
A respecto da súa inclusión neste grupo, di o seu irmán Xosé Manuel que Lois era: “un punk calado, irónico e amable, un dandy esguío entre quen agora son o núcleo duro da creación poética galega. Eran amigos seus, pero sempre preferiu frecuentar os labirintos da vida aos círculos literarios”. O grupo De amor e desamor. Foto: Xurxo Lobato
O grupo De amor e desamor. Foto: Xurxo Lobato
Alí foron convidados músicos e artistas galegos coa finalidade de opoñerse á nova concepción 'mediterránea' que se estaba a impoñer da cultura do Estado español. En 1996 Lois participou na organización do Desembarco das Forzas Atroces do Noroeste, unhas xa míticas xornadas cul-turais que tiveron lugar en Santander. Lois Pereiro na Universidade Internacional Menéndez Pelayo de Santander. Foto: Xurxo Lobato
Lois Pereiro na Universidade Internacional Menéndez Pelayo de Santander. Foto: Xurxo Lobato
Lois foi redactor dalgúns guións de programas de televisión con vocación de modernidade. Fotogramas de Valle de lágrimas (1986) de J. D. Rodríguez e G. Represa. Visualmente barroca, conecta a iconografía céltica coa narrativa futurista de ficción. Tamén colaborou nos primeiros audiovisuais experimentais galegos. Foto: Xurxo Lobato
Foto: Xurxo Lobato
Lois en Praga en 1987
Lois en Praga en 1987
Lois en Nüremberg en 1987
Lois en Strasburgo en 1987 En 1987, a profesora Julia Barella incluíu a voz de Lois na súa antoloxía Después de la modernidad. Poesía española en sus lenguas literarias, xunto a Bernardo Atxaga, Luis Alberto de Cuenca, Pedro Casariego... Julia Barella, profesora de Litera-tura española na Universidade de Alcalá de Henares (Madrid).
Foto: Xurxo Lobato Lois entre Luísa Castro e Fernán Velho Lois con Fernán Velho e César Antonio Molina
Seguindo as letras do alfabeto da A á Z, Lois constrúe metaforica-mente a súa concep-ción de Galicia. Trátase dun impoñente mosaico poético feito en prosa. QUE É GALICIA? Galicia... data Run... A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz. (...) Para un programa de televisión emitido o Día das Letras Galegas de 1988, Lois escribiu un magnífico guión.
“¿Que é Galicia?”, por Lois Pereiro
Lois coa súa irmá Inés en Strasburgo en 1991
Até 1991, Lois só logrou publicar a súa obra en revistas culturiais (La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza...). Lois coa súa irmá Inés en Strasburgo en 1991
Foi publicado por unha pe-quena editorial creada para voces “raras” como a súa, Edicións Positivas. Lois abriu a colección “di-versos”. Finalmente, en 1991 e tras varios intentos, deu publi-cado o seu primeiro libro, Poemas 1981/1991. É unha antoloxía que reune 42 poe-mas escritos en dez anos, “mestura de video-clip, haiku, destello, pregaria e cantiga de escarnio”, en palabras de Manuel Rivas, quen engade que Lois é un “clásico que ten a literatura galega sen sabelo”.
Hoxe Poemas 1981/1991 é un libro descatalogado.
Lois Pereiro e Manuel María na presentación de Poemas 1981/1991 en Monforte.
Lois Pereiro na presentación de Poemas 1981/1991 en Monforte.
Lois en 1992 na Ferrería do Incio. Foto: Ramón Raíces
Lois en 1992 en Monforte Lois en 1992 na Ferrería do Incio. Foto: Ramón Raíces
Os tres irmáns en París en 1992
En 1994 a fráxil saúde de Lois sufriu unha grave recaída e, nunha longa estancia no hospital, andou ás beiras da morte. Ese ano soubo que contraera a SIDA. Lois en Compos-tela en 1994
Lois contou que durante días e días de dor e semicoma víase a si mesmo nunha porta xiratoria. Unha inercia fatal tiraba del cara á escuridade, pero unha lexión de brazos, a avoa Balbina, a nai, os irmáns, os ami- gos, o suxeitaban e o devolvían á vida. DESCOÑECÍA POR CANTO TEMPO, PERO GOZABA DUNHA NOVA E ÚLTIMA VIDA... DESDE AQUEL RETORNO, LOIS VAI ESCRIBIR SEN TREGUA, CONVULSIVA-MENTE, COMO NUNCA ANTES O FIXERA.
Preme a onde queiras ir: INTRODUCIÓN
Summary: Autora:Elvira Roiz.
| URL: |
No comments posted yet
Comments