LoisPereiro5_Coru2

+19

No comments posted yet

Comments

Slide 31

IGLESIAS, ÓSCAR: “A nova sabotaxe de Lois Pereiro”. EL PAÍS (14-01-2011)

Slide 32

IGLESIAS, ÓSCAR: “A nova sabotaxe de Lois Pereiro”. EL PAÍS (14-01-2011)

Slide 33

IGLESIAS, ÓSCAR: “A nova sabotaxe de Lois Pereiro”. EL PAÍS (14-01-2011)

Slide 34

IGLESIAS, ÓSCAR: “A nova sabotaxe de Lois Pereiro”. EL PAÍS (14-01-2011)

Slide 1

IV. RESURRECCIÓN E MORTE Foto: Vari Caramés Le vent se lève! . . . il faut tenter de vivre! (Paul Valery)

Slide 2

Foto: Vari Caramés Nesta súa derradeira etapa —intensa e breve — Lois, que até agora se metía heroína para aturar a dor física e emocional que lle causaba o seu estado, consegue superar a súa drogo- dependencia.

Slide 3

Lois Pereiro coa nai en Monforte

Slide 4

Lois, lúcido e moi animado, en estado de gracia, escribía febrilmente poemas urxentes”, Foto: Xurxo Lobato

Slide 5

Foto: Andrés Panaro A unha enquisa periodística sobre os problemas actuais, “E ti, de qué lado estás?", respondeu cun ensaio xa histórico: “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”. A “Modesta proposición” xunto con artigos e entrevistas incluí-dos nunha recente edición de Xerais, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois.

Slide 6

Foto: Víctor Echave Respondendo ás acusa-ción de que era pouco comprometido e dema-siado vangardista, Lois proclama en “Modesta proposición”: «Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua».

Slide 7

E a aqueles que lle criticaban fi-delidades e mi-litancias por pouco modernas retrucáballes no mesmo texto: Foto: Víctor Echave «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse».

Slide 8

Foto: Víctor Echave “Modesta proposición” é todo un alegato político, un manifesto pola liberdade, pola xustiza. Foi publicado postumamente na revista “Luzes de Galicia” (1996) en en Poemas para unha loia (1997), que recolle os textos que, cando mozo, publicara na revista homónima madrileña .

Slide 9

Foto Isabel Romero En 1995, un ano antes de morrer, Lois perde a tres grandes amigos. Ese ano publica o seu segundo e derradeiro libro: Poesía última de amor e enfermidade. 1992-1995.

Slide 10

Lois nun inesquecible recital no pub Moka da Coruña en 1996 relatou a xénese deste seu impactante testamento poético. E escribía constante-mente, “retocando o guión” da súa vida. Foto: Vari Caramés Dixo sentir unha intensa ledicia e unha enorme responsabilida-de. E lembrou a Valery “o vento sopra. Hai que intentar vivir”. Sobrevivir á longa e du-rísima estancia no hos-pital supuxera para el unha epifanía. Cando, perplexo, se deu de conta que vivía, decidiu que tiña que ser outro, que debía escribir o que antes calara…

Slide 11

Caderno de Lois Pereiro

Slide 12

“E estou vivindo un soño repetido / nas noites dos que me seguen querendo” “Traduciu o esforzo e o amor que o retiveron deste lado nun libro intenso e apaixonado, dos máis duros e descarnados da literatura galega, xa desde o título.” (Xosé Manuel Pereiro) “Creo que non se escribira un texto poético máis íntimo e conmovedor en lingua galega desde o Follas novas de Rosalía”. (Manuel Rivas) No libro –testemu-ño desgarrador–aparece, cru e nu, todo o que de contradición ten a vida: amor, dor, morte, desexo….

Slide 13

Lois e Saco en Escairón verán de 1995

Slide 14

Lois Pereiro con Antón Losada

Slide 15

Foto Isabel Romero Coa súa irmá Inés na Coruña, 1995.

Slide 16

Entre os meses de marzo e xuño de 1995 Lois escribe 'Conversa ultramarina', uns diarios inéditos e descoñecidos até hai pouco. Conversa ultramarina é un impactante diario epistolar no que Lois tiña como interlocutora ausente a Piedad Cabo (na obra “P.”)

Slide 17

A muller que sempre amou e que fora moza súa até mediados dos oitenta botaba unha tempada en San Francisco estudando inglés. Ansonia Hotel (San Francisco) Piedad recibiu o texto de Lois (“Luchi” para ela) en dúas en-tregas, a primeira en San Fran-cisco, a segunda en Santiago. Lois dille a Piedad que xa non está certo de que só lle estea a escribir a ela. Parece perfecta-mente consciente da posterida-de do diario: 'Propiedad de Piedad R. Cabo. Impublicable e irreproducible, a menos que el beneficio que ello le reporte le sirva para comer un sándwich en Chinatown'. Até agora estas cartas que o poeta deixou mecanografadas permanecían inéditas gardadas pola destinataria. Piedad, consciente da enorme importancia do documento acaba de facelas públicas.

Slide 18

Conversa ultramarina é o testamento en prosa do poeta, un laboratorio previo aos últimos poemas de Poesía última de amor e enfermidade. 1992-1995

Slide 19

En Conversa ultramarina -un diario- Pereiro prima a libre comunicación por riba da corrección: ademais de citas en francés, inglés e alemán, Lois emprega gale-go –a súa lingua literaria– e tamén castelán, a lingua habitual de Piedad. Os textos, escritos en plena tensión creativa, traslucen as ganas de vivir do poeta, cando xa se sabe ferido de morte. Con extraordinaria sinceridade indaga no seu interior e busca reconciliarse coa vida. “O meu corpo esta dirixido por unha mente kamikace que se há botar calquera día en picado antes de que o corpo a destrúa a ela”. “Cando non podo estar con quen amo, intento amar a quen está comigo. Non sei se está ben, e non sei se está mal, pero así, de momento, non vou perdendo altura e me manteño nas alturas”.

Slide 20

Lois Pereiro en xaneiro de 1996 en Compostela FOTO: Nacho Santás

Slide 21

Foto: Nacho Samtás Lois Pereiro en xaneiro de 1996 en Compostela

Slide 22

Lois na voda de Xosé Manuel en marzo de 1996

Slide 23

Lois xunto á súa irmá Inés na voda de Xosé Manuel en 1996 Lois con Manuel Rivas Foto: Xurxo Lobato

Slide 24

Foto: Xurxo Lobato Lois gozaba dun efémero recoñecemento –partici-pou en diversos recitais- cando lle chegou a morte.

Slide 25

Lois Pereiro morre na Coruña o venres 24 de maio de 1996, no cuarto 627 do Hospital “Juan Canalejo”. Só tiña 38 anos.

Slide 26

Lois Pereiro morre na Coruña o venres 24 de maio de 1996, no cuarto 627 do Hospital “Juan Canalejo”. Ese mismo día –ironías da vida– fíxose pública a sentenza do xuízo sobre o caso da colza.

Slide 27

O Viso Lois Pereiro foi soterrado en terras do Incio, no cemiterio de Santa Cristina do Viso. “XACE en tumba honorable, baixo a negra terra da aldea de Santa Cristina, na montaña máxica do Incio. E tivo un enterro de rei, ao aire libre, sobrevoado polas andoriñas e co canto de cuco seguindo o ritmo das campás. O altar, so-bre un remolque, de tractor. Os gaiteiro, interpretando a marcha do Antigo Reino”. (Manuel Rivas) Santa Cristina do VIso

Slide 28

Tumba de Lois Pereiro no cemiterio de Santa Cristina do VIso Na súa tumba está parte do epitafio que propuxo no seu último poema: “Cuspídeme enriba cando pasedes diante do lugar onde repouse enviándome UNHA HÚMIDA MENSAXE DE VIDA E DE FURIA NECESARIA.”

Slide 29

Derradeira mesa de traballo de Lois Pereiro fin

Slide 31

Bibliografía Pereiro, Xosé M. ; Braxe, Lino; Souto, Xurxo: Lois Pereiro. Fotobiografía sonora, Sarria, Ouvirmos, 2010. Pereiro , Lois: Poemas: 1981-1991. Compostela, Edicións Positivas, S.L.,1992. Pereiro , Lois: Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995). Edicións Positivas, S.L., 1995 Pereiro , Lois : Conversa ultramarina, Edición de Hugo Martínez. Compostela, Positivas, 2010. PEREIRO, XOSÉ MANUEL : “Retrato de Lois como artista adolescente.” 02/07/2010 (http://www.elpais.com) BUGALLAL, Isabel: “Lois Pereiro: cartas de amor e despedida ´Conversa ultramarina”en http://www.laopinioncoruna.es RIVAS, Manuel: Poesía última de amor y enfermedad. El País, 29/05/1996 (http://www.elpais.com/articulo/cultura/COLZA) Web de Lois Pereiro (http://loispereiro.blogaliza.org/)

Slide 32

ENRIQUEZ NOYA, Rosa: “Lois Pereiro: a lucidez alucinada” (http://www.terraetempo.com) ALVAREZ POUSA, Luis: “Epifanías de Lois Pereiro”. El Ideal Gallego, 4-7- 2010. (http://www.elidealgallego.com) IGLESIAS, ÓSCAR: “A nova sabotaxe de Lois Pereiro”. EL PAÍS (14-01-2011) GÓMEZ, LUPE : “O radar da vangarda”. 18-09-2010 (www. Galicia hoxe .com) SALGADO, Daniel: “Tirar Lois Pereiro do parnaso” (http://www.elpais.com) SALGADO, Daniel: “La poesía bisturí de Lois Pereiro”. 29/10/2007 (http:// www.elpais.com) Bibliografía BUGALLAL, Isabel : “El poeta herido”, (http://www.tecnicaliteraria.com/article531.html)

Slide 33

LÓPEZ, Aarón: “Lois Pereiro, a encarnación dunha xeración” (http://www.galiciae.com) FERNÁNDEZ REGO, Fernando: Biografía de Radio Océano http://lafonoteca.net/grupos/radio-oceano) BRAGADO RODRÍGUEZ, Manuel : “Lois Pereiro 2011” (http://www.farodevigo.es) BRAGADO RODRÍGUEZ, Manuel: “Lois Pereiro e a Academia Galega” (http://bretemas.blogaliza.org/2010/06/27/) PÉREZ , Marcos S. (texto) / COUSO , Isabel G. (vídeo) –”Documental sobre o poeta monfortino” 14/05/2009 (www.vieiros.com) “Lois Pereiro”. Biblioteca Sarmiento . IES de Curtis. 27 de xuño de 2010 (http://sarmientobiblioteca.blogspot.com) Bibliografía

Slide 34

“Lois Pereiro (1958 - 1996) “ en http://bvg.udc.es/ ALBO, Francisco: “Un retrato múltiple de Lois Pereiro”. 22/5/2009. (http://www.lavozdegalicia.es/) ALBO, Francisco: “Lois Pereiro, en castelán”. 17/1/2008 (http://www.lavozdegalicia.es/) PÉREZ PENA, Marcos: “A presenza creadora de Lois Pereiro”. Galicia Confidencial.com” (video) SEARA, Teresa: “O executor en 'stand by': premonición da morte nos poemas de Lois Pereiro”. Dorna, 23, 1997 (http://axendaaelg.blogaliza.org/) “Lois Pereiro”. Biografía. http://www.prazadasletras.org . Xunta de Galicia “Dez anos da morte de Lois Pereiro”. 24/05/2006 (http://vieiros.com) Bibliografía

Slide 35

Preme a onde queiras ir: INTRODUCIÓN saír

Summary: Autora:Elvira Roiz

URL:
More by this User
Most Viewed