12. O teatro de fins do séc. XX e comezos do XXI

-1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

TEMA 12. O TEATRO DE FINAIS DO SÉCULO XX E PRINCIPIOS DO XXI Lourenço Álvarez

Slide 2

Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...

Slide 3

CONTEXTO HISTÓRICO

Slide 4

► Coa chegada da democracia, o panorama social e cultural muda radicalmente. Remata a persecución dos usos públicos do galego, que é recoñecido idioma oficial na nosa comunidade pola Constitu- ción de 1978, e iníciase unha progresiva normalización da lingua ► Remata o longo proceso de estandarización do galego, coa publi- cación dunha normativa oficial en 1982, que será referencia para a maior parte das publicacións escritas ► Regularízase o ensino de lingua e literatura galegas no ensino non universitario. Isto supón unha grande revitalización do sector editorial en lingua galega, tanto na publicación de libros de texto como de libros de lectura literaria. Ao mesmo tempo provoca a aparición dunha sorte de subxénero narrativo de temática e expresión especialmente adaptadas aos gustos adolescentes ► Créanse novas editoriais e dispárase o número de vendas do libro en galego. A colaboración institucional, con importantes subven- cións á cultura galega, consolida tamén outros sectores, como o teatro profesional ou o sector audiovisual CONTEXTO HISTÓRICO

Slide 5

Panorama do teatro desta época

Slide 6

O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA

Slide 7

O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA ► Crear unha rede teatral no país que permita o desenvolve- mento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida ► Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental, aberto a todo tipo de influencias ► Romper co concepto de compañía estábel do teatro burgués e apostar pola itinerancia e a creación colectiva ► Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais, tanto urbanos como rurais Obxectivos do teatro independente

Slide 8

Manuel Lourenzo Francisco Taxes Euloxio R. Ruibal R. Vidal Bolaño

Slide 9

O NACEMENTO DO TEATRO PROFESIONAL Aparecen as primeiras compañías profesionais En 1984 comeza a funcionar o Centro Dramático Galego En 1980 créase a Asociación Profesional do Teatro Galego Estabelécese unha importante política de sub-vencións por parte da Xunta Antroido Artello Luís Seoane Mari-Galila Autores galegos Obras universais Programación estábel Créanse as primeiras sa-las de teatro estábeis Luís Seoane Nasa Galán Yago

Slide 10

MANUEL LOURENZO (Valadouro, 1943) Romería ás covas do demo (1975) Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1978) Electra (1994) As dunas (2009) Importante director, actor, tradu-tor, profesor e ensaísta (O teatro galego), é un dos principais autores do teatro contemporáneo. Destaca polo emprego da mitoloxía clásica (Fedra, Electra) mesturada coa tra-dición popular galega. A • U • T • O • R • E • S

Slide 11

As dunas. Free spa (CDG) A larva fu- riosa (CDG)

Slide 12

EULOXIO R. RUIBAL (Ordes, 1945) Zardigot (1984) Azos de esguello (1989) O son da buguina (1999) Minimalia (2005) Preocupado polo compromiso coa realidade social e política do país, conxuga nas primeiras obras ten-dencias das vangardas europeas da época coa tradición da época. Pos-teriormente realizará achegamen-tos ao teatro ruralista e á temáti-ca histórica A • U • T • O • R • E • S

Slide 13

Zardigot (Es- pello Cóncavo)

Slide 14

R. VIDAL BOLAÑO (Santiago de Compos- tela, 1950-2002) Laudamuco,señor de ningures (1976) Agasallo de sombras (1984) Saxo tenor (1991) Días sen gloria (1992) É un dos autores máis polifacéticos da escena galega das últimos décadas, sempre cunha gran dose de crítica (contra os abusos do poder, da Igre-xa, da sociedade de consumo...) e unha importante forza dramática. Ademais de autor, foi actor, director e funda-dor das compañías Antroido, Teatro do Estaribel e Teatro do Aquí A • U • T • O • R • E • S

Slide 15

As actas es- curas (CDG) Agasallo de sombras (CDG)

Slide 16

A • U • T • O • R • E • S CÁNDIDO PAZÓ QUICO CADAVAL XESÚS PISÓN JOÃO GUISÁN EDUARDO ALONSO RAÚL DANS FRANCISCO TAXES ROBERTO SALGUEIRO

Slide 17

TROULA ANTROIDO O MOUCHO CLERC ARTELLO C • O • M • P • A • Ñ • Í • A • S

Slide 18

SARABELA TEATRO DO ATLÁNTICO TEATRO DO NOROESTE C • O • M • P • A • Ñ • Í • A • S TEATRO DO AQUÍ

Slide 19

CHÉVERE MATARILE TEATRO DO MORCEGO C • O • M • P • A • Ñ • Í • A • S

Slide 20

PANORAMA DO TEATRO DA ÉPOCA ► ANOS 70: O teatro independente vive a súa época de maior vitalidade coa celebración das Mostras de Teatro Independente de Ribadavia e o Certame Abrente de textos literarios (desde 1973) ► ANOS 80: O cambio de década marca o inicio do teatro profesional e institucional, o que supón un salto cuali- tativo na escena galega: en 1980 créase a Asociación Profesional do Teatro Galego e en 1984 o Centro Dramático Galego ► ANOS 90 E ACTUALIDADE: Conviven os integrantes do grupo Abrente con propostas modernizadoras de novas compañías e novos autores, créanse salas alternativas e comeza a haber unha maior comunicación do teatro galego co do resto de Estado e Portugal O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA ► En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abren- te. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao tempo que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación de textos dramáticos. O exemplo de Ribadavia foi seguido por outras localidades (Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene...) ► Obxectivos do teatro independente: - Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais - Romper co concepto de compañía estábel do teatro burgués e apostar pola itinerancia e a creación colectiva - Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental - Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida TEATRO DE FINAIS DO SÉC. XX E PRINCIPIOS DO XXI ESQUEMA PARA IMPRIMIR O NACEMENTO DO TEATRO PROFESIONAL

Slide 21

► O GRUPO ABRENTE Está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia. Ademais de escritores, son tamén directores, promotores de compañías e algúns deles mesmo actores - Manuel Lourenzo: Romería ás covas do demo, Traxicomedia do vento de Tebas..., Electra, As dunas... - Euloxio Ruibal: Zardigot, Azos de esguello, O son da buguina, Minimalia... - Francisco Taxes: O velorio, Lenta raigame, Caderno de bitácora... - R. Vidal Bolaño: Laudamuco, señor de ningures, Agasallo de sombras, Saxo tenor, Días sen gloria... ► OUTROS AUTORES: Eduardo Alonso, Xulio Lago, Xesús Pisón, João Guisán, Raúl Dans, Cándido Pazó, Quico Ca- daval, Roberto Salgueiro... ► PRINCIPAIS COMPAÑÍAS: Antroido, Troula, Artello, Luís Seoane, Mari-Gaila, O Moucho Clerc, Teatro do Aquí, Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste, Matarile, Sarabela, Chévere, Teatro do Morcego... PRINCIPAIS AUTORES E COMPAÑÍAS

Slide 22

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas (1) MANUEL LOURENZO, Viaxe ao país de ningures, ed. Galaxia, Vigo, 1977 (2) MANUEL LOURENZO e PILLADO MAIOR, O teatro galego, ed. do Castro, A Coruña, 1979, páx. 144 bis

Tags: teatro galego literatura galega actualidade

URL: