1. A poesía das Irmandades da Fala

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

TEMA 1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA Lourenço Álvarez

Slide 2

Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto Definición ou explicación dun concepto Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...

Slide 3

A ÉPOCA DAS IRMANDADES. Contexto histórico ► Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedade das terras ► Consolidación dunha burguesía industrial e financeira ► Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte do campesiñado coa abolición do sistema foral ► Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario ► Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes O inicio do século XX vén marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais

Slide 4

O líder agrarista Basilio Álvarez Realiza unha loita radical pola abolición dos foros, contra o caciquismo e pola modernización do sector agrario Destacan as organizacións Solidaridad Gallega (1907) e Acción Gallega (1912), liderada por Basilio Álvarez Os postulados agraristas terán unha gran repercusión na obra de Cabanillas. O MOVEMENTO AGRARISTA

Slide 5

AS IRMANDADES DA FALA Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Re-xionalismo A dignificación e promoción da lin-gua galega é un dos seus principios fundamentais Presentan, ademais das reivindica-cións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo O seu voceiro é a revista A Nosa Terra

Slide 6

Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos, tradución de obras da literatura universal.. Fundan editoriais (Céltiga, Alborada, Lar, Nós... ) e publicacións periódicas en galego (A Nosa Terra, Rexurdimen-to, Nós, Ronsel…) Publican Algunhas normas pra a unifi-cazón do idioma galego, traballo de ca-rácter normativo, e un dicionario caste-lán-galego Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918) Poñen en marcha o Seminario de Estudos Galegos (1923) AS IRMANDADES: actividade cultural

Slide 7

Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca dunhas bases para facer posíbel un federa-lismo con Portugal. Institucións lexislativas e xudiciais propias, autonomía fiscal Cooficialidade do galego Igualdade de dereitos da muller. Reformas que rematen co secular atraso da economía galega Este programa será recollido polo Partido Galeguista durante a Segunda República. AS IRMANDADES: actividade política

Slide 9

A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES Situación da poesía galega no inicio do século XX: Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético: COSTUMISMO RURALISTA REIVINDICACIÓN CÍVICA HISTORICISMO CELTISTA INTIMISMO SENTIMENTAL Algúns dos autores das Irmandades, especialmente Cabanillas, incorporando esas liñas temáticas, renovan o empobrecido panora- ma, achegándose ás tendencias que dominan a lírica europea DÚAS TENDENCIAS XERAIS na poesía do primeiro terzo do séc. XX CONTINUÍSTA RENOVADORA Noriega Varela López Abente Vitoriano Taibo Crecente Vega Ramón Cabanillas

Slide 10

NORIEGA VARELA (1869-1947) A súa obra poética está recollida nun único volume, Do ermo, que foi aumentando entre 1904 (1ª edición, co título de Montañesas) e 1946 COMPOÑENTES DA SÚA POESÍA a) COSTUMISMO RURALISTA Enmárcase dentro da corrente do descriti- vismo paisaxista e de costumes propio da tradición decimonónica: métrica popular, temática rural, escenas costumistas b) LIRISMO DA NATUREZA “Fale meu bisavó” O que a Galicia mal queira Pon medo, así eu teña a Dios: pode vivir sosegado: na vida dos meus avós fun o vinteoito á feira un mantelo ¡era un tesouro!, e non vin unha monteira, e menos dunha onza de ouro nin un dengue colorado. non se mercaba un dos bos. Quezais alguén me non crea: Agora campa o percal, os sombreiros de Sevilla i algunhas, que nin pra sal están de moda na aldea, teñen un carto no peto, e n'hai bonita nin fea, visten ¡que meten respeto!, que non chufe coa toquilla. i hastra se enfouzan con cal [... ] ► Enfatízanse as cousas humildes da paisaxe, a partir dunha visión franciscanista da natureza ► Expresión máis culta e refinada, con influencia dos poetas clásicos latinos e do saudosismo; emprego de estrofas cultas, como o soneto “Toda humilde belleza...” Vago xirón de brétema, atavío soberbio de irta xesta, reidora, fulgurante doíña de rocío (pazo do sol e lágrima da aurora); raiola de lunar que bica o río, flor mareliña que entre espiñas chora, ou das redes da a araña un tenue fío, toda humilde belleza me namora. É un vermiño de luz o amigo caro do meu nume saudoso... Antes reparo na nudez adorable dunha estrela que nas rosas dos vales, que sorríen, que nos mantos dos pinos, que se engríen, que nas blondas do mar, que se rebela. É unha breve pucharquiña sobre un enorme penedo. Sen fatuidade urbana míranse naquel espello as froriñas dun carpazo, a ramaxe dun esvedro, linda pastora de Anaigo, i as estreliñas do ceio. É unha breve pucharquiña sobre un enorme penedo.

Slide 11

RAMÓN CABANILLAS (1876-1959)‏ Participa de maneira activa no movemento nacionalista, sendo membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. Na súa poesía combina as principais liñas temáticas do Rexurdimento con algunhas das innovacións formais propias das primeiras décadas do século XX. Os seus poemas de ton anticaciquil e de denuncia social convérteno no poeta do move-mento agrarista, co que entra en contacto a través de Basilio Álvarez, líder de Acción Gallega. Alén da súa obra poética, destaca a peza teatral O Mariscal, unha reconstrución do pasado na que o mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.

Slide 12

Obra de Ramón Cabanillas A saudade nos poe- tas galegos (1920) Antífona da cantiga (1951)‏ A man de Santiña (1921)‏ O Mariscal (1926)‏ No desterro (1913)‏ Vento mareiro (1915) Da terra asoballada (1917) O bendito San Amaro (1926)‏ Na noite estrelecida (1926)‏ A rosa de cen follas (1927)‏ Camiños no tempo (1949)‏ Versos de alleas terras e tempos idos (1955)‏ Da miña zanfona (1954)‏ Samos (1958)‏ Ensaio Teatro Poesía

Slide 13

Paisaxismo, tipos e costumes rurais, ás veces cunha perspectiva crítica ou humorística Temática mítica, celtismo, reivindicación nacional: Na noite estrelecida Liñas temáticas POESÍA LÍRICA a) TEMÁTICA COSTUMISTA Estilo simple e popular; preferencia polos versos de arte menor b) TEMÁTICA INTIMISTA Temática amorosa, vivencias do pasado, identifica- ción coa natureza: clara herdanza rosaliana c) TEMÁTICA CÍVICA A máis representativa: crítica radical da inxustiza social, anticaciquismo, agrarismo, reivindicación na- cional, nunha poesía de estilo directo e coloquial POESÍA NARRATIVA TARDE BAIXA    Sol de outono no mar calmo fungue o lume; alá, lonxe, chirra un carro no camiño; canta a ágoa no rodicio do muíño e arrecende dos fiúnchos o cheirume.    Por enriba dos tellados rube o fume; esbardallan as lavercas antre o liño; roxa lúa, con fasulas de meniño, aparesce da montana sobre o cume.    Zoa a mística campana. Nos lameiros unha flauta; a dos sapos agoireiros. Anda o trasno gargallando nos pinares.    Van e veñen luces roxas polo monte. As rapazas van con medo cara á fonte. Bravo, céltigo aturuxo fende os ares. ¡En pé! ¡Irmáns! En pé, sereos, Validos de treidores ¡Irmáns no amor á Suevia a limpa frente erguida, a noite da Frouseira de lexendaria historia, envoltos na brancura a patria escravizaron en pé! ¡en pé dispostos da luz que cai de riba, uns reises de Castela. a non morrer sin loita! o corazón aberto Comestas polo tempo, ¡O día do Medulio a toda verba amiga, xa afloxan as cadeas… con sangue quente e roxa e nunha man a fouce ¡irmáns asoballados mercámo-lo dereito e noutra man a oliva, de xentes estranxeiras, á libre, honrada chouza! arredor da bandeira azul ergámo-la bandeira azul ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca e branca! e branca!, arredor da bandeira de Galicia, ¡E ó pé da enseña da nazón galega A oliva nunha man, a fouce noutra, ¡cantémo-lo dereito cantémo-lo dereito berremos alto e forte: a libre nova vida! a libertar a Terra! “¡A nosa terra é nosa!” “Acción gallega” ¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Ergámonos sen medo! ¡Desde Ortegal ó Miño ¡Que o lume da toxeira a folla do fouciño envolva na fogueira fagamos rebrillar!  o pazo señorial! Que vexa a vila podre, ¡Xa o fato de caciques coveira da canalla, ladróns e herexes fuxe a aldea que traballa ó redentor empuxe disposta pra loitar.  da alma rexional!                                                 Antes de ser escravos, Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos que corra o sangue a regos desde a montaña ó mar.  desde a montaña ó mar. 

Slide 14

É un dos mellores poemas narrativos da literatura galega Insírese dentro da temática artúrica; ofrece unha versión galeguizada da lenda Componse de tres sagas: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do santo Grial” e “O soño do Rei Artur” Introduce elementos de inspiración modernista É unha obra dunha grande elaboración formal, estilo culto, métrica coidada, onde se combinan os alexandrinos cos octosílabos e as sextinas rubenianas Na noite estrelecida É Merlín o profeta, o celta armoricán, dos silfos e das lumias ollado por irmán, sabedor dos encantos e os máxicos conxuros, das virtudes das herbas e dos fados escuros, que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros deprendéu o diviño lenguaxe dos luceiros; o bardo das idades, o da segreda cencia que a terra fixo súa, impóndolle obedencia ás ágoas da riada, ós rochedos do cume, ás nubes da tromenta, á ardentía do lume. Impoñente, amostrando nativa maxestade, na mirada un sereo craror de eternidade, ten ós pés -cruz de ouro, folla núa afiada- sobre o manto da neve unha fúlxida espada. Aceiro puro e virxe das entrañas da terra, cos lumes sideraes das estrelas en guerra nas fragas treboantes dos lóstregos forxado, que no dolmen batido e no Xordán temprado, foille dado a unha raza de homes sans e valentes, cabeceira de pobos, guiadora de xentes, para impór unha cenza, siñalando o camiño que por riba dos tempos leva ó trunfo diviño.

Slide 15

2 .- Le a seguinte composición e intenta deducir a súa autoría a partir das súas características. A cal das tendencias poéticas deste autor a adscribirías? A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ACTIVIDADES ► Temática. Vinculación coa defensa do movemento agrarista ► Valor simbólico do pazo e do personaxe do velliño ► O poema pódese dividir en dúas partes (versos 1-25 e 26-39): na primeira descríbese a destrución do lume e a reacción da xente e a segunda reflexiona sobre a figura do vello. Observa o contraste métrico e estilístico entre ambas (sintaxe, recursos litera- rios, ritmo, uso de verbos/substantivos...) 1 1 .-Busca na seguinte ligazón [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – CABANILLAS] un poema re- presentativo de cada unha das liñas temáticas da poesía lírica do autor 3 .- Le o poema “Lume no pazo” da páxina seguinte e comenta os seguintes aspectos: ► Comenta o compoñente narrativo do poema

Slide 16

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ACTIVIDADES ► Caracterización do personaxe de Galahaz; en que aspectos se marca que é el o caba- leiro “elixido”? ► Comenta o contido; en que parte da historia se sitúa? 2 4 ► Comenta os dous esquemas métricos diferentes do fragmento .- Le o fragmento entre os versos “Medianoite por filo, cando o galo cantaba” e “do ceo ten de baixar” de Na noite estrelecida que encontrarás nesta ligazón: “O cabaleiro do Sant Grial” (páx. 72) e responde ás seguintes cuestións:

Slide 17

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ESQUEMA PARA IMPRIMIR AS IRMANDADES DA FALA Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético: costumis- mo ruralista, historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación cívica - Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro terzo do séc. XX: continuísta (Noriega Varela, Crecente Vega) e re- novadora (Ramón Cabanillas) - Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. - Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Rexionalismo - A dignificación e promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais - Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo - O seu voceiro é a revista A Nosa Terra Fundan editoriais que permitirán a publicación en galego: Céltiga, Alborada, Libredón, Lar, Nós e crean publicacións periódicas en galego: A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Ronsel… - Publican Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego, traballo de carácter normativo, e un dicionario caste- lán-galego SITUACIÓN DA POESÍA GALEGA NO INICIO DO SÉCULO XX A súa obra poética está recollida nun único volume, Do ermo Compoñentes da súa poesía: ► Costumismo ruralista: enmárcase dentro da corrente do descritivismo paisaxista e de costumes propio da tra- dición decimonónica: métrica popular, temática rural, escenas costumistas ► Lirismo da natureza: enfatízanse as cousas humildes da paisaxe, a partir dunha visión franciscanista da nature- za, expresión máis culta e refinada, con influencia dos poetas clásicos latinos e do saudosismo; emprego de es- trofas cultas, como o soneto NORIEGA VARELA

Slide 18

RAMÓN CABANILLAS OBRAS PRINCIPAIS: ► Poesía lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas ► Poesía narrativa: Na noite estrelecida ► Teatro: O mariscal - LIÑAS TEMÁTICAS: ► Poesía lírica: Estilo simple e popular; preferencia polos versos de arte menor ► Costumista: Paisaxismo, tipos e costumes rurais, ás veces cunha perspectiva crítica ou humorística ► Intimista: Temática amorosa, vivencias do pasado, identificación coa natureza: clara herdanza rosaliana ► Cívica: A máis representativa: crítica radical da inxustiza social, anticaciquismo, agrarismo, reivindica- ción nacional, nunha poesía de estilo directo e coloquial ► Poesía narrativa: Temática mítica, celtismo, reivindicación nacional: Na noite estrelecida

Slide 19

(1) M. AMOR COUTO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.190) (2) M. AMOR COUTO e outros, Lingua e literatura 2º de bacharelato, Consorcio editorial galego, Vigo, 2009 (páx.196) PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas (1) (2) (3) (3) R. CABANILLAS, Obras completas- 1, ed. Akal, Madrid, 1979 (páx.364)

Tags: poesia galega irmandades da fala cabanillas noriega varela

URL: