2.1. A poesía de vangarda. Características xerais

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (1) CARACTERÍSTICAS XERAIS Lourenço Álvarez

Slide 2

Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto Definición ou explicación dun concepto

Slide 3

Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Movemento fragmentario: numerosos grupos, diversas propostas: os “ismos” FUTURISMO CUBISMO DADAÍSMO CREACIONISMO ULTRAÍSMO SURREALISMO IMAXINISMO EXPRESIONISMO AS VANGARDAS

Slide 4

CRONOLOXÍA Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920. As denominacións vangardismo / vangardista, porén, perviven hoxe en día nos fenómenos artísticos co significado de... experimental, innovador, rupturista... LOCALIZACIÓN En distintos países e cidades da Europa Occidental (París, Zurich, Londres, Italia, Alemaña, España, chegando os seus ecos até os Estados Unidos)

Slide 5

FUTURISMO CUBISMO DADAÍSMO HILOZOÍSMO ULTRAÍSMO SURREALISMO IMAXINISMO EXPRESIONISMO ITALIA ZURICH PARÍS INGLATERRA ESPAÑA GALIZA ALEMAÑA

Slide 6

SENTIDO ORIXINARIO DAS VANGARDAS O ideal artístico é a apro- ximación total ao modelo A arte recrea, deforma, sub- virte, transforma a realidade As vangardas A tradición “A arte e a realidade son dúas cousas ben diferentes” P. Picasso

Slide 7

CARACTERÍSTICAS COMÚNS AOS MOVEMENTOS DE VANGARDA 1.- RUPTURA RADICAL COA TRADICIÓN 2.- RENOVACIÓN DA TEMÁTICA 3.- A ARTE TEN SENTIDO EN SI MESMA 4.- ARTE CEREBRAL, ANTISENTIMENTAL, ANTIRROMÁNTICA 5.- EXPRESIÓN HERMÉTICA 6.- ELABORACIÓN DE MANIFESTOS PROGRAMÁTICOS RADICAIS Piston chaudière piston chaudière pisssstton pissssttonn pisssston Premier piston de joie chaude PENETRER dans l´huile frirerire frirerire sa nostalgie graaasse, graaasse, graaasse Un día dirase as lágrimas as vosas lágrimas onde están se cadra rillaron o espazo até as uñas da tumba as nosas maternas primaveras investiron tantas andoriñas en acompañar os latexos do corazón conducentes ao cadafalso que a paisaxe louca de ás arrinca sen descanso os seus regos

Slide 8

Manifesto, 1909. Marinetti O valor, a audacia, a revolta han ser elementos esenciais da poesía. Até hoxe, a literatura exaltou a inmobilidade pensativa, a éxtase e o soño. Nós queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio, o paso lixeiro, o salto mortal, a labazada e a pancada. Nós afirmamos que a magnificencia do mundo enriqueceuse dunha nova beleza: a beleza da velocidade. Un automóbil de carreiras co seu capó adornado de grosa tubaxe semellante á serpe... un automóbil bradante que parece correr sobre a metralla, é máis belo que a Vitoria de Samotracia. Nós queremos cantar o home que suxeita o volante... O FUTURISMO Manifesto-síntese. Marinetti Arte vida explosiva. Antimuseo. Anticultura. Antiacademia. Antilóxica. Antigracioso. Antisentimental. Contra as cidades mortas. Modernolatría.Relixión dunha nova orixina-lidade velocidade.[...] Estética da máquina.[...] Destrución da sintaxe. Imaxinación sen fíos. Sensibilidade xeométrica e numérica.Palabras en liberdade ruidistas. Cadros pala-bras libres sinópticos colorados. Algunhas características deste movemento ► Destrución absoluta da sintaxe ► Emprego do verbo en infinitivo ► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”) ► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...) ► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco.. ► Abundante léxico de tipo técnico

Slide 9

O FUTURISMO - TEXTOS ÁLVARO DE CAMPOS (FERNANDO PESSOA) O binómio de Newton é tão belo como a Vénus de Milo. O que há é pouca gente para dar por isso. ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó (O vento lá fora) ÁLVARO DE CAMPOS (FERNANDO PESSOA) Deus vehemente dunha raza de aceiro automóbil ebrio de espazo que pisas con angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidábel monstro xaponés de ollos de forxa alimentado de chamas e aceites minerais famento de horizontes e de presas siderais desencadeo o teu corazón de cacharro diabólico e xigantes pneumáticos para a danza que fas polas brancas estradas do mundo Solto finalmente as túas rendas metálicas e ti lánzaste embriagado cara ao infinito liberador... Marinetti

Slide 10

O CUBISMO “Os sentidos engánannos; a intelixencia ilumínanos” Algunhas características deste movemento ► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade ► Mestura de linguas e material heteroxéneo ► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística ► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os CALIGRAMAS

Slide 11

O CUBISMO - TEXTOS MANUEL ANTONIO JOAN SALVAT PAPASSEIT G. APOLLINAIRE G. APOLLINAIRE fragmentarismo simultaneidade xogos visuais MANUEL ANTONIO

Slide 12

O DADAÍSMO “Dadá é o diluvio despois do cal todo recomeza” André Gide Algunhas características deste movemento ► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior ► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido ► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante ► Humorismo, gusto polo ridículo

Slide 13

DADA é un microbio virxe DADA está contra a carestía da vida DADA sociedade anónima para a explotación das ideas DADA tén 391 actitudes e cores diferentes segundo o sexo do presidente. Transfórmase -afirma- di ao mesmo tempo o contrario –sen importancia- berra -pesca con cana.DADA é o camaleón do cambio rápido e interesado.DADA está en contra do futuro. DADA está morto. DADA é idiota. VIVA DADA. DADA non é unha escola literaria, ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea Ouvea ouvea ouvea

Slide 14

O DADAÍSMO - TEXTOS La niña llama a su padre: “Tatá, dadá”. La niña llama a su madre: “Tatá, dadá”. Al ver las sopas, la niña dijo: “Tatá, dadá”. Igual al ir en tren, cuando vio la verde montaña y el fino mar. “Todo lo confunde”, dijo su madre. Y era verdad. Porque cuando yo la oía decir “Tatá, dadá”, veía la bola del mundo rodar, rodar, el mundo todo una bola, y en ella papá, mamá, el mar, las montañas, todo hecho una bola confusa, el mundo: “Tatá, dadá”. “Protesta con todos os puños do ser en acción destrutiva: Dadá, abolición da lóxica, danza dos impotentes da creación: Dadá, abolición da memoria : Dadá, abolición da Arqueoloxía: Dadá, abolición dos profetas: Dadá, abolición do futuro: Dadá, Liberdade: Dadá, Dadá, Dadá, ouveo das cores crispadas, entrelazamentos dos contrarios e de todas as contradicións, dos grotescos, das inconsecuencias: a vida” “Escribo un manifesto e non quero nada; digo, con todo, certas cousas e estou por principio contra todos os manifestos” TRISTAN TZARA PEDRO SALINAS

Slide 15

O SURREALlSMO Algunhas características deste movemento ► Negación do mundo real como materia para a arte; antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico ► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica ► A “escrita automática” como expresión da liberación da razón ► Expresión hermética e multisignificativa “O P O E T A T R A B A L L A ” (Cartel colocado na porta do seu cuarto de durmir) Saint-Pol Roux

Slide 16

O SURREALISMO - TEXTOS J. LARREA A. CUNQUEIRO F.GARCÍA LORCA

Slide 17

A ARTE CONTEMPORÁNEA É HERDEIRA DAS VANGARDAS

Slide 18

- Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo... AS VANGARDAS - CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920. - LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París - VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero, deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas desde entón até a actualidade - OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista CARACTERÍSTICAS XERAIS: - Ruptura radical coa tradición - Renovación da temática - A arte ten sentido en si mesma - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica - Expresión hermética - Elaboración de manifestos programáticos radicais FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski) ► Destrución absoluta da sintaxe ► Emprego do verbo en infinitivo ► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”) ► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...) ► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco.. ► Abundante léxico de tipo técnico - CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS: ESQUEMA PARA IMPRIMIR

Slide 19

CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob, Joan Salvat Papasseit) ► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade ► Mestura de linguas e material heteroxéneo ► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística ► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia) ► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior ► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido ► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante ► Humorismo, gusto polo ridículo SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro) ► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico ► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica ► A escrita automática como expresión da liberación da razón ► Expresión hermética e multisignificativa CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio) ► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro ► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos ► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais ► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...

Slide 20

.- Visiona o filme Un can andaluz -clica nas ligazóns Un can andaluz-1 Un can andaluz-2 Un can andaluz-3 Un can andaluz-4 AS VANGARDAS ACTIVIDADES Podes ampliar información sobre a película na seguinte ligazón http://eoran.com/unchienandalou/espanol/index.php ► Comenta as características propias das vangardas presentes na curtametraxe ► A que movemento cres que se pode adscribir? Por que? ► Repara na subversión do racional no tratamento do tempo e dos espazos, así como no desdobramento do personaxe masculino protagonista ► Redacta unha breve narración onde se manifesten alteracións semellantes do mundo racional. Podería ser o relato dun pesadelo? 1 1

Slide 21

.- Sitúa o seguinte poema na corrente de vangarda coa que máis se identifique AS VANGARDAS ACTIVIDADES Podes ampliar información sobre o autor clicando no seu nome ► Convérteo nun poema tradicional, adaptando o seu contido as formas expresivas convencionais ► Escribe un poema vangardista especificando a corrente na que se adscribe. Procura cumprir da maneira máis completa as características dese ismo 2 2 ► Destaca as súas principais características REZA UNHA RAPARIGA NO MEU VAIXEL oh, ven onda min e pousa con emoción os teus labios na miña boca -nun bico apaixonado serei toda túa! BAIXO AS VELAS POSUIREINA Como sei que se bica bicareina mariñeiriño que non vixía corsario vén e a amada lle quita se non lle leva ningunha canción- corsario vén e quítalle o amor MARSELLA PORTO DE AMOR NOSA SEÑORA DA GARDA ROGADE POR NÓS (Joan Salvat Papasseit)

Tags: poesia galega vangarda surrealismo futurismo dadaísmo cubismo

URL: