4. O teatro do 1º terzo do séc. XX

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

TEMA 4. O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XX Lourenço Álvarez

Slide 2

Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...

Slide 3

ETAPAS DO TEATRO DE PREGUERRA ► A época Nós: madurez e universalización do teatro galego V. RISCO, R. OTERO PEDRAYO, A. R. CASTELAO ► As vangardas: inclusión da modernidade no teatro galego RAFAEL DIESTE ► As Irmandades: inicio dun proxecto de teatro nacional R. CABANILLAS, A. VILLAR PONTE, A. COTARELO ► Teatro rexional: os precedentes das Irmandades da Fala M. LUGRÍS FREIRE

Slide 4

O TEATRO REXIONAL En 1903, créase a ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN, co dobre obxectivo de crear un viveiro de actores e fomentar a produción teatral O teatro desta época caracterízase pola brevidade, temática popular ou de reivindicación agraria e dramaturxia pouco elaborada O autor máis destacado e LUGRÍS FREIRE: A súa obra A ponte é a pri- meira en empregar a prosa en teatro; é de contido rei- vindicativo: crítica contra as inxustizas dos caciques

Slide 5

A patria do galego Entre dous abismos Almas mortas O TEATRO DAS IRMANDADES N’ O Mariscal, a súa principal obra dramática e obra cume do teatro desta época (escrita en colaboración con A. Villar Ponte), ofrece unha reconstrución do pasado na que o maris-cal Pardo de Cela se erixe en símbolo da re-sistencia galega fronte ao poder central A man da santiña O Mariscal RAMÓN CABANILLAS Político e fundador das Irmandades, exerce como actor, como crítico e como tradutor ao galego de varias obras do teatro universal, ademais de ser autor de importantes pezas dramáticas A. VILLAR PONTE Primeiro director do Seminario de Estudos Ga-legos, é autor de numerosas pezas que abor-dan a temática rural e mariñeira, a comedia sentimental e a reconstrución histórica Trebón Beiramar Hostia ARMANDO COTARELO Narrador e director da editorial Lar, destaca polo seu labor teatral: dirixe a Escola Dramá-tica da Coruña e é actor, escenógrafo e críti-co teatral; é autor ademais dun gran número de obras de temática máis ben tradicional Tolerías O pecado alleo L. CARRÉ ALVARELLOS

Slide 6

É unha historia sobre a identidade persoal que se pode extrapolar á realidade colectiva. A acción desencadéase a partir da seguinte situación: o autor do retrato dun vello mari-ñeiro enriquecido na emigración brasileira de-cide pintar como fondo, a través dunha fiestra, unha escena do porto da vila. A fami-lia do mariñeiro considérao inapropiado porque pon en evidencia as súas orixes humildes O TEATRO DA ÉPOCA DAS VANGARDAS É autor dunha das obras máis importantes e máis representadas deste período: A fiestra valdeira Abre unha nova tendencia de realismo simbolista que, con grande rigor estético, trata unha temática popular afastándose dos personaxes tópicos e do custumismo RAFAEL DIESTE

Slide 7

O TEATRO DA ÉPOCA NÓS VICENTE RISCO É un drama de carácter simbolista centrado na reflexión sobre a natureza humana, sobre as paixóns que condicionan o com-portamento ético das persoas Situada na Idade Media, conta a historia dun bufón que delata por celos os amores ilícitos do cabaleiro Guindamor pola raíña, sen saber que o cabaleiro é o seu propio irmán. Supón unha loita entre forzas opostas, representadas por Guindamor (no-bre e fermoso) e o bufón (plebeo, deforme e cruel) O b u f ó n d’ e l r e i OTERO PEDRAYO Otero escribe nesta época A lagarada e Teatro de máscaras (xa na posguerra publicará ademais O desengano do prioiro, Rosalía e Noite compostelá) N’ A lagarada, peza situada no Ribeiro durante a vendima, presenta un drama rural: o asasinato dun labrego vello e rico como resultado dun enredo de amores e promesas incumpridas. Fronte ao teatro realista, introduce digresións líricas e ele-mentos de natureza simbolista A l a g a r a d a A.R. CASTELAO É a obra máis representada do teatro galego. Foi escrita entre 1931 e 1939 e estreada en Buenos Aires en 1941 Foi concibida como unha “síntese estética”, un espectáculo artístico integral composto por texto, efectos escenográficos moi elaborados, música e danza. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións diferentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova O s v e l l o s n o n d e b e n d e n a m o r a r s e Os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o fidalgo en decadencia (D. Ramón) e o labrego rico (Sr. Fuco) As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracterizadas negativamente; é a súa des-honestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos

Slide 8

O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XX ESQUEMA PARA IMPRIMIR O TEATRO REXIONAL En 1903, créase a ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN, co dobre obxectivo de crear un viveiro de actores e fomentar a produción teatral O teatro desta época caracterízase pola brevidade, temática popular ou de reivindicación agraria e dramaturxia pouco elaborada ► O autor máis destacado e LUGRÍS FREIRE: A súa obra A ponte é a primeira en empregar a prosa en teatro; é de contido reivindicativo: crítica contra as inxustizas dos caciques Entenden o teatro como un importante vehículo pedagóxico e de intervención social. Crean o CONSERVATORIO NAZONAL DO ARTE GALLEGO, que se estrea coa obra de Cabanillas A man da santiña CABANILLAS: N’ O Mariscal, a súa principal obra dramática e obra cume do teatro desta época, ofrece unha re- construción do pasado na que o mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo da resistencia galega fronte ao poder central Outros autores: A. VILLAR PONTE, ARMANDO COTARELO e L. CARRÉ ALVARELLOS O TEATRO DAS IRMANDADES RAFAEL DIESTE é autor dunha das obras máis importantes e máis representadas deste período:A fiestra valdei- ra. Abre unha nova tendencia de realismo simbolista que, con grande rigor estético, trata unha temática popular afastándose dos personaxes tópicos e do custumismo. É unha historia sobre a identidade persoal que se pode ex- trapolar á realidade colectiva. A acción desencadéase a partir da seguinte situación: o autor do retrato dun vello mariñeiro enriquecido na emigración brasileira decide pintar como fondo, a través dunha fiestra, unha escena do porto da vila. A familia do mariñeiro considérao inapropiado porque pon en evidencia as súas orixes humildes O TEATRO DA ÉPOCA DAS VANGARDAS

Slide 9

O TEATRO DA ÉPOCA NÓS - Os integrantes do Grupo Nós dotan o xénero dramático de madurez e universalidade, realizando unha estilización estética dos elementos escénicos e aproximándose a modos de expresión simbolistas e expresionistas ► VICENTE RISCO: O bufón d’el rei. É un drama de carácter simbolista centrado na reflexión sobre a natu- reza humana, sobre as paixóns que condicionan o comportamento ético das persoas. Situada na Idade Media, conta a historia dun bufón que delata por celos os amores ilícitos do cabaleiro Guindamor pola raíña, sen sa- ber que o cabaleiro é o seu propio irmán. Supón unha loita entre forzas opostas, representadas por Guinda- mor (nobre e fermoso) e o bufón (plebeo, deforme e cruel) ► OTERO PEDRAYO: A lagarada. Peza situada no Ribeiro durante a vendima, presenta un drama rural: o asa- sinato dun labrego vello e rico como resultado dun enredo de amores e promesas incumpridas. Fronte ao tea- tro realista, introduce digresións líricas e elementos simbolistas. Escribe tamén Teatro de máscaras ► CASTELAO: Os vellos non deben de namorarse. É a obra máis representada do teatro galego. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións diferentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova. Os tres vellos representan distintos sectores da so- ciedade da época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o fidalgo en decadencia (D. Ramón) e o labrego rico (Sr. Fuco). As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracte- rizadas negativamente; é a súa deshonestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos

Slide 10

2 .- Despois de ler o argumento da obra e de visionar o seguinte fragmento d’ EL BUFÓN D´EL REI, responde: ► No seu primeiro monólogo, a quen se es- tá a referir indirectamente o bufón can- do fala dos monstros? ► Explica, á luz da relación do seu persona- xe co de Guindamor, as seguintes afirma- cións do bufón: “Bendita a morte que nos ceiba do corpo” e “Ten un aire... a aquel que lle puxo sombras aos meus anos de rapaz” ► Comenta o conflito interior que expresa o bufón antes da aparición da raíña. Cales son os seus sentimentos a respecto dela? O TEATRO DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES 1 1 .-Visiona este fragmento d’ O MARISCAL e responde ás seguintes cuestións: ► Que exércitos ameazan ao Mariscal? Que é o lugar da Frouseira do que fala? ► Cal é a actitude dos nobres galegos perante o conflito? ► Busca información sobre o personaxe histórico do Mariscal no artigo”Ascenso e caída do ma- riscal Pardo de Cela” e reflexiona sobre se a súa figura aparece sobredimensionada no texto de Cabanillas e Vilar Ponte Nunha época imprecisa da Idade Media, desenvólvese unha rela-ción amorosa entre o cabaleiro Guindamor e a raíña Iolanda. O bufón, coñecedor do idilio, quere vingarse porque tamén el está namorado da raíña e sabe que Guindamor representa a beleza, a nobreza e a felicidade, mentres que el representa a fealdade, a crueldade e a tristeza. Por conseguinte, propicia que o rei atope os namorados en plena escena amorosa e condene A Guindamor a ser executado.O cabaleiro acaba por perdoar o bufón e este op-ta por defendelo tras ser informado de que é o seu irmán. O bu-fón non o coñecía porque de pequeno el mesmo fora apartado da familia a causa da súa deformidade. Finalmente,acaba pagando a súa traizón: na última escena,a raíña ordena guindalo desde a to-rre do castelo.

Slide 11

O TEATRO DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES 2 3 .- Le o 2º acto d’ OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE , visiona estes fragmentos do mesmo: VELLOS-1 e VELLOS-2 e responde a estas cuestións: ► Caracterización persoal e social do personaxe do vello ► En medio de que celebración se desenvolve a acción? Cal é a funcionalidade dos choqueiros? ► Cal é o interese da moza a respecto do vello e que consecuencias provoca neste?

Slide 12

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas

Tags: teatro galego literatura galega

URL:
More by this User
Most Viewed