Visita ao Museo Provincial de Lugo

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Museo Provincial de Lugo

Slide 2

O Museo Provincial de Lugo ( declarado Ben de Interese Cultural o día 1 de marzo de 1962 ) foi creado en 1932 e inaugurado o 10 de xaneiro de 1934 . Creación

Slide 3

Estivo situado, ó principio, nunha das salas da planta baixa da Deputación. Pero o continuo incremento dos fondos fixo que estas dependencias resultaran axiña insuficientes para o seu contido, polo que o devantido ente provincial decide trasladar o museo ao antigo convento de San Francisco. Situación

Slide 4

Do proxecto do novo edificio encargouse Manuel Gómez Román (1875-1964 ), que conserva do vello cenobio: a cociña, o claustro e o refectorio. Este arquitecto vigués leva a cabo unha construción con aires de pazo galego que sería inaugurado o 18 de setembro de 1957. Proxecto do edificio

Slide 5

Posteriormente, a finais da década dos sesenta e no ano 1997, o museo foi obxecto de dúas novas ampliacións (dirididas respectivamente por Pérez Barja e González Trigo) que incrementaron notablemente a superficie expositiva. Ampliacións

Slide 6

O edificio do Museo Provincial de Lugo está realizado en mampostería de pizarra e cachotería de granito, material este último dominante na fachada principal que é onde se sitúa a porta de acceso , situada baixo un frontón partido cuxo tímpano ocupa un balcón con balaustrada de estípites , elemento tamén presente nos cinco vanos do corredor da planta superior. Edificio ( exterior )

Slide 7

Un escudo da cidade, un frontón curvo e pináculos que alzan por riba do tellado, constitúen os principais elementos decorativos dos frontís.

Slide 8

No seu interior , o museo dispón dunha superficie aproximada de cinco mil metros cadrados adicados a exposicións e máis de cincocentos destinados a albergar o Arquivo e Biblioteca, os almacéns, oficinas e outras dependencias de uso interno . Edificio ( interior )

Slide 9

Conta con trinta e dúas salas nas que se poden contemplar máis de dous mil catrocentos obxectos pertencentes ás seccións de Arqueoloxía, Belas Artes, Etnografía e Artes Industriais.

Slide 10

Claustro do antigo convento Franciscano O claustro ten catro ás que están divididas en tres partes, cada cal composta por tres arcos. Os arcos piares están asentados en columnas individuais. Neses arcos abunda a ornamentación dos barquetóns. No medio hai un precioso xardín cun pozo no medio. Actualmente, o Museo Provincial está aloxado nun edificio construído nos anos 50 polo arquitecto Gómez Román no lugar do antigo convento de San Francisco.

Slide 12

O REFECTORIO O refectorio ou comedor, xunto coa cociña e o claustro, formaban parte das dependencias do antigo convento de San Francisco. Conta a lenda que este cenobio foi fundado polo propio S. Francisco de Asís de regreso da súa peregrinación a Santiago de Compostela no ano 1214 e que, nun primeiro momento, estivo situado fóra de Lugo, concretamente na parroquia de Labio. Dentro do refectorio hai diversas maquetas como pode ser a da palloza de Paradavella (A Fonsagrada), a do hospital da Condesa (Pedrafita do Cebreiro) ou a da capela do Ciprés (Samos).

Slide 13

A COCIÑA Edificada no século XVIII, a cociña é unha das dependencias máis típicas e características do Museo Provincial de Lugo. De planta cuadrangular, cóbrese cun tellado de lousas a dúas augas sobre un armazón de vigas e táboas de madeira. Esta sala alberga unha boa colección de útiles tradicionais da cociña galega, formando todo un conxunto de gran valor etnográfico. Dentro deles, chama especialmente a atención a interesantísima mostra de cerámica popular, pois a maioría das pezas expostas foron realizadas por oleiros da provincia de Lugo, fundamentalmente da Terra Chá, Sober, Samos, Bonxe, …

Slide 14

Se iniciamos a visita dende a porta, o primeiro que vemos é unha mesa encartable do séc. XIX con caixóns nos extremos. Sobre o mesado de granito, temos unha desnatadeira de madeira con manivela, un barreñón con asas e unha cántara ou ámboa, esta última dos barraxeiros de Samos. Por riba do mesado hai un andel cun vello muíño de café. Da espeteira colgan tixolas, cazos, escumadeiras, moldes para os doces e unha badila ou pa para voltear.

Slide 15

Diversos son os utensilios da lareira. No centro, un peculiar guindastre de ferro forxado que servía para colgar o pote. Na parte superior sitúanse tres cunqueiros para conservar quentes as cuncas do caldo. Arredor sitúanse potas, cazos, unha original filloeira ademais dos característicos potes galegos. No andel da cheminea localízanse olas para o mel ou vinagre e unha queixeira. No seguinte lenzo da cociña atopamos alzadeiros con cuncas, cazolas para a graxa, olas, xerras e un morteiro. Pratos de diverso tipo (fondos, planos e do polbo) colgan do escorredoiro; mentres que nunha repisa con rochiño hai unha sella co seu correspondente garfelo ou cazo para beber. A sella portábana na cabeza as mulleres, que se servían da rodela para non mancarse e manter o equilibrio.

Slide 16

Foto da cociña:

Slide 17

Xulia Minguillón Iglesias nace o 17 de Xulio de 1906 en Lugo. Morre un 22 de Agosto de 1965 deixando tras si unha fructífera obra. XULIA MINGUILLÓN IGLESIAS

Slide 18

Xulia comeza a súa formación artística en Lugo na escola de Actos e Oficios.Máis tarde ingresa na Escola Especial de San Fernando grazas a unha beca que lle otorga a Diputación Provincial de Lugo para completar a súa formación.

Slide 19

En 1934 Xulia preséntase por primeira vez a unha Exposición Nacional de Belas Artes na selección de pintura na que obtén unha Medalla de Terceira Clase co que se dá a conocer no programa artístico do momento

Slide 20

Unha cousa moi curiosa nos cuadros de Xulia é que sempre usa as mesmas cores:marróns,vermellos,verdes…

Slide 21

Concorre a numerosas Exposicións Internacionais en Belas Artes,Venecia,Londres,San Francisco e Nova York. Entre 1960 e 1965,última etapa da súa vida realiza un gran número de bocetos e apuntes e un ano antes da súa morte,pinta en Madrid a súa última gran composición coa que aspira á medalla de Honor da Esposición Nacional de ese ano.

Slide 22

Os seus cuadros: A Escola de Doloriñas

Slide 23

Outros grandes cuadros desta liña son: Mi familia,fechado en 1444.

Slide 24

E Cadro da Xuventude, co que consigue o Gran Premio do Círculo de Bellas Artes en Madrid

Slide 25

Xulia donou varios dos seus cadros ao Museo Provincial de Lugo, por iso ten unha sala monográfica. Algúns deles son: Familia xitana ou os titiriteiros Retrato de poeta A miña familia O cazador Escola de Doloriñas Pepiña na fonte Retrato de Cascarilla Agonía…

Slide 26

A CULTURA CASTREXA NO MUSEO DE LUGO

Slide 27

A Cultura Castrexa defínese como dende o punto de vista arquitectónico, por un tipo de asentamento moi característico: O castro. Trátase dun poboado fortificado asentado sobre un terreo fácilmente defendible tal e como poden ser as penínsulas, os outeiros…, etc

Slide 28

En canto aos materiais da cultura castrexa de especial singularidade histórica en Galicia, existe no Museo unha gran cantidade de cerámica con diversas formas e decoración, a maioría de catros lucenses: Vilamaior de San Simón da Costa, Barán, Penarrubia, das zonas de Mondoñedo e Riotorto, etc. Tamén deste momento prerromano son as cabezas de pedra da comarca de Paradela.

Slide 30

Os Mosaicos O maior dos mosaicos, da primeira mitade do século III, atopouse na Rúa Armañá de Lugo. Mide trinta e oito metros cadrados, a escena do emblema central representa o momento no que Dédalo fai entrega a Paisifae da vaca de madeira.

Slide 31

O menor dos mosaicos con motivos xeométricos non se pudo recuperar na súa totalidad. Mide aproximadamente doce metros cadrados.

Slide 32

No momento do achádego os dous mosaicos mostraban graves alteracións: presentaban bastantes lagoas sobre todo o emblema que sufriu as consecuencias do incendio e posteriormente o derrumbe do edificio. Ante a imposibilidade de mantelos no lugar orixinal, transladáronse ó edificio do antigo cárcere do partido xudicial de Lugo. Transcurridos nove anos, desde o seu arranque e traslado, os mosaicos sufriron un enorme deterioro. As malas condicións de conservación, o inadecuado precedemento de arranque e reconstrucción ademais da acumulacion de suciedade fixeron preciso o seu traslado.

Slide 33

O Traslado o Museo Provincial de Lugo O proceso de restauración foi complexo e laborioso. Trasladáronse ó museo en fragmentos, utilizando os mesmos cortes da intervención anterior e colocáronse no chan da nova sala sobre un soporte de material inerte. Despois limpáronse para eliminar todos os restos dos morteiros de xeso e cemento que as lixaban. Este é o lugar onde nós os podemos admirar na actualidade.

Slide 34

Visitamos o Museo este ano no primeiro trimestre participando nas Rutas Literarias, limos primeiro e divertímonos despois na visita, percorrendo moitas salas e resolvendo probas que tiñan que ver coas obras lidas e co museo. Visitamos de novo o Museo durante a Semana Santa, para recabar información e poder contárvolo. Disfrutamos con esta actividade. Alumnado de 2º ESO A

Summary: Os alumnos de 2º de ESO do IES Leiras Pulpeiro, de Lugo, fixeron esta presentación despois de visitar o Museo Provincial.

Tags: lugo leiras pulpeiro museo galego

URL:
More by this User
Most Viewed
Previous Page Next Page
This user hasn't uploaded any other presenations yet.
Previous Page Next Page