Cantiga de escarnho e maldizer

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

CANTIGA DE ESCARNIO E DE MALDICIR. OS XÉNEROS MENORES Tema 4

Slide 2

Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo

Slide 3

Este terceiro xénero maior da Lírica Profana Medieval está conformado por 430 composicións de carácter pouco homoxéneo debido á súa diversidade temática, pois inclúense aquí todas as composicións profanas que non caben nos outros dous grandes xéneros (de amor e de amigo). Son cancións satíricas, cantigas burlescas, a través das cales os trobadores realizaron unha dura crítica dos homes, mulleres e costumes do seu tempo. Segundo a Arte de Trovar que precede ás cantigas recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, as cantigas de escarnho e maldizer diferéncianse entre si pola forma en que se realiza a sátira. Se ben, moitas referencias satíricas que para os contemporáneos eran evidentes hoxe resultan indescifrábeis. A cantiga de escarnio e maldicir

Slide 4

«…som aquelas que os trobadores fazem querendo dizer mal d’alguen en elas, e dizen-lho per palavras cubertas que ajan dous entendymentos pera lhe-lo non entenderen… ligeyramente; e estas palavras chaman os clerigus hequivocatio. E estas cantigas se poden fazer outrosy de meestria ou de rrefran (…)» Arte de Trovar Palabras encubertas Dobres significados Ironía Xogo de palabras Diloxía Hequivocatio María Peres, a noosa cruzada quando veo da terra d'Ultramar assí veo de pardón carregada que se non podía con ele emerger; mais fúrtanlho cada u vai maer e do pardón ja non lhi ficou nada.   E o pardón é cousa mui preçada e que se devía muit'a guardar; mais ela non á maeta ferrada en que o guarde, nen a pod'aver, ca pois o cadead'en foi perder, sempr'a maeta andou descadeada.   Tal maeta como será guardada, pois rapazes albergan no logar, que non aja seer mui trastornada? Ca, o logar u eles an poder non á pardón que s'i possa asconder, assí saben trastornar a pousada.   E outra cousa vos quero dizer: atal pardón ben se deverá perder ca muito foi cousa mal gaada.   Cantiga de escarnio Pero da Ponte Confusión e morte de María Balteira é unha obra de Marica Campo, na que observamos como a Literatura actual bebe da nosa Historia e rememora a Literatura Medieval.

Slide 5

«…som aquelas que fazen os trobadores …descubertamente. En elas entran palavras que queren dizer mal e non aver outro entendimento se non aquel que querem dizer chaamente (…)» Arte de Trovar Cantiga de maldicir Palabras claras Un só significado Non buscan o equívoco Termos abertamente obscenos (Fui eu poer a mao, n’outro di- -a a ua soldadeira no conon) Afonso X A fronda dos cervos, do grupo DOA recolle cantigas de amor e de escarnio e maldicir.

Slide 6

Os costumes e os feitos históricos e sociais da Idade Media peninsular tiveron expresión poético-musical nun xénero de carácter satírico: a cantiga de escarnho e maldizer, nacida da confluencia entre o sirventés provenzal e unha tradición satírica autóctona de carácter oral realcionada co Entroido e a subversión dos valores establecidos, de aí a súa boa acollida na época, así como a súa censura até tempos ben recentes. Autores como Francisco Nodar sitúan as orixes do teatro menor ou profano nas cantigas de escarnio e maldicir. Orixes SIRVENTÉS PROVENZAL TRADICIÓN SATÍRICA AUTÓCTONA ENTROIDO Xoglares facendo escarnio a San Pedro. Fresco da Catedral de Mondoñedo. S. XVI. Imaxe de Bertran de Born. BNF. Imaxe dun peliqueiro de Laza (Ourense)

Slide 7

Forma Caracterís-ticas formais da Cantiga de amor. María Peres, a noosa cruzada quando veo da terra d'Ultramar assí veo de pardón carregada que se non podía con ele emerger; mais fúrtanlho cada u vai maer e do pardón ja non lhi ficou nada. E o pardón é cousa mui preçada e que se devía muit'a guardar; mais ela non á maeta ferrada en que o guarde, nen a pod'aver, ca pois o cadead'en foi perder, sempr'a maeta andou descadeada. Tal maeta como será guardada, pois rapazes albergan no logar, que non aja seer mui trastornada? Ca, o logar u eles an poder non á pardón que s'i possa asconder, assí saben trastornar a pousada. E outra cousa vos quero dizer: atal pardón ben se deverá perder ca muito foi cousa mal gaada. Pero da Ponte fiinda sátira de vicios e costumes de carácter sexual cantiga até a fiinda

Slide 8

Forma Caracterís-ticas formais da Cantiga de amor. En Arouca ua casa faria: atant’ei gran sabor de a fazer que ja mais custa non recearia nen ar daria ren por me aver; ca ei pedreiros e pedra e cal e d’esta casa non me mingua al se non madeira nova que queria. e quen a mi a desse, sempr’o serviria, ca mi faria i mui gran prazer de mi fazer madeira nova aver en que lavrass’ua peça do dia; e pois ir logo a casa madeirar e telhá-la; e, pois que a telhar, dormir en ela de noit’e de dia. e, meus amigos, por Santa Maria, se madeira nova podess’aver, logu’esta casa iria fazer e cobri-la, e descobri-la-ia e revolvê-la, se fosse mester; e se mi a mi a abadessa der madeira nova, esto lhi faria. Cantiga de mestría Afonso Lopez de Baian

Slide 9

Forma Caracterís-ticas formais da Cantiga de amor. Martín jograr, que gran cousa: ja sempre convosco pousa      vossa molher! Veedes-m'andar morrendo, e vós jazedes fodendo      vossa molher! Do meu mal non vos doedes, e moir'eu, e vós fodedes      vossa molher! Cantiga de refrán Johan García de Guilhade

Slide 10

Forma Características formais da Cantiga de amor. Uso da melodía dunha cantiga de amor coñecida para parodiala. Quer’eu gram ben a mia senhor polo seu mui bon parecer; e, por que me non quer veer pobre, lhi quer’eu ja melhor: ca diz que, mentr’eu alg’ouver, que nunca ja será molher que mi queira por én peior. Pedr’ Amigo

Slide 11

Características formais da Cantiga de amor. Forma Uso da melodía dunha cantiga de amor coñecida para parodiala. O asunto a tratar preséntase na primeira estrofa, logo será desenvolvido nas seguintes. Carecen de exordio e/ou preámbulo. Ora é ja Martin Vaasquez certo das planetas que tragia erradas, Mars e Saturno, mal aventuradas, cujo poder trax en si encuberto: ca per Mars foi mal chegad’em peleja, e per Saturno cobrou tal egreja sem prol nen hua, en logar deserto. Outras planetas de boa ventura achou por vezes en seu calendario; mais das outras que lh’andan en contrario, cujo poder ainda sobr’el dura, per ua d’elas foi mui mal chagado e pola outra cobrou priorado u ten lazeira en logar de cura. El rapou barva e fez gran coroa e cerceou seu topet’espartido e os cabelos cabo de oído, cuidand’aver per i egreja boa; mais Saturno lh’a guisou de tal renda u non há pan nen vinho d’oferenda nen de herdade milho pera boroa. E pois el é prior de tal prevenda, convem que leix’a cura e atenda a capela igual da sa pessoa. Exposición da anécdota. Descrición do caso. Sen exordio nin preámbulo. Variacións paralelísti-cas sobre o tema. Glosa satírica. Fiinda. Estevan da Guarda

Slide 12

Forma Ademais da función lírica, posúen función narrativa e función dramática. Características formais da Cantiga de amor. Uso da melodía dunha cantiga de amor coñecida para parodiala. Presentación do asunto a tratar na primeira estrofa, que logo será desenvolvido nas seguintes. Carecen de exordio e/ou preámbulo. Ora é ja Martin Vaasquez certo das planetas que tragia erradas, Mars e Saturno, mal aventuradas, cujo poder trax en si encuberto: ca per Mars foi mal chegad’em peleja, e per Saturno cobrou tal egreja sem prol nen hua, en logar deserto. Outras planetas de boa ventura achou por vezes en seu calendario; mais das outras que lh’andan en contrario, cujo poder ainda sobr’el dura, per ua d’elas foi mui mal chagado e pola outra cobrou priorado u ten lazeira en logar de cura. El rapou barva e fez gran coroa e cerceou seu topet’espartido e os cabelos cabo de oído, cuidand’aver per i egreja boa; mais Saturno lh’a guisou de tal renda u non há pan nen vinho d’oferenda nen de herdade milho pera boroa. E pois el é prior de tal prevenda, convem que leix’a cura e atenda a capela igual da sa pessoa. Función narrativa Función lírica Reflexión moralizante Función dramática Estevan da Guarda

Slide 13

Emprego de recursos literarios que teñen que ver coa DILOXÍA ou a EQUIVOCATIO, como a ironía e/ou o xogo de palabras. Características formais da Cantiga de amor. Forma Ademais da función lírica, posúen función narrativa e función dramática. Uso da melodía dunha cantiga de amor coñecida para parodiala. Presentación do asunto a tratar na primeira estrofa, que logo será desenvolvido nas seguintes. Carecen de exordio e/ou preámbulo. En Arouca ua casa faria: atant’ei gran sabor de a fazer que ja mais custa non recearia nen ar daria ren por me aver; ca ei pedreiros e pedra e cal e d’esta casa non me mingua al se non madeira nova que queria. e quen a mi a desse, sempr’o serviria, ca mi faria i mui gran prazer de mi fazer madeira nova aver en que lavrass’ua peça do dia; e pois ir logo a casa madeirar e telhá-la; e, pois que a telhar, dormir en ela de noit’e de dia. e, meus amigos, por Santa Maria, se madeira nova podess’aver, logu’esta casa iria fazer e cobri-la, e descobri-la-ia e revolvê-la, se fosse mester; e se mi a mi a abadessa der madeira nova, esto lhi faria. Afonso Lopez de Baian Ás veces as cantigas de escarnho resultan incomprensibles, pola falta dunha interpretación adecuada dos seus termos, cos que se xoga á equivocatio.; mais tamén porque seguramente eran interpretadas cunha dramatización xestual á que xa non temos acceso.

Slide 14

Forma Ademais da función lírica, posúen función narrativa e función dramática. Características formais da Cantiga de amor. Uso da melodía dunha cantiga de amor coñecida para parodiala. Presentación do asunto a tratar na primeira estrofa, que logo será desenvolvido nas seguintes. Emprego de recursos literarios que teñen que ver coa DILOXÍA ou a EQUIVOCATIO, como a ironía e/ou o xogo de palabras. Linguaxe popular, realista e menos convencional que nos outros dous xéneros. Carecen de exordio e/ou preámbulo. A un frade dizen escaralhado e faz pecado quen lh’o vai dizer, ca, pois el sab’arreitar de foder, cuid’eu que gaj’é de piss’arreitado; e pois emprenha estas con que jaz e faz filhos e filhas assaz ante lh’eu digo «ben encaralhado». Fernand’Esquio

Slide 15

CONTIDO TEMAS Campos semánticos tirados das cantigas amorosas. A coita de amor O eloxio da dama O joi A paisaxe O léxico das cantigas de amor relacionado con estes temas vese alterado, cambiado o seu significado, subvertido. Campos semánticos propios. Reflexións morais A aldraxe A alimentación A polémica social Grupos sociais Categorías profesionais Actividades mercantís A guerra nas fronteiras entre os dous reinos peninsulares. O obsceno Os órganos sexuais As prácticas eróticas Heterosexuais e Homosexuais.

Slide 16

A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal Nas cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. Sátiras políticas. Tamén chamadas sátiras guerreiras ou militares por trataren especialmente o tema da Guerra de Granada, na que Afonso X loitou contra os musulmáns, e o tema da entrega dos castelos ao Conde de Boloña , conspirador polo trono portugués. Os dous feitos históricos corresponden ao s.XIII e en ambos é denunciada a covardía dos nobres. Temas Ora faz host'o senhor de Navarra, pois en Proenç'ést'el-Rei d'Aragón; non lh'han medo de pico nen de marra Tarraçona, pero vezinhos son; nen han medo de lhis poer boçón e riir-s'han muit'Endurra e Darra; mais, se Deus traj'o senhor de Monçón, ben mi cuid'eu que a cunca lhis varra. Se lh'o bon Rei varré-la escudela que de Pamplona oístes nomear, mal ficará aquest'outr'en Todela, que al non ha a que olhos alçar: ca verrá i o bon Rei sejornar e destruír ata burgo d'Estela: e veredes Navarros lazerar e o senhor que os todos caudela. Quand'el-Rei sal de Todela, estrëa ele sa host'e todo seu poder; ben sofren i de trabalh'e de pëa, ca van a furt'e tornan-s'en correr; guarda-s'el-Rei, come de bon saber, que o non filhe luz en terra alhëa, e onde sal, i s'ar torn'a jazer ao jantar ou senón aa cëa. Joao Soares de Paiva Texto máis antigo conservado. 1196. SÁTIRA POLÍTICA

Slide 17

Sátiras morais. Son verdadeiros sirventeses ao estilo provenzal, pezas serias que expresan a amargura do poeta ante un mundo hostil, no que a verdade e a solidariedade están ausentes. Son escasas, pero destacan as pezas de Martín Moxa, Airas Nunes e Afonso X. A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal Nas cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. Temas SÁTIRA MORAL Porque no mundo mengou a verdade, punhei un día de a ir buscar; e, u por ela fui a preguntar, disseron todos: «Alhur la buscade, ca de tal guisa se foi a perder, que non podemos én novas haver nen ja non anda na irmaidade». Nos moesteiros dos frades regrados a demandei, e disseron-m'assí: «Non busquedes vós a verdad'aquí, ca muitos anos havemos passados que non morou nosco, per bõa fe, .................................................. e d'al havemos maiores coidados». E en Cístel, u verdade soía sempre morar, disseron-me que non morava i, havía gran sazón, nen frade d'i ja a non conhocía, nen o abade outrossí no estar sol non quería que foss'i pousar; e anda ja fora da abadía. En Santiago, seend'albergado en mia pousada, chegaron romeus. Preguntei-os e disseron: «Par Deus, muito levade-lo caminh'errado, ca, se verdade quiserdes achar, outro caminho convén a buscar, ca non saben aquí dela mandado». Airas Nunes

Slide 18

Sátiras sociais. A maior parte das nosas cantigas de escarnio e maldicir conservadas corresponden a este grupo, constituído por ataques e burlas a todos os grupos sociais. Segundo o grupo social atacado podemos establecer unha clasificación temática desas cantigas de burlas: Contra a nobreza e os infanzóns Contra os relixiosos Contra os cargos públicos Contra outros poetas Cantigas obscenas Parodias literarias A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal Nas cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. Temas SÁTIRA SOCIAL. Contra a nobreza e os infanzóns. O genete pois remete seu alfaraz corredor: estremece e esmorece o coteife con pavor. Vi coteifes orpelados estar mui mal espantados, e genetes trosquiados corrían-nos arredor; tiinhan-nos mal aficados, ca perdían-na color. Vi coteifes de gran brío eno meio do estío estar tremendo sen frío ant'os mouros d'Azamor; e ía-se deles río que Auguadalquivir maior. Vi eu de coteifes azes con infanções siguazes mui peores ca rapazes; e houveron tal pavor que os seus panos d'arrazes tornaron doutra color. Vi coteifes con arminhos, conhocedores de vinhos, que rapazes dos martinhos, que non tragían senhor, saíron aos mesquinhos, fezeron todo peor. Vi coteifes e cochões con mui máis longos granhões que as barvas dos cabrões: ao son do atambor os deitavan dos arções ant'os pees de seu senhor. Afonso X

Slide 19

A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal Nas cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. Temas SÁTIRA SOCIAL. Contra os relixiosos. A un frade dizen escaralhado, e faz pecado quen lho vai dizer, ca, pois el sabe arreitar de foder, cuid'eu que gai'é, de piss'arriçado; e pois emprenha estas con que jaz e faze filhos e filhas assaz, ante lhe digu'eu ben encaralhado. Escaralhado nunca eu diría, mais que trage ant'o caralho arreite, ao que tantas molheres de leite ten, ca lhe pariron tres en un día, e outras muitas prenhadas que ten; e atal frade cuid'eu que mui ben encaralhado per esto sería. Escaralhado non pode seer o que tantos filhas fez en Marinha e que ten ora outra pastorinha prenhe, que ora quer encaecer, e outras muitas molheres que fode; e atal frade ben cuid'eu que pode encaralhado per esto seer. Fernando Esquío

Slide 20

A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal Nas cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. Temas SÁTIRA SOCIAL. Contra os cargos políticos e outros tipos sociais. Ai, dona fea, foste-vos queixar que vos nunca louvo en meu cantar; mais ora quero fazer un cantar en que vos loarei toda vía; e vedes como vos quero loar:      dona fea, velha e sandía! Dona fea, se Deus mi pardón, pois havedes atán gran coraçón que vos eu loe, en esta razón vos quero ja loar toda vía; e vedes qual será a loaçón:      dona fea, velha e sandía! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trobar, pero muito trobei; mais ora ja un bon cantar farei, en que vos loarei toda vía; e direi-vos como vos loarei:      dona fea, velha e sandía! Johan García de Guilhade

Slide 21

Temas A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal As cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. SÁTIRA SOCIAL. Contra outros poetas. Foi un día Lopo jograr a cas dun infançón cantar, e mandou-lh'ele por don dar tres couces na garganta; e fui-lh'escass', a meu cuidar, segundo com'el canta. Escasso foi o infançón en seus couces partir entón, ca non deu a Lopo, entón, máis de tres na garganta; e máis merece o jograrón, segundo com'el canta. Martin Soarez

Slide 22

Temas A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal As cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. SÁTIRA SOCIAL. Cantigas obscenas. Eu digo mal, com'home fodimalho, quanto máis posso daquestes fodidos e trob'a eles e a seus maridos; e un deles mi pos mui grand'espanto: topou comigu'e sobraçou o manto e quis en mí achantar o caralho. Ando-lhes fazendo cobras e sões quanto máis poss'e and'escarnecendo daquestes putos que s'andan fodendo; e uü deles de noit'asseitou-me e quis-me dar do caralh'e errou-me e lançou depós min os seus colhões. Pero da Ponte

Slide 23

A poética provenzal distinguía tres tipos de sirventés, segundo a temática: Sirventés político Sirventes moral Sirventés persoal Nas cantigas de esarnio e maldicir atopamos escasos exemplos dos dous primeiros e abondosos do terceiro. Temas SÁTIRA SOCIAL. Parodias literarias. Üa donzela coitado d'amor por si me faz andar; e en sas feituras falar quero eu, come namorado: rostr'agudo come forón, barva no queix'e no granhón, e o ventre grand'e inchado. Sobrancelhas mesturadas, grandes e mui cabeludas, sobre-los olhos merjudas; e as tetas pendoradas e mui grandes, per boa fe; ha un palm'e meio no pé e no cos tres polegadas. A testa ten enrugada e os olhos encovados, dentes pintos come dados... e a color de passada. Atal a fez Nostro Senhor: mui sen doair'e sen sabor, des i mui pobr'e forçada. Caldeirón

Slide 24

XÉNEROS MENORES PASTORELA Pelo souto de Crecente üa pastor vi andar muit'alongada de gente, alçando voz a cantar, apertando-se na saia, quando saía la raia do sol, nas ribas do Sar. E as aves que voavan, quando saía l'alvor, todas d'amores cantavan pelos ramos d'arredor; mais non sei tal qu'i'stevesse, que en al cuidar podesse senón todo en amor. Alí 'stivi eu mui quedo, quis falar e non ousei, empero dix'a gran medo: —Mia senhor, falar-vos-ei un pouco, se mi ascuitardes, e ir-m'-ei, quando mandardes, mais aquí non'starei. —Senhor, por Santa María, non estedes máis aquí, mais ide-vos vossa vía, faredes mesura i; ca os que aquí chegaren, pois que vos aquí acharen, ben dirán que máis houv'i. Cantiga que descrebe o encontro dun cabeleiro cunha pastora no campo en primavera. Das pastorelas provenzais xorden as francesas e as galego-portugesas e destas, as serranillas castelás. Joam Airas Marcabrú, poeta provenzal autor de pastorelas

Slide 25

XÉNEROS MENORES PASTORELA PRANTO Composición elexíaca na que o trobador expresa a súa dor por la morte dalgún personaxe importante, protector do poeta Ora ja non poss'eu creer que Deus ao mundo mal non quer, e querrá, mentre lhi fezer qual escarnho lhi sol fazer, e qual escarnho lh'ora fez: leixou-lhi tant'home sen prez e foi-lhi don Lopo tolher. E oimais ben pode dizer tod'home, que esto souber, que o mundo non ha mester, pois que o quer Deus confonder; ca par Deus mal o confondeu quando lhi don Lopo tolheu que o soía mantëer. E oimais, quen o manterrá por dar i tanto rico don, caval'e armas a baldón? Ou des oimais, quen o dará, pois don Lopo Díaz mort'é, o melhor don Lopo, a la fe, que foi, nen ja máis non será? E pero, pois assí é ja, façamos atal oraçón que Deus, que pres mort'e paixón, o salve, que én poder ha; e Deus, que o pode salvar, esse o lev'a bon logar pelo gran poder que end'ha! Amén! Amén! Aquest'amén ja máis non si m'obridará! Pero da Ponte Mario Granell. Pranto de dor e carraxe pola morte de Celso Emilio Ferreiro. (1979)

Slide 26

XÉNEROS MENORES PASTORELA PRANTO TENZÓN Cantiga dialogada onde dous poetas manteñen un debate en estrofas alternas. Trátase dunha cantiga satírica emparentada coa tradicional regueifa. Habitualmente a controversia prodúcese entre un trobador e un xograr, sobre un asunto amoroso ou sobre as propias cualidades poéticas. Cando o debate se centra no amor cortés, recibe o nome de partiment ou joc-partit. —Lourenço jograr, has mui gran sabor de citolares, ar queres cantar; des i ar filhas-te log'a trobar e tëes-t'ora ja por trobador; e por tod'esto üa ren ti direi: Deus me cofonda, se hoj'eu i sei destes mesteres qual fazes melhor. —Joán García, soo sabedor de meus mesteres sempr'adeantar, e vós andades por mi os desloar; pero, non sodes tan desloador que, con verdade, possades dizer que meus mesteres non sei ben fazer; mais vós non sodes i conhocedor. —Lourenço, vejo-t'agora queixar pola verdade que quero dizer: metes-me ja por de mal conhocer, mais eu non quero tigo pelejar e teus mesteres conhocer-tos-hei, e dos mesteres verdade direi: "ess'é que foi con os lobos arar"! —Joán García, no vosso trobar acharedes muito que correger, e leixade mí, que sei ben fazer estes mesteres que fui começar; ca no vosso trobar sei-m'eu com'é: i ha de correger, per bõa fe, máis que nos meus, en que m'ides travar. —Ves, Lourenço, ora m'assanharei, pois mal i entenças, e te farei o citolón na cabeça quebrar. —Joán García, se Deus mi perdón, mui gran verdade digu'eu na tençón, e vós fazed'o que vos semelhar. Johan García de Guilhade Lourenço, xograr.

Slide 27

Variedade da cantiga de amor, que provén do descort provenzal. É unha cantiga na que o trobador expresa a desorde e trubación interior provocada pola desesperación. Talvez por iso a súa característica formal máis destacable é a falta de isometría estrófica. Na nosa Literatura só contamos cun exemplo deste subxénero. Mais é moi famoso o DESCORT PLURILINGÜE de RAIMBAUT DE VAQUEIRAS. E ben digades, pois m'én vou, verdade, se eu das gentes, algún sabor havía, ou das terras en que eu guarecía. Por aquest'era tod', e non por al; mais ora ja nunca me será mal por me partir d'elas e m'ir mia vía. Ca sei de mí quanto sofrí e encobrí en esta terra de pesar. Como perdí e despendí, vivend'aquí, meus días, posso-m'én queixar. E cuidarei, e pensarei quant'aguardei o ben que nunca pud'achar. Esforçar-m'-ei, e prenderei como guarrei conselh'agora', a meu cuidar. XÉNEROS MENORES PASTORELA PRANTO TENZÓN DESCORDO Agora me quer'eu ja espedir da terra, e das gentes que i son, u mi Deus tanto de pesar mostrou, e esforçar mui ben meu coraçón, e ar pensar de m'ir alhur guarir. E a Deus gradesco porque m'én vou. Ca a meu grad', u m'eu d'aquí partir, con seus desejos non me veerán chorar, nen ir triste, por ben que eu nunca presesse; nen me poderán dizer que eu torto fac'en fogir d'aquí u me Deus tanto pesar deu. Pero das terras averei soidade de que m'or'hei a partir despagado; e sempr'i tornará o meu cuidado por quanto ben vi eu en elas ja; ca ja por al nunca me veerá nulh'home ir triste nen desconortado. Pesar d'achar logar provar quer'eu, veer se poderei. O sén d'alguén, ou ren de ben me valha, se o en mí hei. Valer poder, saber dizer ben me possa, que eu d'ir hei. D'haver poder, prazer prender poss'eu, pois esto cobrarei. Assí querrei buscar viver outra vida que provarei, e meu descord'acabarei. DESCORDO Nuno Eanes Cerzeo

Slide 28

XÉNEROS MENORES PASTORELA PRANTO TENZÓN DESCORDO LAI Os coñecidos como LAIS DE PRETAÑA son cinco textos poéticos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, que traducen libremente ao galego medieval (ou galego-portugués) poemas franceses incluídos no LIVRO DE TRISTÄN . Están postos en boca de personaxes do ciclo artúrico e a súa temática é amorosa. O Maroot haja mal grado, porque nós aquí cantando andamos tan segurado, a tan gran sabor andando.      Mal grad'haja, que cantamos      e que tan en paz dançamos. Mal grad'haja, pois cantando nós aquí danças fazemos, a tan gran sabor andando que pouco lho gradecemos.      Mal grad'haja, que cantamos      e que tan en paz dançamos. E venha-lhe maa guãança porque nós tan seguradas andamos fazendo dança cantando nossas bailadas.      Mal grad'haja, que cantamos      e que tan en paz dançamos. Este é o segundo dos Lais de Bretanha . É anónimo, de finais do XIII ou principios do XIV. Pero non puido ser relacionado con ningún poema lírico francés.

Slide 29

XÉNEROS MENORES PASTORELA PRANTO TENZÓN DESCORDO LAI Cantiga de seguir Cantiga popular que segue o modelo doutro texto. Podíase seguir outro texto na melodía e na estrutura silábica, continuando versos e rimas do modelo ou empregando palabras da composición orixinal pero con novos valores. A ironía, a parodia e a imitación eran fundamentais nos tres únicos textos medievais que se conservan. Cantiga que introduce versos de orixe popular no seu corpo. Só se conserva un texto, que en realidade se trata dunha cantiga de seguir. Cantiga de vilao Diz üa cantiga de vilão: "A pee düa torre, baila corpo brioso:      vedes o cos, ai, cavaleiro!" Vosso pai na rúa, ant'a porta súa:      vede-lo cós, ai, cavaleiro! Ant'a sa pousada, en saia'pertada:      vede-lo cós, ai, cavaleiro! En meio da praça, en saia de baraça:      vede-lo cós, ai, cavaleiro! Joam de Gaia

Slide 30

textos actuais... O fel de ter que vivir entre badulaques tantos, fixo nacer istes cantos de escarnio e de maldecir. Neles, sin ningún aliño, pro con moito ritintín, chámolle, tal como os vin, pan ó pan, i ó viño, viño. Istes versos o tuntún, irmau das horas acerbas, levan pra ti unhas verbas de amor na Patria común. Irmau meu na emigración, galego peregrinante, ergue a testa, mira adiante, camiña con decisión. Aprende a decirlle non ó paisano denigrante, ó logreiro, ó negociante da túa triste condición. De que despertes é hora, dilles que non, logo berra que eres bon fillo da Terra, que estás coa Nai e Señora. PORTA. Cantigas de escarnio e maldecir. Arístides Silveira. CELSO EMILIO FERREIRO. Ondas martenot do gym amor hei! Celulites sen leixaprén amor hei! Táboas que non teñen fin amor hei! Cartiños que me ghastei amor hei! SEN TÍTULO-17. (cantiga de escarnio, maldizer e amor amigo) BLOGUE: HONGKONG21-NEWS

Slide 31

Actividades... Busca información sobre o Neotrobadorismo na seguinte páxina web: A profa Busca información sobre a Canción Protesta Escoita temas de Voces Ceibes, Xenreira e do Leo i Arremecaghoná. Explica que aspectos das cantigas burlescas medievais atopas nos textos anteriores, pertencentes a autores do s.XX Inventa unha cantiga cunha temática actual, partindo dos versos do blogue Hongkong21-news, recollidos na diapositiva anterior. Le a cantiga proposta nesta páxina portuguesa, Testes de Português , e responde ás cuestións que aí se propoñen seguindo o modelo de A casa de Merlín, é dicir, elaborando un comentario literario. Xustifica a que xénero pertencería a cantiga representada baixo o título Lagoa de Antela, aloxada en youtube. Explica a que xénero ou subxénero e a que grupo temático pertence a seguinte estrofa de Afonso Lopez Baian: Escoita a Miro Casabella en youtube e explica por que o seu disco recibe o nome Miro canta cantigas de escarnho e mal dizer. Le o artigo A subvención matou o escarnio e , a través dun comentario crítico, explica o seu significado. (…) e, meus amigos, por Santa Maria, se madeira nova podess’aver, logu’esta casa iria fazer e cobri-la, e descobri-la-ia e revolvê-la, se fosse mester; e se mi a mi a abadessa der madeira nova, esto lhi faria.

Slide 32

Tarefa: PROTESTO! Trátase de crear un cartaz virtual con información de hoxe, música de onte e escarnio medieval. Para o cal debes seguir estes pasos: Volve a ollar este vídeo sobre unha cantiga de escarnio do s.XIII, O genete, que o poeta, cantante e activista Miro Casabella, convirte nun canto contra a ditadura franquista. Busca información sobre el e sobre Voces Ceibes, agrupación musical centrada na canción protesta, da que Miro formou parte. Escoita algunha vella canción deste grupo, que che atraia pola súa carga de denuncia social, de protesta e rebelión ante o poder establecido. Busca imaxes actuais relacionadas co tema, cunha protesta cidadá. Une, coa ferramenta glogster, imaxes e música, engadindo unha breve explicación sobre o autor do tema, o grupo que o interpreta, a protesta cidadá que escolleras e a súa relación co escarnio.

Slide 33

FONTES NA REDE Galipedia. Información xeral. 31/05/2011 PensaGZ. Información xeral. 31/05/2011 Cultura educativa. Información xeral. 31/05/2011 A biblioteca de fillos de Galicia. Información xeral. 31/05/2011 Introdución aos estudos de literatura medieval (Apuntamentos USC) Información xeral. A civilización trobadoresca. (Apuntamentos USC) Información xeral. 01/06/20011 Letras e Letras. A Arte de Trovar de G. Tavani. 31/05/2011 Teatro y espectáculos públicos en Galicia. (Julio Monta) Orixes. Creación autóctona. 02/06/2011 Consello da cultura galega. Orixes.Cantigas populares. 06/07/2011 CGENDL. Orixes.Entroido. 07/06/2011 Galipedia. Orixes. Sirventés provenzal. 02/06/2011 Mashpedia. Orixes. Sirventés provenzal. 02/06/2011 Francisco Nodar. Orixes. Teatro menor galaico-portugués. 10/06/2011 Román Landín. Esquema .31/05/2011 Autores galegos. Autores. 09/06/2011 Enciclopedia Galega Universal (EGU) . Autores. 09/06/2011 Galipedia. Autores. 07/06/2011 Trobadores provenzais: Autores. Bertran de Born. Autores. 07/06/2011 Locus criticus (UVigo). Xénero. 31/05/2011 Pilar Cabanes Jiménez. Temas. 01/06/2011 Francisco Nodar Manso. Temas. 01/06/2011 Regina Michelli (UERJ). Temas. 09/06/2011 Consello da Cultura Galega. Temas. María Balteira. 13/06/2011

Slide 34

FONTES NA REDE Carlos Callón 1. Recursos. 01/06/2011 Carlos Callón 2. Recursos. 01/06/2011 Centro Ramón Piñeiro. Recursos. 01/06/2011 Multimania. Textos. 01/06/2011 Biblioteca Virtual Galega. Textos. 01/06/2011 Portal Sao Francisco. Textos. 01/06/2011 Trobar. Textos. 13/05/2011 A casa de Merlín. Comentario. 01/06/2011 Atividades de Língua Portuguesa. Comentario. 01/06/2011 Loli Cid. Presentacións. 02/06/2011 O que da guerra levou cavaleiros.. (Afonso X). Vídeos. 01/06/2011 Rasa ,tan creis e monta e poia. (Bertran de Born). Vídeo. 07/06/2011 O genete. (Afonso X). Versión de Miro Casabella contra o franquismo. Vídeo. Porque no mundo menguou a verdade. (Airas Nunes). Audio. 08/06/2011 Cantigas satíricas da tradición popular. Actualidade. 01/06/2011 Cantigas de escarnio e maldecir de Arístides Silveira (CEF). Actualidade. 01/06/2011 Cantiga de maldizer, amor amigo. Hongkong21-News . Actualidade. 13/06/2011 A subvención matou o escarnio (Mariña Pérez). Actualidade. 01/06/2011 Miro Casabella (Doa) en youtube. Actualidade. 02/06/2011 A fronda do cervo. Doa. Actualidade. 02/06/2011 Confusión e morte de María Balteira. Marica Campo. Actualidade. 02/06/2011 Carta de María Balteira ao xograr Lourenço. Ánxela Gracián. Actualidade. 13/06/2011

Slide 35

IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 29/05/2011 E O 03/06/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEENCIA.

Slide 36

BIBLIOGRAFÍA G. Tavani (1986). A poesía lírica galego-portuguesa. Ed. Galaxia. ISBN 84-7154-561-6 C. Paulo Martínez Pereiro (2010). O trobadorismo medieval galego-portugués. Iniciativa de AELG e patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo 2010. X.L. Méndez Ferrín (2000). A poesía medieval galega vista desde os relanzos derradeiros do séc. XX. Discurso de ingreso na RAG. Ramón Lorenzo. A lingua das cantigas. Congreso da lingua medieval galego-portuguesa na rede (01/06/2011) Francisco Sánchez-Castañer. El Sabio. Páxina web “Buenas Tareas” (01/06/2011) Pena, Xosé Ramón (1993). Manual e antoloxía da Literatura Galega Medieval. 1ªed. Santiago de Compostela 1992, ed. Sotelo Blanco, ISBN 84-7824-147-7 Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Ed. Xerais. ISBN 84-7507-778-1 Ramón Gutiérrez Izquierdo (2000). Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ed. Xerais. ISBN 84-8302-505-1 VVAA (1991). Literatura Galega 3ºBUP. Ed. Xerais. ISBN 84-7507-568-1 VVAA (2008). Lingua e Literatura 1 – Bacharelato. Consorcio editorial Galego. ISBN 978-84-8341-232-9 VVAA (2008). Lingua e Literatura Galega . 1º Bacharelato. Ed. Galaxia. ISBN978-84-9865-096-9 VVAA (1992). Literatura Galega. Textos escollidos. Ed. Bahia. ISBN 84-87674-16-X VVAA (2000 ). Literatura Galega. Antoloxía. Bacharelato. Ed. Xerais. ISBN 84-8302-534-5 VVAA (2001). Literatura Galega. Século XX. Ed. A Nosa Terra. ISBN 84-95350-33-4

Slide 37

ANEXOS

Slide 38

Sirventés provenzal, de trobadores provenzais Tot jorn contendi e.m baralh m’escrim e.m defen e.m tartalh e.m fon hom ma terra e la m’art e.m fai de mos arbres esissart e mescla.l gra ab la palha, e non ai ardit ni coart enemic qu’er no m’assalha. ------------------------------------------- Trompas, tabors, senheras e penos et entresenhs e chavals blancs e niers veirem en brieu, que.l segles sera bos, que om tolra l’aver als usuriers, e per chamis on anara saumiers jorn afiatz ni borges des doptanza ni merchandiers qui venha de ves Franza; anz sera rics qui tolra volontiers. Bertran de Born

Slide 39

Cencerradas Tradición satírica autóctona de transmisión oral Ai…………….. Cerra portas e ventanas por non dar as cen pesetas, nin oír as cinzarradas Ai……………. Agarimáchelo ben décheslle lombo de porco con patacas na sartén

Slide 40

Del análisis de algunas de las piezas como Martin jograr se deduce que las cantigas se representaban ante el público y que en las representaciones intervenía un abultado número de cantantes-actores, lo cual supone que la práctica totalidad de los juglares y trovadores mencionados en las cantigas de escarnio se conocían y reunían para interpretar el teatro burlesco.        Si aceptamos que las cantigas de escarnio se representaban podremos entender que en muchos casos la dificultad que presenta la interpretación por el uso de la sinonimia (moro, por ejemplo, significa tanto moro como pene) y los deícticos no sería tal para los que presenciaban la representación ya que los gestos de los actuantes especificarían la acepción que hay que dar a la palabra en cada caso. En palabras de Francisco Nodar: “una vez más se llega a la conclusión de que los escarnios, para comprenderlos debidamente, hay que intentar “verlos” y “oírlos”. Julio González Montañés. Teatro de Carnaval (2009) Entroido

Tags: galego literatura medieval cantigas escarnio maldicir tenzón pastorela pranto descordo lai cantiga de seguir vilao

URL:
More by this User
Most Viewed