|
|
RIBADUMIA Pablo Escurís Fernández CONCELLO DE 3ºESO A
RIBADUMIA Ribadubia é un municipio situado Na comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra. A súa capital é A Escusa. Ten un total de arredor de 4200 habitantes, o 98,16% galegofalantes, e unha extensión de 20 quilómetros cadrados. A súa alcaldesa é Mª Salomé Peña Muñiz, do Partido Popular. Río Umia pasando por Ribadumia
RIBADUMIA Este é un gráfico do aumento da poboación ribadumiense desde 1900 ata o ano 2007.
PARROQUIAS O concello de Ribadumia ten seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán. Igrexa de Santa María de Besomaño Igrexa de San Fins de Lois
PARROQUIAS Igrexa de San Xoán de Leiro Igrexa de Santa Baia de Ribadumia Igrexa de Santo André de Barrantes
ECONOMÍA Na actualidade, ademais do seu desarrollo industrial favorecido polas súas privilexiadas comunicacións, as actividades económicas están concentradas en torno ás fertis ribeiras do río Umia, que aporta a humidade requerida para o cultivo. Ribadumia conta cunha plantación de vide que representa un alto porcentaxe da súa colleita anual do viño branco albariño e da casi totalidade do viño de denominación de orixe tinto de Barrantes.
HISTORIA A existencia de petroglifos e castros indica que esta situación privilexiada na que se atopa o Val do Umia xa era coñecida polos nosos antepasados que elixiron estas terras do Salnés para establecerse. Do pasado romano quedan obras coma a Ponte Arnelas. Na Idade Media, diversas familias nobres asentáronse construíndo pazos que aínda hoxe se conservan, como o Pazo de Barrantes. Pazo de Barrantes
FESTAS 23/07 Festa do Polo. Celébrase na carballeira 02/06 – 04/06 Festa do viño de Barrantes. É a festa máis importante de Ribadumia 29/07 Romería de Santa Marta 13/08 Festa do Pan do Salnés 03/10 – 04/10 Romería de Santa Baia
RELEVO En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a sudoeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas .
LUGARES DE INTERÉS Pazo de Barrantes Na parroquia de Barrantes atópase o pazo que leva o seu nome, unha construción de principios do século XVI, pero profundamente Reformado no XVIII, perdendo parte da súa fisonomía orixinal. Trátase dun lugar destinado á explotación agrícola, tal e como evidencia a presenza no seu xardín dun impresionante hórreo. Atópase situado nunha zona arbolada e con grande cantidade de viñedos; de feito, hogano é propiedade privada e no seu interior cultívase un prestixioso Albariño.
LUGARES DE INTERÉS Concello
LUGARES DE INTERÉS Catro son os cruceiros a destacar no termo municipal de Ribadumia, comezando polo situado fronte á igrexa parroquial de Santa Baia. Trátase dunha construción en granito labrado, erixida sobre tres escalóns. O retablo está presidido por un Cristo crucificado e acompañado por San Francisco, elementos característicos dos cruceiros da zona. O de Besomaño, situado no lugar do Rial, é un cruceiro de "ánimas" con fuste octogonal, cuxa parte superior tivo que ser reconstruida. Como elemento diferenciador, no retablo apréciase unha alma á dereita de San Francisco en posición de recollemento. No lugar da Revolta atópase o cruceiro de "ánima" de Casaldarnos, unha construción na que as figuras do capitel, situadas aos pés de Cristo, representan tres cabezas de anxos e unha caveira. Finalmente, o cruceiro de Martinico atópase na aldea da Bouza, situado ao pé da estrada pero de costas á mesma. Ao longo do fuste aparecen cinco figuras distribuidas dende o retablo ata o capitel. Na cruz está o Cristo crucificado sobre unha caveira e, na parte posterior, sita a figura da Virxe sobre a cabeza dun santo e co Neno nos seus brazos. Cruceiros
LUGARES DE INTERÉS Carballeira de Ribadumia Castros De entre os restos de castros e cidades celtas atopados en Ribadumia cabe destacar o castro de Cons das Sete Pías, compartido con Cambados e Vilanova de Arousa. A súa excavación contribuíu notablemente a documentar a Idade de Bronce en Galicia. Ademais, destacan outros castros, como o de Leiro e o de Besomaño.
LUGARES DE INTERÉS Muíños de Batán Muíños de Barrantes
MAPAS
Summary: Concello de Ribadumia (Pontevedra)
| URL: |
No comments posted yet
Comments